martes, 16 de xullo de 2019

POLITICOS COMO MULAS


Resultado de imaxes para mulas



                     POLÍTICOS COMO MULAS

Sorprendido, dolido y triste porque la clase política española, después de dos comicios casi seguidos, empiece a barajar desde el primer momento la posibilidad de ir a unas segundas elecciones generales, sin importarles el hartazgo de los votantes, me sentí en la obligación de escribir, con plumas de soneto, la siguiente composición:

VERANO DEL AÑO 19
Hablan fieros de repetir las elecciones
generales, como quien habla de películas
trasladan al fatigado pueblo sus funciones
estos políticos son unas auténticas mulas.

No se les cae la cibor jeta al suelo
al mentar de primeras esta posibilidad
quieren tomarnos a todos el pelo
olvidan la palabra responsabilidad.
El pueblo habla siempre muy claro
si políticos sordos no lo entienden
lo mejor es que se apunten al paro.

El pueblo necesita gobierno y buena gestión
estas incapacidades hieren y ofenden
y sólo trasmiten irresponsabilidad y tensión.
Sábado 13 de Julio del año 2019.


xoves, 4 de xullo de 2019

A RECUPERACIÓN TEÓRICA E DOCUMENTAL DO PARQUE DO PASATEMPO EN BETANZOS

Resultado de imaxes para pasatiempos capricho de un indiano



 A RECUPERACIÓN TEÓRICA E DOCUMENTAL DO PARQUE DO PASATEMPO, ADXECTIVADO COMA O CAPRICHO DUN INDIANO.

Título: “El Pasatiempo” o capricho dun indiano.
Autores:Ignacio Cubano Vázquez, Mª Luz Pato Iglesias e Xosé Sousa Jiménez.
Editorial: Edicións do Castro 1991. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº53.
COMENTARIO
O parque empezou a erixirse no ano 1893, ano da volta das américas do seu promotor: Xoán García Naveira ao seu Betanzos natal no ano 1914, no que a obra estaba practicamente feita.Claro que ata o ano 1933, data da morte de don Xoán, seguiu medrando.
Don Xoán García Naveira (1849-1933), tiña 84 anos.
Don Xesús García Naveira (1853-1911), tiña 58. Morreu nun accidente de circulación na Arxentina. Este catro anos máis novo ca don Xoán, e o que o sigue na emigración e forman equipo.
Eran de familia moi humilde, pero tiñan gañas de mellorar economicamente e querían cultivarse como persoas. Fan fortuna coa firma importadora:”García Hermanos” especializada no ramo téxtil, tamén por medio de terreos revalorizados en baía Branca con motivo do paso camiño de ferro, ademais tiñan importantes establecementos comerciais en Bos Aires.Fan fortuna axiña entre os anos 1869 ao ano 1893, 24 anos nas américas e xa son ricos...
Convértense en filántropos: Don Xesús por medio dun testamento ológrafo , deixou diversos legados: En favor das escolas, para o asilo, para a fundación dunha escola municipal (1917), para unha casa do pobo,para 200 familias pobres de Betanzos.
As obras individuais de Don Xoán foron:2º lavadoiro público en as Cascas (1912), un refuxio para nenas anormais físicas (1923), o sanatorio San Miguel (1930), melloras no hospital San Antonio de Padua, legado a favor do asilo e do refuxio.
O parque do Pasatempo é obra máis persoal e orixinal de don Xoán.
Era un recinto particular: un xardín de recreo, pero de disfrute público, e non só para veciños de Betanzos.
No libro tópase unha descrición pormenorizada do contido deste fabuloso parque, con fotos e planos. Chaladuras de don Xoán dicían algúns.
Mármores de carrara para algunhas estatuas, cemento Porland para outras estruturas do complexo, 220 obreiros contratados que de paso son ensinados a ler e as obras resultan tamén coma unha escola de formación profesional.
Espectacular,magnífico, autobiográfico, enciclopédico, o Pasatempo é unha obra de arte galego eloxiada por Luís Seoane no ano 1957 e con este libro escrito e documentado por tres historiadores da arte saídos de USAC,pode quedar na memoria viva da contemporaneidade máis actual.
Como notas significativas  do texto, ao marxe da súa feliz reconstrución teórica, hai que sinalar que durante a guerra civil as estatuas foron branco das prácticas de tiro dos soldados.Por outra parte os dous colosais leóns que había á entrada do xardín, dise que agora están na entrada do santuario da virxe de Covadonga en Asturias e as estatuas dos césares romanos máis relacionados con España, están embelecendo o edificio da compañía aseguradora a Unión e o Fénix da capital do estado.
A primeira noticia que tiven deste capricho indiano foio por medio dunha excursión da asociación cultural Barosa de Barro e a comprensión do que representou na época chégame por medio deste libro de recomendable lectura.Filantropía, extravagancia, dúas maneiras de chegar ás páxinas da historia.Don Xoán e don Xesús García Naveira, os irmáns Naveira, son dous betanceiros que fixeron fortuna no novo mundo e non se esqueceron do seu Betanzos natal á hora de mellorar as súas infraestruturas e poñer en marcha os seus soños. Por R.S. Lago Martes 2/7/2019. 


Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...