sábado, 11 de novembro de 2017

APUNTE





                                    APUNTE  
0 Poeta : Xa chegamos aquí  onde o frío morde,  estamos tan lonxe de todo agora, que nin sequera temos o medo que tiñamos antes.
Estamos aquí elevados ao xeito dos planetas e estrelas nun cosmos acendido de silencio.Sen máis compromiso que a batalla de sernos fieis a nós mesmos.Aquí só se pode chegar sendo xenerosos.Estar onde tiveron que estar os grandes que aloumiñou e iluminou a historia toda. Nós estamos aquí porque espiritual e fisicamente o  estamos, e porque o queremos así aínda que nós doia. Este é o noso sitio sen dúbida. Este é o noso sitio basilar e proteico aquí, onde o frío morde e o amor traballa sen descanso, porque o amor traballa sempre en nós. Non hai desexo de res, aínda que o desexo ande espido , sempre espido para fervernos. Trazo un mundo que non habita ninguén para soñar que vivo.Eso é todo: soñar que se vive.Grande privilexio:¡soñar!...que acontece en quen se aparta fechado , canso de regalarse coma as olas de branca escuma o fan na praia de xullo ou agosto.
Deus en forma de fonte que fala:
(A face mítica do vello Deus.Severo,de longas barbas e cabelo prateado, por veces amosase entre o espello líquido da auga que corre monte abaixo...)
-Poetas visionarios, falsos profetas...recua de demudados, e fráxiles criaturas , incapaces de aceptar o mundo como se amosa dende que foi creado por min. As leis naturais perténcenme. As leis espirituais son miñas. Non esquezas nunca isto, home demasiado acendido. Que xa non te sacian os sentidos que che dei na primeira hora, e queres falar comigo se iso fose posible e xusto...
O Poeta:
Na compaña dun canciño chamado “ Suso “ , está sentado no alto da Pedra Grande no Outeiro dos Penedos, e máis que recitar grita ao vento os seus pensamentos.Sorpréndese ao oír as contundentes razóns que insospeitadamente xorden da chamada Fonte dos Ceos, e perde o equilibrio , e cae, e cando está a punto de fenderse os miolos contra as laxes, sinte como providencialmente unha man o ampara. Trátase dun ser prodixioso de color alaranxado que fala nunha lingua estraña, que o Poeta non entende, pero que traducido di así:
-”Eu son o Viaxeiro Intergaláctico, que proveño do mundo de Invado, estou aquí para entender as cousas do Planeta Azul, e os Vellos Sentados do meu Gran Mundo, dixéronme que procurase a amizade dun Poeta, e deste xeito, salvándoche a vida, creo que segundo as leis humanas quédasme obrigado”...
O Poeta:
Levas razón,estouche obrigado por salvarme a vida. Pero antes déixame que busque o meu Can, e despois na medida das miñas posibilidades, respostareiche o que intereses sobre este noso mundo.
O Viaxeiro Laranxa: ( Traducido ...) . Está ben ... ou debe estalo a xulgar pola ansia que amosas na procura do que ti chamas can e eu non sei a verdade o que é iso.
O Poeta:
Pois si que estamos aviados, se non sabes o que é un can, seguro que estas branco de nós, aínda que ben, polo que se ve es laranxa.
 E mentres se dirixe a Pedra Grande na procura de Suso, despois do descalabro provocado por Deus, fala en voz alta e vai dicindo:
 Vaia civilización adiantada, que cando se viaxa a outro planeta, xa se debe saber o máximo posible acerca del. É coma quen planea unha viaxe ou expedición a calquera punto do globo terráqueo, primeiro debería tratar de recoller datos e noticias sobre o seu punto de destino. Sen ir máis lonxe, se queres ir ao Caribe compras unha guía como fixen eu, cando fun con Ernesto o Pintor de Briallos a Porto Rico, hai algúns veráns...
Cando chega a Pedra Grande non topa o Can.No sitio que ocupaba o fiel compañeiro e mascota, só acha unha sorte de nota garabateada en papel hixiénico, que en letras color sangue di: “ Se queres o Can tes que poñerte as miñas ordes, senón férvoo en aceite coma un cristián”. Asinado: O Diaño Mefistófeles Belcebú...

E loxicamente esta Historia debería ter duascentas cincuenta páxinas ou máis, pero non as ten , porque só é un Apunte.....
Por R.S. Lago.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo

  TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI AUTORA: IRIA COLLAZO EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas. SINOPSIS E COMENTARIO...