sábado, 30 de setembro de 2017

XULIETA






                              X U L I E T A
No amor como en todas as cousas en xeral, Xuli como lle chaman os amigos e familiares, é unha perfeccionista.Gústanlle as cousas ben feitas.  O mesmo que lle gusta un bo guiso ou un floreiro de cerámica de calidade, ben decorado con adornos sensibles e vistosos, gústalle no amor non quedarse a medias tintas, coma quen amasa pan sen fermento que o faga medrar ou como aquel pobre indixente que, polo Nadal comprime a cariña chea de frío, contra o vidro xélido dunha tenda de pasteis, turróns e mazapáns e sinte como se lle fai auga na boca, pero sen alternativa ten que volver ao seu refuxio, insatisfeito, abandonado a súa sorte, vítima do que non debe ser, da inxustiza e das cousas mal feitas...
Pois ben, para dicilo claramente Xuli na cama é esixente gústalle quedar farta, satisfeita. Neste campo nunca se recatou e sempre se deixou amar a eito. En absoluto era unha puta, nin sequera excesivamente morbosa o preciso, o normal, para condimentar con tino e siso os prolegómenos.
 De solteira nos tempos do instituto e da universidade, aínda sen caer a pés xuntos no amor libre e todo iso,seleccionaba casque de maneira biolóxica aqueles compañeiros de sabas, que lle semellaban máis aptos para o desenrolo integral da súa sensualidade rotunda e dábase xenerosamente sen escándalo e sen facer apoloxía do seu libidinoso comportamento.Claro que, sempre topaba con algún mindundi impotente con chasis de Apolo , que roto de esquemas e amolecido de cervexas,soltaba logo a boca cal toureiro na zoa vella entre heterodoxos amigotes comúns. Pero ademais de porque os tempos eran novos, postmodernos e constitucionais democráticos, non lle facían moito caso por ebriedade manifesta ou porque Xuli co seu comportamento  e a súa filosofía das cousas ben feitas, trababa as linguas de trapo de súpeto coa mirada, coa forma de andar, ou simplemente pedindo un café con leite.....
Nese tempo deuse conta que, no tocante ao sexo, moitas veces os escanabeirados de facianas triangulares, pouco aparatosos, resultaban ígneos e trepidantes e que, os a primeira vista virís e xigantóns, eran lume de labras á hora da verdade.
De tanto pescudar neste ámbito e desexar saber, pouco a pouco, converteuse nunha experta, nunha científica do sexo, capaz de escribir un libro sobre o tema a pouco que tivese tempo. Pois o tempo é un ben escaso  e Xuli sempre ten cousas que facer, a parte de traballar de A.T.S. no dispensario de urxencias do hospital de Ambarpó(Pontevedra).
Se ben non escribiu nin escribirá xamais un libro de tal condición o que si leva estritamente, con método é a súa vida sexual en parella, agora que está casada cun compañeiro de profesión chamado Xerardo, Xer para os como é norma, ou sexa os amigos.
Ten o matrimonio dous fillos, a parelliña, piso propio, un bo auto, traballo e saúde, andan nos trinta e tantos e os rapaces por riba son sans e escorreitos.A vida para eles está ben feita e sexualmente son complementarios.Xuli nun dietario leva dende sempre a planificación da súa vida sexual en parella: unha media de quince cópulas ao mes,que veñen sendo cento oitenta cópulas ao ano, considerando que levan casados dez anos, resultan mil oitocentas cópulas o que expresado desta maneira pode soar frío, monótono e algo estúpido , pero así é en realidade, porque a Xuli gústanlle as cousas ben feitas.....
Co que nunca contou foi cos imprevistos do paso do tempo, nin coas sorpresas xenéticas no comportamento de Xer, que aínda que ben cebado, vestido e alimentado, estase a converter nun dáme tesoiras e algodóns , aséptico, hixiénico e monótono, nun moble amarelo , cheo de roupa vella que lle enche a casa de acuarios e gaiolas con paxaros. No tocante a si mesma, doutorada como se cría en sexo e relacións humanas, estase a descubrir húmida cada vez que fala co novo gardiña de seguridade, e ben, onte aproveitando que Xer ía visitar a avoa ao Campo Lameiro, non se quedou a medias tintas  e pasou a tarde na cama co de seguridade. O rapaz cumpriu con nota, tres completos sen desenconar. Xuli viu como Xer se afogaba nun acuario cheo de peixes exóticos, mentres un canario frauta lle pousaba na parte prepucial do seu membro fatigado. Cando foi buscar os rapaces ao colexio sentíase incomoda, á noite aínda que tocaba segundo o plan, finxiu a súa primeira xaqueca.....
Despois do gardiña foi un cociñeiro,despois un médico MIR en prácticas , despois un condutor de “SAICNALUBMA” ( Ambulancias ) , máis tarde o veciño do 4º, Xuli quería as cousas ben feitas  e Xer andaba moi preocupado polas agora constantes xaquecas da señora esposa. Asistía teimudo as charlas sobre o asunto da testa e lía libros sobre a crise da parella para desconsolo de peixes e canarios. Os rapaces medraban e por riba Xer, que ía quedando careco e enchéndose de pelo Cabeza de Manzaneda a cada vez máis, no lle restaba como é debido no débito sexual a Xuli; iso si, fartábase de cervexas de importación e fumaba ata poñer marelo o longo de todo. Mentres tanto Xuli, facía as cousas ben feitas con quen lle apetecía , por aquelo de non quedarse a medias tintas e de que medrase o pan. Sobre todo, porque lle gustaba quedar farta e neste campo nunca se recatou e sempre se deixou amar a eito.

Xa preto dos setenta anos Xer e Xuli , Xuli e Xer seguen xuntos: católicos, xubilados, metódicos, ben e certo que a planificación rexistra unha actividade casque nula e os fillos, a tal hora, xa deron netos. A vida é así, Xuli sabíao dende sempre, por iso agora o que fai a eito son cestas de vimbia mentres dribla acuarios e gaiolas multiplicadas, estilo o mellor dianteiro centro do momento, con xenio , enxeño e perfección. Quen tivo retivo que se di, estou seguro.....Por R.S. Lago.




domingo, 24 de setembro de 2017

LA INHABILITACION ZUCK.O LOS MODERNOS INQUISIDORES VENDEDORES DE AIRE.









LOS APOSTOLES DE MAIK ZUCKERBERG ME HAN INHABILITADO EL FACEBOOK....
Lo que no saben es que yo tengo una mente mucho mas sabia y poderosa que la de su maestro  y que si quisiese acabaria con el mandandole mi rayo mental paralizador.Pero no lo voy hacer, lo que si voy es a convertir este incidente en un producto mas de mi creatividad siempre vigilante para alertar a mis seguidores de los peligros de esta secta mundial 01

A continuación inserto mis seis mensajes de desacuerdo con la medida:



1.-Rudesindo Lago Taboada: R.S.Lago, pseudónimo literario universal. Envio tres fotos: Foto con gafas de sol del perfil, fotos del DNI: Portada y reverso. Si con todo esto no me identifican,ya no sé lo que puedo hacer. Me causa trastorno importante y probablemente tenga de dejarlo todo...


2.-Portada de un libro mio en Amazon con foto del autor. No se me ocurre que mandarles más. Soy Rudesindo Lago Taboada y creo que está suficientemente demostrado. Mi pseudónimo literario es R.S. Lago, para todo el mundo, las gafas de sol forman parte de mi imagen.Sigo , no obstante, a su disposición...

3.-A ver señores llámenme a mi teléfono fijo: 986 711 119. A Porriña nº 10 B . Barro. Pontevedra. España. Yo soy "R.S. Lago escritor. Rudesindo Lago Taboada nacido el 22 de Abril de 1.961,tal como consta en la documentación enviada.Tengo interés en continuar con mi actividad en la cuenta de facebook...creo que tienen suficiente documentación que acredita mi identidad.Yo no puedo hacer nada más...no creo haber incurrido en ningún vicio que lesione la política de su plantilla...Necesito seguir hablando con mis amigos...Mi dni es el 35.287.598D....a su disposición...Un saludo.

4.-Hablais de una actividad inusual en mi cuenta; bien había gente que me pedía amistad y yo los añadía pensando que eso era positivo. Muchas chicas americanas jóvenes...a mi me también me extrañaba tanta ansia...pero los añadía con esfuerzo cansado....pensando que cuando llegase a los 5000 me dejarían en paz. Ahora que le estaba tomando gusto al juguete, lo retirais. No me parece nada bien...yo soy escritor R.S. Lago, lo queráis vosotros o no; y la verdad es que me siento decepcionado...no estoy acostumbrado a que me traten de esta manera tan extraña...Un saludo y que os den.

5.-Es más, ahora que me habéis calentado, digo que la plantilla esta es una especie de droga digital que está haciendo más mal que bien en el mundo.Tenía dudas, pero ahora mismo...creo que sin facebook y todas las nuevas herramientas que llamáis nuevas tecnologías andaríamos mucho mejor. Fio y fiaba todo esto a la necesidad de los viajes espaciales...aparece todo esto como las setas en otoño y de pronto dosmil millones de primates teclean como esclavos de vuestros intereses de una manera gran hermano...nadie conoce el futuro...supongo que no pasará nada, pero al loro, al loro...que el planeta está rebelde....y no hay nadie al volante y el planeta vuela en el vacío recordándonos a todos la insoportable levedad de ser...Esto por no remitirme a mi propiedad intelectual que está instalada en vuestros ordenadores. Cada conversación, cada novedad colgada en el muro, mis dibujos y fotos es de mi propiedad...no os conozco , ni se con quien estoy tratando, ingenieros informáticos, y gente de poca edad...al loro...al lorito...yo no soy superman, ni el cid campeador...directivos y de más farándula...no andeis jodiendo a los escritores filósofos que somos lo más lúcido de todo esta historia...que os sigan dando porque creo que os va la marcha campeones...   

y 6 final.-Consultaré y el asunto con mis asesores legales...mis nuevas noticias serán a través de los juzgados, reclamando daños y perjuicios...o mejor me olvido de todo y que os sigan dando mamones de los cojones...Domingo 24 septiembre del ano 2017.

                                                                 Por R.S. Lago.

venres, 22 de setembro de 2017

CLOTALDO

                               

                               C L O T A L D O
Clotaldo, a verdade é que non está moi satisfeito, que digamos, coa súa vida en xeral. Pero, como é consciente da realidade inapelable da maioría das cousas, adoita manifestar o seu descontento coa boca pequena, exclusivamente para si mesmo, e moi entre bastidores do seu teatriño anímico, pois ben sabe el que non hai moito que facerlle de remediable á situación ou situacións, tal cal adoitan vir dados e rodados os acontecementos.
Poucas solucións existen ao seu alcance para remediar o seu descontento. A maioría da xente, a de diario, non sabe ou non quere escoitar: problemas, quebrantos ou queixumes que non van a ningunha parte. Todos achegan, a voa pé, un trillado consello cheirado no refraneiro e pouco máis.
Clotaldo sabe todo isto, por iso cala e aguanta o ballón, cunha expresión ambigua e leitosa no rostro e un non sei que no estómago, que lle causa leves flatulencias, ardores repugnantes e un estado de ánimo entre tenebroso e turbulento sempre.Aínda que sexa verán e estea tombado baixo un carballo á sombra fresca, próximo ao ensortellado meandro dun río cantor, que só vale para facerlle máis levadío o bochorno pegañoso do sol no seu punto: ¡ao dente!.
Clotaldo, decididamente, é un inadaptado, un descontento, non sei se un rebelde ao seu xordo e abúlico xeito. Os fillos, a muller, o mesmo coche de importación, o resto dos parentes, os bens materiais e todo o cuantificable da súa existencia, danlle vertixe en ocasións.
¡Un de súpeto crece, faise adulto e métese nun mundo de responsabilidades, de deberes e obrigacións, que terminan afectando a liña de flotación do máis pintado ou plantado!.
A súa muller dille que ánimo, que tire para diante, que non faga caso desas miudezas insignificantes que se lle meten na cabeza e que ela lle quere cada día máis e que, por se isto fose pouco, estas  festas de nadal, deus diante, irán esquiar e a pasalo ben ao Pirineo ou Cabeza de Manzaneda.
Si, que a neve no inverno é unha quita penas, como o é o sol no verán. E engade, que mamá, pola sogra, ofreceu unha novena a un santo da súa secreta devoción e que todo virá a bo e arranxarase, como se arranxa un pantalón que queda estreito ou un paraugas no que o vento cometeu violencias e por seguir pondo exemplos deste arreo, agrega: como se arranxan uns zapatos ou se arranxa unha lavadora ou se arranxa un vídeo ou se arranxa o que haxa que arranxar, que todo se arranxa, menos xa sabes, iso que non se arranxa. Pero arranxase unha pota a presión e arránxase unha cadeira e, ben, xa está ben de arranxar.
Clotaldo ,ás veces, polas noites ou á hora da sesta, segundo dáse unha volta na cama, unha máis , pensa nunha moza de dezaoito anos, que fai tan só uns meses  que traballa no ministerio; logo a mente váiselle cara a unha postal con sol, area e palmeiras, nunha illa exótica. E se cadra queda durmido pensando na fábrica nacional da moeda e timbre ou no número corenta e catro mil setecentos setenta e sete dun décimo de lotería que comprará un día calquera, xa que a cifra aparéceselle algunhas mañás como refrescador de pantalla no computador ou iso cre el.
Clotaldo cala moitas cousas, rumias como unha vaca, porque sabe que neste momento, ninguén está para fábulas e por esperar, ata espera que o novenario da súa señora sogra a un santo da súa tenaz devoción, do que por certo descoñece o nome e propiedades de padroado, devólvano ao camiño recto e lonxe da pertinaz melancolía e as flatulencias, poder chegar a desbordar felicidade polas comisuras dos beizos en forma de requintado sorriso ou así.
Un amigo de Clotaldo, Bonifacio, pensa que o que lle pasa ao seu amigo, se fose cazador como el, e se ademais, participase nalgún maratón popular, caeríase polo seu propio peso. Tenllo dito á hora do café, pero Clotaldo nin caso, ¿a saber que estará pensando? .Desde que veu a nova, paréceme que escribe cartas que logo non envía, con versos e prosas neomodernistas ou neorománticas, e o maletín de pel de becerro, tráeo e lévao cheo de folletos de viaxes turísticas a lugares exóticos, que, por suposto, nunca realizará e menos en compañía da nova; pero, ben, así anda o home entre estatística e estatística. Que xa peitea canas abundantes e aínda que ben conservado en xeral ,xa non é un raparigo e a criatura nova está rebentona e sobraranlle pretendentes da súa idade e sen compromisos familiares. Que nin falar, home, que nin falar do asunto, é unha caniña ao aire platónica, e punto.
Onte mesmo, destruído como vai, escorregou nunha caca de can ben ou nunha casca de plátano de recreo e rompeu unha cadeira.
.....Si unha cadeira como os vellos, e é que a mala rafa non acaba de pasar, aumenta, ponse peluda e a sogra conciliar está a piques de pedir unha entrevista co Papa, a ver si é posible que por medio dunha bendición mediata, o bo pai de familia atope ao fin sacra blindaxe ante tanta adversidade iracunda.
Clotaldo, agora na clínica, séntese mellor a pesar das molestias. Non sabía el que romper unha cadeira puidese ser tan gratificante, todos están pendentes del, á que salta como se di, dispostos a satisfacer os seus máis nimios caprichos e, ademais, as enfermeiras permítenlle que lles diga gabanzas picantes e que lles toque os gordos traseiros de cando en vez.Hoxe pola tarde veu visitalo a nova, co seu flamante noivo, un cinto negro de karate todo músculos, elasticidade e reflexos. Cando a nova bicoulle na fronte, Clotaldo, cumpriu noventa e nove anos de súpeto e morreuse unha hora enteira, todo isto polo goce e o éxtase libidinoso que lle entrou de súpeto .
Hoxe Clotaldo, incomprensible e fóra de razón, meteulle a man nunha teta á súa señora sogra e a casta viúva, desde fai décadas dun Tenente de Navío, deixouse facer. Agora a nai política do funcionario, refugou da noite para o día, para sorpresa da súa filla, a visita ao Papa.
Clotaldo volve a ser feliz e a súa sogra está embarazadísima; mentres tanto, a muller de Clotaldo, urxente, afoga penas co bo de Bonifacio, que dito sexa de paso é un portento de home e un consolo inesperado: luns, mércores e venres de seis a nove nunha modesta, pero apañada pensión de confianza. A sogra de Clotaldo deu a luz a unhas xemelgas preciosas e a súa muller tamén anda en estado de boa esperanza. ¡A felicidade é total!.
A nova agora sae cun xeneral retirado, dos sen guerra, viúvo e platónico. A nova di que non é verdade e cando están na fotocopiadora, mételle a man nas súas partes ao bo de Clotaldo reposto e pídelle que a posúa alí mesmo, se é home. Agora a nova está preñadísima tamén e Clotaldo é un semental, susceptible de ser indultado se fose un touro de lida.
Ante este estado de cousas, recibiuse no negociado a visita da ministra do ramo, excitadísima polos excesos do xefe de sección, e claro, agora a ministra loce un abombamento de ventre significativo. Ademais a Clotaldo agora, tocoulle a lotería, o gordo do sorteo de Reis, do neno que se di popularmente. Xogaba dez mil pesetas el soliño ao número corenta e catro mil setecentos setenta e sete, era un presentimento, unha aparición na pantalla do computador. A man abundante do azar foi xenerosa con el. Son moitos millóns, Clotaldo, marchouse coa sogra, a nova e a ministra a unha illa exótica do Pacífico; os fillos habidos acompáñanlles e a muller queda tan tranquila, ben festexada por un sorprendente Bonifacio que xa quixese Clotaldo...
Clotaldo na illa exótica volve estar tenebroso e turbulento, agora soña con viaxar no futuro a algún planeta terra formado do sistema solar, en compañía dun papagaio amazónico chamado Calderón da Barca, ao que xa conseguiu meterlle na cabeciña, a base de machucalo algunhas pasaxes de: "A vida é soño".
Así por exemplo o paxaro enumera de carretilla os personaxes que interveñen neste famoso auto barroco como un locutor deportivo o fai coa aliñación dun equipo de fútbol:”Rosaura,dama;Sexismundo,príncipe;Clotaldo, vello;Estrela, infanta; soldados;Clarín, gracioso;Basilio,rei;Astolfo, príncipe; gardas e músicos”.É cousa de oírlle atreverse coma se a interiorizase de verdade, coa escena XIX da segunda xornada íntegra, arremedando a Sexismundo…

Pero ao fin digamos, que Clotaldo é sobre todo ese señor anónimo de gabardina cor carne, que queda durmido no último tren,metro ou autobús da xornada, soñando confusas bobadas que nin sequera se lle ocorren a el mesmo...

sábado, 16 de setembro de 2017

O país da literatura

                      O PAIS DA LITERATURA
Buscando a liberdade e algunhas cousas máis, o fillo do vento, a choiva de abril e os caracois do campo, chegara sen remedio ao país da literatura. Neste lugar, ao principio todo era fermoso e vital. En todas as historias había festas agradables con mulleres e homes: mozos, alegres, divertidos e cultos.
A vida era entón, un día de sol á beira dun lago, con augas transparentes no verán, onde o fillo do vento etc., descubría un pracer tras outro. Ao luscofusco, coincidindo coa baixada do sol por detrás da raia do horizonte, e a aparición do planeta Venus, que enseguida daba paso ao esplendor da Vía Láctea, coas súas constelacións de estrelas: A Osa Maior, Andrómeda, Casiopea, Cefeo, León, Lira, Oficuo, A Osa Menor ...reuníanse agora todos na contorna do lume, que pronto acendía as augas tranquilas do lago, para improvisar fermosas historias.
A vida daqueles mozos belos e pletóricos, no país da literatura, ao que chegaran a través do tempo e do mundo dos soños, resultaba fascinante e insospeitada. Sempre nova, plena de positividade e amor cara a todo o que lles rodeaba.
Sexismundo, o fillo do vento , a choiva de abril e os caracois do campo , era sen dúbida o máis atraente, pola súa personalidade de carácter alegre e positiva, e polas historias salpicadas dunha sutil poesía, que contaba, baixo o resplandor da galaxia, as beiras do gran lago, cando o lume das fogueiras recentemente acesas reflectía a súa filigrana de osíxeno incendiado, sobre os corpos en traxe de baño , e sobre a auga mansa rodeada de montañas, entre as que se tendía líquido e doce o gran ceo caído, como diría o poeta mexicano Octavio Paz, en feliz metáfora aplicable a todos os lagos da Terra.
Unha noite calorosa de lúa chea, Sexismundo , mergullando nos recunchos máis recónditos do seu interior, extraeu unha historia estarrecedora que impresionou aos seus compañeiros. Ao parecer, no fondo daquel lago había unha cidade alagada e alí habitaba unha muller morena como a noite, á que co paso do tempo , sairalle unha longa cola de peixe.
O seu pai , que era o rei da cidade alagada, concederíalle a man da princesa sirena, a quen conseguise rescatala, da cámara de palacio, onde estaba prisioneira. Moitos intentárono , pero pereceran asfixiados por falta de osíxeno. O fondo do lago,facíase interminable e aínda que eran cualificados mergulladores, a presión da auga facíalles estalar, mentres oían os cantos de sirena da princesa Rosaura, á que as escamas, xa comezaban a cubrirlle ata os peitos. A pobre moza, terminaría converténdose nun monstruoso peixe, se non era rescatada en breve prazo de tempo.
Entón no país da literatura, un silencio triste, instalouse nos rostros xuvenís, que escoitaban a dramática historia que Sexismundo lles refería.Todos desexaban, sen dúbida, que a princesa Rosaura fose rescatada antes de que se convertese nun ser monstruoso con aspecto de peixe. Con todo, Sexismundo, esgazando o seu traxe de baño coas mans e os dentes, negouse a continuar aquela historia.
Nunca antes, no pais da literatura, unha historia quedara así de inconclusa, así de cruelmente tallada, sen o final feliz de sempre. O grupo de amigos suplicáballe a Sexismundo, ao que tanto querían e admiraban, que completase a historia da princesiña sirena, salvándoa por calquera medio. A fantasía dicían , non ten límites, e sempre é posible, salvar a un personaxe tan entrañable, utilizando algún argumento eficaz. Aínda así Sexismundo, mantíñase en silencio, mudo. As mozas presentes, en torno ao lume, eran as que máis insistían, en que debía concluír a historia iniciada, de acordo , coas ríxidas normas da felicidade que imperaban no país da literatura.
Sen facer caso aos seus rogos, Sexismundo , seguía fóra de si, dando tombos polo chan , facendo sangrar as súas articulacións, bábante e cos ollos a piques de saírse das súas concas. Vista a crueldade de Sexismundo, un dos presentes dixo, que el terminaría a historia e comezou a dicir as palabras que todos esperaban. Pero Sexismundo , colleu unha pedra e machucoulle con ela a cabeza, ata facerlle papiñas os miolos. No país da literatura Sexismundo, converteuse nun criminal as beiras do lago encantado, baixo a luz sideral da galaxia absorta.
O fillo do vento ,da choiva de abril e dos caracois do campo, daba paso ao orangután adoméstico e incivil, que no máis íntimo da raíz humana, estaba latente. A furia de Sexismundo non se detivo aí, violou a varias mozas ata humillalas e facelas chorar de rabia e impotencia; cun remo da Graciosa, a barquiña de madeira , pintada de azul e branco, coa que navegaban pola branda e espellosa superficie do ceo caído, agrediu ademais sen contemplacións ao resto dos ata entón bos amigos, deixándoos por mortos, tirados de calquera xeito ás beiras do lago.
Sexismundo, perdera o sentido e o control dos seus actos, e no país da literatura, ao que se chega a través do tempo e dos soños, nunha apracible noite de xullo con lúa chea, reflectíndose branca na quietude de augas , escribíase unha páxina dantesca e macabra. E cando as augas do lago, tinguíanse de cor sangre, na lúa plena e redonda, debuxouse a silueta dunha muller morena, moi fermosa, con cola de peixe e longa melena acibeche, que se contorsionaba exhausta e abría a boca, en afanosa procura de osíxeno.
Sexismundo , espido e ensanguentado , coa cabeza entre as mans, estaba sentado , na banqueta da Graciosa, mirando ao infinito, a barca deslizouse suavemente, ata o centro do lago. Na beira víanse os corpos novos dos seus amigos maltreitos ou mortos, salpicados de sangue, tirados de calquera xeito sobre a herba. De súpeto, das profundidades da auga, xurdiu un enorme peixe de cor verde, cuxas escamas vermellas resplandecían á luz da lúa. Era un peixe monstruoso , enorme, que tiña unha longa mata de pelo negro de muller na cabeza. Dunha simple rabexada, derrubou a Graciosa e Sexismundo comezou a caer cara ás profundidades do lago.
Na realidade Sexismundo, sufrira aquela noite calorosa de xullo, un terrible pesadelo. Eran as seis da mañá e os paxaros puñan en orde as súas alegres partituras, para amenizar o novo día , a cama amarela onde Sexismundo durmía, estaba desordenada e revolta, algunhas escamas de cor vermella escarlata brillaban baixo os primeiros raios de luz, que deixaban pasar os buracos da persiana.....Sexismundo, levantouse para refrescarse o rostro no lavabo, tiña un aspecto terrible e horrible, restos de sangue seco salpicaban o seu rostro. Nicolás, o peixe exótico e de cores, que había no moble de cristal do corredor, desaparecera misteriosamente do acuario.
Xunto a laranxeira, na horta, a gata Paca femia do gran Merlín, lambíase os bigotes, e Sexismundo o fillo do vento , da choiva de abril e os caracois do campo, buscando a liberdade e algunhas cousas máis, esa mañá cal patiño feo do conto, fixo un atado coas súas escasas pertenzas e foise sen remedio ao outro país da literatura, ao bo e dourado.....                                    

venres, 8 de setembro de 2017

ARTE EN ESTADO PURO: LA MAGIA DE UN ASTURIANO.









EL TALENTOSO GUAJE DEL MALLECÍN Y FORCINAS DE PRAVIA.
José Ramón Suárez Iglesias, “Cito” para familiares y amigos, hijo de Antonio Suárez Hidalgo y Jesusa Iglesias López, el menor de los cuatro hijos habidos en el matrimonio de sus padres, nace en Salas el día seis de Julio del año 1938.
Su infancia, plena de inocencia y primeros descubrimientos, transcurre en la casa de sus abuelos paternos: Ramón y Amalia, situada en la aldea del Mallecín. Abrir los ojos, aprender a caminar, desarrollar el lenguaje hablado, primeras letras en la escuela, juegos propios de la infancia, búsqueda de nidos de pájaros, aprender a nadar en el río, pescar truchas, subir por los árboles. Poco a poco, el infante se va familiarizando con el entorno físico y social en el que se desarrollarán los años clave de su personalidad adulta. Por paradójico que parezca, el niño, es siempre el padre del hombre. Después de los nueve meses de silenciosa gestación prodigiosa en el vientre materno, serán ahora el clima y las coordenadas de latitud y longitud sobre la esfera terrestre, las que definan sus señas de identidad básicas.
Es a los cinco años de edad cuando, atendiendo a un impulso interior creativo, provisto de un lápiz del colegio, dibuja sobre los blancos azulejos de la humilde cocina, con singular perfección, a su abuelo Ramón fumando en pipa. La predisposición al dibujo, sin embargo, no encuentra el eco apropiado y necesario entre los adultos que le rodean que, como máximo, celebran con gestos tan simples como despreocupados las habilidades del pequeño guaje.
“Debieron haberme enviado a aprender dibujo a alguna academia, pero claro eran tiempos difíciles, a pocos instantes de una aparatosa guerra civil. La peor de todas las guerras por ser entre hermanos”. Manifiesta Cito con tristeza.
En el año 1948,  a los diez años de edad, en busca de una vida más digna, se traslada con sus padres y hermanos a Pravia, donde su progenitor Antonio se gana los garbanzos de la familia conduciendo un camión para la empresa de Ángel Blanco, Minas del Rodical y hace popular su sobrenombre “Cezana” (nombre de su aldea natal) por su carácter dispuesto y amistoso. Es entonces cuando Cito entra como aprendiz en el taller del Escultor-Ebanista Don Bernardino Suárez situado en Forcinas de Pravia.
”Se hacían retablos para iglesias, muebles bien curiosos, arcas…de ahí me viene a mí la afición por la madera y la talla. Allí, los aprendices, realizábamos labores de lijado, afilado de herramientas y limpieza; casi no nos dejaban tocar las gubias, pero al descuido y con entusiasmo, de vez en cuando hacíamos algunos surcos y relieves. Estuve dos años, bien aprovechados allí, me gustaba mucho aquel arte, admiraba al patrón y a los oficiales. Fue una experiencia positiva que me marcó para siempre. Ya de adulto, me di cuenta de que aquella era una manera creativa de pasar el tiempo libre y no andar por los bares bebiendo o jugando partidas de naipes interminables entre la cólera de los malos perdedores. No, a mí esa manera de actuar no me presta nada”.
En el año 1953,  a los quince años de edad de nuestro protagonista, se produce un nuevo traslado de la familia a Oviedo. Cuando por esas fechas, Cito, empieza a trabajar como eventual durante un año en la Hidroeléctrica del Cantábrico, ya conoce sus dos pequeños talentos: la pintura y la talla. Un tesoro interior de valor inestimable que nunca descuidará. A continuación, ya como fijo, trabaja durante diez años más en la empresa eléctrica. Soñar con la pintura y la talla no le quitaban de trabajar porque siempre tuvo la firme pretensión de formar una familia y claro, el arte es una moneda al aire que casi siempre cae de cruz.
Habituado a los traslados familiares, su espíritu es libre y un tanto nómada; por eso en 1965, con veintisiete años de edad, con las mismas ansias de mejora de siempre por bandera, inmerso en una España endógena y sin libertades, se decide a emigrar fuera del país. Su destino ahora será la ciudad de Lieja en Bélgica. Allí trabaja con palas excavadoras y llega a tener una empresa propia en sociedad con el catalán Sixto. Es en la misma Lieja donde conoce a su esposa y compañera, también emigrante, Mercedes Taboada de la Torre, “Merce”, nacida en Cardiñuezo-Ciaño, sobre una mina de carbón y de ascendencia gallega. Andado el tiempo tendrá con ella dos hijos varones: Rober y José Ramón Suárez Taboada.
En el año 1978, coincidiendo con la publicación de la Constitución democrática, a los cuarenta años de edad, regresa de manera definitiva a España y se instala con su familia en el popular barrio gijonés del Pumarín. Trabaja ahora como conductor de camiones y como autónomo, otra vez con grandes palas excavadoras. Hasta que el año 1997, con cincuenta y nueve años de edad, después de una dilatada y esforzada vida como trabajador,  decide acogerse a la jubilación anticipada que le permite la legislación laboral.
“Tengo llegado a casa y tirarme en el suelo, tenía las rodillas hinchadas y los huesos hechos polvo, no se ni como estoy vivo. He trabajado mucho”. “Bastó para tomar la decisión de retirarme aunque me bajaron la pensión, el ejemplo de un pobre tío mío, que se murió a los sesenta y cinco años de edad, recién jubilado, como aquel que dice sin comerlo ni beberlo. De todo se aprende algo aunque duela”.
“En unas de las primeras vacaciones estando en Bélgica, compré en España un completo equipo de talla, de vez en cuando hacia algo, pasaba el tiempo feliz y me realizaba”.”Era mí secreto a voces, mi grito de libertad fuera de la exigente vida laboral”.
“Después viendo un cuadro al óleo pintado por una amiga de mí mujer, me empecé a cuestionar temas como la luz y la sombra de aquella pieza. Y casi tocando con los dedos al niño de cinco años que, mucho tiempo atrás, había pintado a su abuelo fumando en pipa con un lapicero sobre los azulejos de la humilde cocina de la casa del Mallecín, me puse a pintar de nuevo”.
En la actualidad, a sus setenta y cinco años recién cumplidos, vive con su señora en un alegre piso de un bonito edificio del barrio de Montevil carretera de la carbonera. Con los achaques propios de la edad, es feliz, gracias a que está rodeado del cariño de su familia y de sus amigos.
Dibuja: al óleo Marinas para María Dolores y Fabiola de la Puebla del Caramiñal (Galicia), el retrato a lápiz de Camilo José Cela y un soldado de la reconquista a rotulador para Sindo de Barro (Galicia), al óleo la sirenita de Copenhague que preside el salón de su casa, paisajes también al óleo que andan colgados por las distintas habitaciones de la vivienda…
Talla en madera: Una bodega de sidra, un Atlas con la bola del mundo sobre sus hombros, un ajedrez de madera, joyeros, budas…
Obras de arte que fotografía con el móvil y muestra satisfecho. Últimamente también construyó un velero a escala. No para.
“La pintura es sobre todo luz, sombra y perspectiva. La escultura, la talla, es una cuestión de volumen, forma y mucha paciencia”.”Mientras viva siempre estaré aprendiendo algo, no hay dos días iguales en el mundo por mucho que lo intente la monotonía”.”Creo que he hecho algunas cosas dignas de verse, podría reunirlas y si me ayudan mostrarlas a la gente en alguna sala cultural, para animar a que todo el mundo sea creativo”.
Como además la mecánica no tiene secretos para él y es capaz de hacer muebles de madera, hay quien asegura que su diminutivo familiar: “CITO”, significa: Cariño, Inteligencia, Talento y manos de Oro.
Por lo demás, le gustaría tener unos nietitos ahora que los hijos están creciditos ya. Se reprocha su falta de voluntad para dejar el dichoso tabaco. No bebe alcohol casi nunca. Sonríe con humildad casi siempre, se entretiene hablando con los niños, cuenta algún que otro chiste, se deleita con la belleza de las buenas mozas. Es sencillo, es dulce, es auténtico, es casi el mismo talentoso guaje del Mallecín y Forcinas de Pravia, rebelándose contra el tiempo…y es que señoras y señores, la fuerza de la creatividad imprime carácter y marca la diferencia.

Dúas das súas obras e  o autor.



domingo, 3 de setembro de 2017

O XENERAL DO MIÑO


                                   O XENERAL DO MIÑO
( Historia posible do abade e canónico D. Mauricio Troncoso de Sotomayor Gil Barbeito e Araujo; abade de Vilar e Couto ).
Había que facerlle fronte ao exército napoleónico. O pequeno corso, co seu nacionalismo imperialista exacerbado, tentaba dominar Europa como fose. Os homes pequenos, adoitan moitas veces remexer a historia toda; Napoleón foi un deles. Simón Bolívar tamén era pequeneiro.
En España coa complicidade da raíña e do lambón de Carlos IV.Tendo coma aliado e representante político, ao fermoso estremeño: o cambia chaquetas de Godoy; apetecíalle por no poder o seu irmán Xosé Bonaparte, ao que o pobo español ocorrente e con sentido do humor chamaba Pepe Botella. O franchute, petáballe o chupete xerezano con donaire e esmero. Pero as cousas non ían ser tan doadas como o “ vésteme a modo que teño presa “ caletraba.
Así de patéticas rematarían as súas andainas bélicas no ano 1.815, na provincia belga de Brabante, concretamente no municipio de Waterloo; famosa batalla, apocalipse final dunha ambición mal mesurada, que Stenben o pintor recolle no seu famoso lenzo. Pero antes os españois, plantáronlle fronte sen cuartel, por terras de toda a península ibérica. O 2 de maio de 1.808 en Madrid contra Murat, inmortalizados tan arrepiantes sucesos, no cadro dos fusilamentos de Moncloa pintado por Goya i Lucientes.A Batalla de Bailén o 22 de xullo de 1.808, onde o xeneral Dupont, caeu derrotado sen paliativos diante do xeneral Castaño , o que precipitou  a saída de Madrid de Xosé Bonaparte..... E “ A virxe do Pilar di / que non quere ser Francesa / que quere ser capitana / da tropa aragonesa”.
Un imperio aínda que decadente coma o Español, non se dobregaba así polas boas, por moitos que foran os milites galos ou gabachos; e por moita estratexia militar que levasen na cachola os xenerais ao mando. Non, o pobo liso e chan non estaba pola labor de deixarse tripar , polo triunfalismo dos pseudo ilustrados franceses, que nos viñan a redimir do despotismo ilustrado do vello réxime, da santa inquisición e da miseria, que tan de rebote nos trouxera a pésima administración do novo mundo americano.Os mal informados conselleiros de cabeceira do corso, falábanlle ao oído da decrepitude interna do noso país. Non se decataron , “tan chauvinistas eles” , de dous valores fundamentais que o pobo Español no seu conxunto atesouraba: o instinto de resistencia e a vontade de renovación , que ao fin e ao cabo, foron os que terminaron desbaratando o intempestivo plan do xeneral Bonaparte.
Por outra banda cómpre dicir, que na ocasión , a península ibérica no seu conxunto, incluídos logo os portugueses, coa inestimable axuda dos fillos da gran bretaña; maiormente os ingleses pelexaron con tenacidade, contundencia e eficacia, contra o invasor francés.
No mes de xuño de 1.809, despois da batalla de Ponte San Paio os días 7 e 8 dese mes; cos campesiños armados co que toparon máis á man , ao mando do tenente Morillo, Galicia quedou limpa de tropas gabachas.
Pero antes, dende o día 9 de Febreiro de 1.809 , ata finais de maio do mesmo ano, libráronse sonadas batallas, nas que D. Mauricio Troncoso de Sotomayor etc. etc. , coñecido popularmente coma o Cura ou Abade de Vilar e Couto , nado no corazón do Condado, en terras de Setados, no municipio das Neves en 1.771, tivo unha moi destacada participación nos feitos de armas acontecidos na entonces provincia de Tui, despois en Vigo e finalmente en Santiago de Compostela.
Tanto foi isto así, que a xunta suprema de Sevilla, nomeouno  xeneral dos patriotas do Miño, cando asediaba Tui o 18 de marzo. Despois como se di máis arriba, participou, no cerco e rendición de Vigo, o día 28 de marzo, data na que agora se celebra o día da Reconquista; e no remate do mes de maio , tomou parte activa e sobresaínte, na defensa de Compostela, hoxe capital da Galicia Autonómica.
Coma premio ao seu traballo en eidos, tan impropios dun abade rural, foille concedida a medalla ao mérito militar, na que se representan as armas de Vigo e Tui ,e ademais a cruz de Carlos III. Abondando no recoñecemento dos seus folgos guerrilleiros, foi nomeado canónico da catedral de Santiago , polo arcebispo de quenda. Parece ser que morrendo nesa cidade no ano do noso señor de 1.817, á temperá idade de 46 anos, afectado posiblemente de males anímicos e do espírito en xeral. Brevidade que “ o bo se breve dúas veces bo “ , que dicía Baltasar Gracián “ O discreto “. Esta sería en tal maneira, a biografía posible, que non haxiografía, do baril cura de Vilar e Couto.En relación coa guerra da independencia, pola que loitou, a península ibérica enteira, contra os gabachos ou franceses. Así contada a voa pluma, coma quen cadra unha contabilidade ou cerra o balance anual, dunha empresa mercantil. Por non dicir de maneira xélida, sen achegarnos ao corazón afervoado de patriotismo , valentía e carraxe de Don Mauricio.
                                            *
Vamos por iso a toparnos con el, nos autos de San Nomedio, San Fins, Odrago ou San Xoán, montado nun garrido e impoñente cabalo de crinas e rabo louros. Temos diante dos ollos pois unha fermosa estampa ecuestre: pel acastañada  do color do mel, cunha cuncha branca semellante a unha vieira de peregrino no alto da testa , a súa nobre e encastada montura. Con esporas de prata nas botas, barba de días na face e pistolón pendurado do cinto de coiro negro, amosase sosténdolle as rédeas refulxentes de pingo , o abade. Na distancia dos seus ollos azuis procurando mar Atlántico baixa o pai Miño  , no que lendarios agora se reflicten, os trazos firmes e esgrevios do cura guerrilleiro , teimando entre o lusco e o fusco dese día hipotético , na loita contra o inimigo alleo e asoballador.
Ten 37 anos recen cumpridos , aló polo primeiro de xaneiro de 1.809 ( tal é o día de que falamos ). O xeneral Soult, anda preto, a facer toladas impunemente por terras de Tui; e ao noso heroe a víscera chóutalle no peito recuberto de pelame ensortellada, coma se quixese fuxirlle axiña do seu corpo relixioso velando armas. O pensamento inquedo , vai e ben dentro da súa cabeza poboada de latíns e rezos en loanza da virxe branca, da milagreira virxe . Que se amosou un día de neve , a un humilde labrador da zoa, e en honor da que se levantara o seu santuario , alá polo ano do noso señor de 1.668.
Dende os sucesos de Madrid e Bailén , entre outros, a miúdo os seus fregueses e veciños veno inquedo, impaciente, silandeiro.Todas as tardes, coma de costume, montado ao lombo do seu rocín louro.Des-sotanado , vestido con pantalóns, botas de monte, esporas prateadas, xersei de mareante e grosa capa de inverno pecho.
Sempre dun lado para o outro, desacougado , só , en busca dos outeiros máis apartados, para estarse alí , co vento infatigable a baterlle na face e coa mirada azul posta fixamente na corrente enchida do río, que foxe e foxe, sen parar ata chegar ao Atlántico. Alí, pensando, matinando, cavilando , en cal debe ser o seu comportamento, nos días de sangue ciscada que están a chegar.
                                            *
A infancia de Mauricio, de Don Mauricio Troncoso de Sotomayor Gil Barbeito i Araujo , home de cinco apelidos ,tal como sae nas enciclopedias, e nos documentos históricos, que sobre a súa persoa, se localizan nos diversos arquivos; tal é o caso do A.R.G. ( arquivo histórico do reino de Galicia ). Nado en primavera, si poñamos que naceu na primavera do ano 1.771, na casa patrucial de Setados.¡Os heroes nacen en primavera!, co desafiante rexurdir da natureza nacen os seres indómitos. Primoxénito de xente fidalga , con pazo antigo e vagantío , aberto e con fumes no lugar, rodeado de arbores frutais, cepas de Rubiós, magnolios, rododendros, palmeiras e moitas camelias  de varias castes. No interior do pazo, unha boa biblioteca herdada dos devanceiros, cheminea grande, para encher de rachóns de carballo cernento, nas noites invernais.Ampla adega , bo eirado , cortes para os animais, vivenda anexa ao Pazo para os caseiros e xornaleiros.
 A infancia do personaxe foi feliz, en contacto coa natureza. Pese á oposición dos pais, el era un señorito.O morgado dos Troncoso de Sotomayor, relacionábase a cotío co resto dos rapaces da aldea. Para andar aos niños de rula, para ir coller cereixas as mellores cerdeiras da contorna.Nos meses de verán, chegar ata as ourelas do Miño e chapuzarse na corrente, nadando coma peixes; preparando aquel corpo de rapaz, sen sabelo cicais, para o combate diario coa vida e tamén coa guerra a que durante seis meses aproximadamente , do ano 1.809, se entregou sen reservas coma xeneral e caudillo.
Cando marchou para Tui, poñamos que a idade de catorce anos, para principiar estudios relixiosos no seminario, deixaba en Setados, dous bos amigos: Félix “O Trana” e Manolito “ O Pichón”, rapaces dun tempo, estes fillos de labradores pobres , casque de xornaleiros, que na hora da verdade, serían os seus lugartenentes de total confianza capaces de pagar coa vida, a pouco que “O Mauricio” o estimase conveniente.
                                            *
No Seminario , pronto destacou polo seu dominio do latín e da filosofía. Gozaba de gran respecto entre os seus compañeiros, polo seu talante aberto e dialogante, e sobre todo pola súa enorme forza de vontade , capacidade de sacrificio e disciplina. Tamén apuntaba unha innata capacidade de loita. Sen ser un rebelde descaletrado, el foi quen en non poucas ocasións, de plantarlle cara aos mestres, co respaldo unánime dos compañeiros e modificar algunhas pequenas cousas, que facilitaban a vida intramuros dos albos seminaristas.
Se non fose porque, non se pode andar remexendo na historia sen tino , poderíase dicir, que unha especie de sentir democrático , instalouse dentro dos claustros do seminario de Tui pola época en que Mauricio era escolante , e isto co visto bo da superioridade.
                                            *
Rematados os estudios, xa con vintecinco anos, voltou ás Neves. Para converterse no abade de Vilar e Couto que relembra a historia. Por entón , xa era un mozo cumprido , impoñente, polo que suspiraban as mozas, cando oficiaba na festa da patroa. Vestido el de gran gala, cunha casula dourada sobre fondo branco de liño con bordados, para portar a santa custodia ou o copón, baixo palio, na procesión arredor do santuario da Virxe. Sobre da herba verde e mol do adro o paso procesional, salpicada a alfombra natural de floriñas brancas e margaridas marelas. Con paxaros algareiros a rechouchiar dende as pólas dos castiñeiros e carballos, a soprar unha lixeira brisa que remexía nos vestidos novos da xente e o sol arriba con xúbilo , atento a escena, a estampa cristiá que sucedía coma cada ano, alá no fondo do val esmeralda.
O traballo de atender as parroquias, deixáballe moito tempo libre, e Mauricio, dedicábase sen descanso o estudio da Biblia e da Patrística en xeral. Claro que a súa curiosidade era tanta, dese tipo de curiosidade que fai aos homes sabios, que aproveitando a poboada biblioteca da casa patrucial, entrou deseguida no coñecemento dos escritores clásicos: gregos e latinos. E amañándose como podía, dentro do certo illamento en que vivía , entregado ao servizo das parroquias e ao estudio, en terras centrais da comarca do Condado: neses eidos óbrase o municipio miradoiro das Neves. Amañándose como podía digo, mantiña a súa mente ben alimentada das ideas que se ían producindo polo mundo adiante. E de vez en cando, recibía fateixos de libros, uns relixiosos, outros laicos, que ían engordando na biblioteca herdada da familia.
Por paradoxal que aquí pareza, ao corrente das ideas enciclopedistas e ilustradas francesas.Foise convertendo pouco a pouco, nun cura progresista e liberal, un adiantado de súa época, que sen meter moito barullo ía facendo pequenos cambios na vida dos seus veciños e fregueses, coma antes fixera no seminario. Ensinou a ler á xente analfabeta, e pouco a pouco, os exemplares de “Emilio”, “O Contrato Social” e as “Confesións” do xenebrino Jean-Jacques Rousseau, colaborador da Enciclopedia e precursor da Revolución Francesa ( liberdade,igualdade e fraternidade ) , andaban insospeitadamente nas mans encalecidas dos campesiños.
Pódese dicir que ensinou dende o púlpito a fe en Cristo , e nos misterios da Santísima Trindade, e no adro e no campo da festa, dou a coñecer a literatura e o pensamento da época. Houbo anos, que na homilía da patroa, deixou caer en galego pasaxes das Cantigas de Alfonso X o Sabio en gabanza da virxe María.
Así era Don Mauricio entre a súa xente, un home xeneroso disposto a alumear nos miolos anoitecidos dos seus fregueses e veciños. Sobre todo un cura bo e positivo, adiantado ao escurantismo secular da época.Que coma un dato máis da súa personalidade rica, aínda quitaba tempo ¿ sabe deus de onde ? , para montar  a cabalo ao serán , sen sotana , para percorrer o accidentado relevo do municipio e sacudir así os miolos, repletos de sabedoría relixiosa, laica e humana.
Así ía decorrendo o tempo, como decorren as augas escintilantes do pai Miño, levemente, sen demasiados sobresaltos. Era o neno bonito do arcebispo de Tui; a xente dicía que con Don Mauricio , a súa ilustrísima facía a vista gorda, e mesmo lle chuscaba un ollo de aplauso, mentres randeaba a cabeza : dereita - esquerda no auto dos ombreiros, en xesto claramente admonitorio. Pasaran doce anos de polícromo e singular apostolado do cura abade de Vilar e Couto. E agora con 37 anos recen cumpridos ou para cumprir na primavera próxima, con todas as forzas intactas, ao servizo dunha causa xusta, deixabámolo , liñas atrás nun Outeiro calquera da terra das Neves.Matinando: xurdio, previsor e estratéxico, en cal debe ser o seu proceder nas xornadas que están por vir.....
                                            *
E ben a historia en por si , resolve sen dúbidas, con total claridade , cal foi a súa actitude. Os libros falan del coma: líder e dirixente de xuntas organizadas por curas párrocos e militares para combater sen dor, contra toda a ambición napoleónica.
Así o abade de Vilar e Couto, aínda que liberal e ilustrado, aparece xunto co xuíz Manuel Taboada Cotón  e o capitán “ Cachamuiña” , coma propulsores do alzamento popular que se estendeu as provincias do sur de Galicia. Os caudillos deste movemento foron elixidos a maior parte polas parroquias e as vilas, e caracterizábanse por estar cinguidos as institucións sociais, e ter fondo prestixio entre as xentes do país.Unindo esforzos , conseguiron a primeira vitoria das milicias galegas en Vigo.Na loita, interviñeron tamén militares portugueses, que servían en postos fronteirizos, como é o caso do tenente de Infantería Xoán Bautista Almeida i Sousa de Sa; o coronel Serpa, así coma, unidades navais inglesas, entre as que estaban a fragata Venus co seu capitán Coutts Crawford e a fragata Lively, co comandante Mac-Kinley.
Eso din os libros de historia sobre a guerra da independencia en Galicia. En singular, Don Mauricio Troncoso de Soutomayor, comezou a súa propia guerra, cando o 9 de Febreiro do ano 1.809 , impediu aos veciños, que entregasen os avituallamentos esixidos polos invasores. Despois participou nos feitos da Ponte Mourentán en Arbo e Achas na Cañiza. Na cabeza do abade, estaba presente a desigual loita bíblica de David contra Goliat, aínda así seguiu loitando montado no seu cabalo louro, con esporas de prata, sen tregua, nin cuartel. Participou despois na liberación de Tui, sendo alí nomeado xeneral dos patriotas do Miño como se dixo, despois marchou ata a cidade de Vigo, para participar o 28 de Marzo no seu cerco, rendición e reconquista.Por último, a finais de Maio recalou na cidade do apóstolo, en Compostela.
 Na loita, flanqueado polos seus amigos da infancia: Félix “O Trana” e Manolito “O Pichón” , amosouse: destemido, intelixente e bravo. Capaz de combater corpo a corpo , ou de preparar unha emboscada, aproveitando as características do terreo, que el tan ben coñecía.
                                            *
Rematada a contenda co francés, pasou a ocupar o seu cargo coma canónico da catedral de Santiago, para desgusto dos seus agradecidos e admirados veciños. Alí pasou nove anos, ata o fin dos seus días, afectado dunha turbia enfermidade, máis que nada de arnaxe espiritual e anímico. Viviu entregado sen mingua, nin fraqueza, mentres puido , aos deberes do seu cargo. Pero a dicir a verdade, nunca se topou a gusto. Aínda así a fe , a disciplina , e a forza de vontade, mantivérono ao pé do canón , mentres lle quedaron folgos.
Sacalo das terras que o viron nacer, arrebatalo do berce natural das Neves, afastalo da xente humilde, das galopadas a Cabalo á caída da tarde, acabaron coa súa saúde que semellaba de ferro. O pé do santo guerreiro , do apóstolo Santiago , rendeu os seus días o abade, o canónico, o cura guerrilleiro, o Xeneral do Miño.....á temperá idade de 46 anos morría en Compostela, no ano 1.817 do noso señor. Entre os seus papeis, topáronse uns versos, que en galego dicían:
“ Miña señora branca das Neves
Val do Miño, San Nomedio , San Fins
Odrago, San Xoán : corazón do Condado
terra do meu cabalo.
Aquí en Compostela devezo de pedra e choiva
Aquí en Compostela ao pé do santo guerreiro
terra do meu cabalo, teño morriña, e teño ( parece que
pon ) saudade.....”
O pequeno poema aparece sen data , e isto é aproximadamente todo...


LAMENTO


                                           LAMENTO
                                            I
Agora máis que nunca estaba convencido de que tiña que pousarse definitivamente nas letras.Sempre andara a artellar diarios,monótonos e repetitivos, de adolescente. Máis que nada, por atrapar para si e para sempre, aqueles días ,xa pasados agora, nos que un rapaz non ten que ser ren. Cumpría con botar a vaca para a veiga, estomballarse na herba mol dos cadabullos e ler a Illa do tesouro ou Ton Sawyer e escoitar a radio xaponesa marca:Hitachi, que lle regalara o avó cando viñera de Barcelona, canso de estar de ordenanza no hotel Ritch.
 Así de fácil, sen máis complicacións existenciais que procurar que a vaca:Pinta, non se metera a pacer nas veigas alleas, dándolle patadas na boca ou arreándolle uns vareazos ás dúas mans e a toda a forza, que ben pouca era toda... cunha vara de carballo e sobre todo deixar que o animal se fartase ata encher os baleiros de debaixo dos cadrís e logo tirar para a casa, facendo unha pequena parada no río dos liños dicíndolle: “gu- gu -gu”, para que se fartase de auga, e xa medio estourante o animal , subir as Porriñas a corda por riba do grande lombo da : Pinta , cara a casa para ver a televisión en branco e negro  e se cadra , botar un partido a gol casiña ou a barrenazos con Serafín o da Pedra, iso se non era tempo dos trompos ou das bolas, ou dos niños de rula para lle armar o lazo e todo iso.
E despois á noite detrás da cea e logo de dicirlle aos pais de carretilla: “ Ás boas noites, descansar ben, igualmente e grazas”, meterse na cama e antes de durmir escribir naquelas “perras libretas” o resumen apresurado do día, no que non pasaba nada transcendente e que sempre remataba poñendo en castelán: “ E cama, non sen antes rezar”. “ Santa Mónica bendita que no ceo estás inscrita, a ti che encomendo a miña alma que eu voume a durmir”. E ademais para rematar, entre outros rezos, que iso víñalle da avoa paterna que era moi devota, case , case unha santa labradora, aquilo de : “ Anxo da miña garde, que coma custodio me foche dado, ilumíname, protéxeme e diríxeme ata o fin da miña vida, amén”; esta derradeira repetida tres veces e ás veces ofrecida con paixón, intuición e fe infantil ao mesmo pai xenético que xa se vía todo descarreirado no camiño da vida, exercendo de feirante gandeiro de certo predicamento e feixes de billetes verdes atados con gomiñas, pero cada dúas por tres mollado e non de auga precisamente, senón de viño e mesmo fumando coma unha fogueira de san Xoán e despois estoupando a idade de Baudelaire e non precisamente de bohemia parisina, senón de sufrido vicio galego con corenta e sete anos e punto.
 Si que comezaba a facerlle falla o punto, que agora ao trintar, de tabaco polo menos tamén andaba el bastante servido, mandándolle aos alvéolos pulmonares, unha caixa de Ducados, hoxe si e mañá tamén. En cambio do alcol e das drogas ía mal que ben apartando. Case se podía dicir abstemio, pois ás comidas bebía auga da “canilla” como din os arxentinos e ben algunhas fins de semana tíñase mollado a base de ben, con cubalibres de ron e cervexas estrela Galicia, na Princesa ou nos pub da zoa quente de Boa Vila, pero a cousa non pasaba deso e a bebida ata o presente non é problema, cicais polo exemplo bastante nefasto do proxenitor ,que, ¡deus llo perdoe fixo ben! e sobre todo porque dentro dos vapores neboentos das bebedelas, sentíase monstruoso e con ganas de pelexar con todo o mundo que lle mirase para os ollos resplandecentes coma os faros dun Land Rover todo terreo.
Agora ao presente, xa todo iso era pasado, tempo que non ha de volver xamais. Aínda que os libretóns seguen a estar alí no “despacho” , “despachiño” , “cuarto dos libros” “gabinete” , eu que sei como chamarlle ao sitio, onde pasa as horas agardando a inspiración diante da Olivetti azul. Son máis de Dúas mil páxinas, sen moito valor literario, casque cinco anos da vida dun rapaz da aldea, que escribe en castelán o mundo sen importancia que está a vivir. O que non conseguiu foi deter o tempo e serven se os relé , para polo tristeiro e melancólico que xa dese pé coxea o home sen o concurso de tales escrituras. Pero ben, seguen alí, nun feixe , nun altar a memoria adolescente, que cando pintan bastos e busca culpables o home, trata de metelos ao lume e logo non os mete, porque ben sabe que o seu desborde existencial o seu spleen vital o tedio o aburrimento  e toda a contundencia gravitacional de ser home cumprido,non se arranxa destruíndo a memoria inocente posta alí .
Todo é moito máis complicado e agora sabe máis que nunca, está convencido de que ten que apousarse definitivamente nas letras. Si coma unha pescada que se morde a cola ou coma unha rosquilla de romaría vólvese ao principio. O círculo vicioso das letras literarias, dispostas para escribir historias. Si historias, que aí está o miolo, o problema, de ter palabras e ganas de dicir cousas, pero tamén está por contra o obstáculo sempre presente de non topar e iso que remexe: tramas orixinais propias, nas que baterse a xeito. Que mesmo semella estar todo escrito debaixo do sol. E cando escomenza a cantar a máquina de escribir ao pouco tempo , dáse conta de que a cousa non marcha e os que marchan son os folios camiño da papeleira. Así impotente, intentando dicir san deus, sen misa, carallo sen apenas cona.
Unha remexedura de serrín reseso, que non acaba de facelo arrancar para diante, sempre buscando cementos, parecidos aos presentes, para xustificar non sei que, amosando o pelo de lobo que lle saía no medio das toxeiras cando ía á leña para o inverno. Que ben se entende que o home H. procura brasóns esculpidos en pedra, credenciais que o autentifiquen e o fagan digno de andar metido en letras. Sempre atrapado no porto por un temporal de prexuízos e debilidade impropios dun home estarricando as letras polos folios adiante e contar historias a trapo. Xa se ve agora mesmo cal é o verdadeiro cárcere , que o ten amolado e amocado, isto cando chora, toda esa desesperación que non o acaba de malferir diante dos folios en branco.
Convencido: Convencer: “ Transitivo e verbo regular. Precisar a un con razóns eficaces a que mude de ditame. Probarlle unha cousa de modo que racionalmente non poida negala”. Apousarse definitivamente nas letras. Sen remedio, sen cear para atrás, como un eterno meniño ceador, certo de gustarlle a deus se o ve. H.  e non hai máis cera ca que arde, ten que valerse da linguaxe e da arquitectura que ás veces en por si a narración vai obrando e outras metida en cintura, levándoa, dirixíndoa , polo camiño e atallos , pensándoos con anticipación .
O home H., ten que contar contos e historias. E outra vez volvese isto un san deus sen misa e  ademais o que se dixo. O da pescada que se morde a cola tamén. E non queda máis remedio que botar man da Biblia e traer aquí o Salmo 88 do libro dos Salmos: Lamento na extrema aflición . Cántico. Salmo , dos fillos de Coré. Do Mestre do Coro. Para a enfermidade . Para a aflición. Poema de Hemán o indíxena. Si sabelo de carretilla e botalo aquí , no medio de todo isto a ver que tal pinta, que polo menos deixa testemuño dos paisaxes anímicos, neste intre borbotonado, de procurar historias sen argumento, que lle son tan propias a H. Di así:
 “ Yahveh, Dios de mi salvación , ante tí estoy clamando día y noche; llegue hasta tí mi súplica, presta oido a mi clamor. Porque mi vida de males está ahíta, y mi vida está al borde del seol, contado entre los que bajan a la fosa, soy un hombre acabado ( Mesturando sen dor, por mesturar, procurando Biosbardos con Blanco Amor )...//” En un lugar de la Mancha , de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor. Una olla de algo más vaca que carnero, salpicón las más noches, duelos y quebrantos los sábados, lentejas los viernes. // Relegado antre los muertos, como los cadáveres que yacen en la tumba, aquellos de los que no te acuerdas más, que están arrancados de tu mano. Me has echado en lo profundo de la fosa, en las tinieblas; en los abismos; sobre mí pesa tu furor, con todas tus olas me hundes. Has alejado de mí mis conocidos; me has hecho para ellos un horror, cerrado estoy y sin salida, mi ojo se consume por la pena. Yo te llamo , Yahveh, todo el día, tiendo manos hacia tí ( Máis Quíxote : ¡ veña ! ) // Algún palomino de añadidura los domingos, consumían las tres partes de su hacienda. El resto della, concluían sayo de velarte, calzas de velludo para las fiestas, con sus pantuflos de lo mesmo, y los días de entresemana se honraba con su vellorí de lo más fino. Tenía en su casa una ama que pasaba de los cuarenta, y una sobrina que no llegaba a los veinte, y un mozo de campo y plaza.( Outra vez a Biblia en Pasta ) ,// ¿ Acaso para los muertos haces maravillas, o las sombras se alzan a alabarte ? ¿ Se habla en la tumba de tu amor, de tu lealtad en el lugar de perdicción ? ¿ Se conocen en las tinieblas tus maravillas , o tu justicia en la tierra del olvido?. Mas yo grito hacia tí, Yahveh, de madrugada va a tu encuentro mi oración ; ¿ Por qué Yahveh, mi alma rechazas, lejos de mí tu rostro ocultas ?. Desdichado y agónico estoy desde mi infancia, he sorportado tus terrores, y ya no puedo más; han pasado sobre mí tu ira, tus espantos me han aniquilado. Me envuelven como el agua todo el día, se aprietan contra mí todos a una. Has alejado de mí compañeros y amigos, son mi compañía las tinieblas. ( Punto na Bíblica e no Salmo, un pouco máis de Quíxote si que ten H. ). // Que así ensillaba el rocín como tomaba la podadera. Frisaba la edad de nuestro Hidalgo con los cincuenta años; era de complensión recia, seco de carnes, enjuto de rostro, gran madrugador y amigo de la caza. Quieren decir que tenía el sobrenombre de Quijada, o Quesada, que en esto hay alguna diferencia en los autores que deste caso escriben , aunque por conjeturas verosímiles se deja entender que se llamaba Quejana. Pero esto importa poco a nuestro cuento; basta que la narración del no se salga un punto de la verdad. //
E basta tamén de Quíxote, que se lle da a H. por ir mesturando as moitas lecturas que ten no caletre, císcanos aquí as obras completas de Lope de Vega e iso xa non ten siso pois tarde ou cedo  terá que ser el mesmo , H. escritor en persoa o que baralle unha historia para ver o que sabe tecer.
 Que de vente e vou, xa estamos servidos e mesmo queda aceptado partir o camiño e toparnos no cuadrilátero das palabras, fronte a fronte nus , espidos da cintura para riba como fan os boxeadores, H. a puñetazo limpo, a ganchos, a crochés de dereita e esquerda, traballándolle os fígados á historia, que tanto se fai agardar, cicais empolvándose a nariz e as meixelas diante dun espello, para saír feita unha fermosa e garrida moza.

Vexamos: H. vai escribir xa dereitamente. Título: “ A Fermosa Susana “. En realidade esta Historia, di H. agora mesmo que a escriba deus e deus escribiu: “ A neta da Serea” que se lerá máis para diante . Que el H. prefire a vida verdadeira..... ¿ E cal é a vida verdadeira ?

Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....

                    SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura" A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do e...