martes, 30 de abril de 2019

Ramirito Peta Pouco





                    RAMIRITO PETA POUCO
Ramirito Peta Pouco natural da aldea de Gato Morto, parroquia de Santa María Santísima, concello de Vengaanós Altoreino é un perdedor do tamaño da catedral de Santiago de Compostela.De paso, capital do país galego, da que o propio presidente actual da real academia galega da lingua, Víctor Fernández Freixanes, ten dito na súa célebre novela:”O triángulo inscrito na circunferencia” recentemente reeditada pola editorial Galaxia:”En Compostela:hai moita cona debaixo das sotanas” o mesmo que falando de fortunas engade:”Non hai fortuna que traia as mans limpas sobriño”.
Claro que do erudito ventureiro arte de citar, Ramirito Peta Pouco, non ten remota idea, porque el anda no mundo por andar e só ten certo prestixio como pequeno estafador de amigotes incautos, palanquín declarado, ebrio vespertino e criado de proxenetas de terceira categoría.
Non, Ramirito, por suposto que non forma parte do exemplar grupo de afeccionados granates, “Os Peta Pouco”, que hai xa máis de medio século animan dende a grada de preferencia de Pasarón ao Pontevedra C.F., non o noso personaxe peta pouco e non pinta nada, porque el de seareiro da súa infausta vida non pasa, e mentres intenta cravarcha e vai tirando, soña con vivir retirado na república dominicana entre mulleres fáciles e se pode ser morrer pinando coma non sei que personaxe do seu sórdido universo mítico particular...   Por R.S.Lago.


Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...