Amosando publicacións coa etiqueta o pobo galego.... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta o pobo galego.... Amosar todas as publicacións

venres, 1 de setembro de 2017

RESPOSTA




                                              RESPOSTA
“Home de aluguer” 207 páxinas, para min é un libro alfaia sobre a Galiza rural na que habito. Un prontuario, unha introdución á triloxía: “A vida é literatura” 1.579 páxinas que, é unha especie de tratado , unha enciclopedia sobre a Galiza , referida.Creo que son catro novelas auténticas, vivas, magníficas, que todo o mundo debería ler. Apostei vida e fortuna a elas e a algunhas literaturas máis...non me arrepinto de habelas escrito, pero agora sei que a xente pode vivir e vai vivir perfectamente ignorándoas e non vai pasar ren.
Neste mundiño literario todo é dunha impredicibilidade sospeitosa...aquí se pides auga péganche unha patada na cabeza. ¡ Non hai misericordia! o que teña que suceder sucederá... o francés Paul Valery na súa obra: “Monsieur Teste”falaba do oficio de escribir coma unha ocupación delirante. Eu aquí en Esmeralda, advirto unha guerra de egos encerrados en torres ebúrneas dirixidos pola prensa escrita e dous ou tres editores estelares. ¡Nunca os escritores foron tan pouco!.....
En canto ao pobo galego, na actualidade, nin é sabio, nin ten características especiais. É un pobo do montón, errante, case xudeu, en diáspora permanente, máis que nada por caracter e falta de orgullo, sen grandes valores, mal dirixido de maneira permanente, amedrentado dende a desapiadada guerra civil,  axeonllado dende sempre diante dos santos, ebrio nas romarías, cheo de traidores e conspiradores fascistas nunca xulgados, afeito aos chistes negativos dende o Quíxote.Un pobo subsistente, improvisado, dirixido impunemente dende as viciosas vilas, que da como resultado un pobo doído e doloroso que perde por malleira diante do seu imponderable marco xeográfico...máis ou menos... aínda que claro, tampouco...
Por R.S. Lago.


Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...

  Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai a com...