domingo, 4 de setembro de 2022

Opinión sobre a parroquia da Portela do concello de Barro...



SOBRE A PARROQUIA DA PORTELA DO CONCELLO DE BARRO

¿Meter a cabeza debaixo da area como fan as avestruces no deserto e pasar de todo?... ou ¿discrepar cando nos parece que non se fan as cousas como é debido?... a primeira é unha actitude tan cómoda como pasota...a segunda é unha actitude democrática, leal e valente...por iso me vexo na obriga de dicir que, na parroquia da Portela do concello de Barro, todos os anos se premia con bebidas varias, empanada e rosca aos asistentes á misa do correspondente santo do día, mentres que os non asistentes quedan a xaxún.

Isto sucede porque se confunde a igrexa coa comunidade de montes. Igrexa e local da comunidade están moi próximos, debe ser por iso. Desta maneira, a parroquia é un niño de ultra conservadores que, cheos de fe cristiá á saída de acto relixioso, mastocan , beben e danzan cheos de aparente ledicia; mentres que os que non van, por riba de non encherse nin danzar coma os primeiros, son oficialmente os vencidos diaños desta aciaga parroquia, chea de fundamentalistas católicos, pronto talibáns, con ideas políticas moi cuestionables.

Así as cousas, os “míseros miserables” ( nótese a paronimia coa verba misa), son os que mandan e runfan como únicos representantes da parroquia...isto dende que teño memoria e para sempre. Porque os discrepantes, que hai bastantes, creen que, con ignoralos e deixalos que se farten e bailen, para colgar despois os vídeos nas súas redes sociais, xa se delatan a si mesmos.

Na Portela, o que hai que facer é apartar o relixioso do político dunha vez por todas. Sacar a pitanza sacramental de despois da misa solemne e facer unha merenda fraterna pola tarde. “A deus o que é de deus e ao césar o que é do césar”, pero coma ata agora non...que a comunidade de montes non ten por que, nin debe facer proselitismo cristiá...dicindo isto creo que cumpro e engado cunha segunda frase bíblica: “déixaos que non saben o que fan...”; si, porque son testemuña de que levan así unha carrada de anos...¡que escura tristeza!.. é que creo que son coma pedras das pedradas...indolentes, rutineiros, inconscientes, bárbaros e sen luces...e non, non me fai feliz ter que opinar así de duro...  por rslago.





Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...