domingo, 19 de xullo de 2020

A fonte das palmeiras de Caldas de Reis





Obra de arte: A Fonte das Palmeiras en Caldas de Reis Artistas y ...


A fonte das palmeiras de Caldas de Reis

recen restaurada cumpre cen anos

un século de existencia silenciosa

botando o seu fiíño de auga fría

para que beban as urracas e as pombas

A fonte das palmeiras de Caldas de Reis

ausencia presente distancia cotiá

calada,muda,corrente,saudable

cumprindo a súa función líquida

saciando a sede de paxaros e rapaces maiormente

A fonte das palmeiras de Caldas de Reis

fría, nin quente, presente,canalizada

ao sur da igrexa de santo Tomás de Canterbury

deixando correr a auga no tecido do tempo

testemuña dun século sen noción de Cronos

A fonte das palmeiras de Caldas de Reis

invisible, transparente, de pedra vella

celébrote restaurada,viva,humilde,certa

creo que somos a mesma clase de xente

deito eu letras e ti auga de seu enigmática.

 Sábado 18/7/2020 por rslago.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo

  TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI AUTORA: IRIA COLLAZO EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas. SINOPSIS E COMENTARIO...