mércores, 22 de maio de 2019

Xoán Otero García "Eiravella" pintor e escultor do Concello de Portas.



Resultado de imaxes para eiravella pintor
        

Resultado de imaxes para eiravella pintor



Estes días faleceu o pintor e escultor Xoán Otero García (Portas 1934-2019) máis coñecido con “Eiravella” nome da súa aldea natal.Foi o pintor da inocencia e dos códices medievais, da sinxeleza, o amante da paz do campo e da harmonía aerodinámica dos paxaros libres, das troitas do río,dos bichos do monte, das cereixas.Traballou en Malinas Bélxica e en Vigo.Hai persoas que as ves un par de veces e namórante...
Unha vez en Compostela coincidindo coa presentación do libro de Poemas: “A voz do seu amo” de Rafael Pintos na librería follas novas, xunto co tamén barrense coma min o pintor poeta Manuel Ruibal pasamos a noite enteira de troula os catro. Pintos lía poemas do seu libro, ou por veces tamén os recitaba de memoria:”Yo invoco a los siempre eternos Cárpatos/ y sus místicas y elevadas cumbres inaccesibles/invoco al frondoso bosque donde caza el lobo/ invoco al espíritu del viento donde se eleva el Tzurúl/...” . Eiravella gritaba: “Somos inmortais” “Somos inmortais” e danzaba coma un peliqueiro.Era unha noite máxica maial de lúa chea, a xente andaba na rúa e Eiravella imitaba o canto dos paxaros: das rulas, dos pimpíns, do cuco, da bubela, das urracas, do reiseñor e dos mouchos, a xente ría e nós tamén.
Nesto entre el e Manuel Ruibal trouxeron un banco público e puxérono na metade da praza da Quintana e Rafael Pintos deitouse nel en plan Wladimir Dragosan, parecía un vampiro romanés canso de facer o camiño do santo...somos inmortais, somos inmortais insistía Eiravella; empezounos a rodear a xente chea de curiosidade e eu empecei a imitar a Laureaniño o baldado de Divinas palabras de Valle Inclán e máis a facer o cochito arrastrando os pés coma un boneco de corda, Ruibal arrancouse a cantar: sementar sementarei no millo de clarear e mentres o pobo medre un meniño un vello e un rapaz de Fuxan e a andar cunha perna tesa, a xente aplaudía; a noite medraba e medraba a lúa coma era un gran foco cósmico por suposto totalmente indiferente ás nosas estremonías.”Invoco a los riscos elevados de la media noche más alta/invoco a la garganta de la gruta donde el Oso se aparea/invoco al halo de niebla que envuelve las cumbres de Transilvania/invoco al fondo cenagoso y oscuro de los lagos/invoco la fuerza del nido del águila...”
Nesto para sorpresa de propios e estraños Pintos transformouse nun vampiro de verdade e dixo: voume pousar un pouco na Berenguela para ver a cidade dende o alto e así o fixo, a xente empezou a falar de maxia, pero a maioría colleu medo e marchou. Cando lle pareceu , volveu Pintos voando dende o alto do vadouco de bronce e materializouse. Ruibal cantaba e facía o coxo, eu seguía coa farsa de Laureaniño e do cochito, Eiravella facía o moucho e gritaba: somos inmortais,somos inmortais; xa era pronto a luz do alba chegada, estábamos os catro sos, eu non podía máis e cando me sentei no banco xa me quedei a durmir axiña...cando abrín os ollos diante do sol nacente, un xaponés estaba a tirarnos fotos unha detrás doutra, os meus tres compañeiros de esmorga durmían sentados no banco uns a carón dos outros coma min, nesto xa se me puxo nos miolos que o nipón fuji film nos tomaba por un grupo escultórico e volvín a pechar os ollos para non estragar a obra de arte...Sábado 18/5/19 por R.S. Lago.  

luns, 13 de maio de 2019

Apuntes dun mirón...





                  APUNTES DUN MIRÓN MORBOSO CUN BOLIGRAFO PUBLICIDADE DE CARLIN PAPELERIAS COPISTERIAS SOBRE UNHA SERVILLETA GRAZAS POLA SÚA VISITA...
Dúas chicas que, en principio semellan de algún club de alterne da contorna- ao servizo de escuros proxenetas sen escrúpulos- sobre as dezanove horas da tarde dun sábado, no bar as palmeiras de Caldas de Reis toman cervexas Heineken en botellas verdes, antes de entrar no prostíbulo correspondente.
Teñen chupas de coiro forradas de la para cando saían ás cinco da mañá do domingo para ir á misa das doce...Unha delas ten cabelo tinguido de vermello cun pano na pensante branco que lle fai de suxeición, a outra ten o cabelo acastañado recollido nunha paxariña; ambas cabeleiras son longas.Son novas e parecen ben coidadas, os aros das orellas son grandes coma rosquillas de santo milagreiro.Visten tops brancos, abaixo axustados pantalóns vaqueiros e sandalias abertas con bastante taco.Consultan con insistencia os móbiles con fundas color rosa, comen patacas fritidas servidas nun boliño morado de plástico como a color da formación Unidas Podemos.
As mesas son de aluminio brillante e as cadeiras do mesmo metal cunha especie de vimbios artificiais pintados de azul para sentarse.Arredor das chicas hai residentes, peregrinos de diversas nacionalidades, vinte oito palmeiras tratadas con sobres funxicidas contra o pulgón roxo, unha igrexa de pedra alta con contrafortes dedicada a santo Tomás de Canterbury, hai pombas buscando comida, unha fonte cun canso fío de auga de 1920 e dúas camareiras unha morena e outra loura con eixales tronas latentes apetecibles.
Vai marchando a tarde, o sol semella un incendio ródante, no reloxo de igrexa soan as dezanove trinta horas, dende onde escribo podo ver o neon do estanco da humilde rúa da Oliva, a casa a punto de ser devorada polas buganvíleas , as edras e as glicinas do papa Noel escritor e enxeñeiro do concello de Pontevedra perante trinta e cinco anos Enrique García Quintela alto e barbudo el: “Da suplantación ao espolio”(historia sobre unha farsa histórica) en Amazon , a casa das irmáns dos pobres ou asilo...
...Claro que ao mellor son dúas inocentes nenas de papá brasileiro, que a castaña deixou a cervexa pola metade e non soltaron ao aire fume de cigarros...por iso ao final hai que cederlle a palabra a Schopenhauer, misóxino confeso el, cando dicía:”As mulleres son todas coma serpentes velenosas, se metes a man nunha sela chea delas, pode que por casualidade collas unha das poucas anguías que hai entre elas, pero tes que ter moita sorte...”Marchamos nós tamén, eu cavilando no equivocado que pode estar un a primeira vista, na corrupción, no vicio... e Lo toda contenta cuns zapatos abertos  novos que lle comprou a Ventura de Mil Pes por 30 pesos.Por R.S. Lago.    

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...