SOBRE UNHA NOVELA MOI QUERIDA POR MIN E SOBRE O AUTOR EN
GALEGO E ESPAÑOL.
HOME DE ALUGUER: (EN AMAZON LIBROS)
Trátase do xornaleiro Andreas
Snakis Carballo, fillo dun grego e dunha galega falecidos nun accidente de
circulación en Benavente cando viñan pasar uns días de vacacións a Galicia, que
queda ao coidado dos avós maternos, pero que non se sente ben tratado e trata
de formar a súa propia familia. Vai a unha sala de festas e casase cunha tal
Adela, ten dúas fillas Preciosa e África ; deixa de traballar nunha empresa de
construción para non ter que pagarlle á muller que fuxe cun
arxentino.Convertese desta maneira nun home de aluguer por partida dobre: aluga
unha casa na aldea de Loureiro do concello de Xabre e aluga o sei traballo cada
día ás persoas que o necesitan para traballar no campo.Como está só empeza a
escribir sobre a xente da aldea, da que ten coñecemento porque traballa para
eles.Despois da noticia dun escritor que hai na aldea: Sexismundo Portela
Gómez; o tempo vai pasando e na aldea fanse algunhas casas novas da que deixa
noticia.A Galicia máis profunda asoma nestas páxinas. Por veces hai un reflexo
de certo realismo máxico. Adresiño para aquí e para acolá como lle di a xente,
perde case a propósito ao verse plantado pola muller. Á sombra de Mundo,
Sexismundo Portela Gómez, colle algún cariño polos libros e mesmo chega a
escribir historias para concursos.A clave está en deixar ver os secretos máis
fondos da aldea e das xentes que nela moran.Aproximadamente é así...
SOBRE O AUTOR- GALEGO: Na E.G.U. ( Enciclopedia Galega
Universal) da editorial Ir Indo de Vigo da que é director: Bieito Ledo, no tomo
nº 11, páxinas 55 e 56 respectivamente, di: Lago,R.S.---Rudesindo Lago Taboada.
Lago Taboada, Rudesindo (Barro
1961) Escritor: coñecido co pseudónimo de R.S. Lago, colaborou en diversas
publicacións como: A Voz de Galicia, o Faro de Vigo, O Correo Galego e as
revistas Hidromel e Barosa. Da súa produción cómpre salientar a triloxía
inédita: "A vida é literatura" e o Poemario Fontanela (2000), en que
amosa a súa sensibilidade cara a súa terra.
Na actualidade segue a vivir na súa aldea
natal: A Porriña do concello de Barro, franxa translitoral das Rías Baixas,
alto Salnés Val, a 10 km . de Pontevedra.Vive na
compaña da súa parella: Loli Dios da fermosa Illa de Arousa que, queda a uns 20 km .Fan fogar con eles o
can Zeus e o gato Merlín.
Estudou leis , pero a súa
vocación básica dende sempre é a escritura.Escribe poemas, relatos, artigos,
ensaios, novelas, de todo un pouco. De vez en cando da un recital de Poemas. É
un ser amante de liberdade, da cultura, da xustiza, da ecoloxía e da
paz.Considérase un escritor bilingüe : Galego, Español. O seu idioma materno é
o galego.Lemas: " A política é a tumba do intelectual", "fai o
que debas e faino ben". En fin, están vostedes diante dun letra ferido,
dun animal literario que escribe porque o precisa para estar no mundo e tratar
de asimilar e comprender.Cree que un escritor debería poder vivir do seu
traballo... Solitario, reservado, introvertido,marxinal,realista,odia a
enfermidade e a morte, gústanlle: a divulgación científica, a ciencia ficción e a filosofía.....
“Home de aluguer” 207 páxinas,
para el é un libro alfaia sobre a Galiza rural na que habita. Un prontuario,
unha introdución á triloxía: “A vida é literatura” 1.579 páxinas que, é unha
especie de tratado , unha enciclopedia sobre a Galiza , referida.Cree que son
catro novelas auténticas, vivas, magníficas, que todo o mundo debería ler. Di:apostei
vida e fortuna a elas e a algunhas literaturas máis...non me arrepinto de
habelas escrito, pero agora sei que a xente pode vivir e vai vivir
perfectamente ignorándoas e non vai pasar ren...e axiña engade: ¡ oxalá me
equivoque!...
SOBRE EL AUTOR-ESPAÑOL.
En la E.G.U. (Enciclopedia Galega Universal) de la
editorial IR INDO de Vigo, de la que es director: Bieito Ledo, en el tomo 11,
páginas 55 y 56 respectivamente, dice: Lago R.S. ----Rudesindo Lago Taboada.
Lago Taboada Rudesindo (1961) Escritor: conocido por
el seudónimo de R.S. Lago, colaboró en diversas publicaciones como: La voz de
Galicia, El faro de Vigo, El correo gallego y las revistas Hidromel y Barosa.
De su producción cumple señalar la trilogía inédita: La vida es literatura y el
Poemario Fontanela (2000) en las que muestra su sensibilidad a favor de su
tierra gallega.
En la actualidad sigue viviendo en su aldea natal: A
Porriña del municipio de Barro; franja translitoral de las Rías Bajas, alto Salnés
Val, a 10 Km .
de Pontevedra. Vive en compañía de su pareja: Loli Dios de la hermosa isla de
Arosa que, queda a unos 20 km .
Estudió leyes, pero su vocación básica desde siempre
es la escritura. Escribe poemas, relatos, artículos, ensayos, novelas, de todo
un poco. De vez en cuando da un recital de sus poemas. Es un ser amante de la
libertad, de la cultura, de la justicia, de la ecología y de la paz.
Considerase un escritor bilingüe: galego, español. Su idioma materno es el
gallego. Lemas: “La política es la tumba del intelectual”, “Haz lo que debas lo
mejor que puedas”.En fin, están ustedes delante de un letra herido, de un
animal literario que, escribe porque lo necesita para estar en el mundo y
tratar de asimilar y comprender. Cree que un escritor debería poder vivir de su
trabajo…Solitario, reservado, introvertido, marginal, realista; odia la
enfermedad y la muerte; le gusta la divulgación científica, la ciencia ficción
y la filosofía…
Ningún comentario:
Publicar un comentario