venres, 5 de xullo de 2024
LAS HIJAS DE LA CRIADA POR SONSOLES ÓNEGA
mércores, 15 de maio de 2024
Presentación da triloxía na Biblioteca de Barro....
SOBRE A TRILOXÍA : "A vida é literatura"
A triloxía: “A vida é literatura” ,sobre todo, é a vida e obra do escritor galego habitante a maior parte do tempo no rural Sexismundo Portela Gómez, máis coñecido como Mundo de Loureiro (nome da aldea na que vive) a finais do século XX e primeiro cuarto do XXI. O que observa, o que vive, o que pensa, o quere facer coa súa vida e obra...desdobrándose ás veces en múltiples homónimos e heterónimos ao modo pessoiano froito da súa psicoloxía un tanto dispersa e fragmentaria, con evidentes pulsións erótico sexuais así como cósmicas ao longo dos textos da obra, asentadas sobre un sentido do humor enxebre que así mesmo salpican o conxunto, o que a fai moi accesible e popular para todo tipo de lectores. Martes 14 de maio do ano 2024
domingo, 3 de marzo de 2024
UNA CUESTIÓN BÁSICA.
Una pequeñísima fracción...De Ovnis y Cuántica. Por mi amigo Gustavo el argentino.
Esto a mi juicio habría que saberlo de memoria para andar por el mundo, en lugar de otras memorias mucho menos trascendentes.
mércores, 7 de febreiro de 2024
Acto de presentación da triloxía: A vida é literatura da editorial Autografía S.L. de Barcelona
A EMOTIVA PRESENTACIÓN DUNHA TRILOXÍA NOVELÍSTICA DENOMINADA: A VIDA É LITERATURA.
O pasado sábado 11 de novembro do ano 2023 ás 18 horas da tarde, tivo lugar na casa comunal da xunta de montes da parroquia de Portela do concello de Barro, a presentación da triloxía novelística titulada: A vida é literatura, editada en tirada especial pola editorial Autografía S.L. de Barcelona. A mesma está composta polos seguintes volumes: Volume 1.- A vida é literatura 373 páxinas. Volume 2.- O espello dos paxariños 347 páxinas. Volume 3.- No ventre do labirinto 381 páxinas, obra do autor veciño da tal parroquia RS Lago.
Pese á persistente choiva fina outonal, no interior do local, xuntáronse case cen persoas, entre parroquianos, xente do resto do territorio municipal e amigos e familiares do autor. O acto conducido polo presidente da comunidade de montes Óscar Fontán Salgado, contou coa presencia do escritor e avogado de Sanxenxo: Carlos Quintia Celaya, que tomou a palabra en primeiro lugar para defender a laboriosa creatividade do autor ao longo dos anos, reclamando para el, un lugar de maior relevo dentro das letras galegas e incluso nas nacionais; referiuse ademais á forza filosófica de triloxía e resaltou as moitas e variadas lecturas do autor ao que cualificou de persoa sabida, letra ferido e autor de culto, que sen dúbida quedará na historia da literatura dunha maneira ou doutra...
A continuación falou Bernardo Sartier Boubeta letrado da deputación provincial de Pontevedra e destacado articulista nas páxinas do Diario de Pontevedra, quen, fixo un repaso polo moitos anos de amizade con RS Lago, dende a época de estudantes no Instituto Sánchez Cantón como despois na UNED como estudantes de dereito, entre outras episodios e consideracións literarias; este, coma o anterior intervinte, para rematar as súas respectivas intervencións leron algúns parágrafos dos libros, moi celebrados polos asistentes...
Cerrouse a presentación coa intervención de RS Lago, quen, tras agradecer a resposta dos veciños, leu un “Eloxio da lectura” escrito para a ocasión.
Por membros da xunta de montes repartíronse libros entre os asistentes, para celebrar sobre o terreo literario básico da triloxía a súa existencia, o autor firmou exemplares aos requirentes ata cansar o pulso e a continuación degustouse un magosto de castañas con bebidas varias, para finalizar tan memorable evento coa intervención do grupo de pandereteiras Peñaflor.
No evento estivo presente o tenente de alcalde municipal do Psoe : Xosé Sanmartín Soto, quen, incluso, se preocupou de difundir nas súas redes sociais fotos e comentarios sobre o alí acontecido...Así foi... Por RS Lago autor literario.
luns, 18 de setembro de 2023
A vida é literatura: Volume III: No ventre do labirinto por R.S. Lago. Editorial Autografía S.L. Barcelona.
Trátase en honra á verdade de catro noveliñas curtas: 1.- Historias de H., 2.- Manual de non facer ren., 3.-Antiga ferraxería Maquieira., e 4.- Tantrum; reunidas baixo un título común certamente significativo.
Ben seguro que, as catro noveliñas, teñen varias notas coincidentes: A).-Ser obriñas curtas. B).- Ter algún ou algúns personaxes en común, e C).- Sobre todo desenrolarse no seo dun territorio rural para entendidos e coñecedores do medio. Desta última nota xurde obxectivamente e sen gran barullo a inspiración final do título adoptado para o conxunto da obra. A Galicia rural, é en ocasións un labirinto, un dédalo, próximo ao caos e a confusión, con toques de anarquía e humor que a fan habitable.
A teoría novelesca da que xorden, tamén é confluente ás catro noveliñas, e pretende sobre todo amosar o latido libre, pero seguramente sen gran proxección futura, de moitos dos máxicos personaxes que as poboan. Xente de velocidades propias, baixada do trepidante mundo global e oficialista. Perdedores que esquecen derrotas e viven, porque xa se sabe que vivir é literatura moitas veces.
A vida é literatura: Volume II: O espello dos Paxariños por R.S. Lago editorial Autografía S.L.Barcelona. Próxima presentación na Portela.

Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...
Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai a com...
-
SALAS DE FIESTAS Y DISCOTECAS. 1.- Sala de fiestas Mosteiro.En Meis. 2.- Sala de fiestas La Condesa en Caldas de Reis. 3.- ...
-
HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...
-
ESCRITO SOBRE UNA PARED EN LA CIUDAD DE GRANADA Final de la copa de España en el estadio de la Cartuja de Sevilla. Resultado del primer ...