martes, 9 de xuño de 2020

Homes de silicio




  HOMES DE SILICIO

Hoxe dóeme a Terra enteira

con todo o que ten dentro cargado de morte

enfermidade, deterioro e ciclo.

Por momentos e en abstracto a idea de estar vivo

aquí nesta ruína de planeta pódeme

aínda que o son, négome a ser un elo da cadea

que lle dean polo orificio anal

a quen inventou esta entelequia

misterio, maxia e o inmenso ataúde de Aute

voa polo espacio sen noción de nada.

¡Listos os telescopios, listas as naves espaciais!

¡Vamos alá terrícolas saiamos desta escuridade magoante!

¡Contactemos xa homes de silicio!

       Domingo 31 de Maio do ano 2020


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...

  Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai a com...