sábado, 21 de xullo de 2018

SOCIEDADE DE ENGANOS MUTUOS.



Resultado de imaxes para Sociedade


                 SOCIEDADE DE ENGANOS MUTUOS
-As mulleres en xeral vense obrigadas a ser todas meretrices con algún instinto maternal como máximo.Os homes en xeral son todos chulos de meretrices con instinto machista asasino reprimido.As mulleres e os homes en xeral conforman, na actualidade, unha sociedade moi tola e perigosa, na que se ben obrigados a competir, consumir, calar, votar, pagar impostos, tolerar a frustración e gozar dos pseudo praceres da vida con determinación:viaxes,gastronomía, roupa de moda, sexo, ximnasia, concertos ao aire libre, visitas a cidades importantes etc.A sociedade actual, en realidade, é un inmenso campo de concentración, ao fondo do cal hai unhas pinceladas escuras de algunha xustiza e a experiencia chea de sangue inocente: ¡ as dúas guerras mundiais! de que non hai guerra boa...
-¿ Nada máis?
-¡ Nada máis !
-¿É todo o que nos pode dicir gran mestre cogitador?
-Si, é todo, é o que máis ou menos hai debaixo das arpas da saliva.
-E os homes e mulleres que profesan credos relixiosos: ¿ que son ?
-Eses son uns trastornados mentais completamente tarados que viven do que deliran para sobrevivir.
-¿Está vostede seguro do que di gran mestre cogitador?
- Si a vida en sociedade é un equilibrio inestable entre as forzas armadas, as relixións e a política, co permiso dos mercados de valores. Un sen sentido maiúsculo que non ten outro motor que o engano mutuo...
-¿ E os nenos gran mestre cogitador ?
- ¡ Os nenos non debían medrar, preguntón?
-¿ Por qué gran mestre cogitador?
- Porque ao medrar, perden a inocencia, que os salva de ser cómplices de todo isto sen solucións adecuadas, coma vostede e coma min: ¿está claro preguntón?
- ¡Vai estando , vai estando!...
- ¿ Unha preguntiña máis?
- ¡Veña!
- E palabras coma: democracia, meritocracia,estado de ben estar, igualdade de oportunidades, acceso á cultura, lectura, desenrolo integral da personalidade, valores, traballo digno, conciliación laboral, ¿ qué me pode dicir delas?
- Pódelle dicir e dígolle que, esas e outras moitas, son o prato do dia e coma as lentellas se queres cómelas e senón deixalas...
- Xa me parecía a min, o que pasa é que agora hai moita oratoria ou así...
- Que quere que lle diga preguntón:”Vive para ti só, se podes; pois só para ti, se morres, morres” que dicía Francisco Quevedo...
- E eu agradecido engado: ¡ gran lección!

Domingo 15 de xullo do ano 2018. Por R.S. Lago.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Poema contra el imperialismo yanqui

  TRES DE LA MADRUGADA ROTAS EN BOGOTÁ SANGRIENTAS del infausto día tres de enero del año dos mil veintiséis del gran zanahorio republ...