domingo, 19 de xullo de 2020

BARRO ES UN PUEBLO TRANQUILO Y HERMOSO , OU UNHA MERENDA DE NEGROS SUBSAHARIANOS






  BARRO ES UN PUEBLO TRANQUILO Y HERMOSO , OU UNHA MERENDA DE NEGROS SUBSAHARIANOS

Barro 38,5 Km2 de extensión, menos de 5000 habitantes, os moradores da nada, xente de mala morte ao sur a burocrática canalla pontevedresa da capital da provincia, ao norte a xudicial canalla vilega de Caldas de Reis. O título depende onde te colla se es un funcionario de tres mil euros ou andas varrendo na praza do viño por catro centos vinte euros cos cascos de escoitar regueton postos...

Barro fráxil,falto de instrución ao longo da historia,subsistente cincocentos anos ou máis.Seis parroquias cristiáns con grandes igrexarios e enormes cabanas, para as que había que traballar gratuitamente. De mestres, incluso despois da lei de escolarización estatal, o rebote a estes ermos chega tarde , coma agora o famoso AVE, facían os que sabían ler, botaban as catro regras e xuntaban cinco letras, a poder ser de noite, na propia casa do ilustrado e pagándolle en moeda ou en especie. Aquí industria cero. Vivíase de matar o cocho, do leite da vaca ou vacas, de vender un becerro ou dunha corta de pinos nunha toxeira casa, ademais de viño, as patacas, a horta, e os cereais cultivados.

¡ Aquí mandaba carallo! E esta xente facía as casas con pedras de río ou do monte, deixaba rodeiras de carro dunha cuarta de profundidade nos camiños do monte sobre as pedras dos camiños principais, cerraba as cachadas con muros de pedra en seco que xuntos cercarían o territorio galego e ao final soterrábanos en cemiterios de xabrenta terra húmida sobre as que medraban xardinciños rectangulares plantados por mans amantes de buxo e outras sebes. Coma comanches, fustrigados, esquecidos, asustados, manipulados, deixados á súa cativa sorte, na franxa translitoral atlántica do dondo Salnés val. Facendo economías heroicas pagaban a contribución da casa, fincas e matos e os cupóns da actividade agraria, vacinaban os cans, pagaban impostos polo carro das vacas e pola bicicleta ao concello chupón, había un dito popular que expresaba:”máquinas de sulfatar na de Moldes ( agora Castromán) e chupóns no axuntamento”.

Sentíanse libres porque traballaban para eles mesmos ata rebentarse e non sabían ler nin escribir, eran analfabetos ágrafos a maioría libres de entender ren, nin de política, nin tiña medios de comunicación invasores da súa miseria ao calor das lareiras.Vivían como podían, o gando abaixo eles arriba. Galiñas poñedoras,cabras,ovellas. Vendían a froita das hortas, e leña do monte na praza da leña de Pontevedra, ían e viñan andando diante do carro das sufridas vacas.

As casas empezaron a ter auga de traída propia nos anos sesenta ( brutal posguerra), milagre levado a cabo por eles mesmos: buscar o manancial no monte, ir cavando longos foxos a pico e pala, meter as gomas, os tanques ou depósitos de cemento sabíanos facer algúns albaneis da contorna asañados das obras urbanas.

Das cidades e das vilas fuxían, eran tratados coma aldeáns ignorantes na lingua  castelá, eles falaban un galego escaso agrícola sen requintes, volvían cansos do asfalto e das normas da vila que nas corredoiras non existían.

O plan Marshal americano a cambio das bases defensivas OTAN trouxo leite en po a mesturar con auga da billa ¡puafff! aos recreos das escolas unitarias divididas por sexos.

Xuntábanse para facer traballos comunitarios, había os alcaldes de barrio,eu andei axudando a tellar a igrexa da Portela e a facer a pista de asfalto da Porriña etc. Aquí ardeu Troia e a biblioteca de Alexandría. Algúns marchaban para terras americanas e non se volvía a saber deles, despois empezaron a marchar para Inglaterra, Suíza, Holanda, Alemaña...

Nas casas dos máis humildes calefacción vexetal e animal, non había libros, nin revistas, nin teléfono, nin radio, nin televisión, só tiñan un calendario con santos e un bichoquiño de luz eléctrica cando veu e antes luz de carburo, farol e velas. De vez en cando viñan frades con santas misións redentoras a poñer cruces de pau e mármore nos penedos do monte e no fronte das igrexas. Aquí como agora na África peor tratada aos cincuenta anos moi traballados e mal comidos eras un vello de noventa. Que veñan agora con democracia,cafeterías,semáforos, autos e motos de exposición ou de gran cilindrada e piscinas. Aquí os vellos en algunhas parroquias levábanos a morrer ao monte: ás brañas lindantes coa Amil ou á beira do río entre o millo nas casas máis pobres como na película xaponesa:”A balada do Narayama” .

Escribo así de fidedigno temperamental e fero para darlle pistas a un historiador heterodoxo que queira dicir a verdade sobre os séculos XIX e XX na Galicia rural. Sobre a guerra civil, sobre os xornaleiros de cavar as parras por unha cunca de caldo e sobre os braceiros dos Pazos e casas grandes. Aquí como parias, unha caste inferior, baixada da historia, dóciles, mansos, cheos de fame, rachados, coma animais de cortello fóra o espírito.

Ano 2020 o que hai ben se come, albaneis, choferes, militares sen graduación, algúns empregados de Citroën, funcionarios, camareiros e camareiras e seguimos servindo aos señoritos da cidade. Aquí pagas escasas de vellos e de xente declarada inútil polo sistema: carne de psiquiatras da seguridade social e de asistentes sociais que viven deles, aquí unha caca pinchada nun pau, silencio, democracia,drogados,borrachos,putas, enfermos acamados. Risga, renda mínima vital.

“Barro es un pueblo tranquilo y hermoso”. As fervenzas de Barosa como refrescadores de pantalla na televisión de Gayoso e Paco Lodeiro.Aquí a transacción política do abulense duque Adolfo Suárez González do 1977 non fixo xustiza, nin educou aos camisas azules reinantes no pobo, aquí todo se tapou con bosta e patada a seguir coas tabernas a emborrachar con cervexas e outros etílicos aos indíxenas. Aquí festa do viño anual, aquí ora por nobis, montes en man común e as contas do gran capitán...aquí churras, churras, churras dos heroes da cruz de Toñito de Poi...Luar de Gayoso e a isto poñémoslle tres bandeiras: A autonómica Galega, a Española, e a Europea, e xa está todo arranxado, que este é bo sitio para a segunda vivenda ou como poleiro de durmir a doce quilómetros da capital da provincia e a vinte de Figueirido Brilat. O que pasa é que aínda que o esquezan cada anaco de terra ten un nome e un propietario distinto, como un encrucillado xigante e a reforma agraria sigue durmindo nos osos de Xoaquín Costa. Vías do camiño de ferro, o AVE unha bouba orográfica, maricón o último, que aquí de borracheiras,drogas,parvos de nacemento,nervios, psoríases, tuberculoses, tifos, tabaco, precariedade, miseria sabemos un pouco.E o que non ten padriños non se bautiza cando a democracia de partidos neste estado de cousas deturpadas o que conseguiu foi dividirnos en bandos e darlle tres postos de traballo de un día cada catro anos aos interventores dos partidos...

Sigan , sigan así, sen entender o baldeiro rural galego, que máis tarde ca cedo isto terán que enchelo con negros subsaharianos, sudacas tatuadores e cantantes ou romaneses chatarreiros que se reproducen rápido e prometen ser grandes bebedores de albariño...Sigan sen entendelo que isto solucionase co próximo ano santo e cando definitivamente caían as máscaras do rostro dos peregrinos ...e deixemos atrás a nova normalidade da covid19... Venres 17 de Xullo do ano 2020. Por rslago.   



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo

  TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI AUTORA: IRIA COLLAZO EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas. SINOPSIS E COMENTARIO...