sábado, 12 de agosto de 2017

O CULPABLE

              




                            O  C U L P A B L E  
-¡ Eu son inocente ! .Diante deste tribunal composto por homes, mulleres, cans, carballos e pedras...¡ son inocente !.
- Pero vostede, ven acusado aquí de ser durmiñón, palanquín , de ter ideas insáns, de ser trampón ,de ser xoto. E esa proclamación de inocencia subxectiva é insuficiente.....
- Eu insisto, son inocente. Ademais a inocencia presúmese. Ninguén é culpable mentres non se demostre o contrario. ¿ Se me deixan falar ...?
- Vale, vale.....Vostede fale. Ten dereito xa sabe a defenderse, pode traer incluso un avogado, e se non ten medios económicos designáselle un de oficio e xa está. Pero como queira que vostede insiste en defenderse por si mesmo, o tribunal escoita con paciencia e sabedoría, pero a vostede non hai quen o mova da palabra inocente . Sen argumentos sólidos, sen probas claras e contundentes, sen testemuñas ao seu favor, a sentencia dende logo está cantada. E vai ser vostede ao fin culpable de todo o que contra a súa persoa, fica recollido en autos. Pero ben, vostede fale. Nos somos todo oídos, e queremos facer xustiza. Que ademais e abondando, estamos especialmente interesados no seu caso.
 O que fala é o presidente do tribunal: Un home de cabelo branco e ollos azuis, miúdo coma unha faísca, cerebral, inquisitivo , case que transparente. Viste toga negra e ten diante de si un feixe de papeis cosidos cun cordel coma o de atar chourizos e ceboleiros, ou de botar a voar papaventos.
Diante da súa admonición , os outros todos din si coa cabeza randeándoa de diante atrás, as mulleres tamén moven a cabeza e os peitos, os cans danlle ao rabo , e botan a lingua fóra, os carballos moven as ramas coma si soprase do norte con forza, as corredoiras zigzaguean coma cobras e as pedras rin.
Eu estou só , posto de pé , diante do estrado de madeira de nogueira, que recoñezo facilmente por canto meu avó ao que lle cortaron unha perna por mor da circulación do sangue , era carpinteiro, e téñolle visto facer berces moi xeitosos, e arcas para o trigo e as mazás, e roupeiros  e mesas estarricables, nas que se comía os días de festa. Eu diante do tribunal , estou inclinado para diante, caído dos ombreiros, coa cabeza medio desgonzada, coma si tivese chepa no auto das costas. Iso é porque teño algo de medo, en vez de respecto como é debido , vaise e eu teño medo , a dicir a verdade e precisando , case que pánico.....quen tiña chepa de verdade, era a finada da miña tataratía Ramona; esa si que levaba un señor acordeón ás costas como expresaba ela e todo por culpa de tanto andar agachada quitándolle a xuncia ao millo e de apañar a herba á manada e de apañar nas vides e de que sei eu.....que non é este o momento de que se me vaia o maxín para cousas que xa foron e pasaron sen pena nin gloria, máis ben con pena e que agora xa non riscan res e que xa están moi esquecidas por propios e estraños e que agora neste intre, abofé que non me resolven nada plantándoseme así de súpeto na miolaxe e máis ben me fan dano trabucándome nesta delicada hora. Porque naquel tempo eu era libre e facía o que me daba a gana ou case .. a tal tataratía tíñame consentido e eu facía o que quería con ela. Un día no medio do millo, recordo que ela fíxome de touro e eu , pegueille uns pases moi tauromáquicos cun impermeable de capucha marrón que eu tiña daquela, ben nos viu o sr. Souto , que andaba coma nós ao arrendo nos regadíos das Corretas e mesmo recordo que en plan brincadeira este, sacou a pucha e pediu as dúas orellas da tía como eu lle chamaba abreviando, pois ela rabo non tiña , que era moi boa xente... é que teño que recoñecelo a min , ás veces, as ideas extravagantes pódenme . E véñenme ó pensamento recordos insospeitados, que non sei de onde me saen e no medio das situacións máis solemnes e dignas de respecto , distráiome, e póñome a pensar por exemplo , en cando o sr. Chileno caeu o río da Bouciña, porque os mozos lle serraron a ponte de madeira, e ben , así non hai maneira, de ser un respectado e encherse de razón para defenderse agora mesmo diante deste estraño tribunal .Que me acusa por demais acirrado, de cousas que a verdade non fixen, nin dixen, nin a verdade penso que se poida xulgar a un home coma min , polo pouco que entendín que seica din, as moreas de papeis oficiais.
O que sei e me consta moi ao meu pesar  e que aquí estou diante deles e do crucifixo e da bandeira, tratando de manter a compostura, vestido co mellor traxe que topei no roupeiro e coa gravata de fondo marelo con papoulas e bolboretas de adorno, que me regalou polo derradeiro  cumpre anos Marta. E ben , xa caseque me vou empezar a defender, e tuso para clarexar a voz, e digo coa venia señorías:
¡ Son inocente ! . E ademais este xuízo paréceme un pesadelo , unha broma de mal gusto. Ademais non vén ao caso , que no medio dos maxistrados,fiscais e letrados, haxa vexetais, minerais e animais catalogados polo común de inferiores. Así que sexa, realidade ou mal soño, esto non ten nin pés nin cabeza, e eu, insisto na miña total inocencia. E ademais, teño asuntos urxentes que atender, e voume mandar de aquí de contado...
- Un momento, acóuguese: ¿non quererá incorrer en desacato?. Falaba o do pelo branco  e o resto seguían coas cerimonias que xa teño dito.
- Eu non quero incorrer en res - dixen levantando a cabeza e mirándolle aos ollos azuis, destemido, ao do pelo branco. Porque xa vía vir eu, que pese a miña desaborida compostura, diante de todos eles, e ao meu estar e non estar, a cousa ía en serio. Mire señor do pelo branco , que eu de pía non sabía como lle chamaban. Eu aproveitando que estou na vila, e que aquí non se me perde nada, vou procurar alpiste para os paxaros e semente de pensamentos que teño pensado plantar para a primavera, no xardinciño que teño na horta. Así que, déixeme arranxar os meus asuntos, que eu xa lles digo que son inocente de toda inocencia, e esto a forza ten que ser un monumental erro xudicial...
En pagues desto que dixen, o do pelo branco , repenicou nunha campaniña que tiña ao seu carón sobor do mesado e pegoulle unha estóurante , por forte, palmada a morea de folios , atados da maneira. E apareceu unha parella de vixiantes armados, con gorras e cinchas negras, brillantes de limpas, semellantes ás dos cabalos de tiro. E vaise o do pelo branco e dixo:
-Custodien este acusado , que ao parecer quere abandonar o tribunal.
 E os vixiantes dixeron :
- Si señoría.
 Mentres tanto, a un dos homes de detrás do auto mesado de nogueira, abríaselle a boca e outro cruzaba as mans debaixo do nariz. Unha muller das alí formadas, botou un peito fóra, e outra pintaba os beizos e púñaos en plan dar un bico, os cans todos agora ladraban nunha linguaxe que eu penso que naides entendía; e nesto ata os carballos chegou unha bandada de paxaros carpinteiros, e puxéronse a furar na madeira con cerna para facer niño, e criaron nun pispas, e axiña viñeron coma de reposto os escuros estorniños e ocuparon aínda quente o sitio deixado polos petos , e tamén se puxeron a criar urxidos. E as corredoiras que había detrás do mesado coa auga da choiva, puxéronse tremesiñas, lamacentas, coma se a terra, quixese papar ao camiñante, e as pedras xustas de detrás do mesado, coma pelouros de granito rachaban pola metade e ríanse a gargalladas escandalosas. E a muller que botou o peito fóra, tamén sacou o outro e movíaos coas mans coma se foran pelotas e cichaba pingadas de leite que me salpicaban a face estantía que se me estaba pondo.
Nesto entrou na sala un meniño todo louro, vestido de negro acibeche, con ollos verdes fermosos, levando debaixo do brazo unha morea de folios cosidos cun cordel, semellante ao que había diante do señor de pelo branco e ollos azuis, ao que os vixiantes chamaban respectuosamente señoría e todo o mundo en xeral tamén llo chamaba, para dicir verdade. Ao velo chegar, a muller espida dos peitos leiteiros colleuno no colo , e púxoo a mamar.
Eu estaba por demais estantío e confundido, cos ollos moi abertos e os oídos a cen por hora. Todo aquelo que estaba pasando tiña que ser de por forza un mal soño. As pernas medio me tremían , así que pensei en irme sentar, nun banco daqueles que había ao fondo, no que había xente calada e expectante. Quixen dar a volta, e nesto xa notei como dúas mans coma tenaces me cinguían os antebrazos. Entón tiven a sensación de estar aparafusado ao chan, coma se eu enteiro fose un gran parafuso de metal. E veume o pensamento cando lle morreu a bubela a Sartal, e a enterraran metidiña nunha lata de sardiñas debaixo do palleiro da herba seca, e máis cando os fillos do sr. Gabriel, mexaron pola  de Pérez na festa do San Xenaro , porque non lles quixera bailar, e despois aínda me acordei dunha farta de cereixas cocas coa lúa chea a brillar no alto, na casa do doutor , andando coma  quen di á xaneira de Lucita cona de vaca.
 E cando ao fin volvín dos recordos, xa o meniño louro deixara de mamar, e sentado nunha cadeira alta de buxo con labrados de anxelotes con fazulas infladas, diante dun letreiro de letras douradas que poñía ministerio fiscal, empezou a dicir, con voz insospeitada de home cumprido ,estarricando o dedo índice da man dereita cara a min, mentres todo volvía á normalidade e o silencio coma o fume ou a néboa espallábase pola sala ,en tanto que  eu continuaba no medio dos vixiantes que me seguían a reter coas mans chantadas nos antebrazos.
- Acuso ao encartado, fulano de tal ( que era eu ) , de todo o que xa se dixo e ademais , da morte do toureiro “ Paquirri”, da de Manolete non , porque xa se confesou culpable un sospeitoso de Barcelona, chamado Manuel Vázquez Montalbán, que incluso escribiu a súa confesión de culpabilidade nun libro titulado: “ Eu matei a Manolete”. E pido para o procesado a pena de depresión endóxena bipolar, e psoríases húmida na pel de por vida e soidade onánica sen dereito a femia e a obriga de fumar dous paquetes de tabaco rubio diarios, tamén de por vida.
Eu non entendía nada, aquelas palabras, aqueles xestos. E todo ao parecer en contra de min.Eu seguía sen comprender por que se me retiña e polo  tanto non podía saír a comprar nin o alpiste para os paxaros, nin a semente de pensamentos en sobres para sementar no xardín da horta da casa.Eu quería, aproveitar que estaba na vila, para facer esas compras tan importantes para min.Remexinme, tratando de zafarme da presión das mans dos vixiantes que mesmo me estaban a deter a circulación do sangue, pero foi en van. Así que tiven que consolarme pensando nun día en que:
Eu andaba ás fresas, na eira da señorita Asunción, cerca da mina da auga, no verán á hora de durmir a sesta, e vin como o ferreiro chegaba na moto caladiñamente e os dous collían cara o invernadoiro. Eu fun detrás deles, e por unha creba puiden ver como a señorita espida entre as tomateiras, se pousaba enriba dunha colcha verde adornada con cereixas e fresas, logo xogaban e folgaban de forma pracenteira alí ,adoitando ela con moita disposición mil maneiras de recibirlle a ferramenta masculina dentro,que tiña fama de ter case tanta coma a do touro de posto do que alcumabamos O Bispo.E tamén pensei, na botella de barro cocido ao sol, que ás veces no inverno enchía a tía de auga quente para poñerme entre as mantas preto dos pés, para telos quentes coma soles.E xa ía pensar na leite en po que nos daban na escola por graza do plan Marshal norteamericano e o home na lúa, cando me volveu a realidade a voz severa da señoría miúda de ollos azuis que me dicía co martelo  levantado sobor dun círculo de madeira:
-Ten vostede algo que engadir na súa defensa , ou está de acordo coa petición do sr. Fiscal.
- Como me saíu díxeno: Eu non estou de acordo con nada e son inocente.
- Pero ben, ¿que se cree vostede? dixo a señoría medio para si, e bateu co martelo no ditoso círculo de madeira e dixo agora outra vez con voz severa e solemne: o xuízo contra vostede, queda visto para sentencia, érguese a sesión . Mentres o xurado delibera, o acusado será custodiado polas forzas de seguridade.
-Quixen preguntar se podía saír un momento, un instante para , para comprar.....e xa me mandou estarme calado , poñendo o índice sobor dos beizos coa uña pretiño das ventás do nariz.....
 Aquelo todo , era un tremendo pesadelo, saes da casa un día de choiva a dividir, e de súpeto observas paneis publicitarios ,  nos que en vez de anunciar un coche ou unha marca de coñac, hai un carteliño que di:” Se procura “ ou mesmo “ Se busca” , coa túa foto alí posta e o nome debaixo. Son paneis móbiles, e un pouco saes ti e despois xa sae o Corte Inglés ou Zara...a noticia cóllete de sorpresa, non entendes res, estas a punto de botar a correr ou porte a rir e a dar saltiños absurdos de ra sobor da beirarrúa. Nesto achégase a ti un mozo vestido de folclórico,debullando unha muiñeira e dáche un papeliño, unha cédula de citación para comparecer en cinco minutos no pazo de xustiza.....e ben, agora o aglaiante xurado está reunido e deliberante, e eu agardo a sentencia no medio destes dous cans de presa, que non paran de fumar e facer chistes sobor da filla da señoría de pelo branco. Eu estou a pensar no casarello cheo de hedras e silvas de Rosa de Elvira...no metro amarelo que abría para medir o mundo señor Adelino de Prendes e si se me pon , aínda penso un anaco nos xuramentos de señor Evaristo o Pego , ou na forza de Servando diante dun perpiaño descomunal ou dunha tinalla de ferver o viño tinto. E deixo as miñas secretas fuxidas co pensamento, pois o tribunal regresa. Acomódanse todos nos estrados e mándanme poñer en pé: o sr. secretario seica vai ler o fallo da sentencia. E nesto hai un apagón de luz, como xa se fixo de noite hai un bo anaco de tempo, no inverno , xa se sabe é noite sempre, todo queda en tebras escuras. E os vixiantes acenden chisqueiros, e despois unha muller que menstrúa, trae un cirio pascual, e ao seu relumbre, o sr. secretario confirmou a petición do ministerio fiscal, do meniño louro e mamón ; e agora a miña vida é unha disentería de cereixas xaponesas. Non semento pensamentos para que florezan na primavera, nin teño paxaros cantores de varias castes. Só me consola poder pensar de vez en cando na puta de ouros que ampliada sete veces tiña Brea na adega pegada con fariña milla ao fondo da pipa branca. E tamén me entreteño facéndolle carriños coas caixas de cortiza do azafrán aos carrouchos ou vacalouras, ensinándolle nomes de ríos e montes, a un corvo destrabado que teño na miña humilde morada. De vez en cando vén alguén do xulgado para ver como cumpro : e se me topa na cama cunha muller , ou me encontra alegre e divertido, se non topa as corenta cabichas rubias e se despois de repasarme a pel cunha lupa de moitos aumentos só topa lanuxe e espiñas. O tal axente, pon o berro no ceo  e anota: “ O penado cumpre ao seu modo e maneira, pero cumpre, senón que se lo pregunten a Sonia, Raquel, Mercedes, Luísa etc.etc.O fume é intenso.De amargado que está incluso cheira mal, o seu baleiro e tristeza existencial non son deste mundo. El como Job é unha chaga de pés á cabeza.As súas señorías poden estar contentas e satisfeitas; se logra saír desta vai ser un cidadán de mérito”. Data e firma. Estes informes favorables do axente ,obviando inexactitudes sobre o lexítimo cumprimento da pena que me foi imposta, débense a que lle estou ensinando a pensar en por exemplo Pilara e María a Montañesa estalando troques en Silvas ou Xenoveva da tenencia ensinándolles a crica aos rapaces do catecismo no campo santo ou ouriñando dende o alto do campanario .E é que na vida hai que saber manexarse. Eu son de Rairiz- San Vicente de Cerponzóns cerca da cidade de Ambarpó (Pontevedra). Os veciños coñécenme por “ O Culpable “, pero eu son inocente, simpático e amable, aínda que algúns ademais de por “ O Culpable” , coñécenme case mellor por “ O pecado “.

