sábado, 26 de novembro de 2022

Sentimientos. De paso lee si te interesa a RS Lago en Amazon en uno de sus 24 libros publicados en español y gallego

 

                  Italiano

Tre mesi dopo averlo lasciato con tuo cugino

eccitato ho iniziato a uscire con tua sorella

Ho subito notato che più mi detestavi

Il tuo parente di sangue preferito mi piaceva di più

il giorno del nostro matrimonio tuo cugino pianse dispettoso

la mia ragazza ha riso felice perché mi amava

sembravi triste perché pensavi di perdere quello che stavo ottenendo

e cieco non ti sei accorto che con me hai vinto un fratello...


                 Francés

Trois mois après l'avoir laissé avec ta cousine

excité j'ai commencé à sortir avec ta soeur

J'ai tout de suite remarqué que plus tu me détestais

Votre parent de sang préféré m'a le plus aimé

le jour de notre mariage ta cousine a pleuré de méchanceté

ma copine a ri joyeusement parce qu'elle m'aimait

tu avais l'air triste parce que tu pensais que tu perdais ce que j'obtenais

et aveugle tu n'as pas réalisé qu'avec moi tu as gagné un frère...

                  Inglés

Three months after leaving him with your cousin

excited I started dating your sister

I immediately noticed that the more you disliked me

Your favorite blood relative liked me the most

the day of our wedding your cousin cried spiteful

my girlfriend laughed happily because she loved me

you looked sad because you thought you were losing what I was getting

and blind you did not realize that with me you won a brother...


                     Alemán

Drei Monate, nachdem Sie ihn bei Ihrem Cousin gelassen haben

aufgeregt, dass ich angefangen habe, mit deiner Schwester auszugehen

Das ist mir sofort aufgefallen, je mehr du mich nicht mochtest

Dein liebster Blutsverwandter mochte mich am meisten

Am Tag unserer Hochzeit hat deine Cousine gehässig geweint

Meine Freundin lachte glücklich, weil sie mich liebte

du sahst traurig aus, weil du dachtest, du würdest verlieren, was ich bekam

und blind hast du nicht gemerkt, dass du mit mir einen Bruder gewonnen hast...

                  Español

Tres meses después de dejarlo con tú prima

ilusionado empecé a salir con tu hermana

enseguida noté que cuanto a ti más te disgustaba

más le gustaba yo a tú consanguínea favorita

el día de nuestro casamiento tu prima lloraba despechada

reía contenta mi novia porque me amaba

se te veía triste a ti porque creías que perdías lo que yo lograba

y ciego no te dabas cuenta de que conmigo ganabas a un hermano…

                       

martes, 8 de novembro de 2022

Coa desapiadada guerra ruso ucraniana / tronando bárbara ás portas ineficaces da vella Europa...




COA DESAPIADADA GUERRA RUSO UCRANIANA

tronando bárbara ás portas ineficaces da vella Europa

os combustibles fósiles, a electricidade e o trigo bailan

ebrios ao son soberbio das salvaxes quenturas post capitalistas.

Descolgadas as tremoias festivas e paradisíacas doutras épocas felices

o mundo é agora mesmo outra vez a luxuriosa mazá bíblica

que se disputan avariciosos norteamericanos e chinos

convertendo a ONU nun museo de cera de rictos amargo.

Entre tanta tirria e zuna baila tamén o medo desesperado

a súa absurda danza para que a xente trema

ao borde do medieval inferno dantesco

instantes antes de converter a pobre vida sen inocencia

nun axitado coágulo de sangre do tamaño dun asteroide armagedon

cuxa banda sonora son as zonas quentes do planeta cambio climático.

Alleas multiplícanse as ratas febrís en París, medran as discordias

e o universo infinito cala no seu silencio serodio de sempre

que só fan humano e habitable as verbas que medio o definen

artelladas por científicos, filósofos e poetas cósmicos.

Urxidos os euros e os dólares son un breve lapexo

informático entre Nova York, Londres, París, Madrid

Hong Kong, Bruxelas, Berlín, Roma e Tokio...

un chorro cego de ceros e uns que bebe sedento

o sangue e a suor de millóns de modernos escravos.

Debaixo das alfombras a violencia doméstica e contra os anciáns

avanza nas mellores horas da súa brutal singradura

espurias residencias negocio, de paso campos de concentración

fogares selva profunda onde o macho mata coma unha fera salvaxe

mulleres e fillos antes de facer o paseino dos celebrados toureiros

cando impunes se entregan diante das forzas de seguridade custodias.

Finalmente os medios de comunicación rendibles por enriba de todo

son as modernas trompetas de Xericó, os fragmentos da apocalipses

que xornada a xornada confeccionan innúmeras páxinas de periódicos

que ninguén le e machuconas horas de televisión insoportables

que se converten na adoecida banda sonora do propio averno...

E iso todo é o que letra arriba, letra abaixo, hai agora no mundo mundial

por iso os poetas furiosos gritan desesperados de dolor animal

pero os seus gritos neste intre son cuspe mascado nos oídos de ninguén

que asustan iso si un pouco aos pobres nenos lactantes abrazados ás súas nais

cansadas de ser abusadas, vexadas e mortas por os fillos medrados

doutras mulleres coma os delas que agora nutren co leite dos seus propios peitos...   

Luns 7 de novembro do ano 2022


luns, 3 de outubro de 2022

DART (double asteroid redirectin test)

 



                       DART

O 26 de setembro do 2022: a Nasa volveu a facer historia

ás 23.14 horas UTC/ tempo universal sincronizado

a sonda Dart chocou contra o asteroide Diformo

que se voatizou no proceso

completándose así a primeira proba de defensa planetaria da humanidade.

Dart ( double asteroid redirectin test)

tiña 550 kg.de masa no momento do choque

colisionou a unha velocidade de 21.960 km/h, 6,1 km/s

contra o asteroide Diformo de 163 metros de diámetro.

Diformo en realidade é un satélite do asteroide Dídimo de 780 metros

polo que tamén se pode falar de Dídimo A e Dídimo B

ou en definitiva do asteroide binario 65803.

Dídimo, xemelgo en grego, na actualidade

non é unha ameaza para o noso planeta

polo que a misión é considerada unha proba

do método de interceptor cinético

para un futuro sistema de defensa planetaria.

Dart non é a primeira misión en chocar

a alta velocidade contra un corpo menor do sistema solar

antes a subsonda da misión deep impact da Nasa

estrelouse o 4/7/2005 contra o cometa Temple1.

Os momentos finais de aproximación e choque de Dart

Foron captados pola cámara Draco único instrumento da sonda

As imaxes enfocadas por Draco serviron para que a propia sonda

puidese fixar o obxectivo e manobrar en consecuencia.

Dart dou nun branco móbil en perihelio

a 11,4 millóns de quilómetros cun erro de escasos 70 metros

Dart saira da Terra mediante un foguete Falcon 9

o día 24 de novembro do ano 2021...

por último e para facernos unha idea da proeza

resta dicir que todo isto ocorreu no espacio a trinta veces a distancia da nosa lúa...

Nota: Os datos deste apunte, para un poema científico foron collidos do blog Eureka do astrofísico e divulgador científico Daniel Marín, asociado á plataforma Naukas. No seu blog o autor explica con moito maior detalle, incluídos debuxos, toda esta fantástica operación...

Porque Neil Amstrong, o primiero home en pisar a lúa, dicía nas súas memorias que todos somos 

astronautas , o que pasa que en vez de viaxar no interior dun foguete espacial, viaxamos sobre a

superficie dun planeta que cada ano recorre 150 millóns de quilómetros arredor do sol a unha velo-

cidade de 28 km. por segundo... 




domingo, 4 de setembro de 2022

Opinión sobre a parroquia da Portela do concello de Barro...



SOBRE A PARROQUIA DA PORTELA DO CONCELLO DE BARRO

¿Meter a cabeza debaixo da area como fan as avestruces no deserto e pasar de todo?... ou ¿discrepar cando nos parece que non se fan as cousas como é debido?... a primeira é unha actitude tan cómoda como pasota...a segunda é unha actitude democrática, leal e valente...por iso me vexo na obriga de dicir que, na parroquia da Portela do concello de Barro, todos os anos se premia con bebidas varias, empanada e rosca aos asistentes á misa do correspondente santo do día, mentres que os non asistentes quedan a xaxún.

Isto sucede porque se confunde a igrexa coa comunidade de montes. Igrexa e local da comunidade están moi próximos, debe ser por iso. Desta maneira, a parroquia é un niño de ultra conservadores que, cheos de fe cristiá á saída de acto relixioso, mastocan , beben e danzan cheos de aparente ledicia; mentres que os que non van, por riba de non encherse nin danzar coma os primeiros, son oficialmente os vencidos diaños desta aciaga parroquia, chea de fundamentalistas católicos, pronto talibáns, con ideas políticas moi cuestionables.

Así as cousas, os “míseros miserables” ( nótese a paronimia coa verba misa), son os que mandan e runfan como únicos representantes da parroquia...isto dende que teño memoria e para sempre. Porque os discrepantes, que hai bastantes, creen que, con ignoralos e deixalos que se farten e bailen, para colgar despois os vídeos nas súas redes sociais, xa se delatan a si mesmos.

