A RECUPERACIÓN TEÓRICA E DOCUMENTAL DO
PARQUE DO PASATEMPO, ADXECTIVADO COMA O CAPRICHO DUN INDIANO.
Título: “El Pasatiempo” o capricho dun
indiano.
Autores:Ignacio Cubano Vázquez, Mª Luz Pato Iglesias e Xosé Sousa
Jiménez.
Editorial:
Edicións do Castro 1991. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº53.
COMENTARIO
O
parque empezou a erixirse no ano 1893, ano da volta das américas do seu
promotor: Xoán García Naveira ao seu Betanzos natal no ano 1914, no que a obra
estaba practicamente feita.Claro que ata o ano 1933, data da morte de don Xoán,
seguiu medrando.
Don
Xoán García Naveira (1849-1933), tiña 84 anos.
Don
Xesús García Naveira (1853-1911), tiña 58. Morreu nun accidente de circulación
na Arxentina. Este catro anos máis novo ca don Xoán, e o que o sigue na
emigración e forman equipo.
Eran
de familia moi humilde, pero tiñan gañas de mellorar economicamente e querían
cultivarse como persoas. Fan fortuna coa firma importadora:”García Hermanos”
especializada no ramo téxtil, tamén por medio de terreos revalorizados en baía
Branca con motivo do paso camiño de ferro, ademais tiñan importantes
establecementos comerciais en Bos Aires.Fan fortuna axiña entre os anos 1869 ao
ano 1893, 24 anos nas américas e xa son ricos...
Convértense
en filántropos: Don Xesús por medio dun testamento ológrafo , deixou diversos
legados: En favor das escolas, para o asilo, para a fundación dunha escola
municipal (1917), para unha casa do pobo,para 200 familias pobres de Betanzos.
As
obras individuais de Don Xoán foron:2º lavadoiro público en as Cascas (1912),
un refuxio para nenas anormais físicas (1923), o sanatorio San Miguel (1930),
melloras no hospital San Antonio de Padua, legado a favor do asilo e do
refuxio.
O
parque do Pasatempo é obra máis persoal e orixinal de don Xoán.
Era
un recinto particular: un xardín de recreo, pero de disfrute público, e non só
para veciños de Betanzos.
No
libro tópase unha descrición pormenorizada do contido deste fabuloso parque,
con fotos e planos. Chaladuras de don Xoán dicían algúns.
Mármores
de carrara para algunhas estatuas, cemento Porland para outras estruturas do
complexo, 220 obreiros contratados que de paso son ensinados a ler e as obras
resultan tamén coma unha escola de formación profesional.
Espectacular,magnífico,
autobiográfico, enciclopédico, o Pasatempo é unha obra de arte galego eloxiada
por Luís Seoane no ano 1957 e con este libro escrito e documentado por tres
historiadores da arte saídos de USAC,pode quedar na memoria viva da
contemporaneidade máis actual.
Como
notas significativas do texto, ao marxe
da súa feliz reconstrución teórica, hai que sinalar que durante a guerra civil
as estatuas foron branco das prácticas de tiro dos soldados.Por outra parte os
dous colosais leóns que había á entrada do xardín, dise que agora están na
entrada do santuario da virxe de Covadonga en Asturias e as estatuas dos
césares romanos máis relacionados con España, están embelecendo o edificio da
compañía aseguradora a Unión e o Fénix da capital do estado.
A
primeira noticia que tiven deste capricho indiano foio por medio dunha
excursión da asociación cultural Barosa de Barro e a comprensión do que
representou na época chégame por medio deste libro de recomendable
lectura.Filantropía, extravagancia, dúas maneiras de chegar ás páxinas da
historia.Don Xoán e don Xesús García Naveira, os irmáns Naveira, son dous
betanceiros que fixeron fortuna no novo mundo e non se esqueceron do seu
Betanzos natal á hora de mellorar as súas infraestruturas e poñer en marcha os
seus soños. Por R.S. Lago Martes 2/7/2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario