sábado, 25 de marzo de 2017

Pinchazos coma balas....¿Vitamínicas?





PINCHAZOS COMA BALAS.....¿VITAMÍNICAS?

Cultura.Curtura.Agricultura.Loucura.Creo que hai demasiado ruído.¡Sobran cantantes, sobran titiriteiros, sobran televisións, sobran partidos de fútbol, sobran escritores! Non obstante hai que sobrevivir.Todo o mundo ten dereito a trabucarse e por suposto a ser como non se debe ser, un pouco politicamente incorrecto incluso: ¿Si ? ou ¿Non? ¿Ou vai ser que a penas estamos na punta dos pés no mundo frívolo da voluptuosidade física e da risoterapia boa para a saúde anímica?
Ao enfrontar o mundo dende o meu eu existencial sufro senón me esvaezo contemporáneo na pluralidade democrática.E se sufro pásoo mal, perigosamente mal. Pero claro por moito que argumente, este Blog, ou mellor: este “caderno dixital”, tamén forma forzosamente parte do ruído e do sufrimento que denuncio. Polo tanto tamén ten parentesco coa: Cultura.A curtura.A Agricultura.E a loucura. Méteste porque tes que aceptar o que hai armado no mundo dos soños dos ricos, moedistas ( de moeda e capital) , que cada vez son máis ricos grazas precisamente a estes inventos de última hora. Da igual que digas ou que non digas, vale todo, aínda que en realidade non vales, non valgo, non valemos un feroz bit en ningunha parte do océano electrónico que se axita ao noso arredor. Demasiado ruído do que xa sabe alimentarse o monstro, o todo, o gran irmán e outras corporacións xigantescas sen intoxicarse.
Agora teño que escribir aquí gratis, -cousa que non lle parece decente ao amigo Martín Ruibal e a min tampouco claro.....-, porque en teoría me gusta escribir dende adolescente.Despois miro avaro cantas visitas teño e císcome de pracer polos slips.Un monte de disipados electrónicos coma min vaime facer feliz cos seus pinchazos.Se o blog vai ben podo axudarlle a unha axencia de viaxes a empaquetarlle unha viaxe a Tasmania a non sei cantos nómades que andan polo mundo vendo aeroportos.
Lolita Illa de Arousa, mándame recapacitar e que mañá volva a ler isto, que hoxe, lle parece a ela, que non estou ben. ¿Que hoxe non estou ben ? ¿E mañá vou estar ben? Ciclotímico.Mañá estarei como máximo incrustado todo eu nos sucos cristalizados  doutra neurona instalada na miña capuz para aceptar o mundo que me sitia, pero nada máis.Mañá por moito que o intente, no profundo río da consciencia, vou seguir cavilando coma hoxe e pasado mañá tamén.Aceptei o reto suxerido por unha vella amiga, chamada Pilar, e xa me está sobrando toda esta electromanía, en menos de dous meses de exercicio.
Cada vez demando menos desta sociedade trepidante,absurda e perigosa; xa aspiro a sobrevivir como poida e non ter problemas de cadeas cinguíndome o corpo como os ten un rapeiro, dos que probablemente tamén sobren, por culpa de non sei que letra rimada en contra do rei emérito. ¿ Os límites da liberdade de expresión? Claro, claro.Os tipificados limites xurídicos da liberdade de expresarnos non deben sobre pasarse.A salvo isto, aquilo e o de máis alá.Mentres os estafadores de luva branca, pescozo amidonado e garabatas como floretes, co amparo da propia lei , pagan fianzas superiores ao produto interior bruto de calquera aldea galega e seguen mollando a madalena nas súas mansións vídeo vixiadas.Isto dicho calquera cidadán ás doce da mañá e non pasa nada en Tonga negra con puñetas coma ovos fritos.Os límites. Os xuíces. Asuntos da corte dos milagres valleinclanesca, de pura enxeñería xurídica e financeira que me superan.
Nós ao noso, a nube, a tela de araña mundial, a internet profunda; gústame, non me gusta, pincho pero non me fago seguidor e  que se amole este cretino.O silencio, sempre o digo, era unha materia na que se formaban os frades do milenario Exipto.Zumba, ximnasio, piscina, carreira continua , comida da empresa, padel,mándame un watshaap co último chiste sobre Mariano Rajoy. Ruído magoado, brado de pobres diaños traballadores que fan funcionar o país e calan a boca máis alá da sensatez incluso. ¡Senón estás na rede non existes!, tal é o derradeiro mandamento da lei de San Cucufato .Pinchazos coma balas.....¿vitaminadas? Mañá falarei do goberno da confederación intergaláctica ou da Iberia federal con Portugal, Andorra e Xibraltar entre os estados membros.Demasiado ruído abouxador.Sobra Cultura.Curtura.Agricultura.Loucura. E falta o tempo manso no que unha sociedade xusta medra en todos os eidos.Si, eu son un pouco máis rebelde ca unha pobre modista escravizada pola industria téxtil, aquí entre nós ou deslocalizada nalgún país asiático de escasa autoestima.....
¿Sobran? ¿sobra? ¿ sobran?, creo que non, ao contrario todos somos un pouco artistas e temos dereito a expresarnos e a participar na vida creativa.Ler é unha maneira de crear, de completar o texto ao interpretalo, coma quen fai nacer música dos pentagramas; todo lector está dotado dun talento especial que o leva a devorar libros con ansia de alimentar o espírito porque a cotiá vida plana  non lle basta, non só de pan vive o home; ademais a   lectura de libros abre portas mentais, disipa a cegueira, axuda a formar cidadáns libres e con criterio propio.Privarse da lectura e renunciar a un dos praceres máis grandes ao alcance de calquera ser humano consciente de selo.A palabra amigos, é a nai de todas as artes, de todas as leis, de todas as ciencias, incluso de todas as controvertidas e balsámicas pero fraudulentas relixións no seu ser último, de toda a comunicación.Todo empeza coa sorprendente facultade humana de emitir fonemas para nomear obxectos e transmitir pensamentos, cousa que segundo os antropólogos sucedeu hai uns 120.000 anos nada máis, medra coa palabra escrita sobre diversos soportes e faise universal coa invención da imprenta.....Así que lean ata os prospectos das medicinas como dicía o noso último premio Nobel de literatura, o gran Don Camilo Xosé Cela e Trulock, soterrado en Padrón aos pés da Colexiata do Sar. Por R.S. Lago.             

  

sábado, 18 de marzo de 2017

A violencia contra as mulleres







A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O sistema voraz e vertixinoso no que rindo ou rabiando andamos metidos todos, está a ensinar caras dunha violencia e barbarie capaz de poñerlle os pelos de punta a unha boneca desas coas que xogan as meniñas; futuras mamás andando o tempo, preservadoras da controvertida especie humana.
As mulleres, non se esqueza isto, son as nais de todos; a min lembroumo Mocho Monteagudo, o esposo de Amparo Maquiera, nun momento difícil da miña variable vida cando tiña graves problemas de convivencia coa miña nai e algunha das miñas irmás.
Si, estou a referirme á violencia de xénero, ao terrorismo doméstico, ao machismo asasino.Nos medios dinlle lacra social.Cada ano aquí en España o número de vítimas mortais mulleres aproxímase ás oitenta. Non pode ser, isto non debe ter cabida na sociedade democrática , que entre todos, día a día, temos que sacar adiante, buscando o mellor de nós, para que todo se volva máis vital, harmonioso e magnífico.
De vez en cando vemos un grupo de xente con caras tristes, en silencio diante das bandeiras con lazos negros.Entón sabemos que unha nova muller, no 99% dos casos, acaba de ser borrada violentamente da lista dos vivos.
O día a día, a trepidante marcha do sistema, continúa, todo sucede como nunha carreira de motos G.P. ou de monoprazas de fórmula un.
O tempo flúe cara diante sempre seguindo o ditado das leis da termodinámica.Case non da tempo a interiorizar o que acontece.Está sucedendo diante dos nosos abraiados ollos e impotentes vámolo admitindo todo como se representásemos un sórdido papel nunha serie de terror.
O macho celoso, posesivo, brutal, por veces, adopta o comportamento dos tigres e ademais de acabar coa vida da muller, mata tamén aos descendentes habidos en común. Non hai verbas capaces de vestir semellantes eclosións de loucura e ruindade.Os propios psicólogos e psiquiatras encargados de informar ás institucións penais nestes casos vense superados polo tamaño da desfeita e dan noticia do acontecido estremecidos e asombrados, cerrando os manuais da disciplina porque todo é moi destes tempos.
O efecto chamada, a moda, as películas serie B, a crises económica, as mulleres cada vez máis susceptibles, o que se queira; pero isto debe frearse a través da prevención e da educación senón estaremos virtualmente no tempo das cavernas.E ademais xa en Platón se podía ler: “As aptitudes naturais foron distribuídas por igual entre os viventes de ambos sexos; a muller debe tomar parte naturalmente nas mesmas actividades co home”.















xoves, 9 de marzo de 2017

Verónicas.



                                         VERÓNICAS.

-¿Que é o que lles pasa a todas estas pobres criaturas? Pregunta a muller vestida de enfermeira.
- ¡Están mal! Respóndelle a muller vestida de policía nacional.
- ¡Son moitas! Afirma a primeira.
- Si son moitas e todas están moi mal.Concretamente son en total oitocentas doce mulleres.Confirma a segunda.
- Case mil, case mil, case mil, case mil. Repite perplexa a enfermeira.
- ¡Nin tantas oh!. ¡Nin tantas!.Para as mil aínda faltan, nin máis nin menos, que cento oitenta e oito mulleres, se fago ben as contas e non me engano.¿ Pensa que non son capaz de facer unha simple resta?. Non me quente que a empapéloa como me chamo Verónica.
- Case mil, case mil, case mil, case mil. Non sei onde vamos a metelas a todas.Porque claro xa se ve así por enriba que están mal e haberá que atendelas en debida forma.Aquí isto, non é precisamente un hospital.E que casualidade máis casual, eu tamén son de pía Verónica coma a vosa excelencia.
-¿ Que é este lugar logo ?. A min mandáronme que as trouxera a esta dirección e aquí as están todas. As case mil, case mil, case mil, case mil como di vostede homónima.
- ¡ Para as mil seguen faltando cento oitenta e oito mulleres excelencia ! e non me faga perder a miña escasa paciencia coa súa fresca impertinencia.
- ¡ Clemencia, prudencia,obediencia!.Aí llas deixo a todas co listado no que consta o nome e apelidos e demais circunstancias de cada unha delas. Avialas xa é problema sanitario seu.Estas mulleres están todas moi mal: ansiosas, desasosegadas, pronto histéricas e eu, cumpro, traéndoas ao que en definitiva sexa este lugar.E aburiño que teño moito que facer.Levo traballando media hora de máis e como xa lle dixen, se me quento empapéloa por: pasividade na súa responsabilidade, por ter mal xenio, por se lenta, por pórme nerviosa, por chamarme excelencia, por vegana e por miope.Así que ándese con moito ollo con servidora que me topa.
- Aquí ten que haber un malentendido do tamaño da catedral do corpo santo, dun barco cruceiro inglés, dun campo de fútbol da liga de balón pé profesional, ou da mesmísima estación espacial internacional que xira arredor da terra a trinta e seis quilómetros da superficie.Isto non é nada normal.Nin hai deus que poida entender semellante san francia.Porque claro, isto é un plató da televisión galega e estamos facendo o programa Land Rover.
- Pois daquela está todo conforme que, eu son Xosé Antonio Touriñán disfrazado de policía nacional muller, estás criaturas son de Cortegada de Baños e algunhas de Baños de Molgas, e están todas mal porque levan moito tempo apuntadas agardando para vir de público e vostede debe ser Pilar García Rego a loura de ollos azuis do programa cultural: “Zig Zag”  da nosa segunda cadea, botando horas extraordinarias disfrazada de enfermeira, para poder facer un cruceiro enriquecedor polas illas gregas, veña acá,  conféseo e non mo negue
- Case, case, case mil, Castromil, pero non; eu son o mesmísimo Moncho Lemos o dos “Fondos reservados” da radio galega.
- Pois xa está todo aclarado; que pasen logo esas oitocentas doce sufridas mulleres, que lles ha de sobrar tempo de que entre todas, dúas delas, dúas soas, se chamen Verónica para que campe e risque ben o título desta peza.
- ¡Sen ter que recorrer a ese lance de igual nome da controvertida tauromaquia!.¡Touradas fora!, touradas fora!
- ¡Así se fala Moncho! ¡ Así se fala campión!
- ¡Graciñas Touri!.¡O pracer é meu!

Venres 3/3/17.








   



     



Sobre a lingua galega.


           SOBRE A LINGUA GALEGA
QUERO APROVEITAR ESTE ACTO TAMÉN
para solicitar de todos os galegos de corazón,
institucións públicas e medios de comunicación
unha maior implicación co noso idioma Galego.
Somos unha das tres Comunidades Autónomas históricas
do estado español, o noso deber como contemporáneos
é avanzar polo camiño dun galeguismo tolerante pero esixente
no uso e propagación da nosa fermosa lingua.
A lingua é un ben inmaterial do espírito
creada polos nosos devanceiros a base de valorala e darlle uso
aínda nos momentos históricos máis desfavorables.
¡Falemos Galego a cotío!.
Da vergoña allea oír como aínda se fala castelán
en organismos da Xunta de Galicia, nos diversos servizos do Sergas,
na ensinanza e nos Concellos.
Galicia non se merece semellante traizón
e falta de compromiso coa súa lingua.
O Galego é un idioma perfectamente válido
para transmitir e recibir ideas novas
en todos los eidos do saber humano.
Resulta ademais especialmente favorable
para entender e transmitir ideas nos países lusófonos.
¡Amemos e queiramos o Galego coma unha distinción!
¡En Galicia falemos Galego sempre!.Grazas.

Luns 20 de Abril do ano 2.015. R.S.Lago.





Comentarios de outros autores sobre R.S. Lago e as súas obras.

             SOBRE R.S. LAGO E AS SÚAS OBRAS.

1.-UN PRÓLOGO INÉDITO- POR El ESCRITOR GALLEGO MANUEL LUEIRO REY (Fornelos de Montes 1.916-O Grove 1.990).
Tengo en mis manos el libro de un poeta. El primer verso de este libro lleva consigo la virtud de una afirmación sin vacilaciones ni caídas indecisas: "Voy a ser yo mismo siempre".
Ser uno mismo siempre. Penetrar de lleno en los secretos de la vida. Trazar el futuro de la sensibilidad huyendo de las contradicciones. Refugiarse en la verdad absoluta de la pureza. No temer al pensamiento.
"Voy a ser yo mismo".El poeta intuye que la conducta del hombre es cierta. Que la destreza de vivir, sin ser azotado por las imágenes fratricidas de los sueños, jamás debe dejarse amenazar por la pereza de las ofrendas inútiles. El camino del poeta es la confianza en sí mismo. Por eso rechaza, de manera rotunda, al enigma de las interferencias. Sabe que su aliento es suyo, que su carnalidad le pertenece. No ignora que los misterios y los secretos serán su alimento, pero posee la certeza de que no será quebrado el vidrio de su dignidad: "Voy a ser yo mismo siempre".
Al poeta - autor de este libro que tengo en mis manos, caliente y tierno - le perseguirá, como una eternidad viviente, el inefable gozo de la Poesía. Y allí, donde la persecución aflore, dondequiera que el sentido poético le inunde, "será el mismo".
¿Quién sabe - habrá de preguntarse muchas veces - que es esto que sentimos, esto que llevamos en los labios abiertos como una fruta deliciosa que no acaba nunca ?…Nadie. Romper la línea del horizonte donde el conocimiento se deshila y la Poesía brota, sería como una poda sangrienta sin infancia, siembra de resecos rastrojos, infinita llanura en el vacío. Pero al autor de este libro - al Poeta - le basta con saber que la Poesía es esencia de sí misma, y tiene conciencia de que no es posible matar al pájaro delicioso que vuela de su alma a la palabra, de la palabra al viento. Llega con saber que nació cuando nació el hombre, y que la necesita como necesita el agua, el aire, el fuego.
Alguien nos dejó dicho: " Junto al pan, al amor y a la conciencia tranquila, la Poesía es aquel bien que hace posible y soportable la vida". El autor de este libro, sabe que sin eso que nos arde y que nos guía, sin eso que nos sostiene ¿cómo podríamos hablar del paisaje inmenso de la vida )…El hombre llevaría sobre la espalda el alma hueca, sin voz, sin ritmo, como una ausencia adormecida. Por eso el autor de este libro - El Poeta - nos dice " que no hay tiempo que despacio venga", y si " vivir es estar a solas con la muerte" (en el hermoso verso de Cernuda) sabe que el hombre debe " andar su vida, sin contar siempre sus pasos, porque los día se van dando portazos en las nubes, aunque hayas nacido como un río en el corazón de la montaña".
El camino de los granos del trigo o la ceniza del tronco de un árbol, golpean también a la inquietud de la nostalgia del origen y suelen ser testimonio de las revelaciones del conocimiento.
Cuando a Lorca le preguntaron que era Poesía, sólo supo contestar diciendo: " Es esto que llevo, sin saberlo, en la palma de la mano". Y en la palma de la mano - sin saberlo - estaba el mar, el río, el árbol, el insecto, la distancia, el tiempo, los surcos de un prado trabajado, el buey mugiendo, la siembra del pan, la trucha y el salmón saltando, el ojo de cristal del ciego, la pasión del que ama, el brazo del labriego…..En la palma de su mano estaba la vida.
"Voy a ser yo mismo siempre y vivir sencillo como llueve", nos afirma el poeta en este libro como una invitación para ser hombres. La palabra desnuda traza un esquema y maldice la nada del aliento sin sangre que la fertilice. En cada verso despierta el rumor de la semilla.
Ha nacido un libro de un poeta. En la otra ribera de la vida estamos nosotros.
                                                  O Grove 31 de Agosto del año 1.988.  

2.-UNA CARTA AUTÓGRAFA DEL POETA  ARTURO CUADRADO (Denia 1.904-Buenos aires 1.999).

Amigo:
            Tu poesía iluminó mis días en Galicia.
Casi un centenar de poemas altos y profundos, que perfilan tu destino de Poeta.
Horizontes heroicos te esperan. No desmayes.
Tener a Rainer María Rilke como ángel protector, ya te obliga a ser soldado del espíritu y la vida. Caminar y denunciar. Cantar y enseñar.
Amanece también Cernuda, hombre y maestro excepcional.
Debes propagar tus Poemas, como compromiso ante el mundo.
Editar, difundir, es un sacramento inevitable. Date a conocer, caminos largos y complicados. Tu libro ya no es tuyo, es del mundo. De todos nosotros. Como una estrella o como el mar.
Te felicito agradecido y te vaticino y deseo un seguro por venir.

                                 Arturo Cuadrado 1.992

Editorial: Botella al mar: Viamonte 2754-1º-5-Buenos Aires-Argentina.

3.-INTERVENCIÓN ESCRITA DE JORGE CUÑA CASASBELLAS NA PRESENTACIÓN DO LIBRO DE POEMAS : FONTANELA.

(O Poeta, non pode estar presente físicamente por toparse en Madrid participando nunha manifestación diante do Tribunal Constitucional en defensa dun trabajador (íntimo amigo del) injustamente tratado pola administración).
(Sobre Fontanela. Español):
El Poema que abre el Libro, Fontanela, nos trae a la memoria a Sísifo, cuyo mito ha tenido una honda repercusión en los muchos lectores, entre los que me cuento, de Albert Camus. Sísifo, habiendo provocado la ira de Zeus, fue arrojado a los Infiernos y condenado a empujar una roca hasta lo alto de una montaña. Tan pronto como la roca alcanza la cumbre, cae y Sísifo está obligado a empezar de nuevo. Así eternamente. Camus, mediante este mito, pone de manifiesto lo absurdo de nuestra existencia y nos conmina a afrontarlo con plena lucidez. Al hilo de esta idea, no podemos dejar de nombrar a Sartre, el cual, con acertada expresión, declara que “el hombre es una pasión inútil”.Sindo, en sus versos, nos muestra al Poeta “incansable diante dos papeis en branco”…..”en camiño cara a ningures”…..”en rebelde desafío”.Ante el absurdo de la existencia no abandona la esperanza de que los hombres, algún día, vivan en comunidad armoniosa, para ello se hace necesario que seamos capaces de ver el mundo con mirada de niño. Este ver es un “Bailar na luz, a danza indómita/de todos os bicos froitais eternos/Palabras de brétema: ¡Poesías!”.
En contraste con este tono existencial. Sindo nos presenta algunos poemas de raigambre social y popular. Nos acerca a una Galicia que ama profundamente. Su amor no está exento de dramatismo por el dolor que le produce lo que ensombrece esta tierra: sombras de injusticia y heridas de la libertad. No es una poesía heredera del arte por el arte, no es una poesía pura, ni desnuda como la de Juan Ramón Jiménez. Pienso que la mejor manera de definirla es con las palabras de Pablo Neruda, Manuel Altolaguirre y Concha Méndez en su manifiesto publicado en la Revista Caballo Verde para la Poesía: “La confusa impureza de los seres humanos…Así sea la Poesía que buscamos, gastada…penetrada por el sudor y el humo, oliente a orina y azucena, salpicada de diversas profesiones…dentro y fuera de la Ley. Una poesía impura…con manchas de nutrición…creencias políticas…”.
Es de agradecer que en estos tiempos de dominación Dineraria, de Democracia tecnomercantil, tiempos en los que vemos tanta sumisión y tanto converso que hace gala de obediencia; dominación dineraria que ha alcanzado al Arte ( me refiero, especialmente, al Arte cómplice de la Religión del dinero ), hasta el punto que lo ha reducido a poco más que mera mercaduría, con apoyo de publicistas cuyo discurso a base de verborrea culturalista pretende ocultar la trivialidad, la insignificancia, la nulidad de los productos llamados artísticos, es de agradecer, digo, encontrarnos con estos poemas que Sindo nos ofrece, poemas en que la palabra intenta conmovernos, nos interpela sobre el sentido de nuestro vivir e intenta ponernos ante la presencia de lo que hiere nuestra condición de ser hombres: la injusticia y la opresión.
Deseo terminar leyendo unos versos de este poemario, Fontanela:
“ Seime ó pé do muiño do tempo, coa munda fariña branca
esperando introducila en sacos, de non hai tal tranquilidade viva.
Seime co tempo en maletas constantes
coa mirada detrás do horizonte, vendo, outros, outros, outros
( uns detrás doutros), outros horizontes
inquirindo salvaxemente a nada…..”.
Añado la lectura de tres versos con el ánimo de dejar en el aire una pincelada de alegría:
“…e quero que todo sexa un canto de galo á mañá cedo
a pinga de choiva na que beben os paporrubios
a melena verde do carballo estrada de mazás de cuco”
                                  En Pontevedra en el mes de Junio del año 2.000.
                                  Jorge Cuña Casasbellas Poeta y amigo. Saludos.


4.- SINDO LAGO, POETA DE BARRO.
Una madrugada de finales de los setenta un Seat 850 azul contravenía las normas circulando por galerías Oliva. Sí. Por galerías Oliva. Pasaban rápidos los comercios a los dos ocupantes, víctimas de un descomunal descojone etílico. Uno era yo. Y la cusa de aquella singladura atípica, una cruenta ingesta de ribeiro blanco de la zona de los vinos. Alguna vez sugerí a los oncólogos una investigación seria acerca de las propiedades anticancerígenos del Ribeiro Blanco: no hubo un solo adicto a él que la patease de cáncer. Lo hacían todos de cirrosis. “No cuentes lo del coche por galerías Oliva, Nardo”. Y yo, que non falto jamás a mi palabra, lo que hago es escribirlo, que no es lo mismo. Mañana, a las ocho en la sala Versus, Sindo Lago, poeta de Barro, que no de barro, le cantará al mundo, o sea a Pontevedra, que es la medida de todas las cosas. Y le cantará con esa voz telúrica y profunda, con esa voz que, sin embargo, es incapaz de enmascarar una sensibilidad reservada a los enfermos literarios. Sindo es el joven del posado-robado en el parterre de San Francisco que ilustra esta columna. Los ochenta. Nos conocimos en 1977 cuando él trabajaba para Portela, constructor con oficina donde yo vivía.( La alta costura que lucimos está justificada: primaba el look de Alaska y los Pegamoides).Pronto nos unió el flechazo de los letraheridos y juntos continuamos en el instituto nocturno. Allí, además de aburrirnos de cojones, que es el aburrimiento machadiano consistente en observar el vuelo de las moscas, allí, decía, cuando la docente se volvía para garabatear el encerado sacábamos del pupitre un falo de madera de 27 centímetros de largo por 7 de diámetro, obra de un artesano meticuloso, falo perfectamente tallado, primorosamente barnizado que levantábamos como tótem de una revolución cultural que, entendíamos, pasaba únicamente por Nadiuska. Luego mi padre me dijo estudia derecho y yo, que era muy obediente para las cosas poco importantes, le hice caso. Sindo dijo “pois eu tamén”. Y a la UNED, azotea de Caja Pontevedra. Antes, él, que era un gentleman rural pero finísimo, un dandi adicto a la corrección había tenido un desencuentro con una profesora:”-Señor Lago ¿No toma apuntes?; “- Por favor, le ruego que no me distraiga. Estoy creando”, respondió. Ese “estoy creando” consistía en la ocupación del momento con un verso al 23-F: “Magisterio sedicioso/ yo te vi como a escondidas/ aplaudías a Tejero”.”-Tome apuntes o lo echo de clase”.Sindo, levantando la cabeza, baja en la reconvención inicial, sereno pero con ojos sicopáticos musitó.”-Creo haberle dicho que estoy creando. Como vuelva a importunarme, me voy a ver en la dolorosa tesitura de tener que tirarla por la ventana”.Remarcó el “de cabeza” paladeando cada sílaba. La advertencia poseía tales visos de verosimilitud que la docente salió echando hostias, pasillo adelante y clamando por el jefe de estudios. Siguieron meses de expulsión en los que terminó uno de sus poemarios.
Queríamos el nacional de literatura y terminé viendo como una vendedora de sujetadores ponía a parir mis columnas. Bohemia, triste y pobre, si se quiere, pero bohemia al fin. Vino luego la depresión. En un atardecer del 86 fijé la fecha para privar al mundo de mi existencia, lo que poseía enorme trascendencia para mí pero que, por lo que al mundo respectaba, parecía importarle tres cojones. Estaba solo. Y telefoneé a Sindo gritándole que iba a quitarme de en medio. Respondió que en ese momento no podía evitar mi suicidio. Estaba vendimiando. Me pareció poquísimo literario que unos racimos de catalán se cruzasen entre mi muerte y quien debía evitarla: un trovador del suicidio romántico, tipo Larra, merece que alguien le disuada. Después sonó el timbre de la puerta. Era Sindo: “Vin porque ti es capaz de facer unha parvada”. Me troceó una tortilla francesa – el deprimido es inapetente- y con mucha dulzura – el deprimido necesita mucho cariño – me dijo “cómea ou mátote a hostias”.Me la comí, claro. Y si ya era un hermano comencé a llevarlo como se lleva la aorta. Sí, ya sé que uno no se va de cañas con una aorta, pero la lleva en el corazón ¿no? Sindo no ha dejado de escribir, desde su adolescencia: libros, artículos, relatos, una andadura iniciada con “Fontanela”, joya modesta pero imprescindible para los amantes de la poesía. Poeta sangrante recitará mañana a las ocho en Versus. No les defraudará. Destila letras porque nació poetizar. Y si se me permite la licencia, para “poemizar”. Lo hace con el ritmo de los grandes en un pueblo pequeño. No fallen. ¡Ah! Por cierto. Ahora ya saben quién era el otro ocupante del Seat 850 azul. Lo que no sabrán jamás es quien conducía.
Por Don Bernardo Sartier.Sección semanal:”Así está España”. Xoves 23 de Abril do ano 2015.Contraportada do Diario de Pontevedra.
Fotos: 1.Contraportada: Los días de F.L. ( Fernández Ladreda en Pontevedra) por Bernardo Sartier, 2.Artículo de Bernardo Sartier no Diario de Po., 3.Manuel Lueiro Rey. Contraportada: Vigo en tres paisaxes. Poemas á cidade Olívica.4. Jorge Cuña Casasbellas.Antoloxía de Poesía Galega.Ferrol 1990.   

                                           









DOUS LIBROS.

                           DOUS LIBROS.


1.-VERSOS DEL AGUA.Ilustracións de Xabier Lillo.Deseño e maquetación: Osmundo Barros.Edición Luís Maquiera Quiroga.Imprime Gráficas Anduriña.I.S.B.N.: 978-84-935925-8.5.Depósito legal: PO 533/2011.
2.-CONTOS SEN IMPORTANCIA: Ilustracións: Manuel Ruibal. Diseño e maquetación: Osmundo Barros. Edición Luís Maquieira Quiroga. Imprime Gráficas Anduriña. I.S.B.N.:978-84-617-1535-0. Depósito legal: PO 447-2014.
Os dous libros están tan magnificamente editados, que neste caso as Artes Gráficas fan honra á súa denominación.Son así, dúas pequenas alfaias, que gusta ter nas mans e tanto te fixas nas ilustracións, como vas descifrando os textos, a través da súa atenta lectura. 

1.-LÍRICA E AVENTURA

Baixo este suxerinte título escribiu Anxo Fole o prólogo aos “Versos da auga” de Luís Maquiera Quiroga, na cidade da Coruña, alá polos anos oitenta. Fálanos dun mocetón de barbas rubias, o neno rebulideiro da casa grande de Hospital do concello lugués do Incio.Refire como unha longa vida de aventuras levou a Luís a capturar esmeraldas nos ríos de Colombia e Venezuela entre outras empresas.
Hai na “Nota preliminar” dos “Versos da auga” datada en Sada,A Coruña, o 8 de Xaneiro de 1987, unha reflexión moi interesante sobre a vida e a poesía (escrita por Luís en lingua española), que di así, traducida ao galego por min:
“Este estraño suceso que é a vida, ten unha testemuña profunda e universal, a poesía.
No amor, na dolor, na desesperación, como na alegría e nos soños, hai unha emoción estremecida, tan vella coma a vida e coma o home, e quizais aínda máis vella.
Ao lado da vida e da morte, da forza do mar e do vento.Na melancolía da choiva, e na distancia inmensa do universo.
Nos ollos dun neno, nos húmidos ollos dun pequeno can, na desolación da loucura.No humilde e marabilloso florecer do campo, e na nudez do outono.Ao lado da piedade, da xenerosidade, da tenrura, está a poesía...
Nas preguntas de sempre, no ¿ por que? e ¿ a onde?.
Tamén na nada, e no silencio, está a poesía.
Na paixón,na ilusión, e na emoción de vivir está a poesía.Como o está no abismal e inescrutable selo da morte.
Ao lado de todos e de todo, está a poesía.
E o arte é a milagre de pasar a un papel, a un lenzo ou a unha pedra, a emoción da vida.E na pedra, no lenzo, ou no papel deixala vibrando”
Reflexións altas e sentidas, en concordancia co tamaño físico de Luís, que certamente era da envergadura dos profesionais do balón cesto.Un homazo libre e sensible que, quixo deixar noticia, do seu tránsito pola existencia.Tiña tres fillos: Xoán e Rodrigo, pero sobre todo tiña a María, a filla; a quen dedica o libro de poemas do que falamos e coa que ten feito algunha exposición, pictórico poética en conxunto.Viviu pobre, pródigo, libre en Pontevedra na última etapa da súa vida.

Muíño da malladoira.

Teño un muíño
de pedra,
rente dun río
cantor,
teño un muíño
de amor,
de amor,
de auga
e de hedra.
Teño un muíño
de pedra,
para moer co meu
amor,
de noite,
ou cando
sexa,
para moer
co meu amor,
teño un muíño
de pedra,
rente
dun río
cantor.

     *
Xa non che importan
nin o mar
nin o vento,
non che importa
a roca
nin a area,
nin a nube,
nin o río,
non che importa
a estrela
¿ en onde
te perdiches?

2.- CONTOS SEN IMPORTANCIA.
Composto por catorce contos e catorce ilustracións do pintor barrense Manolo Ruibal.Leva un preliminar de Víctor Campio Pereira.Por destacar algún conto, destacaría o titulado: “Antucho de berretina”.
                           *
E ben, por imperativo natural, Luís Maquiera Quiroga (Lugo 1938 – Pontevedra 2017), faleceu, en Pontevedra cidade, o pasado sábado: día 4 de Marzo.No Diario de Pontevedra do domingo 5, nun apunte da portada que, remitía ás páxinas interiores dábase conta da circunstancia; eu no bar Alba, nestas terras cruzadas por mil camiños,  almorcei coa triste noticia.

Uns versos de Luís, dicían:
“Non me importa volver á terra...
Porque a terra é vida...
porque á terra levántaa o vento...”

Todo rematou e sen embargo todo continúa...así son as cousas aquí Luís, amigo.



  












   

sábado, 4 de marzo de 2017

Pola lúa nadaba un peixe.




  TÍTULO:POLA LÚA NADABA UN PEIXE.

  A auga dorme unha hora
  e o mar branco dorme cen.
  ( Federico García Lorca.) 
  1
  SACRIFICIO
Subido no alto do patíbulo azul celeste
con escudos heráldicos de pedra
o funcionario de prisións co pelo
cheo de caracois cos cornos ao sol
cicha chorros de seme quente
polo seu enorme pene duro e brillante.
Abaixo, na gran explanada de cemento
con parches de alcatrán
a xente chea de odio grita incoherencias
por riba das pancartas
escritas coa sangue de inocentes nenos
sacrificados ao amañecer
por expertos carniceiros
con bigotes pintados co betume
das botas dos xenerais de brigada
condecorados polo rei
o día da pascua militar
que todos os anos sen falta
se celebra entre os loureiros
da cara oculta da lúa chea.
Un correo
que parece un vello mono
escapado dun zoolóxico cheo de suor
entrégalle un pergameo de pel de cabra curada
ao funcionario de prisións;
o cabalo negro que montaba, estourado,
acaba de caer fulminado entre a multitude.
O funcionario
cos ollos sobordados de bágoas
entre risas homosexuais
cun micrófono
para cantar panxoliñas polo nadal
na man dereita
estalle a comunicar ao xentío
que hai que seguir matando xente.
Porque así o queren e ditan
os poderosos de arriba;
ordes son ordes
e empeza a chamar polos condenados:
Torres Martínez, Manuel ;García González, Paula;
Gómez Caldas, Rafael; Castro Rivas, Eva....
Os nomeados van subindo ao patíbulo
por rigoroso orde de chamada.
Os que acatan a orde de morte
e non escuman pola boca
nin gritan cheos de pánico
son agasallados polos tres verdugos
vestidos de negro e coas cabezas tapadas
cun anaco de rosca pascual
e unha copiña de viño doce
e despois aínda lles colocan cerimoniosos
unha coroa de loureiro
da cara oculta de lúa chea
nas súas cabezas
que pronto rodarán polo chan
a golpe de certeiros machados afiados.
Os desobedientes son perseguidos
por grandes cans e cadelas de ouro
ata que non poden dar un paso máis
e logo coas súas linguas fóra da boca
coma garabatas encarnadas
son conducidos por soldados
das forzas especiais
a patadas por onde cadre
ata o lugar do seu necesario sacrificio.
Alí primeiro quítanlles os ollos
cunha culler de prata
e despois rachéanlles as concas
con chumbo fundido
a continuación sácanlles dilixentes
o palpitante corazón en vivo
e os grandes cans e cadelas de ouro
pápanllo dándolle  ao rabo con alegría.
A multitude de explanada aplaude
como si estivese vitoreando
nun estadio de fútbol ateigado
un gol importantísimo
na final da liga de campións.
Aínda así o olor do aire delata
que todos ou a maior parte dos presentes
fíxose caca e pis por si.
Agora o funcionario de prisións
cos pelo cheo de caracois cos cornos ao sol
feliz polo deber cumprido
para tratar de facer rir un pouco á xente asustada
pinta a face toda de vermello
mollando as mans nos coágulos de sangue
que hai palpitando polo chan do patíbulo.
Os tres verdugos cansados de tanto matar
séntanse nos troncos de carballo
de pousar o pescozo os cadáveres
e fuman tranquilamente tabaco de boa calidade.
A xente co medo nos ollos acendidos
entre un olor forte e pestilente
que marea os cerebros dos xenerais de brigada
a saltiños empeza a dispersarse
ata mañá coas luces do alba
non haberá necesidade de máis mortos
para homenaxear como se debe
aos sagrados deuses do gran capital.
De momento seguen vivos e enteiros.
Mañá haberá unha nova lista de sacrificio
escrita en pergameos de pel de cabra curada
coa sangue de recen nacidos
¡Mañá queda moi lonxe aínda.....!
  2
MAIO VARREDURA DE PERAS PEQUENAS POR MAMA
Os fantasmais obreiros
que traballan a xornada partida
na cara oculta da lúa chea
beben toneladas de cervexas mexicanas e holandesas
acobadados coma xigantescos ervellos de plantación ecolóxica
sobre mesas de billar de veludo laranxa
encol das que lentos se desprazan caracois desafiuzados
con densos macro letreiros amarelos
nos que se pode ler o futuro fusilado dos patos á laranxa.
Na face engurrada dos obreiros
hai unha donicela cantando a Traviata
e os números da lotaría diaria
que saben de memoria rota
os tristes pero engravatados operarios dos bancos
acabados de pintar coa sangue
das pobres mulleres maltratadas, mortas e desesperadas.
Mentres tanto nunha esquina doída do aire
un mono coa cara pintada de azul ceo
le en voz alta entusiasmado
os odiosos nomes dos que cada fin de mes
teñen os petos furados e cheos de arañeiras
e non poden bailar os febrís sábados
nas discotecas embriagadas
ao son dos pincha discos alienados
postos de cocaína e outras substancias edificantes.
Na capital da nación española
acaba de espertar o fiscal xeral do estado
na súa cama infestada de víboras, serpes e donicelas
o primeiro que fai coma cada xornada
e pasarse o fío dental pola equipaxe testicular
coa inestimable axuda dun avogado do estado anal
despois, tras poñerse en sintonía coma emisoras de radio esperanza
chaman urxidos ao director xeral de facenda pública
para que avise axiña ao ministro de economía e lle diga
que a maioría da xente descalza
anda paseando crocodilos e iguanas polas rúas sucias
lévanos atados con laciños de seda
deses de cinguir os cabelos das nenas de vidro.
Nunha rúa chea de tendas de última moda
unha muller encinta ten a vista cansada
de tanto mirar para os bravos obreiros
da cara oculta da lúa chea
e se cadra está disposta a parir un dinosauro verde
polas propias ventás da nariz
con tal que lle permitan cantar en arameo
unha canción de berce para breves nenos salgados.
E todo isto en definitiva vén sendo unha momia conxelada
de cando a gran mamá Amelia traballadora e dilixente
planeaba unha necesaria varredura de peras pequenas
estragadas pola furia de maio tolo con cara de moinante.....
  3
  DISTOCIA
Os montes altos coma edificios de mil millóns de euros
xa estaban aí cheos de misterio,xa estaban aí os montes
eses montes amigos que fuman en pipa de cerdeira
e quedan absortos mirando paro o voo enorme
dos paxaros manchados de barro que din o meu nome
que o gritan polo val de Cristal adiante
para que as formigas con palas e carretillas traballen arreo
para que as avellas con gafas de sol non descansen
para que todo vaia sendo explicado polas herbas medradas
que come o meu can na súa farmacia de foxos.
Unha tarde de maio é unha tarde de maio
e non ten porque ser outra cousa agora mesmo
os montes non están quietos e os cabalos bailan
aquí todo está vestido de verde luxurioso
e non hai outra color que eu poida imaxinar mellor
para semellante explosión de Venus espidas
subindo polas ventás pechadas como alpinistas
sorprendidos por un terremoto brutal no Nepal.
Os montes, os montes fumando en pipa
grandes, altos coma edificios vexetais de mil millóns de euros
están a parir con dificultade un conto de fadas
nesta tarde enorme que non quero falar por teléfono
e broto simpático a outra dimensión da fantasía
coma un secreto astronauta aterrado nunha rosa con espiñas.
  4
  TARDE DE DOMINGO
Por todos os lados deste estraño planeta hai autos
televisións, semáforos, teléfonos, ordenadores, alcatrán
cemento, por todos os lados, sen descanso.....
Morremos a cada intre porque ninguén entende ren do importante
segundo a actual filosofía sobre asunto do non ser.
Aquí se levanta unha civilización avanzada
capaz de voar e comunicarse polo aire.
Aquí está latente a gran nación europea.
Aquí, aquí avanza o tedio estúpido
como un fantasma entre o sexo das mulleres.
Aquí o cerebro estatístico gobernando na calma obrigada
gobernando na lingua vella dos poetas apestados.
Por todos os lados deste estraño planeta hai conflitos
mortes, enfermidades, inxustizas, presa
velocidade, por todos os lados sen descanso.....
Estou acabando o domingo conmovido polos resultados do fútbol
a vida plana de por aquí, aquí, teno todo controlado
todos se aburren de estar tan,tan estudados
que agora ata as andoriñas cando regresan de África
se non teñen internet nos arames onde pousan
gardan quenda e fan ringleira detrás das ventás burocráticas
para sacar os oportunos permisos e poder facer o niño
de sempre nos vellos alpendres da aldea.
Aquí,aquí morrendo a cada intre coa bandeira melancólica
instalada nos gallardetes dos impactantes coches oficiais.....
  5
  TRANSO ETÍLICO
¡Escoitádeme todos!, ¡atentos a min!
estades moi enganados se pensades que todo vai ben.
Aquí, seino grazas aos meus alcances divinatorios, vaise armar unha
de prognóstico;os pobres non aguantan máis miseria
e os ricos xa non saben onde roubar e peléxanse
entre eles coma lobos rabiosos; ¡atentos ao meu parlamento!
¡escoitádeme todos!, estades moi enganadiños
isto vai estoupar todo da noite para o día
coma unha bomba de palenque dunha romaría
os avións de combate vano arrasar todo, todo a eito
non vai quedar pedra sobre pedra, nin tellado ergueito
e ides comer pan da landras e bistés de ratas; xa veredes
como non me engano, sei do que falo, ¡morredes de medo!
ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha,ha, rise con risa estentórea e histérica
ao tempo que bate nun vello bombo de animar ao Pontevedra.
Bon,bon,bon,bon,bon,bon,bon,bon,bon,bon
a guerra que vén vaivos quitar os fumes que tedes algúns
xa veredes vós como vos vai oler o corredor da raíña
ta,ta,ta,ratatata,ratatata,ta,ta,ta,bon,bon,bon, pum,pum,pum
ídeslle ver o cu á curuxa en moi pouco, pouco tempo.
Seino grazas aos meus alcances divinatorios secretos
a mellor dieta contra a obesidade: ¡guerra,guerra,guerra.....!
María Cristina debaixo do carballo, cabo de fonte pouca
en pleno transo etílico, minguando ao gollete nunha botella
de coñac,fala dun futuro terrorífico; María Cristina de vez en cando
ponse apocalíptica e xa ninguén lle fai ningún caso
bebe coma unha esponxa e despois: Ha,ha,ha,ha,ha
bon,bon,bon,bon,bon, ratatata,ratatata,ta,ta,ta,ta,ta
María Cristina a pobre, xa vai por la quinta guerra mundial.....
  6
  ORACIÓN
Neste día que se apaga para sempre no infinito
coma unha fogueira de lágrimas e adeuses
neste día irrepetible que morre coa lingua fora
co sol sangrando por detrás do horizonte
neste día rogo pola miña fráxil vida
pola dos meus seres queridos e amigos
por todos os que sofren escuras inxustizas
rogo polos meus ollos, oídos e corazón
pola miña cabeza, polo meu corpo enteiro rogo.
Neste día que se apaga para sempre no infinito
rogo por todos os días que me quedan por vivir
para que a sabia natureza e a vida en sociedade
sexan xenerosas comigo e me coiden
rogo,rogo,rogo e non me canso de rogar
por unha sinxela boa morte chegado o día
de xeonllos sobre a codia da nai Terra
volvo a ser aquel neno inocente que fun
e rogo para afastar a cruel enfermidade
para ser feliz, positivo,valente, auténtico.
Neste día que se apaga para sempre no infinito
coma unha fogueira de lágrimas e adeuses
rogo por todo o que un home consciente ten que rogar
mentres agarda ser escoitado cheo de humilde piedade.
  7
SON AS CATORCE TRINTA HORAS DUNHA XORNADA RUTINEIRA
o madrileño edificio do mercado bolsista
cicha sangue vermella, suor e bágoas
por debaixo das portas e polas físgoas das ventás.
O parqué ateigado de cadáveres esnaquizados
é unha páxina escapada do inferno de Dante.
Os sumos sacerdotes do gran capital, exhaustos
que manteñen o sexo húmido de pura avaricia
compran e venden, sen descanso, dende primeira hora
agora que se vai pechar o mercado de valores
desátase un frenesí tolo, bárbaro e desapiadado, final.
Polas veas dos negociadores flúen combustibles fósiles
cemento, pirulas farmacéuticas, queroseno de avións
o sangue sóbelles xa por riba dos xeonllos
van chegando máis cadáveres de traballadores rotos
son corpos explotados, como se lle meteran pólvora dentro.
As garabatas cheas de sangue dos sumos sacerdotes, parecen
espadas mornas pingando na area dunha praza de touros.
O sistema é implacable, os mortos nin se contan
unha gran escavadora vainos amoreando nun monte anónimo
despois plantaranlles lume e aventarán as cinzas
para facerlles de abono ás futuras papoulas
que as delicadas mans das esposas e fillas dos negociadores
en vistosos floreiros domésticos, con esmero, colocarán.
  8
  OS DIRIXENTES
A cidade dos dirixentes é autónoma e basease nos bancos de tempo
está afastada das cidades da xente común
todo está cavilado nela para a democracia máis pura.
Para unha poboación de cincuenta millóns de habitantes
a cidade dos dirixentes conta con trescentos mil seres.
Por rigoroso orde alfabético os dirixentes
van ocupando os seus postos no país segundo as necesidades.
Dez anos de mando, deixan paso a outros dez de cese
así ata os oitenta anos de idade biolóxica dende os trinta.
Están previstas táboas correctoras para falecementos,incapacidade e enfermidade.
Á condición inicial de dirixente acédese por sorteo público
despois esta alta dignidade convertese en hereditaria.
A condición de dirixente non é renunciable en ningún caso
agás o que digan as táboas correctoras con respecto ao mando real.
A cidade dos dirixentes é autónoma e descoñece a propiedade privada.
Todos os servizos propios dunha comunidade humana
ensinanza,medicina, xustiza, policía, medios de comunicación etc.
e todo canto se necesita para o desenvolvementos da vida diaria
son prestados polos propios dirixentes libres de mando.
Os dirixentes viven nunha democracia pura e científica
que entenden como unha espiritual relixión laica.
Ser dirixente é ser filósofo, sabio, prudente, sensible.
Ser dirixente recorda moi pouco aos vellos políticos elixidos nas furnas.
O abastecemento de alimentos, materias primas e enerxía
provirá proporcionalmente das cidades e o territorio que dirixen.
  9
  CANTANDO
Se puidese ser un ceibo paxaro
se o puidese ser con só cavilalo
estaría toda esta tarde de puro xuño
no medio da fresca follaxe da árbore
que hai preto da ventá do teu cuarto
para ver como inventas modas diante do espello
como te apertas os grans da face
como soñas con príncipes azuis
como xogas a colocar o cabelo de mil maneiras.
Se puidese ser un ceibo paxaro
explicaríache cantando porque che ferve a carne
porque che anda á velocidade da luz o sangue.
Se puidese ser un ceibo paxaro
estaría sempre cabo da túa ventá cantando.....
   10
BUSCO SEMPRE, CÁNSOME, FASTÍOME, PERO BUSCO
insisto, continúo, trato de alcanzarme
son un depredador de sensacións e harmonías
porque non me rindo nunca e busco nas letras
é un xogo máis, dentro do xogo enorme da vida.
Só alcanzo a pensar cando escribo, pensar
buscar, romper o mármore do silencio
para ser eu mesmo e axudar a criar paz
paz e beleza.Aquí estou, insaciable, depredador.
Aquí diante dunha posta de sol máis
que non vexo de cheo pero intúo pola luz laranxa
que esculco de esguello pola ventá da cociña.
Aquí buscando unha agulla nun palleiro
sacándolle brillo aos zapatos do imposible.
Aquí farto de cavilar tamén en fendas femias
auténticas partes do universo que insisten na vida
como eu insisto na miña busca
por pensar, por crear paz, harmonía e  beleza.
  11
COMO QUE NON HAI NINGÚN DEUS NO UNIVERSO
cero, nada, pura evolución adaptativa ao medio
que eu sei o que hai nesta sociedade: ¡zuuummm!
hai montada unha algarabía desapiadada
un frío televisado, radiado, telefonado
un frío posto en letras marcadas
un frío conxelado, ártico, cementoso
un frío, frío, moi frío, polar, un frío brutal
que se mete nos pobres ósos da xente de abaixo
para que se equivoquen, e se equivoquen
ata que explotan coma bombas desesperadas.
Pobre dos enfermos, dos vellos, dos nenos
pobre dos desgraciados, dos perdedores, dos vencidos.
Como que non hai ningún Deus no universo
que eu sei o que hai nesta sociedade: ¡zuuummm!
hai unha cruel loita pola existencia
a todos os niveis da medieval pirámide social
que todo se confunde nun ruído xordo
que non ten ningún sentido transcendente
máis co sentido de ser así as cousas aquí e vale.
  12
SAÚDOTE CONSTERNADO INDIXENTE DAS RÚAS DA CIDADE
dóeme o peito ao verte así de perdido
es un invisible anónimo que eu inzo do chan
para que te vexan nas súas habitacións quentes
esa chusma medrada que non te quere vivo.
Estás aí co teu cartel mal escrito pedindo euros
pides ata o prezo do boleto do bus
para asistir ao enterro dun familiar.
Vales un ser humano con todos os dereitos
pisado polo vicio, a competencia, a desilusión
es una magoada vítima da vórtice
da presa, dos carteis publicitarios, dos medios de comunicación.
Saúdote, bícote, abrázote, deixo que me contes
malvives máis alá de todo o que importa
es un naufraxio de acordeóns que tocan de seu
ao son rabioso dunha tempestade de caras lavadas.
Irrecuperable,enfermo,díscolo, rebelde
peor alimentado cas feras dos zoolóxicos
sen o cariño de ninguén, perigoso, terminal
chanta na man farisea que che da de comer
morde,rabuña,berra, rebélate
trata de quererte, non deixes que poidan contigo
toda esa xente ben en busca de sensacións fortes
nunha botella de auga mineral ou de colonia.
Saúdote consternado indixente das rúas da cidade
non te preocupes, están convertendo o axudarche
nun negocio de bos sentimentos admirables
que pronto cotizará en bolsa e ti así de roto irmán.....
  13
O ESTADO MONSTRUOSO PODE CON TODO A EITO
cada día, cada hora, cada minuto, o estado vive
para controlalo todo etiqueta a etiqueta
o gran irmán ten os ollos abertos
investiga, fiscaliza, persigue, rexistra, oprime
cada vez con medios máis potentes
cada vez máis e máis no interior da xente.
O soño do Todo e saber de memoria o territorio
cada vez máis a fondo, cada vez máis forte
o gran monstro alimenta os seus tentáculos
de todo canto hai na vida e na morte.
Un sistema infalible, aceirado, brutal
consegue que os escravos libres obedezan
por motivos escritos no aire e na pel
todos lle serven e se lle renden agradecidos
o estado monstruoso é a medida de todas as cousas
sen el todo anda sen goberno e torcido
rebelarse contra o seu aparato é tallar en nube
primeiro o estado e despois a primavera.
  14
¿TAMÉN SOMOS O QUE CALAMOS?
Si, tamén somos o que calamos
todos estamos feitos de noite e aurora
o silencio era unha disciplina dos frades exipcios
o silencio ás veces composto de prudencia
ten un edificio de aceiro e cristal en Madrid
e outro máis pequeno en Santiago de Compostela.
Sabemos da forza das palabras
as palabras son máis importantes cos escritores
moito, moito máis importantes cos reis
as palabras son un vento furacanado
que te pode facer voar de aquí a Washington D.F.
por iso detrás dalgunhas palabras hai tanto silencio.
Silencio con razóns de estado na cabeza
silencio sabio que cala preñado
silencio que non ten que ver con asustado.
¿Tamén somos o que calamos?
Si, tamén somos o que calamos
por iso non cambiamos de peiteado
e se vemos unha praza pública con pombas
sentamos nun banco branco ao sol queimado
e non discutimos a paz que nós deixa estar.
O silencio ten edificios moi, moi grandes
e as palabras que van saíndo
crúzanse coas que van entrando e tal e cal...
  15
INQUEDO COMA UN LABORIOSO ENXAME
teño que sufrir o paso do tempo lesiónante
coma calquera fillo de veciño destemido
non hai máis cera ca que arde
e aquí e en calquera parte os dentes son feros
unha ansiedade motorizada magóame
non alcanzo empresas de risa
nin son feliz desmontando un xoguete
cústame traballo manter o pensamento feliz
e non facer ren estrágame por dentro.
Fundo unha asociación denominada: Xenerosidade e Axuda
e procuro o ben para as persoas
o tempo agora é moito máis amable
porque agacha no seu interior solidariedade.
Todos debemos sentirnos útiles, positivos
entón é cando o tempo te agarima
e se o tempo te agarima estás salvado.
Estás salvado, es un home novo que sorrí.
Xenerosidade e Axuda é unha asociación benéfica
sen ánimo de lucro, unha bendición
nestes tempos tan rachadores e competitivos.
Inquedo coma un laborioso enxame
son un estudoso dos dereitos humanos.
  16
COMPADRE NON PODO MÁIS
non dou máis de min, estou esgotado
e aínda así non me chegan as horas do día para traballar
dicíame baixando a cabeza avergoñado.
Con muller e dous fillos que sacar a diante
non vou poder pagar as últimas letras da vivenda.
Traballaba sábados e domingos servindo vodas, bautizos e comuñóns
o resto da semana era mecánico nun concesionario de vehículos de alta gama.
As contas non dan, os cartos que gano non chegan
vannos botar á rúa e vánsenos quedar cos cartos xa pagados da hipoteca.
Estaba a punto de chorar coma un rapaz pequeno.
¿ Tes un seguro de vida ao teu nome , non? pregunteille
teño respondeume. ¿Por que o dis? preguntoume inquedo
por nada, por nada, respondín moi roto por dentro.
Despois xa quedamos mudos, fríos, estarrecidos
estábamos mirándonos aos ollos coa fixeza acesa dos desesperados
cando, sen remedio,comezaron a rodar as bagoas coma ríos tolos
polos nosos malditos ollos asustados de homes vencidos
soou nos beizos del a nai de todas as preguntas:
¿En que espantoso mundo estamos metidos?
non lle respondín ren e botando a andar
deixeino só para non seguir véndonos tan, tan deshumanizados.
  17
SABER PERDER, SABER PERDER
morder o po con alegría
ser un ser de prata que non mata
andar polo tempo adiante
cunha cara de bendito que corta
vivir coa esperanza de ser feliz
cando teñan teléfono móbil as plantas.
Saber perder, saber perder
despreocuparse despois de tanta mágoa
andar por ser e estar no mundo
tendo por teito as estrelas
e por chan o camiño das incógnitas.
Hai que aprender a lección
enterrar todo o odio nun cemiterio nuclear
acariñar a auga das fontes do monte
deixar que todo se vaia consumando
sen ese medo horrible que todo o rompe.
Saber perder, saber perder
para gañar, gañar por goleada.
  18
HAI QUE VIVIR O QUE TOCA
ninguén pode colgar a pel no armario
e baixar de si mesmo coma quen descende dun autobús
non hai máis remedio que seguir turrando
ao mellor todo é como non é pero de momento
tes que ir protexendo a chama da túa vela
e deixar que rompan as ondas do océano vital.
Sen poder, nin fortuna es carne de canón
nesta feira consistente na vantaxe e a risa
dan gañas de non sei de que, pero non
hai que seguir desangrándose diante do dedo incorrupto
desta sociedade conmovida polo ouro.
Hai que vivir o que toca
ninguén vai sacar a conta nunca
dos teus valores positivos e comportamento ético
non, aquí o que importa, ten un só sitio
os números positivos dos sagrados bancos
esta relixión vai deso, de comprar e vender
o pai noso da oferta a santa maría da demanda
Deus aquí ten a cara dun lingote de ouro
a xente sábeo por iso corre coa lingua fóra
por iso festexa con champan os números da lotaría cada Nadal.
   19
  BABA DE CARACOL
Hai xente xove dun amaneiramento delictivo
falan de radicais libres, antioxidantes
tránsito intestinal cunha asepsia vomitiva
xente así de edulcorada podrece a sociedade
debería reeducarse no traballo físico
por exemplo plantando patacas na Limia.
Non se pode chamar un Jessica por exemplo
e andar pola vida cunha suficiencia dietética
sen toma de terra ningunha, sen raíces
abordo dunha xerga modal empachosa
que pide vara, tralla e estaca por onde caia.
¿Como se pode estar educando tan mal?
¿ De que planeta é esta insulsa xentalla?
Hai ferve sangues atobados en reviravoltas
de celme clasista volátil marfallada
que che cospen nas entretelas cada vez que vocalizan.
Xente cansada, sen ritmo, apiosos
entre copos de avena e sementes de liño
que negan a leite enteira e só falan de quilocalorías
auga mineral, leituga e menta poleo.











   

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...