venres, 24 de novembro de 2017

O INZO


                                              O INZO
Agora o propio e lexítimo escritor de Loureiro (nome literario da propia Porriña) :“Mundito Lobito” :Sexismundo :Mundo de Gómez, vive no:“Inzo”.Trátase dunha construción de bloques antihumidade de aproximadamente 49 m2 cunha habitación bastante ampla na que hai unha cama dunha soa praza de color tirando a marelo e un roupeiro máis unha mesiña de noite a xogo.Existen alfombras polo chan sobre a plaqueta de cerámica espacial cobalto. Ten o: Inzo, un cuarto de baño no que unha gorda gorda desas que canta Xavier Gurruchaga quedaría atrancada incapaz de remexerse a xeito, con todas as pezas ao uso menos o bidé que non existe, o chan é de terrazo turronado coma o da parte de arriba da casa da nai Amelia.Logo está o espazo en forma de L, bastante amplo, no que están as estanterías cos libros e a mesa de escribir: ¡aínda o mesmo taboleiro chapado que mercara en Vigo! cando estivera cos de Teleco ( Miguel e cía. ), montado sobre dous cabaletes dobrables. Máis para diante deberá encargar que alguén con coñecementos de carpintería lle faga unhas estanterías máis funcionais aproveitando toda a superficie útil das paredes e máis obrar unha mesa en condicións con caixóns e tal.
O falso teito da “cova” como lle chamou o curmán carnal, casco azul en Bosnia, Xoán Carlos é de madeira, de chapa sinxela montada sobre barrotes, que ten algo de mofo húmido ata que, no verán, leve unha capa de pintura ou mellor verniz.
Algunhas cadeiras, unha estufa de leña, as chaves da luz, os enchufes, unha porta e tres ventás de aluminio, o quentador ,o vertedoiro, e xa está apalabrado: O Inzo, que aínda se amosa sen portas cos marcos de obra que lle puxo Albino o albanel que o fixo, nado en Lalín pero que vive en Caldas de Reis ( tantas veces Augas Quentes nos escritos de Mundito Lobito ), dende que pasou pola vicaria e fundou fogar.
Falta tamén o cable para antena da Televisión e tirar unha chave eléctrica cerca da cabeceira da cama para facer cómodo o feito de apagar e acender a luz; que por agora apágaa Mundito, tirándolle unha zapatilla á chave distante e tamén desexa o home obstinado en ser escritor, abrirlle unha ventá cara o xardín no cuarto de baño por cousa da condensación. E xa está: O Inzo posto en letras, mellor que chamarlle “A cova “ para poder dedicarse á escritura sen interrupcións estúpidas, principalmente nos veráns en que a casa de Loureiro é un auténtico Cámping.
Tamén haberá que poñer algúns cadros nas paredes brancas de amigos artistas e pintar a fachada ou tatuala con azulexos e poñer unha edra tecedora diante da porta nunha maceta grande e funcionar logo en debida forma. A hedra e a planta da amizade.

Nota 1: Foi construído o sitio este por diferenzas coa nai viúva e as tres irmás menores. Que ben Mundo, ovella negra da familia e louco da casa, non di que non tivesen algo de razón, ao mellor pensándoo ben, en termos prácticos.Coñecese este sitio tamén polo “Batiscafo”.
Nota 2:Despois terminei chamándolle abundando nas denominacións como xa dixen:“O Batiscafo”, porque recorda un submarino pequeno debaixo do mal tempo chuvioso que, no alto Salnés val dura case oito meses, coma na maioría de verde Galicia ou tamén “A casa das sete ventás” porque lle abrín tres coa inestimable axuda do meu compadre Manolo Rivas e tomounas con masa Constante Villar o meu amigo de infancia.E finalmente cando o convertín en estudio no ano 2.000 chameille “A cova do talento”.

Nota 3: Na actualidade (Decembro 2014), bastante máis relaxados os asuntos familiares, “O inzo” está dedicado a estudio de verán. No inverno, non se para co frío e a humidade ambiente. Carece de calefacción. A estufa de leña que, en ocasións afumaba todo o local, levouna barata para quentar a súa nai, agora xa falecida, o amigo taxista da Lardoeira de Agudelo Benigno Castro.É unha pena porque alí os libros collen balor e despois cheiran á humidade  e ademais tamén hai algo de couza ou caruncho       que lles pode afectar en calquera momento.Unha economía fráxil non permite solucionar estas cousas como se debería...R.S. Lago.                   

sábado, 18 de novembro de 2017

O PÓSTER ( Comentarios ao redor dun póster alemán)



                                       O  P Ó S T E R
          ( Comentarios ao redor dun póster alemán )
Dixo:¡Son un Anxo !,e púxose inmediatamente azul, alí sentado ou medio levitando sobre a varanda composta por tres bastas ramas simétricas e paralelas. Todo o azul e frío, que se pode pór un anxo, catro anos antes do ano dous mil trinta ou máis.
Dito isto, nin me mirou, e afastouse amodo, sen acabar de atreverse a voar , aínda que tiña ás rápidas e transparentes como de cristal delicado.
Continuou sentado ao pé da árbore, no que a parella, cuxos nomes non están claros na maquinaria da fantasía, construíu unha especie de rústica cabana, da mesma madeira que as ramas da varanda.
¡ Si ! son xente de póster. Ela é loura e el moreno. É no seu conxunto , toda unha creación xermánica con : aves migratorias, sol esbrancuxado próximo ao ocaso , sobre un mar pacífico de azul verdoso. Dous , tres , catro palmeiras , leves nubes. Á vista chega un vainilla tenue que non chega ao amarelo nunca, baixo un resto de ceo, loxicamente azul.
Trátase dunha : “Love store” lonxe de toda civilización , máis que romántica, salvaxe...
O póster está na habitación pintada de branco, pegado con celo transparente e chinchetas verdes.
Unha mañá, antes de espertar toda a primavera deste ano, Sexismundo Portela Gómez, levantouse co alba na aldea de Loureiro, municipio de Xabre, e o foi a comprar a unha gran área comercial, a un híper mercado nos arredores de Ámbar.
Iso si, deixouse aconsellar polo que vendía música, un rapaz novo , sen idade aínda , que rexeitou unha paisaxe tropical, vexetal cento por cento con só palmeiras e ocaso , sen parella iniciando un abrazo sensual, na auga doce: espidos ata o embigo. Ela: loura aria, se cadra de barbería: ¿puros ? .El máis alto, esvelto, forte, non louro , nin azul.
E para subir ata a rústica cabana obrada na copa da gran árbore , deberán utilizar unha funambulesca escaleira de esparto con banzos de madeira, moi rudimentaria, que supoño que recollerán polas noites, para que non suban os monos macacos, cando a feliz parella se vai a durmir e apagan a lámpada de petróleo, o máis probable, que pende do tellado en forma de triángulo equilátero da vivenda sen pretensións, porque están moi namorados, namoradísimos , e fuxiron da civilización para estar xuntos un mes ou máis ou menos, lonxe de computadores e impresións de impresoras vertixinosas a chorro de tinta metálica.
Segundo se ve, na parte esquerda do póster flúe unha fervenza de auga transparente e cristalina, que provén do alto dun gran promontorio vexetal, que da lugar a imaxinar sen demasiado esforzo a fisionomía dun coloso ecolóxico con expresión de cansazo e o pescozo de roca así como exipcia pola cor arxilosa da pedra compacta, e toda a monumentalidade necesaria para cubrir plenamente a parte esquerda do póster, segundo se mira.
O gran chorro de auga continúo , mana sen son, na composición do interior do digamos cerebro vexetal, do que por semellar figura, insinúase coloso ecolóxico, aínda que ben sexa en realidade vexetación sobre cantil de rocas ou composición , si iso, composición fotográfica do artista: Steve Read, do equipo Lúa de Mel, naturais eles da gran bretaña, pero que dan os seus traballos á estampa ou ao prelo, en "Olimania", Alemaña, Germany.
Á dereita está a gran árbore, onde a parella xa definida, que aparece en primeiro plano , ten trenzado o seu niño de amor, que por diante detalla varanda disposta en paralelas simétricas, en orixe sen formación espiritual azul sentada ou medio levitando. E hai lianas en forma de corazón ou menos. E a gran árbore é frondosa, verde, rodeada de vexetación vigorosa, o tronco é soberbio e as raíces estriadas potentes, adivíñanse crecendo cara ao centro da terra, bebendo da auga doce da fervenza, que agora forma unha quietude remansada de augas verde azuis, mentres, logo de todo, baixo o sol esbrancuxado e a panorámica próxima ao vainilla, debe estar, o mar nervioso en algures.....
E o que isto escribe, hipoteticamente sentado ao pé da gran árbore, recostado no seu soberbio tronco , grazas a toda esta fantasía; a verdade é que sofre como un xudeu, porque aínda non alcanza nomes propios a medida, para a que se supón feliz parella de arios, lonxe do mundanal ruído, de vacacións merecidas logo de tanta impresión e tanta navegación electrónica polo espacio ciber náutico multirealista.
E claro co folio en branco , sen conseguir discorrer un par de nomes: feminino e masculino , para trenzar ou escribir unha novela curta sobre a parella, sáese iracundo do idílico póster e en consonancia co seu estado de ánimo, estámpalles o folio inmaculado sobre os seus corpos de ximnasio, suxeitando os extremos con inapelable celo transparente.
                                       II
En canto ao do anxo azul , quere dicir o que escribe, que tamén dixo ou apostilou: que o home poderíase chamar tranquilamente: XAPR e a muller ZEPS , e como é lóxico ninguén lle fixo caso, posto que ademais engadiu algo así como : “OSPOLO-NOTEITA-PRIOM-12.802-POLE-510“, e en consecuencia, nin o que escribe lle fixo caso, nin o anxo azul falador, atreveuse a usar as súas ás de cristal delicado para ir instalarse noutro póster doutra historia.
O que escribe, supón a xulgar pola dirección que tomou ao saír, que se instalará sobre algún póster da cidade tasmana de Hobart Town. E está seguro que o moi azul , terminará usando as súas ás.
                                       FINAL

Agora mesmo , unha mancha azul , que en realidade é un anxo, instalouse no parabrisas dun deportivo vermello, que un carniceiro desta cidade, ten na súa habitación de paredes verdes, ao volante do cal áchase espida unha impoñente loura, á que o anxo chamará tamén ZEPS e o carniceiro tasmano da cidade de Hobart Town, apagará a luz e ,roncará en cinco minutos, un venres pola noite, a iso das tres da madrugada, abarrotado de cervexa de importación alemana. ¿Que quere dicir?, pois quere dicir, que en ocasións, o importante e concursar. O que si é certo, é que neste conto hai dous pósteres: un situado no batiscafo de Loureiro e outro na cidade tasmana, por debaixo da Australia, que xa se dixo.Non hai máis luz neste conto, de momento.....Por R.S. Lago para os meus varios miles de seguidores...unha aperta grande.

domingo, 12 de novembro de 2017

SEÑOR ANICETO ANDA NO AIRE.

                     SEÑOR ANICETO ANDA NO AIRE
Era velliño, moi velliño,e un día de outubro de 1.995 deixou sen armar moito barullo, os eidos onde traballou e viviu toda a existencia.....: caían as follas das parras, rían os ourizos nas pólas altas dos castiñeiros, non cantaban os paxaros e chovía dividir.Cousa do fígado que mesmo se volveu amarelo coma o mexo.....
O señor Aniceto,viviu na Porriña a súa aldea de nacemento,sempre, agás nos tempos da terrible guerra civil entre irmáns, porque se lle puxo nos miolos a un xeneral descerebrado entre outras glorias patrias.Estivo ausente alá polos anos 1.936 a 1.939, en que serviu de cabo tomate e viaxou pola nación soerguida en longos trens para transporte de gando de abasto, rompendo a noite absorta, cargados de combatentes tan ignorantes coma el , do que estaba a pasar nas altas esferas nacionais e internacionais. Serviu ao lado das dereitas, dos fascistas falanxistas  por inercia , porque a Galicia tocoulle ser das dereitas, chea como estaba de caciques espelúxantes e non quedaba mais carallo.....
Agora ao presente isto nin sequera vale para unha biografía artellada á presa ao  fío do seu anónimo e humilde pasamento.Agora todo importa res.Un carallo de res, enlarafuzando con bosta as febrís proclamas que se lían nos frontes de Madrid e Guadalaxara, firmadas por xenerais conxurados, coma Mola e Queipo de Llano, por exemplo..... Agora nos outonos galegos desprendidos de follas murchas, os vellos combatentes, están morrendo a puñados.A guerra cincuenta e catro anos despois vai botar o peche definitivamente. Que non se esqueza tan lamentable lección xamais.....
Vou ata o alboio e alí está a ferramenta queda: a eixada, o legón , o fouciño dos arroios, a fouce, o angazo , a tesoira de podar, a forcada, a pala de puntear, a gadaña .O caixón das puntas, o martelo , o chazo, o botador, a serra, as tenaces, os alicates, o ferro do monte, o fardo redondo dos aneis de ferro para construír arcos para os gabexos da adega.Arames de aramar parras, o machado , as cuñas de aceiro de rachar leña cernenta de carballo.Todo quedo.Todo de museo.Sen mans traballadas que os fagan ser útiles, oxidándose por falta de uso.
Unha noite, aínda coa cama quente do señor Aniceto, o martelo de petar no chazo para apertar os arcos dos gabexos, non aguanta máis e a iso das cinco da mañá antes de que cantase o galo dende o punto máis alto do poleiro, púxose tolo, e machucou nas outras ferramentas con nocturnidade, predeterminación e aleivosía.....
Á mañá señora Laura viu o desaguisado no cuberto.Persignouse cristiamente e pensou: son cousas de Aniceto que non quere que ninguén lle toque a ferramenta de toda a súa vida. Non lle dixo res a ninguén do asuntiño  e á mañá seguinte coas primeiras luces do abrente fixo un burato na eira, e enterrou todos aqueles ferranchos retorcidos.Pensou: Aniceto anda no aire da Porriña, ten contas pendentes e rezoulle un enésimo pai noso pola  súa alma.Onte cando subía o camiño das Cortellas, de regreso á casa despois de ir buscar un grelos para o caldo, virou a cara e semelloulle velo detrás duns ramos de carballo. Medio sentiu algo de medo, ¿ ter medo do seu home e compañeiro de sempre? ¡Hai Xesús, María e Xosé!, enchéronselle os ollos de bágoas.O Aniceto magnífico e vixiante, vai facer calquera trasnada: pensou a viúva...será por o asuntiño do valo , o valo dos da casa da Beata...
Á mañá cedo do día seguinte, apareceron na tal casa todas as galiñas e pitos mortos, só renarte se salvou o galo. Aquelo era unha estreira de plumas e sangue ciscada.....botóuselle a culpa a raposa ou a marta, pero señora Laura foi ao panteón familiar e alí no chan había plumas e gotas de sangue de galiña.Estarreceuse un pouquiño e sentiu ,ou iso lle pareceu a ela, rir dentro da tumba coa mesma risa sólida do finado .Ao parecer o señor Aniceto cumpría a súa palabra, as últimas que lle dixo:” Gústame a esmorga, pero tamén me gustan as cousas ao dereito, e cando na aldea da Porriña, que me viu nacer e que me vai ver morrer antes do luceiro da mañá; porque isto no meu estado paisana sábese;haxa inxustizas producidas de mala fe vou volver e vou facer xustiza a miña maneira, así que xa sabes rapaza.Cando algún listo queira encher o papo a conta da pasividade dos outros, hei de vir eu e facer o que cumpra”.

E por volvelo a ver a señora Laura, agora soíña e lutuosa, está desexando , deus llo perdoe, que na Porriña, arda a auga nas cociñas e corra o lume polas presas.Por velo , si por ver ao seu compañeiro, que lle brincan as bágoas nos ollos, e non pode ir ás veigas, pois en todas hai recordos, en todas está Aniceto descansando co queixo posto enriba do rabo do legón, vendo como voan os paxaros e escoitando o canto do cuco, mesmo coma un rapaz de pantalón curto.¡Señor Aniceto dos Secos, por min que trone!.E se soubera que chamándolle: “Taramela”, ía saír do podredoiro onde o meteron,agora mesmo  gritaba aos catro ventos a verbiña esa: “¡Taramelaaaaa!” que un día o puxo louco de todo na eira de “Home de aluguer”, de Andrés , pero todo é inútil diante da morte , e dígolle sen ánimo de magoalo, que señora Laura xa non conta contos coma antes, nin está en absoluto ocorrente.Que se deita canda as galiñas, e que se levanta sen nada trazado que facer....
                    Por R.S. Lago.

sábado, 11 de novembro de 2017

APUNTE





                                    APUNTE  
0 Poeta : Xa chegamos aquí  onde o frío morde,  estamos tan lonxe de todo agora, que nin sequera temos o medo que tiñamos antes.
Estamos aquí elevados ao xeito dos planetas e estrelas nun cosmos acendido de silencio.Sen máis compromiso que a batalla de sernos fieis a nós mesmos.Aquí só se pode chegar sendo xenerosos.Estar onde tiveron que estar os grandes que aloumiñou e iluminou a historia toda. Nós estamos aquí porque espiritual e fisicamente o  estamos, e porque o queremos así aínda que nós doia. Este é o noso sitio sen dúbida. Este é o noso sitio basilar e proteico aquí, onde o frío morde e o amor traballa sen descanso, porque o amor traballa sempre en nós. Non hai desexo de res, aínda que o desexo ande espido , sempre espido para fervernos. Trazo un mundo que non habita ninguén para soñar que vivo.Eso é todo: soñar que se vive.Grande privilexio:¡soñar!...que acontece en quen se aparta fechado , canso de regalarse coma as olas de branca escuma o fan na praia de xullo ou agosto.
Deus en forma de fonte que fala:
(A face mítica do vello Deus.Severo,de longas barbas e cabelo prateado, por veces amosase entre o espello líquido da auga que corre monte abaixo...)
-Poetas visionarios, falsos profetas...recua de demudados, e fráxiles criaturas , incapaces de aceptar o mundo como se amosa dende que foi creado por min. As leis naturais perténcenme. As leis espirituais son miñas. Non esquezas nunca isto, home demasiado acendido. Que xa non te sacian os sentidos que che dei na primeira hora, e queres falar comigo se iso fose posible e xusto...
O Poeta:
Na compaña dun canciño chamado “ Suso “ , está sentado no alto da Pedra Grande no Outeiro dos Penedos, e máis que recitar grita ao vento os seus pensamentos.Sorpréndese ao oír as contundentes razóns que insospeitadamente xorden da chamada Fonte dos Ceos, e perde o equilibrio , e cae, e cando está a punto de fenderse os miolos contra as laxes, sinte como providencialmente unha man o ampara. Trátase dun ser prodixioso de color alaranxado que fala nunha lingua estraña, que o Poeta non entende, pero que traducido di así:
-”Eu son o Viaxeiro Intergaláctico, que proveño do mundo de Invado, estou aquí para entender as cousas do Planeta Azul, e os Vellos Sentados do meu Gran Mundo, dixéronme que procurase a amizade dun Poeta, e deste xeito, salvándoche a vida, creo que segundo as leis humanas quédasme obrigado”...
O Poeta:
Levas razón,estouche obrigado por salvarme a vida. Pero antes déixame que busque o meu Can, e despois na medida das miñas posibilidades, respostareiche o que intereses sobre este noso mundo.
O Viaxeiro Laranxa: ( Traducido ...) . Está ben ... ou debe estalo a xulgar pola ansia que amosas na procura do que ti chamas can e eu non sei a verdade o que é iso.
O Poeta:
Pois si que estamos aviados, se non sabes o que é un can, seguro que estas branco de nós, aínda que ben, polo que se ve es laranxa.
 E mentres se dirixe a Pedra Grande na procura de Suso, despois do descalabro provocado por Deus, fala en voz alta e vai dicindo:
 Vaia civilización adiantada, que cando se viaxa a outro planeta, xa se debe saber o máximo posible acerca del. É coma quen planea unha viaxe ou expedición a calquera punto do globo terráqueo, primeiro debería tratar de recoller datos e noticias sobre o seu punto de destino. Sen ir máis lonxe, se queres ir ao Caribe compras unha guía como fixen eu, cando fun con Ernesto o Pintor de Briallos a Porto Rico, hai algúns veráns...
Cando chega a Pedra Grande non topa o Can.No sitio que ocupaba o fiel compañeiro e mascota, só acha unha sorte de nota garabateada en papel hixiénico, que en letras color sangue di: “ Se queres o Can tes que poñerte as miñas ordes, senón férvoo en aceite coma un cristián”. Asinado: O Diaño Mefistófeles Belcebú...

E loxicamente esta Historia debería ter duascentas cincuenta páxinas ou máis, pero non as ten , porque só é un Apunte.....
Por R.S. Lago.




venres, 10 de novembro de 2017

ADELANTE HOMBRE DEL MALETÍN DE CUERO...




ADELANTE HOMBRE DEL MALETÍN DE CUERO…
Si, si, ningún problema se admite pez
como animal de compañía…

Los grupos antisistema son gente escapista
ocupas con rastras, drogadictos en su mayoría
se les deja hacer mientras no halla mucho follón.
Tocan la guitarra, pintan, escriben panfletos absurdos
viven el amor libre, hacen malabares con bolos y pelotas
realizan surrealistas representaciones teatrales con títeres
y cuando se mueven con un perro y una flauta
son perro flautas marginales, sin ningún valor real.
Decimos que son una lacra social y ya está.
Porque estos pobre diablos no son nadie,
unos perdidos, incapaces, unos inadaptados.

El caso ya cerrado del GRAPO, que traes a colación
grupo revolucionario anticapitalista primero de octubre
esos si que metían miedo y costó lo suyo meterlos en cintura
pronto se llenaron las manos de sangre para nada
unos criminales asesinos, ladrones violentos
causaron mucho dolor y angustia entre la gente de bien.
Si, estás bien informado: el primero de octubre se refiere
al inicio de la revolución bolchevique en Rusia en 1917.
La madre que los parió, lucha armada y de frente
para estos la constitución y el parlamento eran ilegítimos
están todos muertos o en la trena afortunadamente.
Con sólo hablar de semejantes alimañas
ya se siente uno manchado de marxismo leninismo
como un ferroviario anarquista de los de antes.

Tristes ejemplos de la gente que no quiere hacer camino
dentro del tan meritocrático sistema neoliberal
por lo que no se merecen ni el aire que respiran
ya sabes, al enemigo ni agua y con los violentos balas,balas,balas.
Que digan capitalismo salvaje o digan deshumanización
este es el mejor de los sistemas, todos iguales ante la ley
estado social solidario para los más desfavorecidos
medicinas gratis incluso para algunos, seguridad social universal
educación gratuita obligatoria hasta los dieciocho años
transporte escolar gratuito, comedores escolares gratuitos
reciclaje de material escolar para las familias más desfavorecidas
campos de hierba sintética, fútbol, fútbol, fútbol
ayudas a la natalidad, permisos para el cuidado de los hijos
viviendas de protección oficial, ayudas para el cambio de auto
recogida de viandas, tómbolas solidarias, bancos de alimentos
pensiones de jubilación contributivas y no contributivas etc. etc.

Vivimos en el mejor de los mundos posibles sin ninguna duda
con lo que costó conseguir todo esto, si no es necesario ni pensar
todo está bien planificado y diseñado, trabaje y déjese de aventuras mentales.
Si hasta el mismísimo Mario Baquerizo, un moderno de lo más in
compañero de la rompedora Alaska se declara capitalista a tope
y mira que esta gente es aristocracia intelectual full full.

O el  venezolano Boris Izaguirre Villa Diamante que aquí se lo pasa de cine
si, si está casado con un gallego, tiene una chacha negra llamada doña Leo
y se ve que cansado de escribir culebrones de sobremesa para chonis de los 90
vino a la metrópoli para sentar cátedra y triunfar en Crónicas Marcianas de Sardá
gente positiva que sabe lo que hay, felices, libres, crema de la crema
el otro día lo entrevistó el percherón del sur: Bertín Osborne en su programa:
“escritor lo puedes ser siempre pero estrella sólo una vez en la vida”
le decía paternal el desparecido por tanto fumar Terenci Moix del Nilo
otro de sus mismas plumas sexuales, todos íntimos y rendidos admiradores
del gran icono del palomar: Antonio Gala de los bastones y los canes
a salvo el ánimo de no ofender por omisión al cineasta Pedro Almodóvar
porque claro aquí incluso existe el colorido día del orgullo gay
¿qué pasa?...gente creativa, todo sea por remediar lo de Federico García Lorca
el también cofrade de la puerta de atrás…como Luís Cernuda…
por cierto que mal enterrado está el granadino príncipe de los Poetas
sus huesos de nácar y luna perdidos en el barranco de Víznar…

No hay color amigo mío, aquí si trabajas sales adelante con varios ceros
autos, mujeres, apartamentos, chalets en la costa del sol
están esperando por cualquiera con capacidad de manejo del cotarro
emprendedores, pupilos de las escuelas de negocios,
gente capaz de venderle el corcho de una botella de champaña a un notario.

Si vales el mundo es tuyo, pateas las calles con interés
te pluriempleas, vives y dejas vivir, altura de miras y triunfas seguro.
Eso si, hay que estar en forma, gimnasio, sauna , rayos uva
buena presencia, estamos en el mundo de la imagen, vendemos humo
si hace falta, unos tiritos de coca de vez en cuando vale

para mantener el tipo, pero nada de tabaco, ni productos grasos.
Adelante muchacho, haz tus buenas inversiones, domina
descifraras la teología de los bancos y la bolsa y te harás de oro.
Adelante, adelante hombre del maletín de cuero de becerro
la ciudad, el país , el mundo entero es tuyo…

Sube, pisa, avanza, vale todo o casi todo, derramate
ya sabes cuidado con la boquilla, los negocios son negocios
no confundas lo blanco con lo negro, tú a lo tuyo siempre
sin rencor , sin remordimientos, el dinero es lo único que importa
aquí todos somos de una misma o parecida pasta

Claro que si, unos más arriba otros más abajo, a imagen del pueblo
no digas nunca: corrupción, ni financiación ilícita de partidos políticos
eso está prohibido, di medidas eventuales a base de moneda legal
o inversión a largo plazo para mejoras de la legalidad vigente.
Nada hombre, un gusto, contamos contigo, España va bien…

Si, si, ningún problema en los estúpidos juegos de mesa

nosotros admitimos pez como animal de compañía…¡nos vemos!.
 Por R.S. Lago.

mércores, 8 de novembro de 2017

NO HAY NINGUNA REVOLUCIÓN PENDIENTE...





NO HAY NINGUNA REVOLUCIÓN PENDIENTE…
 "Un imbécil, que no tiene más que una idea en la cabeza, 
es más fuerte que un hombre de talento  que tiene millares". H. de Balzac.


Nos venden con entusiasmo una sonora igualdad
ante la ley constitucional, que por lógica resulta humillante.
La igualdad para ser plena debe afectar
a todos los ámbitos vitales, esencialmente en lo económico.
Una reforma social de semejante calado
no interesa a las clases privilegiadas
que son las que se benefician desde siempre
con las leyes semánticas y confusas que hay.

En una sociedad justa no hay privilegios
todos somos iguales ante la ley
todos disponemos de idénticos recursos económicos
no hay reyes, ni aristocracia
todo se iguala y se hace más natural
todos adoramos el agua y el sol
esto no le interesa a nadie
todo el mundo se aparta de esta sencillez.

No cabe en la cabeza de nadie semejante boutade
así las cosas hablar de igualdad de las personas
ante las leyes es hablar del sexo de los ángeles
dentro de un complejo sistema capitalista salvaje y corrupto
así las cosas nos invitan a creer que vivimos
en el mejor de los mundos posibles
y como la tarea es enorme, la gente
paga las letras de su vivienda y compra boletos de lotería.

Esto no hay quien lo cambie
la maquinaria de este sistema trucado funciona sola
¡ no hay ninguna revolución pendiente…!
mean y hay que decir que llueve
porque las leyes no escritas del ventajismo económico
forman parte del aire que respiramos
y así todos somos iguales ante la ley
y se habla a continuación de clases sociales

sin ningún sentido del humor, ni del amor…
hasta que las propias palabras de este escrito
están tan incómodas con lo que dicen en vano
que se me rebelan altaneras y prefieren decir:

¡es muy recomendable asar la manteca!…Por R.S. Lago.

martes, 7 de novembro de 2017

TABULA RASA





             TABULA RASA

El pequeño mono me mira...
¡Quisiera decirme
algo que se le olvida!
José Juan Tablada (México 1871-1945)

Es la hora del planeta Tierra
en su conjunto
conviene volver a repensarlo todo
¡tabula rasa!
lo que hay no vale o vale poco
hay que volver a empezar
iniciar un reflexión intelectual profunda
desde los cimientos.

Hay que cavilar en la incidencia
real del cambio climático
hay que cavilar en la democracia
en el dinero, en la política
en la corrupción, en las guerras
en las religiones, en las fuentes de energía.

Es la hora del planeta Tierra
visto desde la luna
esférico, magnífico, frágil
sin los colorines de la geopolítica
en las fronteras nacerá y crecerá el trigo
decía el poeta conmovido
somos apenas un punto azul pálido
fotografiado desde la órbita de Neptuno.

Hay que repensarlo todo ahora mismo
se necesitan mentes vivas y despiertas
el juego político fragmentario
con embajadores y embajadas
es una partida de ajedrez congelada
que juegan los nuevos dioses del Olimpo
detrás de sus corbatas como espadas
manchadas de sangre inocente.

Los niveles de infelicidad y estrés
de la población son alarmantes
mientras el ojo del gran hermano televisivo
todo lo convierte en absurdo espectáculo
la violencia alcanza brotes surrealistas
superiores a la época neandertal
las llamadas redes sociales son un juguete de pago
que enriquece a sus inventores.

El trabajo, las formas de reproducción humana,
el ocio, la familia, todo tiene que ser reflexionado
hacia soluciones más eficaces y felices
tal como están ahora las cosas no gustan
porque es una orgía inmensa de despropósitos
lo inalcanzable, lo utópico
está cansado de palpitar en vano
entre nuestros pies de hierro, aluminio, cemento y asfalto.

Es la hora del planeta Tierra
la hora de los filósofos pensantes
se necesita dar un gran salto sociológico
hacia delante ya mismo
los viejos surcos del camino humano
están llenos de sangre e injusticias
hay que inventar nuevos caminos
con agua limpia y flores de colores.

Conviene volver a repensarlo todo
¡tabula rasa! ¡tabula rasa!
el planeta Tierra es una nave esférica
que vuela a velocidad vertiginosa
pero sobre todo es la común casa
de todos los seres vivos, de los vegetales
y de los minerales en masa
lo que hay ahora mismo se arrastra
produce hambre, infelicidad
confunde, se desgarra, fracasa.

Y entonces los seres humanos
tomaron conciencia de la necesidad urgente
de un gobierno mundial único
a partir de los balbuceos de la ONU
nació la Total Tierra Unida
la gente respiraba tranquila
el pensamiento de la unidad
radiaba en sus cerebros una felicidad desconocida
el gran salto sociológico hacia delante
se produjo por la propia inercia inevitable
de tos los cerebros conectados en una única dirección
a partir de ese momento la humanidad no dejó de sorprender
de forma favorable a los sembradores de la vida
a los atentos observadores cósmicos
a los artífices del viejo experimento
que no salían de su asombro positivo
y que pronto alcanzados en sabiduría por los terrestres
se vieron en la obligación de participarles
los sencillos pero increíbles secretos

del maravilloso y mágico cosmos que compartían desde siempre… Por R.S. LAGO.

domingo, 5 de novembro de 2017

O VELLO LECTOR.



                         O VELLO LECTOR
                                       A
Cando xa os anos pesan o seu, pero aínda non son un estorbo desmedido, quen dedicou innumerable tempo ao exquisito e proveitoso para o espírito , pracer , e case arte da lectura, necesita entón afinar o gusto e amornar o seu ánimo paseando os ollos, xa cansados, por antolóxicas e medicinais páxinas , onde refutarse nobre de espírito e elevado a cumes de estatura cobizada por mozos audaces, por veteranos curtidos en mil ousadías, por homes que van á montaña en xeral.
O vello lector, desta historia de historias, está a piques de cruzar a liña imaxinaria baixo a que subxace todo o gris e ordinario, elevado nos seus coñecementos; necesita obras novas e descoñecidas ata agora, nas que festexarse, respirando mocidade e aventura inapreciable. Emerxendo así á paz aparente dunhas páxinas cheas de letras, nas que se aprecie a dita de ser fráxil e humano. O vello lector escolleu as páxinas que seguen para ler ao seu libre albedrío :Palabras, frases, parágrafos , liñas do seu gusto.
El tamén se chama Sexismundo e ten o pelo branco, vive nunha cidade pequena e da longos paseos pola beira dun río, que no seu día foi claro e transparente. Vive no medio dunha familia , a súa, que inaugura o camiño fermoso e á vez insospeitado da vida caducada. Vive xubilado, novo pero vello, vive algo ignorado, facendo recados de raparigo (o que nun froiteiro chiste chaman un corredor de bolsa; de bolsa dos recados) , vendo as cousas con prudente sabedoría e á xusta distancia. A súa biografía densa, aquí pouco importa, o que aquí se revela son as súas páxinas, as de cabeceira, que cando as le, ás veces en voz alta, na mansa soidade do seu despacho ateigado de libros, din máis ou menos así.
O escritor agora escoita e o vello lector escribe en voz alta páxinas que debesen estar nalgún libro e só están neste, que agora xa case se sente.....
                                       B
Baixo un sol de xustiza, xardineiros suorentos púen pétalos de rosa e mozas parellas de namorados buscan a sombra dos altos magnolios para escoitarse dicir cousas sen importancia, logo dos bicos que non aguantan.
                                       C
Na habitación pechada cheira a froita madura. Escóitase o silencio. E sobre a mesa de nobre madeira traballada por mans cansas, camiña unha adolescente espida que come cereixas vermellas e peitea cabelos louros.Descarada e groseira, pero moi fermosa, chega ao vértice do moble e faise un pis de ouro melodioso que empapa a gran alfombra. Na habitación pechada , segue cheirando a froita madura. O silencio está nela como se dixo. E o señor que bocexa detrás das lentes, comproba coa súa man que na gran alfombra, é estío. Sen darlle maior importancia, cando na mesa, sentado no seu sitio de toda a vida, enfróntase a un solombo, sábese soñador de choivas douradas e mastiga a comida con calma, bebe viño de ouro por unha copa de cristal tallado e mira a cadeira baleira da súa estrañada esposa.....
Volve rápido á habitación pechada, que cheira a froita madura, pon a man de novo e está a alfombra húmida, o acuario veuse ao chan e o peixe de coral respira bocaladas de osíxeno sen hidróxeno, a alfombra está húmida e coas seus pulcros zapatos negros nun descoido imperdoable esmágao.....
                                       D
O amor anda cerca. E o que compra mulleres malas, non cre que nun domingo á hora do vermú, póidase resistir o desprezo duns ollos contrariados e o amor por esta vez ordénase sacerdote...
                                       E
É outra pureza que foxe e di ata logo dobregada a razóns sensatas, vendo segundo hai que ver con total seguridade. Por iso non hai nada en ti, que cambie as cousas en min ¿ou si?. O gran amor sabe esperar e é permisivo e non se derrota tan fácil...
                                       F
Tarde esta, gris de setembro. Hai fins de semana como guerras. Hai xente nova , que abandona a vida contra un farol, resgando a mañá cunha coitela de sangue quente e conxelada auga fría.
                                       G
Non pensa en diñeiro, nin en asuntos materiais, todos os seus pensamentos esta tarde navegan sobre cartas mariñas e planos estelares. Despois o caribe.....e un globo terráqueo metido dentro dunha bolsa de plástico transparente suxeitado por unha man de muller con uñas pintadas de branco. O fondo é azul. Trátase dun calendario da librería A Laranxeira da cidade boa. Está a piques de non permitir, que alguén omnímodo e espía transcriba as súas lecturas e as súas cousas nun caderno espiral de portada verde, na que se debuxa un áncora, un código de barras e un logotipo que pon Sam; o caderno está raiado e ten marxes vermellas. Sen querer cre que puxo un escritor na súa vida e agora faranlle unha radiografía semántica e rise... é o mellor que lle pasou en case trescentos anos de existencia. ¿Trescentos anos ?. Si é unha forma de expresarse.....
                                       H

O tipo de lecturas que realiza un home, medio defíneno. E digo medio, porque o vello lector, está pedindo a berros que nestas páxinas  se lle faga un posible retrato físico e anímico ou psicolóxico a base de palabras e a verdade é que se vai a quedar coas ganas porque o escritor está bastante farto del , e aínda sentíndoo moito polo seu estado de viuvez e xubilación, non lle perdoa a fantasía dourada dos dourados ouriños e xa se acabou esta historia que en principio parecía interesante: ¿falta de constancia ou que ? , ¿ou que ? ¿ou que ? .....Espellos.Novela total.Novela de aprendizaxe.Panoplia, nave ama de cría e biblia de todos os temas e todas as palabras.Mesa de mesturas, unión de razas, xardín dos recursos literarios.Ninguén chegou tan lonxe logo de devorar o Espasa.Admítemo todo como unha nai vella.Non renxen as cancelas desta fábrica de soños, cada palabra ocupa o seu escravo posto de traballo e o todo total debese vibrar no aire como unha nota musical eterna.O segredo non existe e se existise non o diría en plan fórmula da coca cola, é unha forma de ler, unha forma de sentir, unha forma de preparar o terreo para a sementeira dun rei agricultor.É a miña proposta.Léase sen descanso…así dictaduro.Ensino ata o erro.Espellos.Comprenda quen poida comprender.Divírtanse os pallasos a labazadas.Cada un fai o que pode ou máis.Espellos con bafo de amantes. Por R.S. Lago




sábado, 4 de novembro de 2017

LORDK


                               

                                  L O R D K
                                       A
Que digan que non ou que si, que máis da..., o importante é que se pronuncien e non en sánscrito,hebreo ou tagalo precisamente.Que expresen compracencia ou descontento, que todo o nega, e que ata airados vituperen contra el, que máis da... porque así de ambiguas e neutras son, ás veces, as cousas no Val de Cristal.
Que digan que non ou digan que si, non importa: ¿si?, ¿seguro?. Non importa aquí.....Aínda que importe toda unha tonelada de importar.
Son xente de pluma galinácea, que só cre en crustáceos, con pouco arte, con pouco arte, a verdade, e o peor de todo aínda, é ese cansazo bobo que os poboa á caída das tardes con sol democrático, que se oculta avergoñado.....
Este é un val de Cristal, poboado de xente de barro bíblico, que arrinca as árbores sen ningunha piedade e pon as solas das botas, sobre os pequenos fillos das ratas, as serpes, os topos e os saurios lagartos verdes.
E iso que o medo pálido acabouse aquí, fai moito tempo; que ninguén sabe o que é o medo xa, nin cousa parecida, desde que case lles atrapa a natureza no seu intenso afán, ata desmedido, de cubrilo todo cos seus brotes primaverais rebentando por todas partes.
Están constantemente vixiándose como policías rotos uns a outros, atentos a enfermidades e a mortos, para saberse vivos un pouco. Levan así desde sempre, vixiándose as vellas tumbas herbáceas, para saber con certeza que seguen existindo no fértil e fermoso val de Cristal, como quen latexa no interior dun paradoxo complicado con afección enfermiza.
Díxose: non medo. E non é verdade isto. É máis verdade, moita máis verdade, agora máis que nunca, o pánico que lles arrinca anacos de bágoas tamén de cristal, que pola mañá cedo se confunden co orballo; chuchado das ubres da noite inquietante por brancas mans invisibles, que logo se utiliza para a elaboración de rosarios enormes que branden como espadas de fe, as devotas vestidas de loito, de todas as igrexas románicas de pedra, que salpican a ampla xeografía do val.
Aquí todo é dun cristal quebradizo, que rompe o ánimo, menos a xente, que é de barro cocido ao sol. Que mostren publicamente as súas querenzas e que non se escondan como raposos ocos en tobos calvos.
Ninguén, en realidade,os quere: ¿Por que entón a si mesmos quérense tanto?. Esta é unha pregunta tremenda, que ninguén pode contestar. Porque a maioría ten a lingua podrecida e en cada casa hai un niño de víboras abríndolle os ollos aos topos.
Non os invito a un paseo por tanto dor de moas, porque se nos gastarían as solas. O camiño é longo e o val, é inmenso.
Hoxe pola mañá cedo, naceron dous nenos pletóricos, son unha pequena esperanza para mañá. O val de Cristal, celébraos con viño novo e con voadores. Son xente inopinada, que nos limiares da dignidade humana, pasean o seu barro mortal improvisando non sei que componendas medio astutas, para asperxer de gasolina o cabelo palloso do que aquí no val de Cristal, entende de espalles e roturas vidrosas contra o chan testán, que produce lodo pantanoso, no que enterrarse vivo, ata non aparecer pola superficie nunca.....
Houbo que convencer con xestos mímicos aos nenos para que deixasen de chorar. E un dos máis vellos coa cabeza nevada, ofreceulles uvas da colleita e laranxas maduras e saborosas. Ante tales presentes os nenos cesaron choros e mollaron cueiros con pipís de cristal.
Cando salga o sol esta mañá de setembro medio, haberá moita faena , pero ninguén no val, inquietarase polos problemas que os adolescentes levan suxeridos no rostro. Nin haberá agasallo ou sorrisos para os moitos artistas deste lugar.
Todos os vellos e vellas: os veteranos, saben cousas sen importancia que se lles meteron na cana dos ósos e que son a súa razón obtusa de vivir, sen entender nada, do que importa entender para ser seres humanos e non animais de catro patas gobernados por instintos. No val e isto é unha metáfora evidente, vívese coas luces apagadas sempre, desterrados do verán, esperando o inverno para latexar pouco. É o tempo en que no pasado invernaban os osos e a xente descoidábase deles, xa que no verán coas súas contundentes gadoupas, ou mellor na primavera, cometían os desmandados propios dos seus instintos. Non había antes colmea, nin galiñeiro que se puidesen dicir seguros, e ademais esnaquizaban carballos, castaños e piñeiros de cristal con facilidade, que para iso eran corpulentos e grandes osos, dos de negarse a durmir con eles custe o que custe e sen posibilidade de negociar.
En cada casa hai unha mentira e unha verdade. A verdade, esta pechada, oculta baixo sete chaves de chumbo. A mentira, anda libre polo interior da casa en forma de gato, can ou galiña.
                                        B
                     (PRACTICAS DE  VIDRO)
Trátase do escritor máis romántico e visionario de todos os que habitan no val de Cristal. É este individuo, ao mesmo tempo, un egoísta con ansias de poder e riqueza. Odia a todos os homes, a case todos, en realidade, máis que odialos os menos valora e xúlgaos polo seu aspecto exterior.Non cre que nos seus cabezóns, existan ideas dignas de consideración. Os chama como máximo homes de pensamentos lóxicos, parafusos, rodas da gran engrenaxe, tubaxes engarzadas de gasodutos, homes sociais.
Ningún deixa esperta a súa gran curiosidade sobre os demais, sen esforzo, albíscase a animalidade contida en cada un deles, coas súas partes alícuotas de todo o humano: o bo e o malo, mesturados en cantidades variables, para compor seres psicolóxicos. O gran romántico crese superior a eles, sen ningunha discusión , pero ao mesmo tempo sente certa querenza, polo demais insospeitada e imposible, cara ás súas formas de vida normais e ordenadas, segundo os principios das vidas normais e ordenadas do Val.
Val de Cristal, val fráxil e quebradizo. Val amable, val dócil. Vive este escritor como un monxe eremita, na súa humilde morada debaixo dunha gran roca. Aliméntase de: cogomelos, mouras e outros froitos silvestres. Toca a frauta á luz da lúa. Acompáñase de lobos e evita as miradas humanas. Así escribe as súas obras o supremo escritor de val de Cristal, chamado: Lordk, porque veu das illas do norte.
-¿Como di que se chama o escritor máis importante do val de Cristal ?.
-Lordk, con k final de empezar a escribir Kilimanxaro.
-Criamos que se refería a Lorca:Federico García. Granada. Barranco de Viznar.Romanceiro Xitano.Mil novecentos trinta e seis, fratricida guerra civil entre irmáns.
-¿E o das illas do norte que?, ¿Que as coma o gato Merlín?, ¿non é iso?.

-Querido representante do lector medio universal. Non se me escandalice pero de ser alguén en concreto, sería unha mestura de Lord Byron, inglés insular el e a K final, designaría a Franz Kafka , xa ve vostede, un híbrido imposible, pero ben, isto aínda é Literatura...

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...