Na Portela, o que hai que facer é apartar o relixioso do político dunha vez por todas. Sacar a pitanza sacramental de despois da misa solemne e facer unha merenda fraterna pola tarde. “A deus o que é de deus e ao césar o que é do césar”, pero coma ata agora non...que a comunidade de montes non ten por que, nin debe facer proselitismo cristiá...dicindo isto creo que cumpro e engado cunha segunda frase bíblica: “déixaos que non saben o que fan...”; si, porque son testemuña de que levan así unha carrada de anos...¡que escura tristeza!.. é que creo que son coma pedras das pedradas...indolentes, rutineiros, inconscientes, bárbaros e sen luces...e non, non me fai feliz ter que opinar así de duro...  por rslago.





venres, 29 de xullo de 2022

O TALIBÁN DE BILBAO






                                                 O TALIBÁN DE BILBAO

Vendo na televisión pública o debate sobre o estado da nación, sentín mágoa diante da intervención de Santiago Abascal Conde, confrontado co presidente do goberno Pedro Sánchez Pérez Castejón. Mágoa dixen, moita tristeza e un pouco de vergoña allea tamén.

O atilado presidente e voceiro dos ultraconservadores de presencia robusta, ben comido e mellor vestido con terno a xogo coa súa impecable garabata azul mariña e feroces ollos brillantes, coma espellos cóncavos incapaces de ver máis alá das súas arengas, todo un sporman capaz de ensartar nun fío de seda viperino un monte de disparates sen inmutarse, froito da  particular lectura do momento socio político actual que fai o seu grupo de señoritos metidos nas cousas públicas, é un provocador que se cree as súas propias mentiras.

Actúan estes próceres a imaxe e semellanza da francesa Marie Le Pain, entre outras glorias europeas, nun perigoso intento de resucitar os fascismos de entre guerras mundiais que tanta infamia e dolor trouxeron ao planeta. Queren estes salva patrias, artellar un cerrollo tardo medieval sobre as conquistas dos dereitos sociais da Europa dos pobos e as súas xentes, ¡non son de fiar!

Convertese así o talibán de Bilbao de nai coruñesa, nun elemento irrespirable, agresivo e sen calidades de home de estado asentado na mesura e na prudencia. Apoiado por 52 confrades museísticos da súa mesma corda zoolóxica, o fala barato vasco, sobe ao estrado da cámara lexislativa para dedicarse a oporse a todo o que o goberno socialista, nestes momentos de crises xeral, propón para frear a inflación de xa dous díxitos, neste lamentable intre bélico nacido da intolerable guerra de Ucraína, na que o gran sátrapa ruso Vladimir Putin sofre delirios de Pedro o Grande, na súa asasina pulsión imperialista.

En fin, en momentos, polas formas e os acontecementos bélicos, próximos a un estado de guerra mundial, coas capas máis desfavorecidas da sociedade sufrindo estreiteces, o capitán ala triste dos ultra vox, dedicase a discursear oratorias viles, falta á verdade con alegría impropia e comportase como un irresponsable de chiste que, fai as delicias do seu superior grupo de elixidos, para salvar o reino das españas das terribles hordas nazarís entre outras prestancias...

Electo polo pobo soberano en eleccións democráticas libres e directas, indubidablemente é un alto representante da soberanía nacional no congreso dos deputados e non vou ser eu quen lle negue a lexitimidade que ten baseada nas leis vixentes, nin lle coarte a súa liberdade de pensamento e expresión na tribuna de oradores diante dos taquígrafos da institución...o que si podo e debo facer é criticalo, sinalalo e amosalo coma un deputado presidente e voceiro de escasas luces, faltón, cruel, provocador e nada edificador do ben común que esixe no seu articulado a constitución de 1978. Vergoña lles debería dar a Santiago Abascal Conde e aos seus acólitos dicirse nestes momentos representantes do pobo español, porque sempre risoños e festivos coa que está caendo sobre as bases da pirámide social, eles semella que están no congreso para mellor pasar o seu ocioso tempo de señoritos de altos berces, ocupando tribuna preferente diante dos acontecementos tinguidos de realidade urxente que eles espirituosos nin olen, coas súas napias de xirafas confundidas. Oíndo ao seu líder deime conta de que non son xente do común, eles son pescozos estirados, colos duros, luvas brancas, prohomes e mulleres fantasmais e bretemosos dos tempos máis mesquiños e saen dun mal soño de retrógrado espanto que, como en hábil dialéctica lles dixo o presidente socialista: só teñen sitio nos armarios do pasado...¡confórtame que en Galiza aínda non tocasen pelo!

E, non, non sentín ningunha felicidade a ter que escribir isto, sobre uns compatriotas que aínda que deputados, só serven para confundir ao pobo chan, apoiados polas mellores medallas de cada casa, cada barrio e cada pobo...saudosos todos eles da peor das españas posibles, a falsa, a insolidaria, a traizoeira, que se pon dos nervios diante de palabras como liberdade, xustiza e prosperidade...rslago 12.7.22    

luns, 2 de maio de 2022

BARRO (Poema) da fistora do Lombo da Maceira Eva Espido que mo entregou a min...

 



 

               BARRO

Eva Espido a muller inspirada do Lombo da Maceira

A propia fistora de parroquia da Portela

Onte xenerosa entregoume un poema sobre o concello de Barro

Que en letras presentase desta maneira:

 

“Barro: a carne do edén rebentado

37.7 km2 de extensión en forma de amizosa folla de hedra

3.746 habitantes, temperatura media 13º c. 81% de humidade

Seis Parroquias de norte a sur: Valiñas, Barro

Agudelo, Perdecanai, Curro, A Portela

Fervenzas de Barosa, dezasete muíños fariñeiros

¡ moito mantivo Barosa daquela!

Pazo da Crega, Casa da Torre, Casa Losada Amor

Castros, petróglifos, doce igrexas cristiás

Pobo de estrada atravesado pola N-550, a AP.9 o camiño de ferro

E a rota xacobeo portuguesa seguindo o itinerario

da Vía romana XIX da época de Augusto.

 

Barro: capital administrativa o San Antoniño

Entre os ríos Umia e Lérez localizado

Casa nova do concello de pedra granítica con dúas torres ameadas

Antiga casa do concello convertida en centro cívico.

 

Barro: A carne do edén coa que na xéneses bíblica

Un deus tan inicial coma imposible fixo a Adán e Eva

Agora mesmo un municipio dos sesenta un da provincia de Pontevedra

Administrativamente de terceira categoría

Son elixibles nas furnas once concelleiros

Pobo de estrada e de paso urxente polo común

Nos anos setenta tivo cámping para atraer turistas.

 

Barro: A carne do edén triturada

Polos fracos empregos do oitenta por cento da xente

Inferno pequeno, sempre calado e sufrido

No que só un vinte por cento traballa con todos os dereitos

Aquí o que hai ben se come

E aínda hoxe con tenteos de parcelaria intermitentes

Demorados, burocráticos, elípticos e burlescos

Non sabemos que xogamos a ser

Sobrevida terra de viño albariño e o resto a margaritas.

 

Barro: A carne propia de facer cerámicas

E hai quen as fai moi ben pero non se expande e contaxia

Barro xacobeo, Barro urbano na rúa das Baladas

E no San Antoniño a súa capital oficial

Nas leiras agora cebolas e catro vacas pacendo

Eu non sei dicilo doutra maneira

Que lle canten ás sombras benéficas das carballeiras

Á Arcadia paisaxística e aos sagrados Furanchos

Outras sensibilidades máis conformistas e románticas

Que cando de economía se trata todo sairá dos polígonos industriais

E aí a tal hora adan urxidos no gran premio das carretillas tolas...

 

Barro: A carne do edén fendida pola metade

Catro gatos pardos axustando o reloxo dos tempos

A cousa non da máis de si, pero aí vamos

Sen libros nas casas, ebrios para resistir

A boca sen dentes, que se salve quen poida

Entre tanta , tanta carne de canón

Que aquí só dan paus por cantar

E así non hai ánimo que ben se goberne

Nin condenado con letras que queira bailar.

 

Barro: A carne do Edén posta a secar ao sol

Pobo multi dependente, cheo de xente humilde e honrada

Que hai que ensinarlles a cortar estradas e camiños de ferro

Para contra restar o frío dos tempos económico laborais protestando

E torcerlle o camiño derrotado da misa e da porta dos señores

Barro é un segredo con espírito nobre que a min non me calma

Que fai o camiño dos heroes cada sacrificada xornada

E por certo agora moito manteñen os servizos sociais do concello...

¡E claro que se poden vender os sobrantes de horta na praza do Viño...!

 

 Barro, Barro, Barro, todos xuntos a tirar do carro

Saía por onde saía o sol en común

Antes de pórse a brillar na lama...

 

E se me preguntan si podo facelo mellor, logo contesto:

¡ Non , non señor eu non llo sei facer doutra maneira!”

 

Tal como mo entregou Eva Espido a fistora

 Do Lombo da Maceira da Portela aquí inxiro o seu texto, ela di que poético

Que solucións nin hai, nin aporta, pero a preocupación abonda, aínda que non resolve nada...

                                                                       rslago 22

   

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...