venres, 17 de abril de 2026

Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...



Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA

 

Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai comuneira Amelia Taboada Gómez don DNI Nº 35386033G e en representación dos veciños comuneiros da Porriña máis abaixo asinantes que, se relacionan  cos seus respectivos documentos nacionais de identidade, solicita de esa Xunta xestora o seguinte:

1.- Que se acondicione, nun lugar adecuado por definir no territorio propio da aldea, un espazo público gastronómico e de lecer que facilite a sa relación entre os veciños e forneza a súa convivencia e comunicación social.

2.- Unha vez definida a ubicación precisa, cavilamos que se debería dotar o sitio, como mínimo, dunha ampla mesa de pedra con asentos sólidos do mesmo material arredor, nos que poder degustar sardiñadas, churrascadas populares ou incluso modernas festas de levar cada quen o que poida...para isto tamén se precisa que haxa instalado un asador con grella de ferro, coma os que hai obrados nalgunhas áreas de recreo e parques.

3.- Esta petición descansa ou ten raíces na vella tradición festiva, que indica que tempo atrás, por exemplo na aldea da Porriña, se celebraban polo san Xoán e o San Pedro grandes cacharelas festivas nas que participaban todos os veciños, interrompidas pola necesaria falta de mobiliario adecuado para esta clase de eventos.

4.- Agardamos que por todo o exposto que a Xunta de montes se interese por este noso proxecto e se leven a cabo as obras necesarias no lugar adecuado que, permitan defender as nosas tradicións máis antigas e fondas e que incluso sirva de exemplo para si noutros núcleos poboacionais da parroquia están interesados no mesmo. Tamén firman este escrito algúns veciños residentes que aínda non solicitaron ser dados de alta como comuneiros.

5.- Para agradecer a posible valoración positiva deste escrito pola Xunta directiva ou a Asemblea xeral si correspondese, nun intento de que as nosas inmemoriais aldeas sexan lugares onde a veciñanza poida coñecerse e recoñecerse mediante a gastronomía, as xenuínas tradicións e o alento comunitario que seguro que vigorizan a convivencia entre veciños...

É de xustiza. A Porriña a 17 de abril do ano 2026 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...

Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA   Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai comun...