domingo, 17 de xuño de 2018

A VIDA: O GRANDE E INQUIETANTE XOGO DO UNIVERSO




Resultado de imaxes para el origen de la vida



A VIDA: O GRANDE E INQUIETANTE XOGO DO UNIVERSO.

Se non entendín mal o protagonista central da novela Orixe de: Dan (Daniel) Brown( Exeter,Novo Hampshire, Estados Unidos 22 de xuño de 1964...) :Edmond Kirsch un xove multimillonario norteamericano, informático, inventor e futurólogo quere transmitir ao mundo dous mensaxes claves: I.-Deben acabarse as escuras relixións e debe chegar o tempo da ciencia esclarecedora, empregando un verso do escritor inglés de finais so século XVII Willian Blake: “Morren as escuras relixións e reina a doce cencia” e II.- No futuro vamos ter que aprender a convivir coas máquinas intelixentes, ou robots. En sínteses ese é o alcance das súas descubertas.

Aínda así, o máis interesante baixo o meu punto de vista, é cando se teoriza sobre a sopa primixenia: os mares do principio da historia planetaria onde debeu xurdir o primeiro palpito de vida evolutiva, sen necesidade dun creador, nin dunha terceira teoría como é a panspermia ou sementeira da vida por medio de meteoritos procedentes de rexións do espacio onde xa tivese sucedido antes o gran salto ou fito que alimentou as primeiras células vivas nais da bioloxía. Neste senso, fálase do experimento Miller-Urey dos anos cincuenta, levado a cabo por ambos na universidade de Ucla, poñendo en probetas de laboratorio os ingredientes básicos da referida sopa inicial, sen resultados aparentes, agás algúns asomos de aminoácidos...que despois o protagonista, por medio dun súper computador cuántico, situado no centro de alta computación de Barcelona, é capaz de operar con éxito ao poder ver a evolución da sopa primordial ao longo de millóns de anos grazas á informática; é dicir aos científicos de Ucla, que toparon asomos de aminoácidos, o que lles faltaba é o compoñente: ¡tempo!, para toparse coa débil luz da vida inicial...teoricamente interesante e sobre todo balsámico para aqueles que se fan as preguntas correctas a bote pronto, aínda que doan e a boa fe que doen...
Para finalizar, tamén me parece interesante tratar de dar unha nova resposta ao por qué o universo se dedica a facer vida, cousa que segundo as especulacións novelísticas do autor estadounidense, obedece ás gañas que ten de xogar a aumentar a entropía, segundo a segunda lei da termodinámica.”Para crear caos de maneira máis eficiente, fai falla un pouco de orde”. Así nesta especulación a vida é un simple xogo do cosmos.Trátase de fabricar organismos: animais, seres humanos, árbores, coma quen fabrica motores, estruturas ordenadas, para que catalicen primeiro e logo disipen enerxía a cotío; xa que entropía é desorde, disipación, simple xogo a nivel das leis físicas e biolóxicas....máis ou menos.
Neste senso o autor noruego Jostein Gaarder, falaba de que posiblemente o cosmos fabricara ao ser humano e concretamente ao seu ollo observador para verse a si mesmo en todo o seu esplendor galáctico...posibilidade máis finalista e poética, que tamén me gusta,pero que para min perde diante da entropía e a disipación referidas, para que así esteamos diante dun cosmos inocente e inquedo, pero bastante absurdo e surrealista. Ser por ser, estar por estar, sen maior interese finalista coherente...Claro que en definitiva, todas estas son especulacións ociosas entorno á obra dun dos escritores máis traducidos, lidos e vendidos da esfera terrestre, a anos luz da literatura galega en xeral e tamén da española, salvo escasas excepcións, coma a de Arturo Pérez Reverte, único pluma destes pagos capaz de artellar algo así si se pon, tal como demostrou verbi gratia en “ A Carta esférica”...
E agora adiante, destrozen este artigo coa mente e ata  coas terribles mans, aumentando así a disipada entropía, para que o universo se ría a gusto de meu esforzo ao escribilo e do de vostedes ao lerme e nós vaia , cando menos, deixando vivir no fráxil equilibrio inestable no que existimos e ás veces soñamos...  
Domingo 20 de Maio do ano 2018. Por R.S. Lago.
            

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Poema contra el imperialismo yanqui

  TRES DE LA MADRUGADA ROTAS EN BOGOTÁ SANGRIENTAS del infausto día tres de enero del año dos mil veintiséis del gran zanahorio republ...