mércores, 9 de agosto de 2023

O CEREBRO DE CRISTAL

 



                  O CEREBRO DE CRISTAL

Non son un home de acción, nin un delincuente consumado, nin un capitalista inversor en fábricas de armas, por iso me dedico a cavilar en público como si tivese un cerebro de cristal. Sinto a necesidade de facelo así de vez en cando para saberme. Escribo ás agochadas, nas sombras do mundo real, porque penso que así fago algo por min e polos demais. Escribo no meu idioma do leite, o galego, que aquí cada vez segundo as estatísticas oficiais fala menos xente...a min polo que se le non me importa pero no profundo impórtame moito: ¡vaia se me importa!...eu escribo...seguro que o yiddish lingua falada pola poboación xudía asquenací alemá declarado en perigo de extinción polo libro vermello de linguas ameazadas da Unesco aínda conta tamén con algún escribidor entusiasta do meu pelo...por aquí entre nós, escribir e ler, como mínimo, apártate de males maiores e xa é algo...vamos alá pois:

Vivo, vivimos todos nun planeta esferoide cunha inclinación do eixo que permite que haxa distintas estacións climatolóxicas, en concreto catro; ten un núcleo de ferro líquido  do tamaño da lúa aproximadamente que, permite polo magnetismo consecuente, rebotar unha parte esencial dos raios cósmicos (os dous cintos de Van Allen ) que de non ser así e alcanzar a superficie imposibilitarían a vida tal como a coñecemos...¡Pura maxia física!...pero hai máis: o planeta que habitamos, a nosa fráxil Terra azul, a gran bola espacial, danza a uns 28 km. por segundo arredor da estrela capital do seu sistema alcanzando unha órbita completa nun ano terrestre; a estrela é unha anana amarela tipo G que está situada a 8 minutos luz ou 150 millóns de quilómetros, a distancia adecuada para a vida, un pouco máis cerca e isto sería un inferno quente parecido a Venus e máis lonxe as temperaturas nocturnas serían insoportables próximas ao punto de conxelación.

A vida evolutiva, que por suposto non foi creada por ningún deus...xurdiu dos mares tropicais ( poza primordial) baseada no carbono que é o elemento dos da táboa periódica con máis valencias ou posibilidades combinatorias. O planeta ten unha idade estimada de 4.500 millóns de anos. ¡Somos unha especie tecnolóxica agora mesmo ameazada polo cambio climático de consecuencias catastróficas! No ano 1969 o astronauta norteamericano Neil Angstrom pisou o noso ermo satélite que, polo efecto da lei da gravidade, move as mareas oceánicas. Na vertical do ceo agora mesmo, a uns 380 quilómetros, en órbita xeoestacionaria estable, hai unha estación espacial internacional, habitada de maneira permanente e sucesiva por tres ou catro astronautas de varias axencias espaciais, facendo ensaios de laboratorio e observando a Terra...o 92% da materia do noso sistema solar empregouse en fabricar o Sol que aínda alumeará, segundo os científicos, 5.000 millóns de anos máis antes de converterse nunha xigante roxa tipo Belteguese e abrasar a Terra; con só o 8% restante formáronse os nove planetas ( Xúpiter xigante gasoso estivo a punto de colapsar e ser a segunda estrela do sistema),os aneis de Saturno e Urano e todas as lúas existentes...a nosa galaxia é a Vía Láctea e o brazo Orión é onde baila como unha gran nave natural a Terra que habitamos. Algo fantástico e prodixioso como se le a nivel filosófico existencial. ¡ Unha agulla nun palleiro! ¡ Un prodixio explicable pola ciencia actual!...

Por outra parte a bordo da Terra, planeta voador, agora mesmo xa, oito mil millóns de homo sapiens, cada día loitan pola vida con maior o menor fortuna. Fálase de que hai demasiada poboación, de escaseza de recursos, de deforestación, do risco climático antes referido...na actualidade tendese a velo todo en termos económicos. Así neste senso, son distinguibles dous bloques en franca oposición: o capitalismo neoliberal, teorizado, entre outros por Adam Smith e o marxismo proposto por Carlos Marx. Distínguese tamén entre democracias plenamente desenvolvidas e réximes totalitarios populistas de raíces comunistas.

Nestes momentos, entre outros moitos conflitos bélicos, (¡aos xenerais dos exércitos gústanlles as guerras como homes de acción que son!) ,nas portas de Europa, Rusia e Ucraína, manteñen unha guerra desapiadada que xa leva asasinado miles de mozos de un e outro bando, ademais da destrución de canto se pon por diante. A OTAN, garante da democracia, con Estados Unidos á cabeza apoia aos ucraínos, grandes produtores mundiais de trigo e o presidente ucraíno Vladimir Zelensky non para de solicitarlles custoso armamento á carta para combater a un Alexander Putin nostálxico do vello imperio ruso desmembrado pola Perestroika ou apertura, producida na década dos anos 80 da pasada centuria polo entón presidente Mijaíl Gorbachov, xa finado.¡ Non hai guerras boas!

Así no meu entendemento o que advirto ademais das diverxencias económicas sustentadas en teorías opostas como a auga e o aceite,  é o choque de civilizacións sinalado xa hai tempo polo presidente socialista Xosé Luís Rodríguez Zapatero, en base aos inconducentes credos relixiosos existentes no planeta; por exemplo o medieval réxime talibán afgán, atentados en Europa e nos Estados Unidos de fanáticos yihadistas coránicos  de relixión islámica e insisto colisión frontal de escolas económicas: capitalismo/socialismo...entre outras eivas existentes sobre a superficie de Gea, a nai Terra: vicio, explotación duns seres humanos por outros con ánimo de lucro: prostitución e man de obra escrava, miseria, falta de educación e cultura, tráfico de drogas, armas...

O fácil e terrible ao mesmo tempo sería dicir que, non hai solución, que a sorte está votada, que referido ao cambio climático xa estamos nun punto de non retorno...pero eu animo dende as miñas letras a todos o gobernantes, a que se tomen en serio a crisis climática e reduzan as emisións de CO2 e a continuación, a través dunha ONU con imperio, deberíamos camiñar cara a unha alianza de civilizacións (menos de 200 países independentes son os que existen nas terras emerxidas) nunha esfera na que, non esquezamos, que as ¾ partes son auga...e despois a seguir investigando e avanzando en termos de xustiza social...na seguridade de que o universo está cheo de vida parecida á nosa...e que o noso planeta é o único Edén existente polo momento para todos nós, aínda que, por veces, semelle un inferno dantesco...por último creo que, no marxismo está deseñado con detalle, como debe ser unha futura sociedade máis xusta para todos, iso si, tomando nota dos erros históricos rexistrados na súa aplicación...

Sinalar tamén que, a Terra é o berce da humanidade pero que ninguén permanece no berce toda a vida...a misión da especie humana é, ou creo que debe ser, avanzar no coñecemento e exploración do universo, para contactar con outras civilizacións e contestar ás vellas preguntas que se fórmula a filosofía dende o seu inicio...

Martes 8 de Agosto do ano 2023. RS lago.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...