
MATAR AO PRESIDENTE
Leña
ao mono…que é de goma: un segurata catalán con sesenta e tres voltas arredor de
sol no seu cómputo temporal, afín aos grupos ultradereitistas da autonomía
separatista, tiña cavilado matar ao presidente Pedro Sánchez-Pérez Castejón,
tal como expresou no seu grupo de whatsapp; grazas á denuncia dun dos
compoñentes deste grupo, foi detido polos mozos de escuadra , que de paso ,
descubriron un verdadeiro arsenal de armas de fogo no domicilio do gatillo
fácil iste. Agora o heroe , que non comungaba co traslado dos restos do guerra
civilista e ditador xeral Franco a outro lugar privado dependente da familia,
está felizmente enreixado polo ben de todos nós e menos mal...porque no curral
con sol, expresión de Valle Inclán, xa se teñen producido uns cantos atentados
magnicidas contra a primeira autoridade do país,de características
semellantes...presidentes coma:1.-Juan Prim i Prats( Reus 1814-Madrid 1870)
asasinado na rúa do Turco de Madrid.2.-José Canalejas y Méndez ( Ferrol
1854-Madrid 1912) vítima dun atentado anarquista. 3.-Eduardo Dato Iradier (
Coruña 1856-Madrid 1921) vítima dun atentado anarquista. 4.-Luís Carrero Blanco
(Santoña 1903-Madrid 1973) vítima dun atentado terrorista da Eta.5.-José María
Aznar López, Madrid 1953, sufriu un atentado da banda terrorista Eta, do que
saíu vivo grazas ao blindaxe do auto oficial...
Lamento
pois ter que dicir que un país así, por moito que se teña mellorado dende a
incorporación á Unión Europea, é un país comanche e ata apache...aquí mátanse
presidentes do goberno coma cochos cebados... e non pasa nada...lamentable,
ruín e delirante, me parece a min unha nación que soluciona as súas
diverxencias a tiros. Eu creo nunha democracia sa de menos testosterona e máis
neurona...a ira, a tolemia e o barbarismo que zumegan estas maneiras de
proceder, terminan impregnando o tecido social da nación española e abonda na
súa dramática lenda negra para que sexamos a primeira nación africana despois
dos Pirineos.
O
sainete, o rosario e a pandeireta seguen a levarnos, no plano ético e
intelectual, por un camiño de cabras montesío e cheo de sangre irmán, que lle
tripa na moral a calquera ben nacido...¡ para que se saiba e que non se nós
borre da fráxil memoria coma a dun pobre peixe tropical entre os vidros
baforentos do seu acuario doméstico ! Por R.S. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario