sábado, 16 de decembro de 2017

O QUE PENSA NELA


                        O QUE PENSA NELA
Deitase na cama e pensa nela.Acende un cigarro e pensa nela.Conduce no coche, pon música, come , dúchase, vístese, peitéase e segue a pensar nela.
O que sucede é que ela ten mozo formal xa fai tempo e en realidade non quere nada con el e co mozo si, que para iso é mozo formal dende xa fai tempo.....
Ao mozo quéreo moito, tanto que si o que pensa nela lle dixera por un casual, que ben podía mandalo, coma xa o teñen mandado outras mulleres a el. O que pensa nela, si lle dixese iso, se tivese valor que lle sobra para dicirlle algo e moito máis ao mellor ela pensaría que estaba algo maxara chiribí, e ao mellor non: ¿ quen sabe ?. O máis probable e que si , que pensase o que se dixo antes e aínda máis, que lle puxese mala cara ou que mesmo o insultase: todo por culpa da fidelidade e do amor que lle ten ao outro.
E claro así as cousas o que pensa nela un día destes non vai aguantar máis e vaillo soltar todo así de corrido e por miúdo, que el non ten culpa de estar enfeitizado dela, das súas curvas e redondeces e do seu cheiro, cando asoma polo café onde ela traballa para mercar nicotina básica a barullo.
Vaillo dicir iso está cantado e que pase o que teña pasar que ao mellor ela, avisa ao outro e ármase unha boa. E ao mellor non lle di nada porque se fai cargo da situación e aínda que siga co outro, co mozo de toda a vida porque lle gusta máis e é máis cariñoso, mellor persoa e tal, máis listo incluso, máis rico, máis xove e moito máis guapo e agradable, sentirase querida e iso non acaba de ser malo de todo tampouco.Porque o mellor que lle pode pasar á xente é que a queiran. Diante da admiración e demais sentimentos positivos o cariño e o amor sempre.
Por iso o que tanto pensa nela, pese a que non debía dicirllo por coma quen di, non andar a axitar o poleiro das reprodutoras postmodernas, en plena representación cutre do Kamasutra oriental, calquera xornada destas vaille dicir se quere ir ao cine con el e entón ela decidirá o que decida a sabendas e tendo en conta que o home e fogo e a muller estopa e que ben o diaño e sopra e que a tal caneiro aberto que debe ter a moza na actualidade, seguro que lla súan medio cento de clandestinidades a xeito. Que o que pensa nela , tampouco ten culpa de coñecela , desexala e vela a cotío.
Coñecendo ao que pensa nela, a cousa está cantada, á menor ocasión clarexarase diante dela, aínda que despois teña que andar coas orellas agachadas se lle di que non como é pouco probable, porque ela bota por fóra ás claras, e ao mellor non lle chega co mozo formal de toda a vida e así as cousas non lle fai ascos a unha clandestinidade pracenteira e saborosa sen compromiso e tal.
Que no tocante a estes asuntos, tamén hai quen di que non se debe andar a interferir en amores consolidados e terán razón , pero que lle vai facer o que pensa nela, se tanto a ten metida no miolo, será precisamente porque a precisa , a desexa, a quere para el e o demais son contos e por intentalo que non vaia quedar. Que se non acepta a invitación ao cine acabouse a teima esta e tan amigos.
Estas cousas pasan afortunadamente porque non é fácil mandar no corazón da paixón e si por un casual ela acepta ir ao cine, xa verá como o que pensa nela a tratará coma unha raíña, coma quen di a caneiro cheo e sen brida nin gabardina inglesa, facendo por criar ventre en gardando no cru coa naturalidade da vaca pinta que vai ao boi entre nós.
Aínda que: ¡ outra vez ! ao mellor non está ben en recta conciencia poñamos que apenina andar a remexer en paixóns fortes e amores acrisolados coma o dela cara o outro: o mozo formal de toda a vida, por si se lles esqueceu.De todas todas o que tanto pensa nela teno claro e que se foda o mundo pequeno. Para iso que non sexa tan así como é o mundo este da cotianidade e ademais para iso que non se coñeceran.
O problema é o outro, o xefe do caneiro, que ao mellor non hai color por innumerables calidades e circunstancias propias da cultura que mamamos e que algúns cospen montados nun feixe de billetes verdes, roxos ou lilas. Aínda así o que pensa nela, nin por esas se apouca e insiste. Ela ten a derradeira verba.
Claro que se cadra xa a cousa entre ela e o outro , o xefe do monte de Venus , anda moi adiantada e non hai caso, pero nin por esas o que tanto pensa nela se ben abaixo de moral, e xa se di aquí que á menor ocasión : ¡ zas !, revíralle o corazón todo alí diante do café con leite e os tenros donuts e ela entenderá acaso con lenturas maiores no guecho e a partir de aí vida privada.
Porque o que pensa nela estou por dicir que actualmente xa a súa ben suadiña, pero o outro e moito outro que mesmo se lle debuxa por veces na face dela. Por iso ás veces o que pensa nela con certa repugnancia aparta os ollos da camareira para non ver como o xefe do caneiro, o outro de toda a vida observa gardador e vixiante e ponse a ver o que non debe ver: el mesmo o que pensa nela, pouco a pouco ganando terreo e pousándose entre amoroso e deséxante, furtivo e clandestino nas faccións e demais superficies moles da camareira, espazo físico corporal que debería ser só dela en honor á natureza física e psíquica das persoas humanas, pero no que pouco a pouco a base de anos e compenetración, noivados longos, vai asomando a face do outro.
E ben dicir para rematar, que si , que houbo cine e moita vida privada. E o que pensaba nela, un día advertiu como o mozo de toda a vida se esvaecía casque por completo da face dela e foi entón cando o pensador soubo que a camareira era del, el era o novo xefe sexual do caneiro e a cousa xa comezou a non ter maior interese ca aqueles demorados festexos a luz da lúa na Lanzada, Montalbo ou na praia de Bascuas. Por iso o que pensaba nela, empezou a cavilar noutra e logo noutra e noutra máis e ben iso é todo dende un precioso pobo de arxila.....Por R.S. Lago para todos os meus queridos amigos, cos meus mellores desexos, nin un paso para atrás me está permitido a min...saúdos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Poema contra el imperialismo yanqui

  TRES DE LA MADRUGADA ROTAS EN BOGOTÁ SANGRIENTAS del infausto día tres de enero del año dos mil veintiséis del gran zanahorio republ...