domingo, 4 de setembro de 2022

Opinión sobre a parroquia da Portela do concello de Barro...



SOBRE A PARROQUIA DA PORTELA DO CONCELLO DE BARRO

¿Meter a cabeza debaixo da area como fan as avestruces no deserto e pasar de todo?... ou ¿discrepar cando nos parece que non se fan as cousas como é debido?... a primeira é unha actitude tan cómoda como pasota...a segunda é unha actitude democrática, leal e valente...por iso me vexo na obriga de dicir que, na parroquia da Portela do concello de Barro, todos os anos se premia con bebidas varias, empanada e rosca aos asistentes á misa do correspondente santo do día, mentres que os non asistentes quedan a xaxún.

Isto sucede porque se confunde a igrexa coa comunidade de montes. Igrexa e local da comunidade están moi próximos, debe ser por iso. Desta maneira, a parroquia é un niño de ultra conservadores que, cheos de fe cristiá á saída de acto relixioso, mastocan , beben e danzan cheos de aparente ledicia; mentres que os que non van, por riba de non encherse nin danzar coma os primeiros, son oficialmente os vencidos diaños desta aciaga parroquia, chea de fundamentalistas católicos, pronto talibáns, con ideas políticas moi cuestionables.

Así as cousas, os “míseros miserables” ( nótese a paronimia coa verba misa), son os que mandan e runfan como únicos representantes da parroquia...isto dende que teño memoria e para sempre. Porque os discrepantes, que hai bastantes, creen que, con ignoralos e deixalos que se farten e bailen, para colgar despois os vídeos nas súas redes sociais, xa se delatan a si mesmos.

Na Portela, o que hai que facer é apartar o relixioso do político dunha vez por todas. Sacar a pitanza sacramental de despois da misa solemne e facer unha merenda fraterna pola tarde. “A deus o que é de deus e ao césar o que é do césar”, pero coma ata agora non...que a comunidade de montes non ten por que, nin debe facer proselitismo cristiá...dicindo isto creo que cumpro e engado cunha segunda frase bíblica: “déixaos que non saben o que fan...”; si, porque son testemuña de que levan así unha carrada de anos...¡que escura tristeza!.. é que creo que son coma pedras das pedradas...indolentes, rutineiros, inconscientes, bárbaros e sen luces...e non, non me fai feliz ter que opinar así de duro...  por rslago.





venres, 29 de xullo de 2022

O TALIBÁN DE BILBAO






                                                 O TALIBÁN DE BILBAO

Vendo na televisión pública o debate sobre o estado da nación, sentín mágoa diante da intervención de Santiago Abascal Conde, confrontado co presidente do goberno Pedro Sánchez Pérez Castejón. Mágoa dixen, moita tristeza e un pouco de vergoña allea tamén.

O atilado presidente e voceiro dos ultraconservadores de presencia robusta, ben comido e mellor vestido con terno a xogo coa súa impecable garabata azul mariña e feroces ollos brillantes, coma espellos cóncavos incapaces de ver máis alá das súas arengas, todo un sporman capaz de ensartar nun fío de seda viperino un monte de disparates sen inmutarse, froito da  particular lectura do momento socio político actual que fai o seu grupo de señoritos metidos nas cousas públicas, é un provocador que se cree as súas propias mentiras.

Actúan estes próceres a imaxe e semellanza da francesa Marie Le Pain, entre outras glorias europeas, nun perigoso intento de resucitar os fascismos de entre guerras mundiais que tanta infamia e dolor trouxeron ao planeta. Queren estes salva patrias, artellar un cerrollo tardo medieval sobre as conquistas dos dereitos sociais da Europa dos pobos e as súas xentes, ¡non son de fiar!

Convertese así o talibán de Bilbao de nai coruñesa, nun elemento irrespirable, agresivo e sen calidades de home de estado asentado na mesura e na prudencia. Apoiado por 52 confrades museísticos da súa mesma corda zoolóxica, o fala barato vasco, sobe ao estrado da cámara lexislativa para dedicarse a oporse a todo o que o goberno socialista, nestes momentos de crises xeral, propón para frear a inflación de xa dous díxitos, neste lamentable intre bélico nacido da intolerable guerra de Ucraína, na que o gran sátrapa ruso Vladimir Putin sofre delirios de Pedro o Grande, na súa asasina pulsión imperialista.

En fin, en momentos, polas formas e os acontecementos bélicos, próximos a un estado de guerra mundial, coas capas máis desfavorecidas da sociedade sufrindo estreiteces, o capitán ala triste dos ultra vox, dedicase a discursear oratorias viles, falta á verdade con alegría impropia e comportase como un irresponsable de chiste que, fai as delicias do seu superior grupo de elixidos, para salvar o reino das españas das terribles hordas nazarís entre outras prestancias...

Electo polo pobo soberano en eleccións democráticas libres e directas, indubidablemente é un alto representante da soberanía nacional no congreso dos deputados e non vou ser eu quen lle negue a lexitimidade que ten baseada nas leis vixentes, nin lle coarte a súa liberdade de pensamento e expresión na tribuna de oradores diante dos taquígrafos da institución...o que si podo e debo facer é criticalo, sinalalo e amosalo coma un deputado presidente e voceiro de escasas luces, faltón, cruel, provocador e nada edificador do ben común que esixe no seu articulado a constitución de 1978. Vergoña lles debería dar a Santiago Abascal Conde e aos seus acólitos dicirse nestes momentos representantes do pobo español, porque sempre risoños e festivos coa que está caendo sobre as bases da pirámide social, eles semella que están no congreso para mellor pasar o seu ocioso tempo de señoritos de altos berces, ocupando tribuna preferente diante dos acontecementos tinguidos de realidade urxente que eles espirituosos nin olen, coas súas napias de xirafas confundidas. Oíndo ao seu líder deime conta de que non son xente do común, eles son pescozos estirados, colos duros, luvas brancas, prohomes e mulleres fantasmais e bretemosos dos tempos máis mesquiños e saen dun mal soño de retrógrado espanto que, como en hábil dialéctica lles dixo o presidente socialista: só teñen sitio nos armarios do pasado...¡confórtame que en Galiza aínda non tocasen pelo!

E, non, non sentín ningunha felicidade a ter que escribir isto, sobre uns compatriotas que aínda que deputados, só serven para confundir ao pobo chan, apoiados polas mellores medallas de cada casa, cada barrio e cada pobo...saudosos todos eles da peor das españas posibles, a falsa, a insolidaria, a traizoeira, que se pon dos nervios diante de palabras como liberdade, xustiza e prosperidade...rslago 12.7.22    

luns, 2 de maio de 2022

BARRO (Poema) da fistora do Lombo da Maceira Eva Espido que mo entregou a min...

 



 

               BARRO

Eva Espido a muller inspirada do Lombo da Maceira

A propia fistora de parroquia da Portela

Onte xenerosa entregoume un poema sobre o concello de Barro

Que en letras presentase desta maneira:

 

“Barro: a carne do edén rebentado

37.7 km2 de extensión en forma de amizosa folla de hedra

3.746 habitantes, temperatura media 13º c. 81% de humidade

Seis Parroquias de norte a sur: Valiñas, Barro

Agudelo, Perdecanai, Curro, A Portela

Fervenzas de Barosa, dezasete muíños fariñeiros

¡ moito mantivo Barosa daquela!

Pazo da Crega, Casa da Torre, Casa Losada Amor

Castros, petróglifos, doce igrexas cristiás

Pobo de estrada atravesado pola N-550, a AP.9 o camiño de ferro

E a rota xacobeo portuguesa seguindo o itinerario

da Vía romana XIX da época de Augusto.

 

Barro: capital administrativa o San Antoniño

Entre os ríos Umia e Lérez localizado

Casa nova do concello de pedra granítica con dúas torres ameadas

Antiga casa do concello convertida en centro cívico.

 

Barro: A carne do edén coa que na xéneses bíblica

Un deus tan inicial coma imposible fixo a Adán e Eva

Agora mesmo un municipio dos sesenta un da provincia de Pontevedra

Administrativamente de terceira categoría

Son elixibles nas furnas once concelleiros

Pobo de estrada e de paso urxente polo común

Nos anos setenta tivo cámping para atraer turistas.

 

Barro: A carne do edén triturada

Polos fracos empregos do oitenta por cento da xente

Inferno pequeno, sempre calado e sufrido

No que só un vinte por cento traballa con todos os dereitos

Aquí o que hai ben se come

E aínda hoxe con tenteos de parcelaria intermitentes

Demorados, burocráticos, elípticos e burlescos

Non sabemos que xogamos a ser

Sobrevida terra de viño albariño e o resto a margaritas.

 

Barro: A carne propia de facer cerámicas

E hai quen as fai moi ben pero non se expande e contaxia

Barro xacobeo, Barro urbano na rúa das Baladas

E no San Antoniño a súa capital oficial

Nas leiras agora cebolas e catro vacas pacendo

Eu non sei dicilo doutra maneira

Que lle canten ás sombras benéficas das carballeiras

Á Arcadia paisaxística e aos sagrados Furanchos

Outras sensibilidades máis conformistas e románticas

Que cando de economía se trata todo sairá dos polígonos industriais

E aí a tal hora adan urxidos no gran premio das carretillas tolas...

 

Barro: A carne do edén fendida pola metade

Catro gatos pardos axustando o reloxo dos tempos

A cousa non da máis de si, pero aí vamos

Sen libros nas casas, ebrios para resistir

A boca sen dentes, que se salve quen poida

Entre tanta , tanta carne de canón

Que aquí só dan paus por cantar

E así non hai ánimo que ben se goberne

Nin condenado con letras que queira bailar.

 

Barro: A carne do Edén posta a secar ao sol

Pobo multi dependente, cheo de xente humilde e honrada

Que hai que ensinarlles a cortar estradas e camiños de ferro

Para contra restar o frío dos tempos económico laborais protestando

E torcerlle o camiño derrotado da misa e da porta dos señores

Barro é un segredo con espírito nobre que a min non me calma

Que fai o camiño dos heroes cada sacrificada xornada

E por certo agora moito manteñen os servizos sociais do concello...

¡E claro que se poden vender os sobrantes de horta na praza do Viño...!

 

 Barro, Barro, Barro, todos xuntos a tirar do carro

Saía por onde saía o sol en común

Antes de pórse a brillar na lama...

 

E se me preguntan si podo facelo mellor, logo contesto:

¡ Non , non señor eu non llo sei facer doutra maneira!”

 

Tal como mo entregou Eva Espido a fistora

 Do Lombo da Maceira da Portela aquí inxiro o seu texto, ela di que poético

Que solucións nin hai, nin aporta, pero a preocupación abonda, aínda que non resolve nada...

                                                                       rslago 22

   

domingo, 4 de xullo de 2021

DE BALDE ANDAN OS CANS E LEVAN PEDRADAS/ Gratis andan los perros y llevan pedradas...

 



Yo no escribo gratis, que se fastidie este invento, el altruismo para los altruistas; prefiero escribir para los cajones a escribir para liques absurdos y no ganar nada...de ahí el título. La ilustración es de una obra de Manuel Ruibal.Abrazos.

mércores, 23 de xuño de 2021

Canción triste de Tierra azul, planeta solitario...

 



        CANICA INFAUSTA

Canica azul que en el aire cósmico bailas

bola sin sentimientos que todo lo devoras

planeta mineral desleal y sin ternura

suceso esférico obediente a enana estrella amarilla

pobre de ti con un satélite polvoriento y yermo

esfericidad que juega a los paisajes

a las estaciones, a la descomposición de la luz

a los relámpagos, a los truenos, a la geografía.

Canica azul que en el aire cósmico bailas

gran ataúd que transportas calcios rendidos

treinta y ocho mil millones de carcasas humanoides

sin importarte un bledo tanta carnicería

jugando a los volcanes, a las aguas termales

a los icebergs, a los géiseres y a la deriva continental

monstruo de agua y oxígeno, jaula

ratonera inmunda que todo lo oxidas

lo vences, lo enfermas, para que muera.

Canica azul que en el aire cósmico bailas

planeta sin sentido, cuna mortal

esfericidad achatada en los polos,

punto azul pálido visto desde Plutón

reino de la derrota, el desasosiego

y la desesperación existencial

mal asteroide Armagedón te reduzca a ceniza

para que cese tanta injusticia y tanto dolor

por los siglos de los siglos amén:

¡canica infausta!... ¿qué quieres que te diga perturbado?

          Lunes 21/6/2021


domingo, 20 de xuño de 2021

Retrato a fondo perdido...

 



Produzo estas letras aínda co octoxenario crápula devastado en chan mahometano

nas mil e una noites do seu comportamento equivocado, desleal e lamentable

mentres aquí o presidente Pedro Sánchez propón indultos para os cataláns fervidos

única saída intelixente ao denso problema nacionalista Compains que nós rabuña

contra esta proposta braman os señoritos campións PP e os ultras populistas de Vox

mentres o rei reinante: Felipe VI que lle amosou a vermella ao proxenitor obrigado

pola chagorza corrupta, amatoria e bárbara na que se emporcou final

fai o que pode dentro do magnetismo dogmático da constitución de 1978.

 

De paso son tempos pandémicos covid19-Delta: máis de 80.000 mortos en Spain

tempos populistas nos que se salivan consignas incendiarias que enchen de razóns

coma  quen carga de combustible un fórmula un sen condutor

a pobres cabezas nostálxicas da bota militar e da caza humana polo seu irmá.

Petan na miña sensibilidade tamén: a ominosa violencia de xénero, a crise económica,

as arroutadas do moro contra o fronte polisario que busca a independencia do Sahara

deixado ir estóurante de fosfatos por huevines moribundo no pazo do Pardo

sen esquecer as eivas propias do cíclico sistema capitalista: traballo, consumo, voto

capaz de apisoar calquera cabeza crítica con vella indiferenza asasina.

 

Trona Europa a punto de poñer a funcionar o ventilador dos millóns de euros

para salvarnos dunha hecatombe formidable con volta á economía do troco.

Incentivamos a natalidade, o consumo local, o turismo interior, o xacobeo bis

nesta paella de multitudinaria cociñan economistas con estrela Michelín

e todo depende absolutamente das guieiras curvas indicativas e do índice de medras.

Insisto co octoxenario crápula devastado onde se desbaldiu confundindo fieis

co rei sucesor firme, co presidente socialista Pedro Sánchez Castejón conciliador

así pinta o retrato a fondo perdido do vello reino das españas

que obro de motu propio sen obrigas urxentes porque de vez en cando

gusto eu de oficio desta toma de contacto coa realidade que tanto me rebela.

                                                        Domingo 20/Xuño/2021


domingo, 6 de xuño de 2021

Todos los barrenses sabemos bailar la yenka.

 


        TODOS LOS BARRENSES SABEMOS BAILAR LA YENKA

“En Barro cerca del tren/ hay un colegio que de niños es/ y van a el, niños que son/ de Agudelo, Barro y Curró” cantaba de su autoría la maestra de EGB doña Ana Silva Rey a finales de los años setenta. Docente aplicada que fue capaz de poner a las chicas de entonces a jugar al balonmano en porterías fabricadas en el taller de carpintería del ya desaparecido don Manuel García de Outeiro de Perdecanay…desde aquí un recuerdo de calidad para ambos, en especial para la profesora por su ansia de hacer luz  en algunas obtusas cabezas como la mía en la asignaturas de francés y lengua y literatura española…por lo diferente que era esta señora, a nadie le sorprenda que cierto día en medio de la clase de francés dijese:

-Cierren los libros: “fermer les livres”, hoy vamos a salir al patio para aprender a bailar la Yenka.

Y nos puso a todos en formación cerrada a danzar: derecha, derecha, izquierda, izquierda, un, dos, tres, adelante y atrás. Y en una mañana de primavera hasta los más torpes aprendieron la coreografía de la Yenka.

Entonces feliz y satisfecha añadió la maestra más aplicada del colegio grupo escolar Amor Ruibal de Barro:

-Un pueblo necesita tradiciones en las que reconocerse, prometed que diréis ahora y siempre que para ser del bello municipio de Barro hay que saber bailar la Yenka tal como os la he enseñado.

Esta es la pequeña, emotiva y fantasiosa intrahistoria que hay detrás del título y como quiera que fue así, así la refiero. Por lo demás la celebre Yenka publicada en 1964, se convierte al año siguiente en la primera canción del verano de las Españas por delante de la chica yeyé de Concha Velasco. La cantaban Jony y Charli dos hermanos holandeses residentes en Barcelona inspirados en un baile folclórico filandés. Esto es todo amigos…  


Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...

  Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai a com...