A MATRÁCOLA E A SORTE DO PAXARIÑO
Nunca sabes como vai suceder de
verdade a matrácola onde acabas meténdote de maneira case Laplaciana e todo
determinista, aínda que claro o determinismo absoluto sexa un cisne co pescozo
retorcido dende que, unha partícula cuántica, pode estar e dous sitios
distintos á vez. Penúltima ebriedade dos científicos que, teñen que inventalo
todo, próximos á poesía; tal e como lles pasa os xuíces do Supremo e do
Constitucional, na súas xurisprudencias pronto literarias.
Claro que, aos científicos, mal
que ben as malditas bombas atómicas funciónanlles, como lles funciona o
combustible ( plasma ) dos foguetes espaciais, para que as áridas ecuacións
collan garbo de ser tan útiles coma lóxicas i eficaces.
O caso dos xuíces é distinto eles
resólveno todo a base de: costume,lei, principios xerais do dereito , a súa
propia xurisprudencia e unha pingas de
Xoán Ramón Ximenez , o autor de :”Prateiro e eu” cando non hai máis para onde
ir.
Ademais os científicos sempre
poden sacar peito a base de alunizaxes no noso satélite natural e fotos dende a
órbita de Plutón para ensinarnos que só somos un punto azul pálido na
inmensidade do cosmos; logros todos estes de quitarse o sombreiro e facer
reverencias laicas sen cesar.
En cambio os pobres
xurisprudentes quédanse na poesía vangardista de ir mantendo a paz social entre
metáforas xurídicas, metonimias e sinestesias máis ou menos logradas, que de
paso lles permite sentirse un pouco artista, un pouco Torquemadas, un moito
inútiles e burocráticos, pero básicos á hora de impartir un pouco de xustiza;
que entre réptiles, paxaros, bolboretas e lobos non hai tal cousa.
Científicos e xuristas outro
desconsolado día, vistos dende o punto de vista das prostitutas de estrada, que
queda tela para vestir de xograr a un Tirano saurios rex e aínda segue sobrando
tela para armarlle tenda de campaña ao lagarto e dotalo dunha ampla bolsa da
mesma tela onde poida gardar os seus útiles de aseo e beleza o animal.
Hoxe como se di ao principio
deberíamos volver sobre non saber nunca como vai suceder a matrácola onde andas
metido; cando a auga do acuario está turbia e hai tempo que o dono da casa non
aparece polo domicilio, para que haxa algo de limpeza e alimento.Andas metido
no mundo da creatividade, sen rede, coma un funambulista, que atravesa por riba
dun canon fondísimo un río bravo de augas turbulentas, en Honduras.Aí estás
coma un paxariño caído do niño a punto de ser devorado por un inocente asasino
doméstico, un gatiño europeo, que se te pilla non che perdoa. Por iso agradeces
a man concienciada que te devolve ao niño e a partir de agora vas abrir a boca
máis ca ninguén, e vas cravar as patiñas contra os carrascos do niño coma se
foran ventosas, tes unha segunda oportunidade...amigo non decepciones a man
concienciada que cha regalou e cando voes, pensa no home que hai detrás da man
que escribe e recolle pobres paxariños coa tiña coma ti.
Si, porque el está cerca das
enormes fauces dun lagarto extinguido, metido nunha matrácola de listos e
espelidos que non dan un balón por perdido e calan coma sepulcros saqueados,
porque todos eles caeron do niño hai tempo e aínda que tratan de saborear a lei
da física que di: “ O cadrado do período orbital de cada planeta é igual ao
cubo da súa distancia ao sol”(Johannes Kepler 1619) teñen moito medo do gatiño
doméstico europeo e do mítico lagarto extinguido , porque eles tamén andan
metidos nunha matrácola persoal case determinista de sete estalos ou máis por
cabeza. Por R.S. Lago , para todos vostedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario