INTRE
Puxo a tixola de broco no escorre
pratos do vertedoiro
a continuación sacou dúas tiras de
costelas de cocho do frigorífico
e púxoas nunha fonte alongada de
aceiro inoxidable
colleu un pequeno bote de pirixel
e outro de herbas do bosque
botoullas a ollo por riba e por
debaixo de ámbalas dúas pezas
fregounas coas mans para que se
impregnaran ben na carne
abriu a porta do forno eléctrico e
meteu a fonte condimentada dentro
nunha parte tamén puxera patacas
cortadas en dados
moveu as rodas da temperatura e
dos graos, lavou as mans
entubou por medio dunha máquina
manual o tabaco necesario
para facer un cigarro con filtro
dourado, tusiu dúas ou tres veces
sentouse nunha cadeira de brazos e
prendeuno co acendedor a gas vermello
doulle dúas ou tres caladas
profundas, volveu a tusir, suspirou
deixou escapar un reconfortante
¡ai!existencial rutineiro de cansazo
levantarase cedo para varrer o
paseo de cemento rodeado de xardinciños
que onte á tardiña a cuñada
funcionaria do Sergas lles pasara o cordel
mandou ao can Zeus que se metera
no seu cochiño de plástico
o can obedeceu e foise deitar
sobre os cartóns aplanados da leite o Dia%
co cigarro pola metade colleu o
kindle electrónico e púxose a ler
“Xulia desafiou aos deuses” do
escritor Santiago Posteguillo.
O segundo día de xullo tiña o ceo
tapado por nubes brancas
baixaran as temperaturas, non
había ningunha posibilidade de ir
ás praias nudistas do parque
natural do Carreirón na illa de Arousa
nin á piscina da cuñada en Penalta
Arcos da Condesa
ela íase sentir feliz lendo,
gustáballe mito ler no kindle electrónico
claro que comprendía que a súa
parella devecese polos raios solares vigorosos
que tanto lle beneficiaban para
queimar os brotes de psoríases do inverno
Ser feliz era agora unha cuestión
máis ou menos intencional
unha predisposición, unha
inclinación, un desexo forte, cavilou
en segundo plano mentres pulsaba
para pasar páxina...
Xoves 2 de xullo do ano 2020 por
Rs. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario