RAMIRITO PETA POUCO
Ramirito
Peta Pouco natural da aldea de Gato Morto, parroquia de Santa María Santísima,
concello de Vengaanós Altoreino é un perdedor do tamaño da catedral de Santiago
de Compostela.De paso, capital do país galego, da que o propio presidente
actual da real academia galega da lingua, Víctor Fernández Freixanes, ten dito na
súa célebre novela:”O triángulo inscrito na circunferencia” recentemente
reeditada pola editorial Galaxia:”En Compostela:hai moita cona debaixo das
sotanas” o mesmo que falando de fortunas engade:”Non hai fortuna que traia as
mans limpas sobriño”.
Claro
que do erudito ventureiro arte de citar, Ramirito Peta Pouco, non ten remota
idea, porque el anda no mundo por andar e só ten certo prestixio como pequeno
estafador de amigotes incautos, palanquín declarado, ebrio vespertino e criado
de proxenetas de terceira categoría.
Non,
Ramirito, por suposto que non forma parte do exemplar grupo de afeccionados
granates, “Os Peta Pouco”, que hai xa máis de medio século animan dende a grada
de preferencia de Pasarón ao Pontevedra C.F., non o noso personaxe peta pouco e
non pinta nada, porque el de seareiro da súa infausta vida non pasa, e mentres
intenta cravarcha e vai tirando, soña con vivir retirado na república
dominicana entre mulleres fáciles e se pode ser morrer pinando coma non sei que
personaxe do seu sórdido universo mítico particular... Por R.S.Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario