sábado, 18 de novembro de 2017

O PÓSTER ( Comentarios ao redor dun póster alemán)



                                       O  P Ó S T E R
          ( Comentarios ao redor dun póster alemán )
Dixo:¡Son un Anxo !,e púxose inmediatamente azul, alí sentado ou medio levitando sobre a varanda composta por tres bastas ramas simétricas e paralelas. Todo o azul e frío, que se pode pór un anxo, catro anos antes do ano dous mil trinta ou máis.
Dito isto, nin me mirou, e afastouse amodo, sen acabar de atreverse a voar , aínda que tiña ás rápidas e transparentes como de cristal delicado.
Continuou sentado ao pé da árbore, no que a parella, cuxos nomes non están claros na maquinaria da fantasía, construíu unha especie de rústica cabana, da mesma madeira que as ramas da varanda.
¡ Si ! son xente de póster. Ela é loura e el moreno. É no seu conxunto , toda unha creación xermánica con : aves migratorias, sol esbrancuxado próximo ao ocaso , sobre un mar pacífico de azul verdoso. Dous , tres , catro palmeiras , leves nubes. Á vista chega un vainilla tenue que non chega ao amarelo nunca, baixo un resto de ceo, loxicamente azul.
Trátase dunha : “Love store” lonxe de toda civilización , máis que romántica, salvaxe...
O póster está na habitación pintada de branco, pegado con celo transparente e chinchetas verdes.
Unha mañá, antes de espertar toda a primavera deste ano, Sexismundo Portela Gómez, levantouse co alba na aldea de Loureiro, municipio de Xabre, e o foi a comprar a unha gran área comercial, a un híper mercado nos arredores de Ámbar.
Iso si, deixouse aconsellar polo que vendía música, un rapaz novo , sen idade aínda , que rexeitou unha paisaxe tropical, vexetal cento por cento con só palmeiras e ocaso , sen parella iniciando un abrazo sensual, na auga doce: espidos ata o embigo. Ela: loura aria, se cadra de barbería: ¿puros ? .El máis alto, esvelto, forte, non louro , nin azul.
E para subir ata a rústica cabana obrada na copa da gran árbore , deberán utilizar unha funambulesca escaleira de esparto con banzos de madeira, moi rudimentaria, que supoño que recollerán polas noites, para que non suban os monos macacos, cando a feliz parella se vai a durmir e apagan a lámpada de petróleo, o máis probable, que pende do tellado en forma de triángulo equilátero da vivenda sen pretensións, porque están moi namorados, namoradísimos , e fuxiron da civilización para estar xuntos un mes ou máis ou menos, lonxe de computadores e impresións de impresoras vertixinosas a chorro de tinta metálica.
Segundo se ve, na parte esquerda do póster flúe unha fervenza de auga transparente e cristalina, que provén do alto dun gran promontorio vexetal, que da lugar a imaxinar sen demasiado esforzo a fisionomía dun coloso ecolóxico con expresión de cansazo e o pescozo de roca así como exipcia pola cor arxilosa da pedra compacta, e toda a monumentalidade necesaria para cubrir plenamente a parte esquerda do póster, segundo se mira.
O gran chorro de auga continúo , mana sen son, na composición do interior do digamos cerebro vexetal, do que por semellar figura, insinúase coloso ecolóxico, aínda que ben sexa en realidade vexetación sobre cantil de rocas ou composición , si iso, composición fotográfica do artista: Steve Read, do equipo Lúa de Mel, naturais eles da gran bretaña, pero que dan os seus traballos á estampa ou ao prelo, en "Olimania", Alemaña, Germany.
Á dereita está a gran árbore, onde a parella xa definida, que aparece en primeiro plano , ten trenzado o seu niño de amor, que por diante detalla varanda disposta en paralelas simétricas, en orixe sen formación espiritual azul sentada ou medio levitando. E hai lianas en forma de corazón ou menos. E a gran árbore é frondosa, verde, rodeada de vexetación vigorosa, o tronco é soberbio e as raíces estriadas potentes, adivíñanse crecendo cara ao centro da terra, bebendo da auga doce da fervenza, que agora forma unha quietude remansada de augas verde azuis, mentres, logo de todo, baixo o sol esbrancuxado e a panorámica próxima ao vainilla, debe estar, o mar nervioso en algures.....
E o que isto escribe, hipoteticamente sentado ao pé da gran árbore, recostado no seu soberbio tronco , grazas a toda esta fantasía; a verdade é que sofre como un xudeu, porque aínda non alcanza nomes propios a medida, para a que se supón feliz parella de arios, lonxe do mundanal ruído, de vacacións merecidas logo de tanta impresión e tanta navegación electrónica polo espacio ciber náutico multirealista.
E claro co folio en branco , sen conseguir discorrer un par de nomes: feminino e masculino , para trenzar ou escribir unha novela curta sobre a parella, sáese iracundo do idílico póster e en consonancia co seu estado de ánimo, estámpalles o folio inmaculado sobre os seus corpos de ximnasio, suxeitando os extremos con inapelable celo transparente.
                                       II
En canto ao do anxo azul , quere dicir o que escribe, que tamén dixo ou apostilou: que o home poderíase chamar tranquilamente: XAPR e a muller ZEPS , e como é lóxico ninguén lle fixo caso, posto que ademais engadiu algo así como : “OSPOLO-NOTEITA-PRIOM-12.802-POLE-510“, e en consecuencia, nin o que escribe lle fixo caso, nin o anxo azul falador, atreveuse a usar as súas ás de cristal delicado para ir instalarse noutro póster doutra historia.
O que escribe, supón a xulgar pola dirección que tomou ao saír, que se instalará sobre algún póster da cidade tasmana de Hobart Town. E está seguro que o moi azul , terminará usando as súas ás.
                                       FINAL

Agora mesmo , unha mancha azul , que en realidade é un anxo, instalouse no parabrisas dun deportivo vermello, que un carniceiro desta cidade, ten na súa habitación de paredes verdes, ao volante do cal áchase espida unha impoñente loura, á que o anxo chamará tamén ZEPS e o carniceiro tasmano da cidade de Hobart Town, apagará a luz e ,roncará en cinco minutos, un venres pola noite, a iso das tres da madrugada, abarrotado de cervexa de importación alemana. ¿Que quere dicir?, pois quere dicir, que en ocasións, o importante e concursar. O que si é certo, é que neste conto hai dous pósteres: un situado no batiscafo de Loureiro e outro na cidade tasmana, por debaixo da Australia, que xa se dixo.Non hai máis luz neste conto, de momento.....Por R.S. Lago para os meus varios miles de seguidores...unha aperta grande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo

  TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI AUTORA: IRIA COLLAZO EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas. SINOPSIS E COMENTARIO...