venres, 9 de novembro de 2018

MATAR AO PRESIDENTE.

Resultado de imaxes para pedro sanchez perez castejon



                         MATAR AO PRESIDENTE
Leña ao mono…que é de goma: un segurata catalán con sesenta e tres voltas arredor de sol no seu cómputo temporal, afín aos grupos ultradereitistas da autonomía separatista, tiña cavilado matar ao presidente Pedro Sánchez-Pérez Castejón, tal como expresou no seu grupo de whatsapp; grazas á denuncia dun dos compoñentes deste grupo, foi detido polos mozos de escuadra , que de paso , descubriron un verdadeiro arsenal de armas de fogo no domicilio do gatillo fácil iste. Agora o heroe , que non comungaba co traslado dos restos do guerra civilista e ditador xeral Franco a outro lugar privado dependente da familia, está felizmente enreixado polo ben de todos nós e menos mal...porque no curral con sol, expresión de Valle Inclán, xa se teñen producido uns cantos atentados magnicidas contra a primeira autoridade do país,de características semellantes...presidentes coma:1.-Juan Prim i Prats( Reus 1814-Madrid 1870) asasinado na rúa do Turco de Madrid.2.-José Canalejas y Méndez ( Ferrol 1854-Madrid 1912) vítima dun atentado anarquista. 3.-Eduardo Dato Iradier ( Coruña 1856-Madrid 1921) vítima dun atentado anarquista. 4.-Luís Carrero Blanco (Santoña 1903-Madrid 1973) vítima dun atentado terrorista da Eta.5.-José María Aznar López, Madrid 1953, sufriu un atentado da banda terrorista Eta, do que saíu vivo grazas ao blindaxe do auto oficial...
Lamento pois ter que dicir que un país así, por moito que se teña mellorado dende a incorporación á Unión Europea, é un país comanche e ata apache...aquí mátanse presidentes do goberno coma cochos cebados... e non pasa nada...lamentable, ruín e delirante, me parece a min unha nación que soluciona as súas diverxencias a tiros. Eu creo nunha democracia sa de menos testosterona e máis neurona...a ira, a tolemia e o barbarismo que zumegan estas maneiras de proceder, terminan impregnando o tecido social da nación española e abonda na súa dramática lenda negra para que sexamos a primeira nación africana despois dos Pirineos.
O sainete, o rosario e a pandeireta seguen a levarnos, no plano ético e intelectual, por un camiño de cabras montesío e cheo de sangre irmán, que lle tripa na moral a calquera ben nacido...¡ para que se saiba e que non se nós borre da fráxil memoria coma a dun pobre peixe tropical entre os vidros baforentos do seu acuario doméstico ! Por R.S. Lago.
    

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...