luns, 11 de decembro de 2017

O CAN

                               
                                        MIÑA NAI: AMELIA TABOADA GÓMEZ.


                                   O CAN
Rematada a feira de exaltación dos amorodos, careixóns,morangos ou morotes, que cada ano polo mes de xuño ten lugar no municipio de Xabre, coincidindo coa festa do viño e unha vez que, os feirantes levantaron os seus postos do campo da festa lindeiro co edificio concello, alén da varredura con que o  evento nós soe agasallar,sucedeu que deixaron abandonado un can de raza indefinible; un can de  palleiro na lingua popular.
Ninguén dos moitos entendidos que ten o pobo este, sabe que se pode facer con el , porque metese na estrada nacional, pisa nas bandeiras españolas ( hai unhas plantas chamadas así dende que, ía a escola este correspondente e por non saber o mesmo o seu nome científico, aínda que lle gustaría, chámalles á maneira do común ) e nos tulipáns dos xardíns e aínda que xa o viñeron ver chatarreiros quincalleiros da capital da provincia, non o deberon encontrar o suficientemente agresivo, para convertelo en vixiante xurado dun cemiterio de coches usados que teñen para aí para a parte de San Vicente de Cerponzóns.
Entre tanto seica que o pobre do can , pediu ser recibido polo o concelleiro de medio ambiente de Xabre e o aludido dixo que non podía recepcionalo dado que el non domina o inglés para poder manter unha conversa civilizada, cousa que a el o honra..... pero que ao can non lle debeu sentar moi ben, pois diante deste estado das cousas, seica que dixo non haber dereito a que o estean tratando deste xeito e anoxado seica que comeu tres pitos fillos dunha galiña de pescozo pelado que, teñen os de Patacón licenciada de poñer ovos dende sempre, garbeándose as súas anchas polos terreos da feira, fóra dos días da festa anual referida.

Despois deste sucedido, unha empresa de aluminios en plan propaganda máis ben, vaille facer unha caseta prototipo ao pobre can con cuarto de baño e nas mesma liña de intereses que, aquí non da ninguén puntada sen fío ( excepción feita de algúns correspondentes coma min que escribimos gratis polo gusto de ver o noso pensamento en letra impresa pasando a engrosar así as ringleiras dos parvos letrados),os restauradores do municipio prometeron prato do día vitalicio para o chucho e os panadeiros pastel de mazá tódolos domingos e festas de gardar.O can agora xa véndose máis agasallado e querido dálle harmonicamente ao rabo e o concelleiro de medio ambiente cavila , por non se sabe que cousas que se lle meten na cachola a el só, que debe ser de nacenza o tema, e esta emperrado en que o can fala en inglés de Liverpool e xa encargou un método rápido de gran bretañés, para manter conversas co can, posto que ademais o doméstico seica que sabe moitas cousas de tanto ter andado de feira en feira e como logre entendelo o concelleiro, a cousa vai ser soada e moi , moi novidosa.E ademais se cadra e de paso, aprendemos todos algo que boa falta nós fai por aquí a todos..... por R.S. Lago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo

  TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI AUTORA: IRIA COLLAZO EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas. SINOPSIS E COMENTARIO...