O KAZADO





                          O   C A Z A D O
Estar cazado significa estar atrapado, ser sorprendido en descoido, error ou omisión .Cázanse os animais salvaxes que andan ceibos polo monte, en época permitida, é dicir cando se levanta o veto ou a veda. Son os cazadores os que armados con escopetas e vestidos estilo militar, dan conta de:coellos, raposos, lebres, perdices, lobos, e canto bicho vivente hai nos montes.
Ser cazado  é ser coma mal menor atrapado  nun cepo trampa  ou nunha esparrela ou gaiola...Ser cazado e ben cazado , é ser branco dun  tiro certeiro e ficar morto para gloria do cazador que despois colga a peza que sexa do cinto canana. Todo esto referido aos pobres animais que andan ceibos nos montes.
Estar cazado, un ser humano é outra cosa. É un sentimento , unha sensación de estreitamento que che oprime o peito e que che deixa respirar sen aproveitar todo o volume dos esmagados pulmóns. Un cazado , muller ou home , e alguén acurralado, rodeado, mirado , albiscado, apuntado co gatillo da vista dos ollos feridores e da desconfianza dos seus semellantes. É estar dentro dun ichó de ollos pescudadores de non sei que...que con receos e ambigüidades de todo tipo e calibre, tiran a dar sen dor, sempre na mesma pel ferida, sen darche o tiro de graza, porque isto sería un asasinato en forma.
 En realidade o cazado , sabe moito da resistencia e da paciencia, dentro de toda a infinda liberdade que se lle brinda a primeira vista. Non ten saída, debe saberse cazado  e continuar loitando a brazo partido polos seus ideais xustos, a ver se é quen de ir destrabándose , das grosas cadeas sociais que o teñen preso. Non se pode cear para atrás. Ir poñamos por caso para dentro do ventre ou seo materno é unha quimera, unha cavilación imposible. Esta idea que fala de incomodidade polo menos, non pinta nada no maxín dun cazado, porque a todas luces é como se di inviable. Para diante tampouco pode ir: ¡está cazado!.A muller ou home, en tal condición ten que deixarse estar e esperar a que alguén o destrabe: por amor, por cariño , por amizade, polo que sexa. Está coma si dixeramos encantado, as palabras son o que non hai.....acabamos de dicir que o cazado, está encantado, e isto miñas donas meus señores, non é nin máis nin menos, que inversamente proporcional ao dito. O encantado que se di non é precisamente de xúbilo e gozo, de alegría , de gusto ou de pracer. Non é un encantamento de conto de fadas ao uso. Non este, é por demais un encantamento mineral e de aceiro, se cadra máis alá das ras o cazado está convertido en sapo...ou para mellor dicir nun Sexismundo . O da Vida é soño , de don Pedro Calderón da Barca. Cargado de cadeas e vendo o raio de sol , filtrándose polas seteiras da torre do homenaxe , onde fica só e barbudo, desexando unha mellor circunstancia vital.
 Así o monólogo de Sexismundo nos versos finais tan coñecidos ( Escena XIX ) , non ten desperdicio coma exemplo de cazado :
“Eu soño que estou eiquí
destas prisións cargado
e soñei que noutro estado
máis satisfactorio me vin
¿ Qué é a vida ? Unha ilusión
Unha sombra, unha ficción
Que o maior ben é pequeno
que toda a vida e soño
e que os soños, soños son”.
En fin , o cazado, só pode soñar coa liberdade e coa vida plena, coma Sexismundo.E cazados,cazados, ao fin e ao cabo estámolo de maneira existencial todos; cada quen no seu propio mundo de mil espellos e un raíño de sol morno e lindo, que entra pola xaneliña da paciencia de vez en cando, pese á estigmática sentencia natural da orixe, que non sabe o que é a clemencia, nin o perdón.A nosa vida ten que morrer sempre, e sempre morre.
¡Perdón, perdón, perdón! por relembrarlles todo esto miñas donas meus señores, que a vida por marabillosa debe aceptarse a calquer prezo , incluída a inxustiza de enfermar e ter que morrer sempre, sen esquecer a magoante ferida do paso do tempo imparable cara a ningures, máis coñecido por sr. pasado ou don pretérito. ¡ Sexan pois felices e chegado o momento morran con ganas !.¡ Non hai solución nesto!.Tan cazados e sentenciados á pena capital estamos todos os nacidos aquí ,no que sexa este planeta, que por elemental sentido común,só nos cabe desexarnos a nós mesmos unha boa morte cando chegue o seu momento.

O cazado sufre.O cazado odia aos cazadores.

martes, 8 de agosto de 2017

Reflexións persoais sobre a Triloxía:"A vida é literatura"



Reflexións persoais sobre a triloxía.
Primeira reflexión:A vida é literatura.Volume I.
I.-A vida é literatura- Sinopse aproximada.
1ª Parte.Dedicada á tátaria Ramona Gómez García.Duascentas dezaoito laranxas, en relación co relato: “A tarde laranxa” do heterónimo Silvio Galego Fernández, alias Casanova, abren a obra: literatura breve, aforística, poética en ocasións; despois dunha interlocución con Don Camilo Xosé Cela, xa finado, para dedicarlle o poema: Un recordo de calidade: 25 acrósticos, dos cen que demandaba el, no seu derradeiro escrito do xornal ABC de Madrid, coa palabra: Amor.A continuación aparecen as 19 historias indelebles, que o escritor Sexismundo Portela Gómez dedica a súa tátaratia Ramona Gómez García que axudou a crialo. Un conto ou relato por cada unha das súas últimas pegadas neste mundo, antes de morrer de infarto (“disparo natural da imparable natureza”).Reflexións sobre a vida e a literatura, cerran esta parte.
2ª Parte. Dedicada aos mortos familiares en particular ao pai de Sexismundo:Xoán Portela.
“A cólera de Byron” ( inspirada polo figura do poeta pontevedrés: Xurxo Cuña Casasbellas), escrita por Sexismundo Portela Gómez (Eu mesmo). Metaliteratura.Heterónimos.Varios seres dentro dunha mesma persoa.Multipersonalidade, inspirada polas quimeras clásicas de moitas cabezas.Ámbar, a cidade Amarela,Boa Vila, Pontevedra. O Poeta inglés Lord Byron reencarnado en Ámbar.Tratase de escribir unha obra mestra. Rebeldía unamoniana dos personaxes que teñen que facer posible a tal obra mestra.Unha sorprende viaxe de pracer polo océano Atlántico no transatlántico “Sao Paulo”.O Amor finalmente salva a obra: Un gran de trigo para o Amor.
3ª Parte. Dedicada aos seres vivos todos.
Trátase das colaboracións dos heterónimos, que complementan a obra salvada polo Amor dos personaxes entre si.1.- Kirlo Gaélico o dos luns: Poesía.2.- Silvio Galego Fernández, alias Casanova, o dos martes: Relato: “A tarde laranxa”.3.- Vento do Noroeste, o dos xoves: Poesía: “Cuarteto (mesturado)”.4.-Cayo Quilonio, o dos sábados: Relato:” A fuxida non tren chamado Palíndromo”.Final:Harmonía.A vida é literatura, máis reflexións arredor desta idea básica e medular.Diálogo humorístico e algo cáustico despois da lectura da obra cunha editora.    
II.-3.-A vida é Literatura.(Páxinas 399 a 401 do volume primeiro).
“Dentro dun organismo metaliterario, onde a literatura pénsase a si mesma, sucédese a ondada inqueda das historias engarzadas nas que o mundo dos soños e as fuxidas sobresaen sen esgotar os temas.
Hai un realismo autobiográfico de base que se contextualiza cósmico. Psicoloxía, situacións entre imposibles e delirantes, poemas, teorías filosóficas. Todo en busca da voz propia que pretende a obra total ou mestra, que por suposto nunca se alcanza. Un campo de batalla literario dedicado nas súas dúas primeiras partes aos mortos familiares e a terceira aos vivos.
Un dilatado período creativo no tempo, dun autor, que xogando coa caixa de ferramentas, deixa visible o seu abanico temático, a súa filosofía e a súa visión do mundo.En definitiva, estamos ante un ventre literario, cuxo froito probablemente fará as delicias do lector ousado e xeneroso.
A arte imita a vida en primeiro lugar, para que ao superala poidamos dicir que a vida, a natureza imita á arte.Cuestións de rango ou xerarquía, ¿talvez ?. O certo é que sen vida non habería arte e quizais, ou mellor, está comprobado, que sen manifestacións artísticas non habería evolución humana. Por iso vida e arte , arte e vida forman un todo, un conxunto indisociable. Dicir que a vida é literatura; é como dicir que o corazón dos seres humanos latexa para bombear o sangue que veloz circula polas veas do organismo, na seguridade de que ao utilizar unhas palabras determinadas para dicilo e non outras xa producimos un asomo de arte.Isto é literatura científica.En fin que sobran xustificacións e en todo caso unha lectura a contrario do título manexándoo con ironía pódenos deixar satisfeitos infinitamente a todos.
A vida é literatura, igual á vida imita á arte.
A arte imita á vida, igual a realismo.
A vida é literatura, igual á vida é arte.A arte é beleza, ensino, denuncia, humor , xogo, intelixencia, fundamento, forma , estrutura, estilo, mostra, talento, desvelo, traballo e transcendencia: ¡ todo o que se axita na mesma vida palpitando, en cada época e en cada tempo !.
Pódese dicir que a vida é literatura, porque a vida en se mesma é imaxinativa e creativa. Só hai que notala.
A literatura en cambio, non é a vida, o foi algunha vez pero xa non o é. A literatura é recordo, palpito, historia, rescaldo da vida vivida. Aínda que en ocasións pareza, sobre todo nas teas dos pintores que reflicten cumes estéticos, que a vida imita á arte por detrás, menos bela, isto é ilusión, técnica traballo, virtuosismo.Toda a arte xorde da propia vida adxectivo e aínda cando a sublime superándoa, como máximo abre fronteiras, pero débelle o básico.
A vida en primeiro lugar é vida,pero tamén é arte, porque é literatura, ou é material literaturizable. A literatura debe ser como un prisma de luz capaz de descompor a aureola cotiá e grisácea da vida en diferentes tons e cores, para poder achar xunto á beleza, a razón , o pensamento, o sentido do humor etc. e todas aquelas notas ou recursos que poidan facela máis virtuosa das fibras sensibles, como cordas dun instrumento musical, que espera que se lle esperten no seu interior o curioso lector.
Con células faise vida, bioloxía.
Con palabras faise literatura, arte.
A bioloxía é arte natural. A vida é literatura creativa.
Toda a literatura, aínda a máis fantástica pode ser vida eventualmente nun espazo x dimensionado e temporal. A vida é literatura aínda que doia, porque o tempo, segundo a segunda lei da termodinámica, a psicoloxía individual e o fluxo expansivo do universo, pasa e transcorre cara adiante, porque recordamos o pasado e intentamos adiviñar o futuro, como máximo.
Dado que o presente é tan efémero, case instantáneo, pouco menos que inexistente na frecha do tempo, onde todo tende a ser infinitamente pasado ou infinitamente futuro, pódese dicir que: a vida é Literatura, recordo pasado ou especulación futura, polo menos conceptualmente.
Aínda que a literatura é un código convencional de signos :flatus vocis, máis ben escaso e limitado, sabémolo, e aínda así faise o que se pode.A piques de que a vida sexa un soño , ou que en fin nada teña que ver coas festas e demais trafegos das neuronas dos artistas que pretenden encerrala nas belas artes, porque en definitiva como dicía o semiótico Suízo Noam Chonsky:" Na actualidade non temos nin idea de como funcionan as leis físicas cando 10 elevado a 10 neuronas están situadas nun obxecto do tamaño dunha pelota de baloncesto, nas especiais condicións que xurdiron durante a evolución humana".
Digamos que a vida en esencia é un misterio tan absoluto que tanto como nos fascina, desespéranos e componnos e descomponnos para que participemos do seu xogo infinito intentando explicala, comprendela ou expresala.A vida somos nós crendo que somos e sendo verdadeiramente, dentro do bandullo relucente do macro cosmos infinito. A vida é aínda que doia, literatura, sofisma, arte, tolemia, desesperación e sempre esperanza. A vida non ten definición posible, porque ninguén ata agora, ao meu xuízo, sábea explicar. ¡ Oh deus meu, deus meu...todo, todo é...luz, luz...pecho os ollos e baila o Deus dos cans ilustres e os amables poetas!”
Segunda reflexión.

 O ESPELLO DOS PAXARIÑOS. Volume II.

COMENTARIO COMPRENSIVO-SIPNOSE APROXIMADA.
No planeta Invado a comisión dos dez vellos sentados encargada do seguemento da vida na Terra, constituida dende hai 99.000 anos - 26.000 anos despois do xurdimento da linguaxe hai 125.000 anos en África - decide a captación no aire das vibracións producidas pola novela: " O Espello dos Paxariños", para unha posterior lectura vagarenta.
O texto en cuestión , ocúpase de falar primeiro do local donde escribe Sexismundo Portela Gómez, máis coñecido por Mundo de Loureiro, plurinomeado ( Inzo, Cova do talento, Batiscafo, Maxica casiña dos sete vidros ou ventás, Escritorio); sigue despois amosando como o tal Mundo que é un escritor rural, defende un Poema seu: " ¡Vento nas verbas!" non premiado en algúns certames literarios polos xurados, diante dun amigo seu chamado Salvador Ferreiro Taboada tamén escritor, por medio dunha longa epístola; continúa a novela para amosar a faceta narrativa do mesmo Mundo, por medio de dous relatos titulados:"Odem" ( verba que lida de dereita a esquerda significa medo; reflexa sobor de todo a estiaxe creativa de dous creadores, un escritor ( Román Pedraio ) e un Pintor ( Ernesto Lameiro ), e " A neta de serea" ( ten por escenario unha vila mariñeira - o Grove - onde un relator oral de historias chamado O tío das polainas verdes e das sete cuncas refire o conto da Fermosa Susana, cheo de referencias literarias e outros xogos de mezclar a realidade coa fantasía) , dos que fai fotocopias en Boa Vila ( Pontevedra ) entre outras denominacións da capital das Rías Baixas, para presentar a concursos, nos que tampouco acada premios; e xusto cando regresa de depositar os relatos na boca dos leóns de correos, é secuestrado e despois de pasar por unha fabulosa e imposible máquina decodificadora de escritores, entra no interior doutro relato titulado: "Mundo de Loureiro "versus" Hildebrando Og de Basan", no que se trata de que un dos dous, ou incluso ambos escritores, escriban unha novela por encargo dunha Editorial Galega chamada Universal S.A. para deter o medrio dos rapaces da Aldea de Loureiro.
Despois , en primeira persoa, xa na segunda parte da obra, xurde un tal Andreas Snakis Carballo ( Andrés, xornaleiro él), que dí que escribe para pasalo tempo o que él titula:" Home de Aluguer" sobor da coñedida Aldea de Loureiro, o que nela pasa en relación cos seus veciños e co resto do mundo mundial.Entre estas páxinas aparecen algunhas colaboracións tamén de Mundo, actualizacións de acontecementos, relatos propios de Andrés que tamén se atreve coa narrativa de concursar ( "No tallo de debullar" e "O Neno do agoiro"), ata que conclúe no futuro ano 2037 dando as derradeiras noticias dos personaxes e dos acontecementos suspensos que agardaban desenlace.Debe recordarse aquí que o escrito nace utópico para tratar de deter o medrío dos rapaces, por encargo da Editorial Galega Universal S.A., a cal autoría finalmente queda na posibilidade dunha autoría plural e bastante difusa.
No final xa do conxunto, Mundo, é visto coma un vagalume cósmico de luz na súa Aldea de Loureiro por un narrador exterior e omnímodo, con episodios sexuais, vida franciscana de home casado e paseos entre os cans pola xeografía de proximidade de Val de Cristal ( Val do Salnés ).Despois desto Mundo, escribe un relato titulado:" A muller anónima da librería" e gaña un concurso de verán da Voz de Galicia, que lle premian cunha viaxe a París, ó que vai xunto cosa súa dona Rosaura.
En tempo real, cando están viaxando nun avión de Iberia, próximos a aterrar no aeroporto Charles de Gaul da Cidade do Sena, para sorpresa do comandante do avión, vese chegar unha nave extraterrestre do Planeta Invado, VACALOURA-DEXXA 3001, que os engulle cumplindo as ordes de Venzor 38.84E, xefe supremo dos dez Vellos Sentados da comisión sinalada ó principio, que así trata de incorporar a  Mundo como redactor do futuro texto sagrado da súa Galaxia M-81, que planean producir coas cabezas máis sabidas do Universo.
Claro que en realidade cabe a posibilidade de que o que está sucedendo sea unha vez máis froito dos dedos de Mundo, que non descansa e xoga a fabricar posibilidades sobor do seu Macinthos portátil.
No anexo recollense os Poemas: ¡ Vento nas verbas ! e ¡ Rego-Riiño do fondo do val! de frecuente mención no texto.
En conxunto digamos que: " O Espello dos Paxariños", é un acordeón de historias enlazadas, un mecano literario, na que latexan Sexismundo Portela Gómez (Mundo) e a súa Aldea de Loureiro, entre outros personaxes.O título xurde de dous vellos chamados os Paxariños Secos ( Sr. Aniceto e Sra. Laura ), que non teñen fillos, nin espello na súa casa e se miran no círculo de auga dunha almofía de porcelana.Desta maneira como son moi velliños, moi velliños, no tal círculo da almofía, reflexase, mercede ós releves das súas enrugas, a sufrida historia da Aldea.
A novela é o esconxuro dunha aldea, a cabalo entre a modernidade e as raices do pasado. É tamén unha novela rural chea de metaliteraturas, coma portas que se van abrindo, que apunta ó cosmos profundo.E é en definitiva a segunda obra da Triloxía:" A vida é Literatura", a nave capitana da mesma.
Caso de publicarse a portada debería comporse, amosando a almofía de porcelana con auga que lles sirve de espello a Sr. Aniceto e a Sra. Laura dos Paxariños-Secos , onde se reflexan os seus rostros sonrrintes cheos de engurras e dignidade.É unha simple suxerencia.
                                         *
"O espello dos paxariños"; supoño que precisa dunha lectura antenta e positiva, para acadar o centro do seu verdadeiro celme, que a mín en ocasións ata se me escapa, como non podería ser doutra maneira para riscar onde pretende.
Está chea de literatura, de necesidade telúrica e ten pretensións de totalidade. Quere estar viva biolóxicamente e amosar o rostro real da terra. Sin concesións, a impulsos, dentro dunha arquitectura propia absolutamente necesaria, imposta e caseque non planexada dende fóra; o máis importante e o ton, a maneira de sentir e dicir as cousas.
Non se trata de escribir ben, nin de entreter, non coma obxectivo predilecto; a novela esta, coma obxecto físico e enseño de verbas busca significarse incluso alí onde é deficitaria, desgarrada , irregular…, porque a perfección é unha adrómeda tirana ó copiar do natural.
Podería seguir argumentando pero xa está ben; agardo que chusmigue de algunha maneira a maxia e a febre coa que foi escrita diante de vostedes e o seu equipo de lectores e en definitiva que pase a ocupar o lugar de honra que lle corresponde no controvertido mundo das nosas florecentes e inspiradas letras, incluídas as españolas.Na miña humilde opinión, "O espello dos paxariños" debe ser un suceso grande a gran escala, senón non ten sentido publicala.
Terceira Reflexión:No ventre do labirinto”.Volume III.
              NOTA DO AUTOR
Trátase en honra á verdade de catro noveliñas curtas: 1.- Historias de H., 2.- Manual de non facer ren., 3.-Antiga ferraxería Maquieira., e 4.- Tantrum; reunidas baixo un título común certamente significativo.
Ben seguro que, as catro noveliñas, teñen varias notas coincidentes: A).-Ser obriñas curtas. B).- Ter algún ou algúns personaxes en común, e C).- Sobre todo desenrolarse no seo dun territorio rural para entendidos e coñecedores do medio.Desta última nota xurde obxectivamente e sen gran barullo a inspiración final do título adoptado para o conxunto da obra.A Galicia rural, é en ocasións un labirinto, un dédalo, próximo ao caos e a confusión, con toques de anarquía e humor que a fan habitable.
A teoría novelesca da que xorden, tamén é confluente ás catro noveliñas, e pretende sobre todo amosar o latido libre, pero seguramente sen gran proxección futura, de moitos dos máxicos personaxes que as poboan. Xente de velocidades propias, baixada do trepidante mundo global e oficialista.Perdedores que esquecen derrotas e viven, porque xa se sabe que vivir é literatura moitas veces.
Por todo expresado, en definitiva, está é a terceira e polo tanto derradeira obra miña, que cerra despois de algúns anos de traballo acendido a triloxía que titulo: “ A vida é literatura “.
Certo é tamén, que cada unha das catro noveliñas, pode ser lida e incluso editada por separado; ben entendido, que a idea é que todas xuntas sexan en primeiro lugar:"No ventre do labirinto", e despois a última peza ou terceiro volume, de: " A vida é literatura"….. que tal é  a teoría, que eu sustento aquí.
Cuarta e última Reflexión:
1.-SOBRE A TRILOXÍA: “A VIDA É LITERATURA” EN XERAL.
Para escribir a triloxía esta, porque as cousas o quixeron así, mantiven a cámara aberta durante 30 anos, que se din pronto.Debe haber algún relato datado no ano 1.984 e algunhas correccións son deste mesmo 2.016.Incluso máis tempo 32 anos.É unha triloxía de aprendizaxe, a caixa das ferramentas (The tool box, díxome Suso – profesor de inglés – no enterro de señora Saladina no cemiterio de Perdecanai, a avoa de Adolfo Caamaño; non podo precisar data).É unha historia con moitas historias, que suxire, que amosa o territorio.Non se podía escribir doutra maneira a Triloxía.Conta e suxire ao mesmo tempo, alén da perfección, coa imperfección coma un recurso literario máis, porque a imperfección é a marca da vida humana.A perfección é un termo imposible coma infinito.Turbulencia, desasosego, un río cheo de caudal abríndose paso inicial sobre a superficie de Xea ou Gea.Unha aventura mental grande, única, distinta; pero tamén humilde e feita con materiais sinxelos.Agora a sorte está botada e precisa lectores xenerosos, amorosos e pacientes.Se é que existe ave de tal plumaxe nas cavernas literarias galegas; quero dicir nos comités de lectura das editoriais galegas.Necesita sorte, moitísima sorte a Triloxía como animal semántico independente.Eu que a fixen, tamén lle desexo moita sorte.E, si eu tamén teño dúbidas sobre o seu verdadeiro valor e alento. Pero confío na súa maxia.
Venres 28 de Outubro do ano 2.016
               Hans Lake.(Pseudónimo) ou R.S. Lago.
2.-SOBRE A TRILOXÍA:”A VIDA É LITERATURA” EN XERAL.
A vida ,por efecto das leis físicas que rexen o cosmos, tende a ser un presente efémero que axiña se converte en pasado, memoria. E a memoria é sempre literatura.Literatura breve, aforística, poética en ocasións, contos ou relatos, poemas, novelas.Un mecano literario.Caixas chinas.Matrioskismo.Versatilidade.Repaso a todos os xéneros literarios. Ou tamén: Un gran ciborg literario, un coloso de Rodas, un Mazinguer Z, que hai que entender con Amor e ledicia, e gozar de que algo así puidese ser rescatado do silencio por alguén que só se considera un mero instrumento, case un amanuense do asunto.Porque claro, as obras fainas o tempo, a xente dese tempo e o propio autor, sempre.A nai de todas as novelas, foi escrita en colaboración cunha decena de deuses: o deus tempo, o deus paciencia, o deus azar, o deus imperfección, o deus talento, o deus ambición, o deus loucura, o deus arte, o deus imposible, e sobre todo o deus humildade.Creo que a triloxía, é por diante das novelas comúns, unha poderosa obra de arte.
En realidade, nin eu mesmo como autor, podo esgotar co meu único punto de vista e entendemento o que é a Triloxía.A publicidade e a lectura por parte da xente deben ser o seu destino consumado.Confésome sedento dese posible retorno enriquecedor.A triloxía é a pedra angular da miña vida intelectual, sen ela non son nada.Ou algo así de aparatoso.Pode ser silenciada, non publicada, non aireada, vetado o seu lexítimo contacto co público, pero seguirá existindo para min só e só para min.Téñolle dedicado moito tempo, moito esforzo e moitos pensamentos.
Confeso que, estou tan saturado dela, que por veces inspírame sentimentos negativos de certo odio e rechazo; pero pronto volvo a respectala e admitila existente, sexa cal sexa a súa fortuna.Por todo o dito, que ben podo comprender eu agora a Cervantes cando dicía:” Ben sei o que son as tentacións do diaño, e que unha das maiores é poñerlle a un home no entendemento que , pode compor e imprimir un libro co que gañe tanta fama coma diñeiro e tantos diñeiros coma fama”. ¡ E se en definitiva é todo isto meu, unha dilatada tentación do maligno!; pregúntome ¿ por que fraquezas mentais fun eu a diana de semellante bacanal de inútiles letras? Eu que sei, que sabe ninguén...e sen embargo Óscar Wilde ben sabía que: “As palabras son a peor traxedia da vida.As palabras son, acaso, o peor.As palabras son implacables”. ¡Ás veces os meus comentarios sobre a triloxía, a min tamén me soan grandilocuentes
                         R.S.     









domingo, 6 de agosto de 2017

FARTO


                        FARTO
Levo metido en letras dende os catorce anos en que empecei a facer os primeiros poemas e escribir diarios co afán de rescatar algo propio e persoal do trepidante paso do tempo.
Creo que a máis interesante opción que ofrece o paso pola vida neste planeta, e xustamente esa, escribir, pensar, crear, tratar de comprender; interesarse polo afondamento nas lexítimas ansias de darlle resposta ás preguntas básicas: ¿Quen somos? ¿De onde vimos? ¿A onde vamos?, que por outra parte, hoxe xa considero absurdas na súa formulación cartesiana, porque agora mesmo formuladas así permanecen e permanecerán indescifrables.E moito ten que espabilar a mente colectiva da humanidade se verdadeiramente queren darlle resposta algún día.
As promesas da informática e da robótica neste senso parécenme agora mesmo pouco fundadas.As preguntas iniciais, seguen e seguirán oxidadas por omisión por demasiado tempo para que a miña curiosidade poida ser satisfeita.Ars longa vita breve.
A pesar de todo hai que seguir o camiño iniciado.O silencio debe ser vulnerado polas letras.O silencio é un buraco negro que non se debe deixar en paz nunca para que non o devore todo coma un monstro mitolóxico ou criptozoolóxico.
Non sabemos, pero a base de botar e revolver as letras, vamos provocando enfoques e xiros gramático literarios novos que, como mínimo, van rabuñando na espesura do misterio.Neso consiste cada vez máis a miña escrita.Unha actitude ante a vida e o cosmos enteiro: filosófica, que avanza por medio de: novelas, relatos, poemas e artigos, sen tirar a toalla nunca.Dado que xa somos unha civilización capaz de poñer os pés no seu satélite natural ala polo ano 1.969, considero que a ciencia ficción dura, allea á fantasía meliflua, é o xénero con máis interese da actualidade, xunto coa filosofía incesante que debe ser reformulada sempre.”Todo o que é importante xa foi pensado.Trátase de volver a pensalo de novo” (Goethe)
Ben, dito o anterior, quero facervos saber que, que farto de tratar de sacar as miñas obras adiante por medio das vellas editoriais, farto de comités de lectura, farto dos xurados dos premios, farto das capelas literarias, fato dos capos das letras, que eu entendo que hai, vou sacar toda a miña produción literaria no espazo que me brinda Goglee, a través do blog laranxeira1.
Vouno facer así como digo porque, me considero unha persoa honesta, libre e rebelde: “O home rebelde é o que di non” (Camus) Basta xa de malos entendidos e desconfianzas. Probablemente non sexa eu un xenio, nin unha mente importante, pero vou deixar que a xente xulgue.Sen intermediarios, sen intereses económicos, o meu titánico esforzo de anos, vaise poder ler facendo clic no meu blog, por todo aquel que teña curiosidade, interese e tempo e dispoña dun bicho informático adecuado ou teña acceso aos en rede que hai nas bibliotecas públicas galegas.
Vouno facer así e que digan o que queiran, que eu vou estar tranquilo, en paz comigo mesmo, pobre, marxinado, falto de talento incluso, na taberna do lugar tomando unha coca cola dobre cero e feliz por estar e ser así de esgrevio, si se me permite e senón se me permite tamén...

       


sábado, 5 de agosto de 2017

TODO ISTO EMPEZOU AQUEL DÍA COAS VACAS NA MARUXA


TODO ISTO EMPEZOU AQUEL DÍA COAS VACAS NA MARUXA
o ceo gris coma a cinza da cociña de quentarnos arriba
todo o tempo roto a perderse nos miolos
todo arrasado,todo finalizado, todo ido
e chegaron as primeiras letras a facerse soas
había que enfrontarse á cuarta dimensión
deixar noticia da insignificancia.....
Todo empezou así por necesidade vital
por enredar o tempo fuxidío nas letras
e despois continuou sempre, sen descanso
¡ porque parece mentira as letras! ¡que curioso!
E xa un se vai facendo consciente
de que non quere facer outra cousa
e naceu un día a palabra: resistir
e despois houbo outros nacementos semellantes:
compromiso, sabedoría, misterio, arte
e nunca se cansa de chover aquí
para que medre a herba verde
que pacían tranquilamente as vacas:
Pomba, Pinta, Cuca, Nafra
coma un adolescente encargado dun elefante na India
así andaba eu coas vacas de meu pai tratante
Nafra,Cuca, Pinta, Pomba.
Todo isto empezou así aquel día eterno
poño por testemuñas ao meandro do riíño anónimo
á costa a chupe das Porriñas, á veiga da Maruxa
ás altas columnas de ferro que traen a forza eléctrica
dende o mítico río Tambre
ás rulas que pousadas cantan sobre os fíos eléctricos
aos montes que se ven silenciosos na distancia
todo principiou así, sen outra maxia, ca confusión universal
e despois chegaron os diarios, os relatos, as novelas
os artigos de prensa, a forza, a pena, a dolor, a esperanza.
Todo foi así máis ou menos como o escribo aquí agora
¿ que importa amigo Francisco Quevedo e Villejas que nada se saiba?
“nihil seitur” dito en lingua latina por vostede
¿Que importa nada? o importante e manter viva a palabra

para non derramarse plorando sen ningunha arma.....

venres, 4 de agosto de 2017

POEMA:A HERBA PERFUMADA DOS CAMPOS...



POR ENTRE A HERBA PERFUMADA DOS CAMPOS
ascende poderoso o arrecendo íntimo feromonado
da flora exótica do canal da vida...
Se a femia está sana, vital, profunda
o perfume é unha apócema enfeitízante
que ao metérselle nas fosas nasais ao macho
enérvao e pono teso coma a columna dunha catedral gótica.
A herba perfumada dos campos
ben enraizada nas zonas húmidas
medra arredor da brecha primordial
da misteriosa porta da vida
do francés sorriso vertical con ansias protectoras
tratando de evitar crueis enfermidades urolóxicas
cumpre co seu estar unha función hixiénica
que as modernas vulvas rasuradas de moda descoidan...
A herba perfumada dos campos
é o pasto preferido polos unicornios
cando no ceo da noite íntima
brilla branca a lúa chea
e a carne ebria de desexo
busca profundidades lentas nas que morrer sempre.



xoves, 3 de agosto de 2017

OS PÁXAROS CARPINTEIROS...

OS PAXAROS CARPINTEIROS DISPÚTANME CAL TRONCO FURADO PARA ANIÑAR NO MEU INTERIOR E ADEMAIS PERDÍN OS PAPEIS.
                                                         I
Perdín os papeis, de modo definitivo. Un temporal enrabechado de días xoguetóns, levouse voando polo aire os meus sinais de identidade. Agora estou tan oco, que os paxaros carpinteiros dispútanme, cal tronco furado, para aniñar no meu interior.
Sufro nervioso, a desorde que me despoboa.Un xoguete roto, quedou só, tirado nunha esquina, da habitación de xogo, sen nenos.
E si se me suxire transplante de cabeza, eu acéptoo, incapaz de gobernarme coa que teño, é insuficiente.....están podendo comigo: o tempo, a incomprensión e o desencanto; con todo , aínda loito e creo na literatura, ¡ que remedio ! como única senda, pola que ir perdendo os pasos, tantas veces disparatados. Perdín os papeis e en exercicio fabuloso, vou atopalos, para traelos aquí e ler con devota atención o que dicían.
CONTIDO DO PAPEL Nº 1
O león azul, saíu da súa gaiola, con fame feroz, para comer uvas verdes. Non, uvas verdes, non.¿ maduras ? tampouco. Saíu da súa gaiola con fame feroz, para fartarse de carne tenra de cervato que corre pola sabana e era feliz así.
Da súa gaiola, saíu o león verde escuro, feroz, con fame, farto de entrar polo arco de lume e someterse ás ocorrencias impías do domador. Mágoa de non arrincarlle ¡ a cabeza de raíz!, cando facéndose o valente a metía entre as súas fauces, para delirio do pequeno gran público, que poboaba o tendido, baixo a carpa azul e vermella remendada.
O rei da selva, non sabe estar prisioneiro duns cantos, e aproveitando un leve descoido, ao abrir o mozo a gaiola, para darlle a súa ración diaria de patas de galiña cocidas, lanzou unha contundente poutada, á cara avermellada do mozo de alimentación e saíu correndo, a toda velocidade, ata chegar ao seu hábitat natural, na sabana africana.
Foi unha proba dura, pero finalmente conseguiuno, atravesando montañas, ríos e mares; o león novamente azul, chegou á súa antiga casa, para comer, segundo lei natural, tenro cervato de leite e relamberse os bigotes dourados, tendido ás súas anchas, no medio da herba de igual cor  cos bigotes.
Mentres estivo prisioneiro, no circo Continental, moitas noites de lúa chea, pensou en comer, algún daqueles buliciosos nenos, que con globos de cores e pombiñas de millo, viñan ver como o humillaban cada tarde, nas dúas funcións diarias. Pero contívose, pensando na arma de fogo, que colgaba do cinto, intimidatoria e sempre presta, o montañoso garda de seguridade. Foron tempos malos, pésimos, máis de seis anos privado de liberdade facendo encaixe de palillos, para aleivoso solaz de pequenos e maiorzotes.
Agora, era novamente libre, e na sabana, selva ou foresta, ocupaba o posto de rei, que tan lexitimamente lle correspondía, pola súa forza, destreza e habilidade. O mellor era esquecer, o paso do tempo cúrao todo, ata no recordo verde escuro, dos leóns certamente azuis.
                                       II
Nos seus cotiáns paseos pola selva, o rei comezaba a aburrirse, de saciar a súa fame voraz, con tenros cervatos ou veados, mentres se axigantaba no seu interior, o ansia incontida de vinganza. Vinganza que nace do odio, ás costas do amor e a tranquilidade de espírito. Estaba disposto a volver como fose ao circo Continental, para devorar ao temible domador e lograr así, a paz interior, que tanto ansiaba. A liberdade recuperada, mostráballe agora, a verdadeira dimensión do ruín atropelo, que habían cometido con el, os homes de boa vontade.
Con só pensar, en pasar polo arco de lume, ou subirse aos podios, para lanzar estúpidas poutadas ao aire, púñaselle a carne de galiña e o sangue en ebulición. O domador, era un home alto e medio calvo, con algo de boche, e mirada turbia, chamábase Celindo. Manexaba o longo látego de coiro, con cen linguas, ata con gusto e saña sádica. Na maioría das ocasións, todo hai que dicilo , eran lategazos intimidatorios que chocaban contra o chan : ¡ tras ! , ¡ tras ! , ¡tras! , con todo , de cando en vez , o látego, alcanzaba ao famélico corpo dos animais.
A imaxe do mozo de alimentación, longucha, fraca, osuda, calva , desaliñada, coa súa cara avermellada froito do seu constante alporizamento consigo mesmo, cos animais e ata coas mesmas gaiolas de arame, resumía ben ás claras, a índole daquel purgatorio infernal, que tiña que pasar por agradable e festivo, dúas veces ao día. Ao mozo de alimentación , chamábanlle Pipo, aínda que se chamaba Xosé a secas.
Estes recordos aínda moi vivos e frescos, na mente do león Sexismundo, que con tan prisioneiro nome o bautizaran, martirizábano contundentes, ata o punto , de ter que darse grandes carreiras sen sentido , nin rumbo algún , polos seus amplos dominios, sen outro motivo que espabilar , aquelas fixacións impertinentes, que agora, parecíanlle froito dun mal soño, e que non o eran, pois , entre a súa pelame, aínda conservaba algunhas trabadelas do látego celíndico, marcadas na carne, case tatuadas nos ósos. Volvería sobre os seus pasos, levaría a cabo a vinganza e tornaría á selva, para gozar plenamente da súa saúde e maxestade. Este volver futuro, presidía cada un dos seus áxiles pasos. Comería lentamente, saboreándoos , aos seus dous inimigos por excelencia, primeiro a Celindo e a Pipo, deixaríao para a sobremesa.
Analizando , a estes individuos , non sabería dicir quen lle resultaba máis desagradable, ambos eran sumamente crueis e faltos de escrúpulos , ambos eran ruíns e malas persoas. Resultaba difícil , dar un gañador en maldade, logo de ben pensalo , pareceulle que Celindo era o que levaba a palma, el era, o artífice de todo aquel despropósito; Pipo, carente de personalidade seguíalle a corrente, certo que , para facerlle graza, inhumana graza ao seu colega, adiantáballe nas súas malas artes, por exemplo ouriñando encima da comida ou facéndolles permanecer en xaxún varios días coas súas noites. Si, ben pensado, eran dous paxaros de coidado. Dous indesexables, aos que devoraría sen remordementos de conciencia e despois vomitaríaos, en calquera vertedoiro, antes de volver ao seu hábitat natural, á selva...
                                       III
Clarín era un canario, moi amarelo,amarelísimo e bo cantor, que un día, aproveitando un descoido da vella Engracia a súa dona e señora, cando lle ía a botar de comer, observando que a fiestra estaba aberta, fuxiuse. Agardara, este tipo de descoido da vella durante moito tempo, pero Engracia, para a súa desgraza , metódica de tan vella, como sempre obraba con preciosismo. Con todo Clarín, adestrábase entre os catro arames da súa gaiola, para estar en forma e aproveitar o momento, que non dubidaba que chegaría.
Cando voando con mestría, cruzou o limiar da fiestra, aberta de par en par, atopouse con que , facía un día de sol radiante, tanto que ao pouco intre de estar voando en liberdade, tivo que refuxiarse entre as ramas dunha maceira, que había preto da casa para non asfixiarse. Desde a maceira , ben parapetado baixo as follas, á sombra case líquida da follaxe, puido albiscar como a vella desesperábase pola súa fuxida. Vivía soa, Clarín era a súa única compañía e pola súa banda , xuraría que ao paxaro non lle faltaba de nada, o seu alpiste, a súa auguiña, a pedra para o pico, a randeeira , tíñao todo , e agora , deixábaa soa nas noites e os días interminables da súa ancianidade.
Se puidese falar en cristián , o paxaro amarelo, diríalle , que lle faltaba liberdade, que é o maior ben que no mundo hai. Ata no mundo dos simples animaliños como el. ¡ Liberdade !, estaba claro que el non podía, pronunciar en voz alta, tan elevada palabra, articulala para que chegase aos oídos da vella, el era un delicado canario frauta, nin sequera un desvergoñado papagaio, capaz de arremedar a xerga dos seres humanos.
Enseguida, tivo unha idea, improvisou, alí mesmo , medio sufocándose a instantes, unha canción alusiva ao tema, o seu particular himno á liberdade, recentemente estreada. A melodía soaba preciosa aos seus oídos, mágoa que ninguén lle prestase atención, seguiu con todo entoándoa , mentres a uns metros del, escapábase un león azul, e dous homes altos e calvos, perseguíano portando látegos de cen linguas. O seu espírito, inflamouse , ao ver como outro animal cativo, fuxía da opresión, á que seguramente estaba sometido, alcanzou entón o cénit da interpretación e viu como Engracia arrastrábase ata a fiestra para escoitar. Á vella, debuxóuselle un melancólico sorriso , no que lle quedaba de beizos, ao tempo , que grosas bágoas percorrían o val das súas fazulas acartonadas, a vella comprendía a inmensa felicidade de Clarín. E este facíalle un sitio xunto ao seu corazón libre e perdoábaa, ante o seu xesto de dozura e comprensión. Perdoaba , pero non podería esquecer xamais os días e noites de catividade.
O seu dicir melódico, continuou aínda uns instantes, ao tempo , que os dous homes regresaban de baleiro, ás maltreitas instalacións do circo Continental;entón Clarín combinou novas notas de xúbilo e voou, voou lonxe da súa confortable gaiola.....
                                       IV
.....Maldito animal , se me deixaras , pegáballe un tiro - quen falaba era Pipo. Porque saberás que responsabilizarán ao circo de calquera barrabasada , que poida cometer Sexismundo.
Tranquilízate Pipo- falaba Celindo - Cando lle aperte a fame, seguro que volverá, non creo , que se atreva a devorar a ningunha persoa. Así que, tranquiliño, e garda a escopeta para cando atopes alguén na cama coa túa muller.
- Xa estamos , sempre coa mesma canción . ¿Non será que quen a pretendes levar ao horto es ti ?.
-Veña home, a nosa amizade de tantos anos e vir agora  con semellantes desconfianzas.
-Quen sacas o tema, es ti, sempre que podes e na maioría das ocasións sen nin sequera vir a conto - Replicou Pipo , se cabe con máis roibén na súa cara miñaxoia.
- Bo , bo , peliños á mar, non me digas despois que non che teño prevido. E mira para non andarme máis tempo polas ramas, direiche , que tanto o trapecista polaco, como o pallaso catalán , en máis dunha noite, vinos roldar preto da vosa rulot. Agora pensa o que queiras.
-Para que o saibas, a eses dous , téñoos eu debaixo dunha moa con carie, pero de ti fíome aínda menos.
- Non, se aínda non se che ve a cornamenta, ti tranquilo; o que agora nós ocupa e preocupa é a fuxida do felino.
-Á miña Leonor, non ma toca nin Deus - di definitivamente Pipo con xesto terminante, pasándose o dedo índice polo pescozo, en plan guillotina ou navalla sevillana, procedente de Albacete.
-Agora, o que realmente urxe, é pór o asunto , en coñecemento do director do circo e do señor comisario de policía , á fin e ao cabo ,ti simplemente es o mozo de alimentación e eu o artista domador. Nós lavámonos as mans.....
- Si nunha pía bacía sobordada de auga bendicida - sentenciou Pipo.
                                       V
Pola súa banda Engracia, ao principio , quedou sen reacción tras a veloz fuxida de Clarín, primeiro escoitando o seu canto á liberdade e despois mirando á gaiola baleira. Era xa bastante vella, e estaba soa no mundo. O canario amarelo e amarelísimo , aínda que pareza mentira , facíalle moita compañía , era o único ser vivo que tiña próximo. As cadeiras, as cuncas, as mesas, estaban alí, facendo fogar, pero mortas, realmente mortas, aínda que as súas capas de neutróns e protóns, non deixasen de virar e ata gritar. Isto nin sequera o sabía a anciá.
Pasada unha hora longa do suceso, decidiuse a baixar á rúa. Unha luciña inesperada acendéraselle no cerebro, poría en coñecemento da policía o asunto e a ver se os anxos custodios , podían darlle solución ao tema, e capturando a Clarín , devolvíanlle a ela a tranquilidade de sempre. Aquí para que un sexa feliz, o outro ten que ser infeliz e viceversa, a vida arrastra estes paradoxos.....
                                       VI
Aínda que fixese a calor necesaria, para que Clarín se acubillase debaixo das ramas dunha oportuna maceira , ao principio da súa fuga, a verdade, é que aínda non comezara a primavera que o sangue altera. Así que o do sufoco do amarelo alado non é moi tesélico, pero ben , aí queda festexando posibles letras. E o canario , tras os primeiros instantes de confusión , alegría e xúbilo final , no seu canto , mellor himno á liberdade, púxose a voar e a voar, sempre en dirección ao sur, buscando os climas cálidos, pensando en volver, cando o fixesen as primeiras andoriñas.
Quizais, para cantarlle algo bonito á vella Engracia, desde o balcón ou desde a maceira, por se intentaba collelo.....xa vería.
Desta forma, vemos , como uns están dispostos a acudir á policía , para pór en coñecemento dos defensores da lei, as respectivas fuxidas de león e canario e outros, os felizmente fuxidos, tras cruzar: montañas, ríos e mares chegan ao seu hábitat natural , alá na frondosa sabana, selva ou foresta do continente negro.
( En fin isto é todo respecto ao primeiro papel, ao nº 1 rescatado do seu extravío, da súa fuxida, porque tamén de fuxida pode comodamente cualificarse a súa ausencia enrabechada ).
CONTIDO DO PAPEL Nº 2
( Sen contido algún e por suposto sen solución de continuidade. Non se acha por ningunha parte ou está escrito en branco.A consecuente escritura do silencio carísimas señoras e señores meus ).
CONTIDO DO PAPEL Nº 3
Aquí pon continuará.....E non hai porque desesperarse sempre, o baleiro interior énchese ás veces con pan de canela /á roda , roda...os engaiolados nenos soportando a escola coma obreiros do intelecto.

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...