UN SORRISO ESCÉPTICO
De
vez en cando o único que importa é salvar a pelexa, seguir vivo, contra todo e
contra todos.Existencialismo puro e duro, non queda outra opción.
Porque
só vés personaxes polas costas, orellas peludas e xente con presa.
Os
máis novos andan, como máximo, nos brazos de Don Amor, metidos no interior de
prendas deterioradas, cheos de tatuaxes tribais e pircins de faquires.
Os
máis vellos de maneira cruel e inxusta, están sós nas esquinas polas que saen a
pasear os ratos, ou fan excursións e viaxes indeterminados por xeografías
fugaces, para esquecerse da data de nacemento.
Entre
tanto, nos medios de comunicación, só se proxectan guerras, atentados ,
propostas políticas alporizadas,todo coroado por luxos faraónicos que, conculcan
calquera palpito, do sentido común.
A
conclusión de todo isto é un sorriso escéptico, amargo, triste, que non pode
prolongarse moito no tempo a risco de converterse un mesmo, nunha bíblica
estatua de sal.
A
vida é como andar en bicicleta se te paras caes, isto díxoo alguén de maneira
atinada.
Por
iso hai que seguir facendo tronar a gallarda cabalería para en primeiro lugar:
romper o infinito e eterno silencio e en segundo lugar:por botar as letras e
ver o que sucede coa aviación do inimigo.
Porque
tal como están as cousas, é coma se un hipotético programador informático
cósmico, por veces, se dedicara a escribilo todo ao revés nas invisibles e
máxicas membranas da tan relativa cuarta dimensión: o propio tempo envolvente
das outras tres dimensións (largo, ancho, e alto), que é a nai e o pai de todo
isto, dentro da segunda lei da termodinámica.
Menos
mal que a primavera chega puntual e nin sequera repara nunha hipotética e cruel
guerra que se poida estar producindo entre as súas flores e os seus zumes imparables.A
primavera é tamén unha existencialista de manual.
Así
que, de vez en cando, o único que importa é seguir vivo.Existir por existir,
ser e estar, sen outro obxectivo adxectivo, co pensamento en punto morto,
ausente por hixiene mental da chagorza inmunda na que, anda convertida na
actualidade, a convulsa socioloxía española. Por
R.S. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario