Xardín dos poetas en Segovia.
OS POETAS
Un é o que é basicamente, ¡un é o que é!, o que alcanza a ser
en sociedade un é o que lle recoñecen ser os outros
así de gasoso é o asunto, pero un sempre é o que é
o que imaxina ser íntimamente, polo tanto un é o que quere ser
parece mentira pero é así, cada persoa é o que quere ser
no íntimo, de maneira libre,por obediencia magnética e natural
no caso dos grandes artistas é así, no caso dos filósofos,escritores e poetas
polo que a min me move é así de maneira exacta.
Os poetas son voces libres, insumisas, visionarias ,proféticas
os poetas son sucesos intelectuais imprescindibles
son os verdadeiros fillos do planeta azul
porque os poetas son vida, filosofía, lei e sacrificio
parece mentira pero é así aquí dende sempre.
Ao marxe de profesionais, cargos militares, funcionarios
inxenios útiles, mulleres reproductoras e relixións
nos grandes poetas que se xogan a vida pola vida
están e estiveron sempre os verdadeiros pulsos humanos do cosmos.
E isto é tan así que estar ou non estar de acordo non ten ningunha importancia....
Xoves 28 de Maio do ano 2020
Ningún comentario:
Publicar un comentario