venres, 8 de xuño de 2018

NA VELLEZ NON HAI LUGAR PARA COBARDES


                                          



NA VELLEZ NON HAI LUGAR PARA COBARDES
A frase que da título a este artigo débese ao periodista escritor norteamericano Henry Louís Mecken (1880-1956), un dos intelectuais máis influentes da primeira metade do século XX nese país setentrional, coñecido popularmente coma “O sabio de Baltimore”, de paso gran defensor da liberdade de conciencia e dos dereitos civís das persoas.Ben se entende que, a vellez hai que afrontala con valentía e determinación, a risco de perderse nunha viaxe sen retorno chea de medos, enfermidades imaxinarias e frustracións...o cal dito así ata soa moi ben...
Sen embargo a realidade dos nosos maiores neste amado país e moito máis complicada, o estado terapéutico implacable di que unha determinada persoa: familiar ou veciña, ten un deterioro cognitivo leve e unha probable demencia, entre outras varias enfermidades e non hai volta de folla...porque os señores dos corpos humanos son drogabusólogos e máis semella que fomentan a enfermidade en vez de acabala...atacan ao ser humano civilizado con palabras terribles e salvaxes, sen mingua, nin fraqueza e xa cumpren. É o seu traballo...peritaxes feitos por funcionarios do estado, unha cousa que da medo e pon os pelos tesos.
Medicina preventiva e un mellor trato da poboación por medio dun sistema máis xusto e igualitario é o que se vota en falta.Persoas traballando en ocupacións conciliables coa vida positiva, ambientes laborais sans, seguridade e hixiene no emprego e non empresas sen pés nin cabeza desfacendo na xente a eito. Fóra a sociedade escurantista das relixións, as verbenas do patrón , atrás folclorismo militante e veñan os libros a poñer as bases da cultura construíndo persoas libres e informadas.
Con moita mágoa estou asistindo ao triste espectáculo de ver á xeración que me pariu triturada, pisada, arrecunchada, enmudecina pola trepidante marcha cara a ningures da postmodernidade local en vivo e tamén pola oficial televisada...todos os maiores aquí están a perder o sentido dunha maneira moi sospeitosa.
A vida máis ou menos lonxeva non é suficiente para explicar este xenocidio calado que está a producir diante dos nosos ollos rurais asustados e ofendidos...o trato que se lles están dando aos nosos maiores é vergoñento, inadecuado e ata extintivo na maioría dos casos. Os chamados fillos da ira, porque naceron aproximadamente nos tempos da contenda fratricida, precisan cariño, consideración, estima; menos pastillas de colores e menos folclore composto por excursións extenuantes, talleres ocupacionais parvulario degradantes e clases de mobilidade á moda.Non se están facendo as cousas con verdadeiro interese humano. Non sei dicir como é... pero así como fan dende logo non é nada...porque en definitiva parafraseando a Pablo Picasso eu creo que: “a xuventude non ten idade” e aquí o que fan entre uns e outros e adestrarlles a vellez e convencelos para que morran que sube a madeira...
Por R.S. Lago.Venres 8 de Xuño do ano 2018.
     





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Poema contra el imperialismo yanqui

  TRES DE LA MADRUGADA ROTAS EN BOGOTÁ SANGRIENTAS del infausto día tres de enero del año dos mil veintiséis del gran zanahorio republ...