sábado, 28 de decembro de 2019

Axuste de contas.



                                        LATEC Gafas de Sol polarizadas, Gafas de Sol Deportivas para Unisex con 100% de protección UVA & Protección UV400, Marco irrompible TR90 para Deportes al Aire Libre Ciclismo Pesca Golf
Nacidas da parte escura dun mesmo en relación cos editores, froito da frustracción tan común nos eidos polos que eu ando pisando hai tempo, xurden estes escritos cavilados para escorrentar as adversidades. Teñen raíz nas cantigas de escarnio e mal dicir da lírica medieval. Co paso do tempo, esvaecense, na comprensión e incluso agradeces que non che fixeran caso porque así non lles debes nada e recoñeces a importancia real da persoa que criticas que é moita en Galicia. Non queda odio , nin resentemento, as cousas foron como foron e só podes tratar de velo todo con máis serenidade. Daquela pareceume inxusto , hoxe grazas a edición independente, case lles estou agradecido. Por suposto que non lle desexo mal ningún, e se algo pido é que a saúde non lles falte a ninguén por culpa das nosas batallas maiores.Non sei o alcance real das verbas no tecido espazo tempo manexadas por un poeta, de verdade descoñezo o seu alcance máxico, non quero agachalas, amosoas para deixar testimuña da profundidade incalculable das tan adxectivadas como: inútiles letras. Son semánticas de combate, de espadas tesas, e o recuncho que lle queda a quen polo que sexa: é ou sentese tratado, de maneira inxusta.
SOBRE O EDITOR Mb. IN MEMORIAN.
A bola de sebo de Vigo, o Sancho Panza con cara de pataca, o ser de brétema mesta que se arrastra coma unha lesma sobre un campo de Granada, ten a repulsiva presenza dun rato radioactivo, a mirada dun lagarto intranquilo. Vive rodeado de malas sombras que lle fan festa galana e pensa que é alguén no medio da auga e das palabras. Todo el é un estúpido soño, un ser coas pousadeiras celulíticas que non lle caben na taza do escusado. É unha absurda páxina surrealista nun mundo mesquiño inspirado polo diaño, deixarano vivir algo máis os deuses, esa será a condena que lle dite a vida para que súe sebo , para que siga facendo dano, para que día tras día se vaia dando conta da empresa autista que dirixe e se pregunte ¿ por que son tan listo e tan guapo? ¿ por que me vai tan ben neste xogo de cranios furados?, e se teña que responder: porque son un fillo de puta coma unha casa e só sei que non sei nada e logo explote coma unha noxenta bomba de lixo podre.
                                Martes 28 de Abril do ano 2.015
                                 In memorian.  
CONTRA Mb
Mal home do corazón de pedra
os teus cegos ollos non ven nada
vítima dalgunha mala fada
agónico é o teu abrazo como o da hedra.

Andas pola vida como ausente
incapaz de ver máis alá do teu embigo
non serves nin para ser inimigo
nin es legal nin es delincuente.

Es un pobre home sen remedio
corazón e cabeza de pedra
inspiras tristeza,pena,tedio

non serves para sentir calor
es un mal soño un pesadelo
es o guión dunha película de terror.

Luns 4 de Maio do 2015.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo

  TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI AUTORA: IRIA COLLAZO EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas. SINOPSIS E COMENTARIO...