NEGOCIOS
Hai
que ser o que hai que ser e deixarse de caralladas. Non se pode pretender, por
exemplo: ter catro ou cinco casas e despois non telas limpas e
presentables.Porque claro, as cousas só teñen un camiño vero e acertado.A min
que non me digan que, si isto ou aquilo ou o de máis alá e despois vas ver o
que verdadeiramente hai, e tópaste co que te topas ¡claro! xente moi cansada,
atenta ás modas como máximo e traballar que traballen os chinos que, para iso
son da color esa, que seica lle da tan mala sorte aos artistas.
Eu
sei ben o que digo, o que pasa é que ás veces o silencio ten o prezo do ouro e
non fai falla ser moi listo para acreditalo.Aquí agora mesmo, hai montada unha
san francia, de prognostico reservado.Porque ben mirado, chega cunha soa casa
para vivir. ¿ Para que queres as outras catro casas? Claro que hai moito
especulador con vista de mercado, e fan traballar os cartos mentres eles xogan
ao golf ou montan un cabalo pura sangue e agardan por novos negocios cabo do
móbil que levan enriba do corazón ou directamente cravado nas orellas por medio
duns cascos ou coroa de espiñas.
Que
¡ ollo! todo isto é moi propio de sociedades post capitalistas coma esta e xa
non lle estraña a ninguén.Pasa aquí e en Roma e ata na Santa Sede por moito que
o papa Francisco lle lave e bique os pés aos mafiosos.Non hai outro norte, nin
ten porque habelo.Carto atrae carto e o demais é literatura, arte, un delirio
de mentes incapaces de facer negocios, de patear a rúa, de reformar e vender
dobrando os beneficios.
Falando
claro e en prata, se fai falla, unha casa non é nada, cero, lixo, nada; un
edificio enteiro ben situado, unha urbanización axardinada, con seguridade
propia, pistas de tenis, piscinas, a vila imperio romano de algún rico que
quere facerse con líquido urxente para gastos imprevistos, unha mala rafa coa
ruleta ou co póker, o piso da querida, ou para facerlle fronte a multas da
facenda en fase de embargo executivo, que tamén pode pasar algunha vez.
Hai
que ser como hai que ser e deixarse de caralladas. Porque se vamos ao caso,
aquí logo nos queixamos de traballos precarios, man de obra explotada, soldadas
baixas, pero claro non podemos ser todos ricos, iso enténdeo un analfabeto
ágrafo. Non quería falar aquí de clases sociais en relación coa presunta
igualdade democrática diante da lei, nin de castas coma na India, pero claro,
píllase antes un mentireiro ca un coxo e hai que botarlle o que hai que
botarlle e comerciar, mover a pasta; que ninguén vai por aí dando dez euros a
cambio de cinco, porque amigos todo vén dando alí en definitiva: Negocios.¿Está
claro? ¿Expliqueime?, pois veña: ¡Champaña e
Nenas ao salón! e por suposto isto non é obstáculo para que non se siga
adiante coa política de coutas e paridade entre sexos, ou coa metafórica e tan
ben traída ruptura dos teitos de cristal e o tan necesario atranco das portas
xiratorias.
Que
hoxe por hoxe, en pleno século XXI, ninguén dubida de que todo é negociable
e que se pode falar do tema que se
queira tranquilamente entre as persoas cuns valores
básicos.....tiri,tiri,ti,ti, tiriri,tiriri .....un momentiño e xa seguimos.....Si,
Si, compra, compra. Tranquilo polos dous octoxenarios ocupantes da vivenda.¡ Ti
compra!, que non hai ningún problema.....¡compra!.....xa che direi o que hai
que facer con eses pobres desgraciados.Para que seguir.....Negocios son
negocios e o demais é traballo escravo; e calo, calo, que ás veces estase máis
guapo calado. Para todos vostedes, amigos e
seguidores, con cariño e moito respecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario