Produzo estas letras
aínda co octoxenario crápula devastado en chan mahometano
nas mil e una noites do
seu comportamento equivocado, desleal e lamentable
mentres aquí o
presidente Pedro Sánchez propón indultos para os cataláns fervidos
única saída intelixente
ao denso problema nacionalista Compains que nós rabuña
contra esta proposta
braman os señoritos campións PP e os ultras populistas de Vox
mentres o rei reinante:
Felipe VI que lle amosou a vermella ao proxenitor obrigado
pola chagorza corrupta,
amatoria e bárbara na que se emporcou final
fai o que pode dentro
do magnetismo dogmático da constitución de 1978.
De paso son tempos pandémicos
covid19-Delta: máis de 80.000 mortos en Spain
tempos populistas nos que se salivan consignas
incendiarias que enchen de razóns
coma quen carga
de combustible un fórmula un sen condutor
a pobres cabezas nostálxicas
da bota militar e da caza humana polo seu irmá.
Petan na miña
sensibilidade tamén: a ominosa violencia de xénero, a crise económica,
as arroutadas do moro contra
o fronte polisario que busca a independencia do Sahara
deixado ir estóurante
de fosfatos por huevines moribundo no pazo do Pardo
sen esquecer as eivas
propias do cíclico sistema capitalista: traballo, consumo, voto
capaz de apisoar calquera
cabeza crítica con vella indiferenza asasina.
Trona Europa a punto de
poñer a funcionar o ventilador dos millóns de euros
para salvarnos dunha
hecatombe formidable con volta á economía do troco.
Incentivamos a
natalidade, o consumo local, o turismo interior, o xacobeo bis
nesta paella de multitudinaria
cociñan economistas con estrela Michelín
e todo depende
absolutamente das guieiras curvas indicativas e do índice de medras.
Insisto co octoxenario
crápula devastado onde se desbaldiu confundindo fieis
co rei sucesor firme,
co presidente socialista Pedro Sánchez Castejón conciliador
así pinta o retrato a
fondo perdido do vello reino das españas
que obro de motu propio
sen obrigas urxentes porque de vez en cando
gusto eu de oficio
desta toma de contacto coa realidade que tanto me rebela.
Domingo 20/Xuño/2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario