
CRÓNICA DUNHA DECEPCIÓN.SOBRE
A FALECIDA POLÍTICA SOCIALISTA CARME CHACÓN PIQUERAS.
Para falar de alguén a mellor
posición é a que outorga o trato directo.Coñecer dende o día a día; lonxe das
páxinas dos periódicos ou das diversas pantallas dos bichos dixitais que nós
sitian e que supostamente manexamos nós.Estoume a referir á distancia curta,
que converte aos personaxes públicos en xente normal e cotiá, con problemas e
obsesións semellantes ao común:as solas desgastadas dos zapatos favoritos, o
libro pendente de comprar do que nós falaron moi ben, o extravío dunhas gafas
de sol, a preocupación polo cambio climático e sobre todo pola illa de plástico
que, flota á deriva por algunha coordenadas imprecisas do océano Atlántico, ou
polo prezo da tónica no bar do Congreso dos Deputados...como digo de cerca
percíbese mellor o armazón físico e psíquico que, a sabia natureza, ideou para
a viabilidade de cada ser humano.En cambio,de lonxe e de noite, todos os gatos
son pardos.
Aínda así influídos polas letras
de actualidade de algún vello amigo e tamén pola inxustiza metafísica do
acontecemento, hai ocasións nas que, nós tiramos á piscina cos ollos pechados en busca do feitizo das letras a ver si somos
capaces de tecer algo digno de lerse e comentarse, en base a un tipo de escrita
dinámica, que , ten por primeiro lector, a quen escribe. Eu chámolle sobre todo,
¡botar as letras!, coma quen bota as cartas do tarot e a ver que sae.Sobre todo,
non sei como expresalo mellor, trátase de pensar escribindo.
CARME CHACÓN PIQUERAS. (Esplugues
de Llobregat 13 de Marzo do ano 1971 – O domingo pola tarde do día 9 de Abril
do ano 2017 na soidade dun hotel Madrid). Os parénteses ben alimentados e
datados, indican que unha vida de muller breve acabouse ad infinitum.Claro que,
esta señora militante do Partido Socialista dende a adolescencia, foi a
primeira muller Ministra de Defensa, durante a presidencia do goberno de Xosé
Luís Rodríguez Zapateiro: “O discreto”. A mesma que, nun estado avanzado do
embarazo de risco, lle pasou revista ás tropas en formación de honores do
exército español.O poder civil dunha fémina, mandando sobre todas as espadas
espidas e cruzadas máis as estrelas dos Xenerais, cargados de medallas e
indicativos de colores, adquiridos afortunadamente en tempos de frutifica
paz.¡Vale máis unha mala paz ca unha boa guerra!.Iso sempre e para sempre
xamais.
Fálase dunha muller loitadora,
cuns principios socialistas profundos e firmes, dialogante, moderna , entre
outras virtudes.O certo e seguro, a touro pasado, é que é unha perdedora
biolóxica; non se pode, nin se debe morrer aos 46 anos.Iso debería estar
prohibido. Pero ela, seguro que contra a súa vontade, morreu, deixando orfo
para máis inri un fillo de pouca idade: Miguel, nado o 19 de Maio do ano 2008 ,
que se atreveu a concibir en contra da opinión de algúns galenos expertos en
cardioloxía.
Porque claro o que mellor explica
á Ministra Chacón ( por certo apelido de orixe galego) é a existencia dunha
enfermidade conxénita, consistente nunha inversión auricoventricular coñecida
como “corazón ao revés”, o seu corazón latía a penas a 35 pulsacións por minuto.¡Aí
está a clave! , a disfunción orgánica que explica a esta interesante e
prometedora política.Non sabía dar marcha atrás , nin parar, porque non llo
permitía o seu íntimo latexar.Vivía pendente do disparo natural algo por diante
da maioría – que somos todos sen excepción – os que, dependemos da víscera
choutante, para mover os cinco litros de sangue polo biotipo ou carcasa
humanoide adiante, para que poidamos seguir vivos e coas capacidades psíquicas
e motoras intactas.Neste terreo, un par de minutos ou algo máis de detención do
mecanismo, poden resultar fatais para un organismo.Falamos da vida en estado
latente.Se calan os latexos a vida apágase.Non somos un electrodoméstico que se
pode enchufar e desenchufar do fluído eléctrico ao noso antollo, ¡non!, o ser
humano está sempre conectado e latente dende o minuto un ata o derradeiro
latexo.Así o quixo a evolución e así ten que ser por imperativo categórico.
Dito todo o anterior, é o momento
de falar do Congreso de Sevilla, onde por vinte e dous votos, no ano 2012, hai
cinco anos, con 41 anos de idade Carme Chacón, foi superada polo rancio,
cáustico e caricaturesco ( a min honestamente recordábame a Filemón) profesor
cántabro de Química, e de supoñer que
“inorgánica”, Alfredo Pérez Rubalcaba ao que aínda así, hai que agradecer e ter
en conta os servizos prestados, á nación española.
Alí, na Sevilla da infancia de
Antonio Machado, algúns dos que agora a choran craváronlle o aceiro de morte
temerosos dunha catalana unionista e patriota.Puido ser a primeira secretaria
xeral muller do Partido Socialista e probablemente de paso a primeira muller
presidenta do goberno en España, pero non o quixo a tantas veces estúpida
democracia.Así aquel congreso acabou devorado por la sensatez e Carme Chacón,
ao meu xuízo, ferida de morte.Impartía clases en Miami, daba conferencias,
fichara por un bufete de prestixio da capital de España.Latía a unha velocidade
distinta, non a comprenderon; morreu soa un domingo pola tarde nun hotel da
capital. Tiña pouco tempo e non a deixaron ser por un puñado de estúpidos
votos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario