O INZO
Agora o propio e lexítimo escritor de Loureiro (nome
literario da propia Porriña) :“Mundito Lobito” :Sexismundo :Mundo de Gómez,
vive no:“Inzo”.Trátase dunha construción de bloques antihumidade de
aproximadamente 49 m2
cunha habitación bastante ampla na que hai unha cama dunha soa praza de color
tirando a marelo e un roupeiro máis unha mesiña de noite a xogo.Existen
alfombras polo chan sobre a plaqueta de cerámica espacial cobalto. Ten o: Inzo,
un cuarto de baño no que unha gorda gorda desas que canta Xavier Gurruchaga
quedaría atrancada incapaz de remexerse a xeito, con todas as pezas ao uso
menos o bidé que non existe, o chan é de terrazo turronado coma o da parte de
arriba da casa da nai Amelia.Logo está o espazo en forma de L, bastante amplo,
no que están as estanterías cos libros e a mesa de escribir: ¡aínda o mesmo
taboleiro chapado que mercara en Vigo! cando estivera cos de Teleco ( Miguel e
cía. ), montado sobre dous cabaletes dobrables. Máis para diante deberá
encargar que alguén con coñecementos de carpintería lle faga unhas estanterías
máis funcionais aproveitando toda a superficie útil das paredes e máis obrar
unha mesa en condicións con caixóns e tal.
O falso teito da “cova” como lle chamou o curmán
carnal, casco azul en Bosnia, Xoán Carlos é de madeira, de chapa sinxela
montada sobre barrotes, que ten algo de mofo húmido ata que, no verán, leve
unha capa de pintura ou mellor verniz.
Algunhas cadeiras, unha estufa de leña, as chaves da
luz, os enchufes, unha porta e tres ventás de aluminio, o quentador ,o
vertedoiro, e xa está apalabrado: O Inzo, que aínda se amosa sen portas cos
marcos de obra que lle puxo Albino o albanel que o fixo, nado en Lalín pero que
vive en Caldas de Reis ( tantas veces Augas Quentes nos escritos de Mundito
Lobito ), dende que pasou pola vicaria e fundou fogar.
Falta tamén o cable para antena da Televisión e tirar
unha chave eléctrica cerca da cabeceira da cama para facer cómodo o feito de
apagar e acender a luz; que por agora apágaa Mundito, tirándolle unha zapatilla
á chave distante e tamén desexa o home obstinado en ser escritor, abrirlle unha
ventá cara o xardín no cuarto de baño por cousa da condensación. E xa está: O
Inzo posto en letras, mellor que chamarlle “A cova “ para poder dedicarse á
escritura sen interrupcións estúpidas, principalmente nos veráns en que a casa
de Loureiro é un auténtico Cámping.
Tamén haberá que poñer algúns cadros nas paredes
brancas de amigos artistas e pintar a fachada ou tatuala con azulexos e poñer
unha edra tecedora diante da porta nunha maceta grande e funcionar logo en
debida forma. A hedra e a planta da amizade.
Nota 1: Foi construído o sitio este por
diferenzas coa nai viúva e as tres irmás menores. Que ben Mundo, ovella negra
da familia e louco da casa, non di que non tivesen algo de razón, ao mellor
pensándoo ben, en termos prácticos.Coñecese este sitio tamén polo “Batiscafo”.
Nota 2:Despois terminei chamándolle abundando nas
denominacións como xa dixen:“O Batiscafo”, porque recorda un submarino pequeno
debaixo do mal tempo chuvioso que, no alto Salnés val dura case oito meses,
coma na maioría de verde Galicia ou tamén “A casa das sete ventás” porque lle
abrín tres coa inestimable axuda do meu compadre Manolo Rivas e tomounas con
masa Constante Villar o meu amigo de infancia.E finalmente cando o convertín en
estudio no ano 2.000 chameille “A cova do talento”.
Nota 3: Na actualidade (Decembro 2014), bastante máis
relaxados os asuntos familiares, “O inzo” está dedicado a estudio de verán. No
inverno, non se para co frío e a humidade ambiente. Carece de calefacción. A
estufa de leña que, en ocasións afumaba todo o local, levouna barata para
quentar a súa nai, agora xa falecida, o amigo taxista da Lardoeira de Agudelo
Benigno Castro.É unha pena porque alí os libros collen balor e despois cheiran
á humidade e ademais tamén hai algo de
couza ou caruncho que lles pode
afectar en calquera momento.Unha economía fráxil non permite solucionar estas
cousas como se debería...R.S. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario