Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA
Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai a comuneira Amelia Taboada Gómez con DNI Nº 35386033G e en representación dos veciños comuneiros e residentes da Porriña máis abaixo asinantes que, se relacionan cos seus respectivos documentos nacionais de identidade, solicita de esa Xunta xestora o seguinte:
1.- Que se acondicione, nun lugar adecuado por definir no territorio propio da aldea, un espazo público gastronómico e de lecer que facilite a sa relación entre os veciños e forneza a súa convivencia e comunicación social.
2.- Unha vez definida a ubicación precisa, cavilamos que se debería dotar o sitio, como mínimo, dunha ampla mesa de pedra con asentos sólidos do mesmo material arredor, nos que poder degustar sardiñadas, churrascadas populares ou incluso modernas festas de levar cada quen o que poida...para isto tamén se precisa que haxa instalado un asador con grella de ferro, coma os que hai obrados nalgunhas áreas de recreo e parques. Non estaría mal que, ademais se dotara a zona de algúns columpios, tobogáns e outros trebellos de recreo para os nosos cativos.
3.- Esta petición descansa ou ten raíces na vella tradición festiva, que indica que tempo atrás, por exemplo na aldea da Porriña, se celebraban polo san Xoán e o San Pedro grandes cacharelas nas que participaban todos os veciños, interrompidas pola necesaria falta de mobiliario adecuado para esta clase de eventos.
4.- Agardamos que por todo o exposto que a Xunta de montes se interese por este noso proxecto e se leven a cabo as obras necesarias no lugar adecuado que, permitan defender as nosas tradicións máis antigas e fondas e que incluso sirva de exemplo para si noutros núcleos poboacionais da parroquia estivesen interesados no mesmo. Tamén firman este escrito algúns veciños residentes que aínda non solicitaron ser dados de alta como comuneiros.
5.- Para agradecer a posible valoración positiva deste escrito pola Xunta directiva ou a Asemblea xeral si correspondese, nun intento de que as nosas inmemoriais aldeas sexan lugares onde a veciñanza poida coñecerse e recoñecerse mediante a gastronomía, as xenuínas tradicións e o alento comunitario tendo por seguro que así se vigoriza a convivencia entre veciños...
É de xustiza. A Porriña a 17 de abril do ano 2026
RELACIÓN DE FIRMANTES DO DOCUMENTO
1.-Rudesindo Lago Taboada
2.-Modesto González Landín
3.-Raquel Gil Sánchez
5.-Benigno Cancela Paz
6.-José Carlos Rivas Baliño
7.-José Francisco Fernández Folgar
8.-Amador Güimil Méndez
9.-José Manuel Trigo Iglesias
10.-Juan Manuel Salgado Lamas
11.-Manuel Fontán Fernández
12.-Javier Carballo López
13.-Ángeles Carballal Monteagudo
14.-Miguel Sabarís Chao
15.-Manuel Rivas Martínez
venres, 17 de abril de 2026
Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...
Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai a com...
-
SALAS DE FIESTAS Y DISCOTECAS. 1.- Sala de fiestas Mosteiro.En Meis. 2.- Sala de fiestas La Condesa en Caldas de Reis. 3.- ...
-
Pobres viejitos nuestros muriendo a montones en las residencias donde los metieron los hijos y las nueras para que no esto...
-
VERSOS PARA MALPAÍS Este es un muy malpaís tóxico donde la transición fue un remiendo podrido porque la legitimidad es republicana s...