mércores, 31 de marzo de 2021

"As espadas tesas"; en frase do meu psicanalista.

 






                                            Para o doutor psiquiatra Xosé María Blanco Lobeiras

 

Vinche de esguello os ollos húmidos blanco lobeiras xosé maría

¿qué estaba a pasar no teu despacho de psiquiatra no hospital provincial?

xusto aquela mañá invernal do xoves 11 de marzo do ano covida 2021

preto de trinta anos de espadas medievais afiadas e tesas entre nós

ti admitindo a posibilidade do erro da túa respetada mirada clínica

 

movido polo candor fraternal dunhas irmás empodeiradas e as acusacións de Loli Dios

enraizadas todas elas no subsolo dun feminismo ultra histórico

que agora ve xigantes con facilidade e brama polas gheisas da vella Yedo incluso e si fai falla.

Ti desarmado coma un guerreiro sen coiraza invitándome a que te denunciase

por abuso de poder supoño,eu intransixente, áspero, perturbado

 

pola opción de quedar no conxelador cinco días

ben comidos á carta, entre xente pinciana oficialista

e os outros danados cada cal galopando a súa propia nereida lastimada

qué estaba a suceder de intrahistórico aquela invernal mañá de marzo

para que eu me poña a reflexionar sobre ela e teña presente o teu informe

 

a conferencia vía Sky coa traballadora social e o rapaciño xuíz aínda con cordón umbilical.

estaba a suceder a discordia,o parto, o choque das espadas medievais, o alumeamento

de dúas mentes maduras, a distancia firme e ben basada

entre o home das cabezas boureadas pola existencia a granel

e o simpático escritoriño de provincias ao que a poceira lle vén mingua dende sempre...

 

ese día tiña tan que chegar e chegou coma unha onda soñada por surfistas de pelo cano

¿en que milonga rara andaríamos cheirándonos senón ocorrese a ruptura da baralla

pola metade gorda do mazo fournier ¿ comprendes vello amigo?

estou a dicirche que a miña cabeza existencialista non ten cura

pouco máis ca sedaciòn se pode facer por ela dende o trono das batas brancas.

 

¿ Comprendes pedalista, porteiro de fulbito ? pois deberías estar chamado a ser

a voz científico hipocrática crítica dunha xeración a pouco que te deixes querer.

Porque aquí todos somos ríos, ríos diferentes en busca da sentencia inapelable do mar

non me asusta, nin me abraia o sistema que te ten Prometeo encadeado coma a outros cocos

eu son e quero ser libre sempre e alá tí coas túas costas freudianas reiventando a psicanálise.

 

Riste, ríome , rímonos da provincia trinta e tres que poboamos

¡claro que deberíamos ser grandes amigo lonxe da corte dos milagres!

¡claro que é xusto facernos un oco un no corazón do outro!

A vella secretaria corta fogos, o número de teléfono privado, a consulta pola tarde

os achaques da idade, esa filla tamén psíquica chea de potencia: Tania

 

Estas cousas hai que escribilas así e eu neso cumpro coma  o eco dun val umbrío.

fatria, megalomanía, Suso de Toro, as entrañas do luminoso sol anano amarelo

todo iso é caca de curuxa detrás do altar da igrexa da Portela.

Amigo Blanco a ninguén lle gusta que lle repelen as ás a ollo clínico e familiar

en verdade amigo intenteino , semella que isto non vibra no diapasón alto que tentaba

 

pero hai amigo agora sei ,ao barallar as letras, que a ti toparásete sempre

polo camiño da liberdade, da xustiza, e do humanismo sempre, sempre

e iso , nos tempos que cimbran e coma dicir bebemos e alimentámonos da mesma luz sideral

ou da mesma auga máxica dos cinco ríos: Eume,Tambre,Ulla,Umia e Lérez

coma símbolos da nosa amizade que nas súas ribeiras énchense de flores cada primavera. 

                                   Sábado 18/3/2O21


Ningún comentario:

Publicar un comentario

EL FLIPADO DE LA MOTOSIERRA LIBERAL, UN TAL JAVIER GERARDO MILEI...

EL FLIPADO DE LA MOTOSIERRA LIBERAL Javier Gerardo Milei (1970), 1.78 de estatura, 80 kilogramos de peso…el flipado de la motosierra liber...