venres, 28 de maio de 2021

Campo de fútbol: Chan dos santos un feudo histórico en horas baixas.

 







                                            CHAN DOS SANTOS

Parece mentira, pero é verdade absoluta, como a desafecta comunidade de montes en man común da parroquia de Barro no concello do mesmo nome, esta deixando abandonado por aparente falta de uso o histórico campo de fútbol “Chan dos Santos”, á marxe dereita da estrada que leva a igrexa patronal de San Breixo.

O que resultaba un lugar idóneo e ideal para andar ou correr arredor do campo de fútbol, está agora mesmo convertido case, case, nun monte bravío impracticable. Unha pena porque algúns cidadáns do concello grazas a este saudable espazo podíamos facer algo de deporte, lonxe dos herméticos ximnasios de pago e das instalacións municipais: pavillón dos deportes, piscina e campo sintético do cesto redondo, que parecen coto privado de xente nova federada con horarios e normativa por saber...deixo pois a través deste apuntamento nota destas lamentables circunstancias, por si a alcaldía pode en acordo coa referida comunidade de montes adecuar tan mítico feudo. Nestes tempos de pandemia si en verdade se fixesen por uns e por outros as cousas con algo de xenerosidade e cabeza: Chan do santos, non estaría convertido nunha sórdida pataqueira que só inspira mágoa e vergoña allea.

Persoalmente consolábame poder ir correr alí libremente de vez en cando lonxe de autos e outros vehículos...por iso  invito a todos os dirixente parroquiais e municipais a que sexan dos bos e xenerosos que tanto necesita esta comunidade e máis cedo ca tarde fagan algo por recuperar as históricas instalacións e non impidan así que a xente poida practicar algo de deporte alí. Non descoñezo os atentados que ao longo do tempo ten sufrido o recinto cousa que lamento e que supoño na cerna do seu actual estado. Dixen.

                                                                               Venres 28/5/21      

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Poema contra el imperialismo yanqui

  TRES DE LA MADRUGADA ROTAS EN BOGOTÁ SANGRIENTAS del infausto día tres de enero del año dos mil veintiséis del gran zanahorio republ...