luns, 28 de agosto de 2023

Libre, Libro, Liebre...

 


                                            LIBRE, LIBRO, LIEBRE

Como escritor y pensador yo no puedo estar aplastado por ideas políticas que, me sitúen a ultranza, bajo las siglas de esta o aquella casa política. ¡No! ¡Yo soy libre! La libertad es imprescindible y fundamental en mí. Aunque mí idioma de leche es el gallego tampoco tengo porque serle fiel. ¡No! Yo puedo expresarme en cualquier idioma que pueda manejar con alguna soltura. Soy libre y la libertad es siempre en mí el bien superior. Por lo tanto, para seguir siendo libre, debo sacrificar cualquier tipo de fidelidad absoluta que la reprima. En ocasiones puedo implicarme hasta con alguna pasión en ciertos temas…si lo hago así, es porque entiendo que tengo derecho a hacerlo; pero todo, o casi todo en mí, está sometido a revisión… ¡yo no soy una piedra ni un trozo de hierro de las vías del tren!...mis valores no, pero mis puntos de vista cambian con el paso del tiempo y la acumulación de conocimientos…por eso hay que leerme desde la generosidad que a mí me explica, compartiendo el eclecticismo general que subyace bajo las letras de todos mis escritos.

Ser libre, romper con lo anterior, iniciar los días y las horas como un folio en blanco… ¡ese es el objetivo! … Estoy al servicio de las ideas de mí mente que, cada vez son más eléctricas y difíciles de pescar en el río mental, que, siempre se muestra distinto como el de Heráclito. ¡Libre! ¡Sin amos! Al servicio de mis propias pulsiones … Búscame en la curiosidad por la vida natural, por el universo, en mi gusto por todas las bellas artes… ¡Búscame en esos terrenos! y entonces me tendrás cerca, podremos hablar, intercambiar opiniones, ser amigos… No me busques en la guerra, ni en la injusticia, ni en el vicio; por ahí no quiero andar nunca, que, en esas estancias, todo es demasiado penoso…

La vida práctica, la vida social, el brillo del poder, todo eso se conjuga muy mal conmigo, que, tantas veces me he comparado con un petirrojo entre las zarzas de mí aldea alguna mañana aterida de febrero antes de la fiesta de los nidos… Pero libre sí, libre siempre, hasta el agotamiento físico y mental, en esta pasión gigante por las letras que, pobres e insuficientes, casi nunca alcanzan a transmitir en su totalidad, el mundo de las sensaciones que nos conforman… situándonos así en la vieja problemática del lenguaje y la filosofía… ¡Libre, libre, libre! Siempre y como decía José Espronceda, el gran romántico:

Yo indiferente sigo mi camino

A merced de los vientos y la mar

y entregado en los brazos del destino

no me importa salvarme o zozobrar.

                                                   Domingo 27 de agosto 2023


mércores, 9 de agosto de 2023

O CEREBRO DE CRISTAL

 



                  O CEREBRO DE CRISTAL

Non son un home de acción, nin un delincuente consumado, nin un capitalista inversor en fábricas de armas, por iso me dedico a cavilar en público como si tivese un cerebro de cristal. Sinto a necesidade de facelo así de vez en cando para saberme. Escribo ás agochadas, nas sombras do mundo real, porque penso que así fago algo por min e polos demais. Escribo no meu idioma do leite, o galego, que aquí cada vez segundo as estatísticas oficiais fala menos xente...a min polo que se le non me importa pero no profundo impórtame moito: ¡vaia se me importa!...eu escribo...seguro que o yiddish lingua falada pola poboación xudía asquenací alemá declarado en perigo de extinción polo libro vermello de linguas ameazadas da Unesco aínda conta tamén con algún escribidor entusiasta do meu pelo...por aquí entre nós, escribir e ler, como mínimo, apártate de males maiores e xa é algo...vamos alá pois:

Vivo, vivimos todos nun planeta esferoide cunha inclinación do eixo que permite que haxa distintas estacións climatolóxicas, en concreto catro; ten un núcleo de ferro líquido  do tamaño da lúa aproximadamente que, permite polo magnetismo consecuente, rebotar unha parte esencial dos raios cósmicos (os dous cintos de Van Allen ) que de non ser así e alcanzar a superficie imposibilitarían a vida tal como a coñecemos...¡Pura maxia física!...pero hai máis: o planeta que habitamos, a nosa fráxil Terra azul, a gran bola espacial, danza a uns 28 km. por segundo arredor da estrela capital do seu sistema alcanzando unha órbita completa nun ano terrestre; a estrela é unha anana amarela tipo G que está situada a 8 minutos luz ou 150 millóns de quilómetros, a distancia adecuada para a vida, un pouco máis cerca e isto sería un inferno quente parecido a Venus e máis lonxe as temperaturas nocturnas serían insoportables próximas ao punto de conxelación.

A vida evolutiva, que por suposto non foi creada por ningún deus...xurdiu dos mares tropicais ( poza primordial) baseada no carbono que é o elemento dos da táboa periódica con máis valencias ou posibilidades combinatorias. O planeta ten unha idade estimada de 4.500 millóns de anos. ¡Somos unha especie tecnolóxica agora mesmo ameazada polo cambio climático de consecuencias catastróficas! No ano 1969 o astronauta norteamericano Neil Angstrom pisou o noso ermo satélite que, polo efecto da lei da gravidade, move as mareas oceánicas. Na vertical do ceo agora mesmo, a uns 380 quilómetros, en órbita xeoestacionaria estable, hai unha estación espacial internacional, habitada de maneira permanente e sucesiva por tres ou catro astronautas de varias axencias espaciais, facendo ensaios de laboratorio e observando a Terra...o 92% da materia do noso sistema solar empregouse en fabricar o Sol que aínda alumeará, segundo os científicos, 5.000 millóns de anos máis antes de converterse nunha xigante roxa tipo Belteguese e abrasar a Terra; con só o 8% restante formáronse os nove planetas ( Xúpiter xigante gasoso estivo a punto de colapsar e ser a segunda estrela do sistema),os aneis de Saturno e Urano e todas as lúas existentes...a nosa galaxia é a Vía Láctea e o brazo Orión é onde baila como unha gran nave natural a Terra que habitamos. Algo fantástico e prodixioso como se le a nivel filosófico existencial. ¡ Unha agulla nun palleiro! ¡ Un prodixio explicable pola ciencia actual!...

Por outra parte a bordo da Terra, planeta voador, agora mesmo xa, oito mil millóns de homo sapiens, cada día loitan pola vida con maior o menor fortuna. Fálase de que hai demasiada poboación, de escaseza de recursos, de deforestación, do risco climático antes referido...na actualidade tendese a velo todo en termos económicos. Así neste senso, son distinguibles dous bloques en franca oposición: o capitalismo neoliberal, teorizado, entre outros por Adam Smith e o marxismo proposto por Carlos Marx. Distínguese tamén entre democracias plenamente desenvolvidas e réximes totalitarios populistas de raíces comunistas.

Nestes momentos, entre outros moitos conflitos bélicos, (¡aos xenerais dos exércitos gústanlles as guerras como homes de acción que son!) ,nas portas de Europa, Rusia e Ucraína, manteñen unha guerra desapiadada que xa leva asasinado miles de mozos de un e outro bando, ademais da destrución de canto se pon por diante. A OTAN, garante da democracia, con Estados Unidos á cabeza apoia aos ucraínos, grandes produtores mundiais de trigo e o presidente ucraíno Vladimir Zelensky non para de solicitarlles custoso armamento á carta para combater a un Alexander Putin nostálxico do vello imperio ruso desmembrado pola Perestroika ou apertura, producida na década dos anos 80 da pasada centuria polo entón presidente Mijaíl Gorbachov, xa finado.¡ Non hai guerras boas!

Así no meu entendemento o que advirto ademais das diverxencias económicas sustentadas en teorías opostas como a auga e o aceite,  é o choque de civilizacións sinalado xa hai tempo polo presidente socialista Xosé Luís Rodríguez Zapatero, en base aos inconducentes credos relixiosos existentes no planeta; por exemplo o medieval réxime talibán afgán, atentados en Europa e nos Estados Unidos de fanáticos yihadistas coránicos  de relixión islámica e insisto colisión frontal de escolas económicas: capitalismo/socialismo...entre outras eivas existentes sobre a superficie de Gea, a nai Terra: vicio, explotación duns seres humanos por outros con ánimo de lucro: prostitución e man de obra escrava, miseria, falta de educación e cultura, tráfico de drogas, armas...

O fácil e terrible ao mesmo tempo sería dicir que, non hai solución, que a sorte está votada, que referido ao cambio climático xa estamos nun punto de non retorno...pero eu animo dende as miñas letras a todos o gobernantes, a que se tomen en serio a crisis climática e reduzan as emisións de CO2 e a continuación, a través dunha ONU con imperio, deberíamos camiñar cara a unha alianza de civilizacións (menos de 200 países independentes son os que existen nas terras emerxidas) nunha esfera na que, non esquezamos, que as ¾ partes son auga...e despois a seguir investigando e avanzando en termos de xustiza social...na seguridade de que o universo está cheo de vida parecida á nosa...e que o noso planeta é o único Edén existente polo momento para todos nós, aínda que, por veces, semelle un inferno dantesco...por último creo que, no marxismo está deseñado con detalle, como debe ser unha futura sociedade máis xusta para todos, iso si, tomando nota dos erros históricos rexistrados na súa aplicación...

Sinalar tamén que, a Terra é o berce da humanidade pero que ninguén permanece no berce toda a vida...a misión da especie humana é, ou creo que debe ser, avanzar no coñecemento e exploración do universo, para contactar con outras civilizacións e contestar ás vellas preguntas que se fórmula a filosofía dende o seu inicio...

Martes 8 de Agosto do ano 2023. RS lago.  

sábado, 5 de agosto de 2023

¡Esperta Galiza! ¡Esperta humanidade! ¡Violencia de xénero non!

 














           ¡ESPERTA GALIZA!¡ESPERTA HUMANIDADE!¡VIOLENCIA DE XÉNERO NON!

Probablemente influído pola celebración de dúas votacións democráticas en España nun período de tempo de apenas dous meses; refírome ás municipais do 28 de maio e ás xerais do 23 de xullo, noto en min, como nunca, un interese pola política descoñecido na súa potencia. Vaia por diante que nunca estiven afiliado a ningunha casa política, nin o estou agora mesmo, nin penso estalo nunca no futuro. Pertenzo de maneira definitiva á creación, ás letras, á filosofía, ao arte, á poesía...aínda que como digo o meu desvelo actual está aí na política e non podo, nin debo agochalo...¿ por que me pasa tal cousa?, debe ser pola suma de primaveras que vou acumulando, polo afloramento de casas políticas con ideas retrogradas de ultradereita, e sobre todo porque quero o mellor en conciencia para a comunidade da que formo parte...nesta liña o que máis me preocupa como digo é Galiza...grazas a internet analicei á miña maneira os resultados e en plan observador testemuña teño que dicir que estou triste porque Galiza con só 152.327 votos e un deputado nacionalista situase moi lonxe das outras dúas nacionalidades históricas: Cataluña e Euskadi, que alcanzan maiorías nacionalistas capaces de preocupar ao estado central de paso que lles permiten intervir de maneira decisiva na formación de goberno e nós non pintamos case nada nesas disputas pola torta do poder e da forza decisiva...

Se é acertado o vieiro que sinalan as outras dúas nacionalidades históricas como eu creo que é...¿Por que Galiza non se reafirma na súa identidade nacional con máis contundencia?...probablemente sería necesario un nacionalismo galego de centro dereita que sumado ao do BNG dese 14 ou 15 deputados congresistas dos 23 que lle pertencen en Madrid...iso me din algúns amigos á hora de procurar solucións...facéndome notar outros que aquí falla ademais a burguesía das vilas e capitais de provincia e a clase empresarial que se capitaliza en Galiza pero que a despreza...

Porque así, na miña opinión, non podemos, nin debemos seguir; nós temos que conseguir ser tanto ou máis ca vascos e cataláns nas nosas lexitimas pretensións nacionais. A defensa do idioma galego, a imaxe nacional e internacional do país esmeralda, a cura dos vellos fantasmas históricos que tanto dano psicolóxico fixeron nas cabezas da xente, pasan por unha Galiza moderna, forte e consciente capaz de chegar a decidir en referendo o seu futuro no mundo mundial. Si, porque un federalismo posterior ás actuais autonomías, tan postergado no tempo, xa non chega, cando estamos comprobando como xentes de ultra dereita se atreven a levantar a voz contra a riqueza idiomática da nación española e incluso contra o tan superado estado das autonomías, polo menos, no caso das tres nacionalidades históricas con idioma propio.

Tamén é preocupante nunha democracia desenvolvida o 26.85% de abstención, 595.362 persoas non votaron nas eleccións xerais...incógnitas, preguntas, para intentar explicar o que pasa en Galiza...o que estou seguro é que non fallan, nin fallaron nunca ao longo da nosa sufrida historia son os intelectuais galegos; aí está vivo o gran tesouro creativo composto por miles de libros, e outras aportacións creativas: música, escultura, pintura etc. que constitúen o espírito xenuíno do pobo galego. Todo elo entregado a un pobo aínda durminte case en plan heroico a cambio de nada...¡Esperta Galiza!...coa complicada ruptura con España no horizonte ao  rexeitar acertadamente facela efectiva polo medio das armas, cando menos sexamos fortes en poder político para que se nós teña en conta no reino de Felipe VI xefe de estado. Un estado federal forte, contundente e firme a min creo que me bastaría...certo que o ideal sería unha Galiza nación no mundo parafraseando o título do libro de Camilo Nogueira e a ver se liberados conseguiamos ser exemplo de tres ou catro virtudes dignas de respecto e admiración polas outras nacións...

Xa no final debo referir que, nestes momentos a miña preocupación quizais aínda  máis profunda ca expresada sobre Galiza, instalada esta próxima ao inconsciente colectivo ou incluso formando parte deste primeiro cerebro, transcende fronteiras e disputas políticas para facer evidente o cambio climático que está afectando ao planeta azul no seu conxunto; o futuro da humanidade está en xogo, aquí o asunto é dunha gravidade apocalíptica; tomemos consciencia, deixemos de comportarnos como pirañas...somos un puntiño azul pálido visto desde Plutón que precisa coidados urxentes...conste aquí neste exame público que tamén me alporiza moito a violencia de xénero que non para de matar ás nais da especie...

Creo que con todo o dito me libero algo, sinalo o que creo que son os camiños a seguir e se estou triste consólome paseando pola miña parroquia natal: A Portela, que sitio hai abondo...¿algún día espertará este tan traizoado e vilipendiado pobo para ser libre e voar?...¿poderemos frear o cambio climático e salvar á humanidade? ¿haberá paz entre os dous xéneros da especie humana?.Venres 4 de agosto do ano 2023.

                                                 


Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...