venres, 21 de maio de 2021

Algo quererá dicir...

 






                                  

                                Os doce alcaldes dos concellos máis poboados de galicia





 EU NON FAGO PRISIONEIROS

Diario Oficial de Galicia (DOGA) Decreto lei nº 25/2021

de 17 de Maio para todos os que leran e entenderan

e para os outros tamén que a ignorancia non exime do cumprimento das leis.

REFORZO DAS HONRAS E CERIMONIAS DE ACATAMENTO E RESPECTO

CARA OS 313 ALCALDES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA.

ARTÍCULO ÚNICO:

1.-Todos os martes e xoves de cada semana,

antigos días de moza e cortexo nupcial, terá lugar xunto ás bandeiras despregadas

a ablución e lavatorio público das gónadas ou cricas dos alcaldes ou alcaldesas;

a intervención hixiénica que durará media hora exacta de 11 a 11,30 horas da mañá,

levaraa a cabo o secretario municipal e dous operarios designados por este.

Utilizarase xabón líquido negro da Toxa patrocinador do presente decreto lei

o secado farase mediante aparato idóneo enchufado á rede eléctrica.

Esta limpeza íntima e cerimonial que xa se practicaba nos antigos castros

será pública e susceptible de gravarse e transmitirse polas tvs locais.

As alcaldesas e alcaldes afectados facilitarán o éxito da operación

deixándose manipular as partes pudendas en todo momento

e aportando a impedimenta necesaria para esconder as zonas sexuais

non requiridas polo tenor literal deste decreto lei.

2.-Durante este lavatorio representativo da limpeza e a transparencia

que debe estar sempre presente nas cacholas dos nosos representantes

sonarán os afoutos acordes do himno galego en lata ou en vivo.

3.-Este decreto lei en pouco tempo ampliará a súa aplicación

a todos os conselleiros, presidentes de deputacións, delegado do goberno

ata alcanzar ao mesmísimo presidente da comunidade autónoma.

É de xustiza. Cúmprase.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Poema contra el imperialismo yanqui

  TRES DE LA MADRUGADA ROTAS EN BOGOTÁ SANGRIENTAS del infausto día tres de enero del año dos mil veintiséis del gran zanahorio republ...