venres, 10 de xullo de 2020

AGORA OU NUNCA GALEGOS CREBADE AS FURNAS COS VOSOS VOTOS VALENTES E XENEROSOS.






Elecciones Galicia 2020 | Conoce a todos los candidatos a las ...


AGORA OU NUNCA GALEGOS CREBADE AS FURNAS COS VOSOS VOTOS VALENTES E XENEROSOS.

Vamos a ver queridos galeguiños de a pé, habitantes de Galicia ou tamén Galiza, o próximo domingo día 12 de Xullo do ano 2020 – 84 anos menos seis días despois do inicio da fratricida guerra civil española, en tempos ruíns e cativos para todo Europa e para o mundo en xeral: ¡ lembren as dúas brutais guerras mundiais! Etc.- estamos chamados a votar nas eleccións autonómicas.

A verdade é que eu coma moitos sentímonos algo ou tamén bastante desenganados desta democracia neoliberal que tende a converternos a todos en proletariado barato consumidor votante cristián e pouco máis.Pero alguén ten que poñerse ao fronte da xestión. Non existe ningunha outra vía posible; porque claro ou nos manda un militar ditador abrigado polas balas ou nos dirixe un ordenador gran irmán coma o que xa existe na facenda pública central, unha tal “BERTA”, xusto coma o canón grande dos alemáns na primeira guerra mundial do ano 1917, ou alén anarquismos utópicos, podemos optar por la democracia estocástica por sorteo sobre o censo coma na lotaría. Claro que a última fórmula aínda é unha fábula filosófica, que axexa unha apatía total das sociedades futuras, cando ninguén queira ser dirixente porque a política vai consistir nunha discreta xestión eficaz incorruptible...

En fin, volvendo á realidade dos tempos coronavirus máscara que corren, o domingo eleccións autonómicas, hai que ir votar, débese ir votar; certo que entre nós non é obrigatorio, noutros países si que o é, senón participas múltante ou que tes que facer algún traballo social...Estamos pois aquí en que se debe facer uso do dereito de sufraxio universal activo,individual e secreto que definen as leis políticas e que tanto custou conseguir no pasado.

Vero que a abstención o desentendemento é unha maneira pasiva de participar, como o é votar en branco ou facer nulo o voto de propósito.Isto é así e xa con 42 anos de democracia no reino de España dende a constitución de 1978 entendese todo o apuntado de dominio común pondo un mínimo de interese pola sociedade onde ben ou mal vamos respirando.

Vero tamén que os elixibles, os candidatos, van disfrutar dun salario, unhas dietas e unhas honras que a maioría dos votantes non van alcanzar por moito que se esforcen.Así de paradoxal é a democracia eliximos a man que nos tralla e dirixe.

Creo que hai dez ou máis candidaturas, non obstante hai tres principais consonte as controvertidas enquisas: o P.P. conservador e de dereitas do actual presidente Alberto Núñez Feijóo, o PSOE progresista de esquerdas de Gonzalo Caballero e BNG nacionalista separatista de esquerdas de Ana Pontón...

Sigo: eu son nado na xemida década dos 60, estame chegando o sentido común coma faísca ou area, nunca militei, nin milito en ningún partido político, a min o que me guía é vivir e traballar polos meus intereses respectando as leis sociais, facer as cousas o mellor que poida e ser unha persoa civilizada e amigo dos que me queiran; quede claro todo iso, polo referido estou aquí para lembrarlles que: o AVE aínda non chegou atrancado na orografía do terreo que da acceso a terra santa, esmeraldiña,bonsai atlántico, doce Liliput, país dos mil ríos, finesterrae; chámelle cada quen como queira e diga Galicia ou Galiza, a AP9 sigue sendo de pago, moitas fábricas pechan ou buscan outros aires, o rural é un misterio teosófico o idioma das cantigas medievais non se respecta como é debido etc. As outras comunidades históricas van décadas por diante de nós e por métodos discutibles son capaces de medirse coa corte dos milagres en verbas de Valle Inclán: ¡Madrid! ¿E nós qué?...a nós nin sequera non ferve o sangue e en catro décadas non fomos capaces de dicirlle ao resto das españas, ¡coidado! Polas boas, sen o sangue vasco, nin o vandalismo catalán, ¡estamos vivos, temos forza, téñannos en conta señores...!

Así que lle aconsello que participe, vaia votar e vote con valentía e xenerosidade, non deixe que ninguén decida por vostede, confío na súa decisión...

Luns 6 de Xullo do ano 2020. Por RSLAGO.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Poema contra el imperialismo yanqui

  TRES DE LA MADRUGADA ROTAS EN BOGOTÁ SANGRIENTAS del infausto día tres de enero del año dos mil veintiséis del gran zanahorio republ...