
CONVERSACIÓN
Andrés: Ao final seica que son parvo. Mellor dito: inútil
e incapaz.
Francisco: Eu estou na mesma situación ca ti.
Andrés: A min peritáronme por medio dun tribunal médico e
puxérono por
escrito en papeis debidamente firmados e carimbados.
Francisco: O meu caso e cravadiño ao teu.
Andrés: ¿ Saberías dicirme onde estamos agora mesmo?
Francisco: ¡Eu que sei.....! pero estamos en algún lugar
do planeta. Deso podes
estar seguro.Porque non creo que sexamos astronautas.....precisamente nós.
Andrés: ¿ E que viñemos facer aquí se pode saberse?
Francisco: Non sei nada sobre o tema.Aí diante sentados
nótase que hai xente
observándonos.Parece que lles interesa o que facemos e dicimos. E
algo parecido a estar sobre un escenario
representado unha obra de
teatro.
Andrés: Non entendo nada. ¿ Que se pode esperar de xente
coma nós? Eu
Chámome Andrés. ¿ Cal é a túa graza?
Francisco: Se te refires ao nome, todo o mundo me coñece
por Paco.
Andrés: Logo de pía bautismal, es Francisco.
Francisco: ¡Está claro! Non pode ser doutra maneira.
Andrés: Non recordo como vin dar aquí a este teatro se me
fío das túas
observacións.
Francisco: Eu tampouco me lembro de nada.
Andrés: Estoume a poñer algo nervioso. Non sei se me dará
un ataque de
ansiedade.
Francisco: Eu estou coas mesmas sensacións ca ti.
Andrés: Ou me da un ataque de ansiedade e póñome a tremer
coma unha
mimosa ou me poño violento e empezo a meterlle patadas no peito a
todo
o que tope por diante.¡ Coidado!, ¡ Perigo!, ¡Cautión!
Francisco: Igual xustiza e data. Quero dicir que, a min,
me sucede algo
moi, moi, parecido ao que che pasa a ti, con toda esta xente diante
caladiña e mirando para nós en plan a ver que pasa con estes dous
matados, inútiles e incapaces.
Andrés: ¿ Quenes serán os de aí de diante? Empezo a ter
curiosidade pola vida
deles e por saber o que fan aquí.
Francisco:Eu non che podo concretar nada. Pregúntallo e
saímos de dubidas.
Andrés: Non, eu non me atrevo a preguntarlles nada.Porque
cando me da pola
timidez non son quen de articular
verba.A timidez é unha terceira
variante do meu complicado caracter.
Francisco: Nin que foramos irmáns xemelgos; eu tamén son
moi tímido en
ocasións.
Andrés: O mellor vai ser que nós marchemos de aquí.(
Vanse)
Francisco: ¿ E a onde imos?
Andrés: A onde nós leven as pernas, xa veremos.Total
vaiamos a onde
vaiamos vamos seguir debaixo dos papeis dos tribunais médicos e así
nunca nós acollerán ben en ningún lado.
Francisco: E todo por culpa da maleta ou do estómago,
porque hai que comer
día
si, día non, polo menos.
Andrés: ¡Polo que hai que pasar para poder vivir!
Francisco: Eu teño que tomar tantas pirulas que me quedo
a durmir en
calquera parte.
Andrés: A min pásame algo moi parecido ao que a ti che
pasa.
Francisco: É coma si xa estivésemos mortos.Ninguén se fía
de nós e só nós
queren para unha especie de teatro no que os espectadores son os
propios psiquiatras que din que nós coidan, pero o que fan e
gañarse a súa vida con nós.
Andrés: E os traballadores sociais o mesmo.Os de abaixo
temos que producir
ata
caer de cu ou senón xa ves o que pasa.
Francisco: Incapaces como son de ter uns empregos dignos,
no fondo
saímoslle baratos.
Andrés: Sóbrache razón, pero claro, quen manda manda. Eu
oín que, ás
pirulas de colores, lles chaman camisas de forza psíquicas, algúns que
non
están nada de acordo co sistema.¡Todo se pode cambiar menos o
xiro
do planeta!
Francisco: Eu que sei, ¡dinse tantas cousas!. Algunha
culpa tamén a teremos
nós.Non se pode enfermar, hai que traballar, competir, producir e
todo iso.O sistema é o que hai.Se o miras
dende outro punto de vista
vivimos sen dar golpe.
Andrés: Estoume poñendo nervioso, moi nervioso, parece
que me vai explotar
a
cabeza.
Francisco: Eu teño moitísimo sono.¡Vivimos sen traballar!.¡Sen
darlle un pau á auga!
Andrés: No fondo saímoslle baratos.( Abrázanse un ao
outro e dormen sobre a
herba dun xardín público).Pouco
despois.....
Bata branca nº 1: Aquí os están, son eles: O Pisa brava e
o Pirata, dormen
abrazados coma dous amantes.
Bata branca nº 2: Seica acaban de rebentar a función do
Teatro Principal. A
xente non sae no
seu asombro.¡Están todos moi asustados!
Bata branca nº 3: ¡Collédeos! ¡Collédeos!, que non escapen.....
Por R.S. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario