luns, 14 de agosto de 2017
sábado, 12 de agosto de 2017
O CULPABLE
O C U L P A B L E
-¡ Eu son inocente ! .Diante deste tribunal
composto por homes, mulleres, cans, carballos e pedras...¡ son inocente !.
- Pero vostede, ven acusado aquí de ser
durmiñón, palanquín , de ter ideas insáns, de ser trampón ,de ser xoto. E esa
proclamación de inocencia subxectiva é insuficiente.....
- Eu insisto, son inocente. Ademais a inocencia
presúmese. Ninguén é culpable mentres non se demostre o contrario. ¿ Se me
deixan falar ...?
- Vale, vale.....Vostede fale. Ten dereito xa sabe a
defenderse, pode traer incluso un avogado, e se non ten medios económicos
designáselle un de oficio e xa está. Pero como queira que vostede insiste en
defenderse por si mesmo, o tribunal escoita con paciencia e sabedoría, pero a
vostede non hai quen o mova da palabra inocente . Sen argumentos sólidos, sen
probas claras e contundentes, sen testemuñas ao seu favor, a sentencia dende
logo está cantada. E vai ser vostede ao fin culpable de todo o que contra a súa
persoa, fica recollido en autos. Pero ben, vostede fale. Nos somos todo oídos,
e queremos facer xustiza. Que ademais e abondando, estamos especialmente
interesados no seu caso.
O que fala é o
presidente do tribunal: Un home de cabelo branco e ollos azuis, miúdo coma unha
faísca, cerebral, inquisitivo , case que transparente. Viste toga negra e ten
diante de si un feixe de papeis cosidos cun cordel coma o de atar chourizos e
ceboleiros, ou de botar a voar papaventos.
Diante da súa admonición , os outros todos din si coa
cabeza randeándoa de diante atrás, as mulleres tamén moven a cabeza e os
peitos, os cans danlle ao rabo , e botan a lingua fóra, os carballos moven as
ramas coma si soprase do norte con forza, as corredoiras zigzaguean coma cobras
e as pedras rin.
Eu estou só , posto de pé , diante do estrado de
madeira de nogueira, que recoñezo facilmente por canto meu avó ao que lle
cortaron unha perna por mor da circulación do sangue , era carpinteiro, e
téñolle visto facer berces moi xeitosos, e arcas para o trigo e as mazás, e
roupeiros e mesas estarricables, nas que
se comía os días de festa. Eu diante do tribunal , estou inclinado para diante,
caído dos ombreiros, coa cabeza medio desgonzada, coma si tivese chepa no auto
das costas. Iso é porque teño algo de medo, en vez de respecto como é debido ,
vaise e eu teño medo , a dicir a verdade e precisando , case que
pánico.....quen tiña chepa de verdade, era a finada da miña tataratía Ramona;
esa si que levaba un señor acordeón ás costas como expresaba ela e todo por
culpa de tanto andar agachada quitándolle a xuncia ao millo e de apañar a herba
á manada e de apañar nas vides e de que sei eu.....que non é este o momento de
que se me vaia o maxín para cousas que xa foron e pasaron sen pena nin gloria,
máis ben con pena e que agora xa non riscan res e que xa están moi esquecidas por
propios e estraños e que agora neste intre, abofé que non me resolven nada
plantándoseme así de súpeto na miolaxe e máis ben me fan dano trabucándome
nesta delicada hora. Porque naquel tempo eu era libre e facía o que me daba a
gana ou case .. a tal tataratía tíñame consentido e eu facía o que quería con
ela. Un día no medio do millo, recordo que ela fíxome de touro e eu , pegueille
uns pases moi tauromáquicos cun impermeable de capucha marrón que eu tiña
daquela, ben nos viu o sr. Souto , que andaba coma nós ao arrendo nos regadíos
das Corretas e mesmo recordo que en plan brincadeira este, sacou a pucha e
pediu as dúas orellas da tía como eu lle chamaba abreviando, pois ela rabo non
tiña , que era moi boa xente... é que teño que recoñecelo a min , ás veces, as
ideas extravagantes pódenme . E véñenme ó pensamento recordos insospeitados,
que non sei de onde me saen e no medio das situacións máis solemnes e dignas de
respecto , distráiome, e póñome a pensar por exemplo , en cando o sr. Chileno
caeu o río da Bouciña, porque os mozos lle serraron a ponte de madeira, e ben ,
así non hai maneira, de ser un respectado e encherse de razón para defenderse
agora mesmo diante deste estraño tribunal .Que me acusa por demais acirrado, de
cousas que a verdade non fixen, nin dixen, nin a verdade penso que se poida
xulgar a un home coma min , polo pouco que entendín que seica din, as moreas de
papeis oficiais.
O que sei e me consta moi ao meu pesar e que aquí estou diante deles e do crucifixo
e da bandeira, tratando de manter a compostura, vestido co mellor traxe que
topei no roupeiro e coa gravata de fondo marelo con papoulas e bolboretas de
adorno, que me regalou polo derradeiro
cumpre anos Marta. E ben , xa caseque me vou empezar a defender, e tuso
para clarexar a voz, e digo coa venia señorías:
¡ Son inocente ! . E ademais este xuízo paréceme un
pesadelo , unha broma de mal gusto. Ademais non vén ao caso , que no medio dos
maxistrados,fiscais e letrados, haxa vexetais, minerais e animais catalogados
polo común de inferiores. Así que sexa, realidade ou mal soño, esto non ten nin
pés nin cabeza, e eu, insisto na miña total inocencia. E ademais, teño asuntos
urxentes que atender, e voume mandar de aquí de contado...
- Un momento, acóuguese: ¿non quererá incorrer en
desacato?. Falaba o do pelo branco e o
resto seguían coas cerimonias que xa teño dito.
- Eu non quero incorrer en res - dixen levantando a
cabeza e mirándolle aos ollos azuis, destemido, ao do pelo branco. Porque xa
vía vir eu, que pese a miña desaborida compostura, diante de todos eles, e ao
meu estar e non estar, a cousa ía en serio. Mire señor do pelo branco , que eu
de pía non sabía como lle chamaban. Eu aproveitando que estou na vila, e que
aquí non se me perde nada, vou procurar alpiste para os paxaros e semente de
pensamentos que teño pensado plantar para a primavera, no xardinciño que teño
na horta. Así que, déixeme arranxar os meus asuntos, que eu xa lles digo que
son inocente de toda inocencia, e esto a forza ten que ser un monumental erro
xudicial...
En pagues desto que dixen, o do pelo branco ,
repenicou nunha campaniña que tiña ao seu carón sobor do mesado e pegoulle unha
estóurante , por forte, palmada a morea de folios , atados da maneira. E
apareceu unha parella de vixiantes armados, con gorras e cinchas negras,
brillantes de limpas, semellantes ás dos cabalos de tiro. E vaise o do pelo
branco e dixo:
-Custodien este acusado , que ao parecer quere
abandonar o tribunal.
E os vixiantes
dixeron :
- Si señoría.
Mentres tanto,
a un dos homes de detrás do auto mesado de nogueira, abríaselle a boca e outro
cruzaba as mans debaixo do nariz. Unha muller das alí formadas, botou un peito
fóra, e outra pintaba os beizos e púñaos en plan dar un bico, os cans todos
agora ladraban nunha linguaxe que eu penso que naides entendía; e nesto ata os
carballos chegou unha bandada de paxaros carpinteiros, e puxéronse a furar na
madeira con cerna para facer niño, e criaron nun pispas, e axiña viñeron coma
de reposto os escuros estorniños e ocuparon aínda quente o sitio deixado polos
petos , e tamén se puxeron a criar urxidos. E as corredoiras que había detrás
do mesado coa auga da choiva, puxéronse tremesiñas, lamacentas, coma se a
terra, quixese papar ao camiñante, e as pedras xustas de detrás do mesado, coma
pelouros de granito rachaban pola metade e ríanse a gargalladas escandalosas. E
a muller que botou o peito fóra, tamén sacou o outro e movíaos coas mans coma
se foran pelotas e cichaba pingadas de leite que me salpicaban a face estantía
que se me estaba pondo.
Nesto entrou na sala un meniño todo louro, vestido de
negro acibeche, con ollos verdes fermosos, levando debaixo do brazo unha morea
de folios cosidos cun cordel, semellante ao que había diante do señor de pelo
branco e ollos azuis, ao que os vixiantes chamaban respectuosamente señoría e
todo o mundo en xeral tamén llo chamaba, para dicir verdade. Ao velo chegar, a
muller espida dos peitos leiteiros colleuno no colo , e púxoo a mamar.
Eu estaba por demais estantío e confundido, cos ollos
moi abertos e os oídos a cen por hora. Todo aquelo que estaba pasando tiña que
ser de por forza un mal soño. As pernas medio me tremían , así que pensei en
irme sentar, nun banco daqueles que había ao fondo, no que había xente calada e
expectante. Quixen dar a volta, e nesto xa notei como dúas mans coma tenaces me
cinguían os antebrazos. Entón tiven a sensación de estar aparafusado ao chan,
coma se eu enteiro fose un gran parafuso de metal. E veume o pensamento cando
lle morreu a bubela a Sartal, e a enterraran metidiña nunha lata de sardiñas
debaixo do palleiro da herba seca, e máis cando os fillos do sr. Gabriel,
mexaron pola de Pérez na festa do San
Xenaro , porque non lles quixera bailar, e despois aínda me acordei dunha farta
de cereixas cocas coa lúa chea a brillar no alto, na casa do doutor , andando
coma quen di á xaneira de Lucita cona de
vaca.
E cando ao fin
volvín dos recordos, xa o meniño louro deixara de mamar, e sentado nunha
cadeira alta de buxo con labrados de anxelotes con fazulas infladas, diante dun
letreiro de letras douradas que poñía ministerio fiscal, empezou a dicir, con
voz insospeitada de home cumprido ,estarricando o dedo índice da man dereita
cara a min, mentres todo volvía á normalidade e o silencio coma o fume ou a
néboa espallábase pola sala ,en tanto que
eu continuaba no medio dos vixiantes que me seguían a reter coas mans
chantadas nos antebrazos.
- Acuso ao encartado, fulano de tal ( que era eu ) ,
de todo o que xa se dixo e ademais , da morte do toureiro “ Paquirri”, da de
Manolete non , porque xa se confesou culpable un sospeitoso de Barcelona,
chamado Manuel Vázquez Montalbán, que incluso escribiu a súa confesión de
culpabilidade nun libro titulado: “ Eu matei a Manolete”. E pido para o
procesado a pena de depresión endóxena bipolar, e psoríases húmida na pel de
por vida e soidade onánica sen dereito a femia e a obriga de fumar dous
paquetes de tabaco rubio diarios, tamén de por vida.
Eu non entendía nada, aquelas palabras, aqueles
xestos. E todo ao parecer en contra de min.Eu seguía sen comprender por que se
me retiña e polo tanto non podía saír a
comprar nin o alpiste para os paxaros, nin a semente de pensamentos en sobres
para sementar no xardín da horta da casa.Eu quería, aproveitar que estaba na
vila, para facer esas compras tan importantes para min.Remexinme, tratando de
zafarme da presión das mans dos vixiantes que mesmo me estaban a deter a
circulación do sangue, pero foi en van. Así que tiven que consolarme pensando
nun día en que:
Eu andaba ás fresas, na eira da señorita Asunción,
cerca da mina da auga, no verán á hora de durmir a sesta, e vin como o ferreiro
chegaba na moto caladiñamente e os dous collían cara o invernadoiro. Eu fun
detrás deles, e por unha creba puiden ver como a señorita espida entre as
tomateiras, se pousaba enriba dunha colcha verde adornada con cereixas e
fresas, logo xogaban e folgaban de forma pracenteira alí ,adoitando ela con
moita disposición mil maneiras de recibirlle a ferramenta masculina dentro,que
tiña fama de ter case tanta coma a do touro de posto do que alcumabamos O
Bispo.E tamén pensei, na botella de barro cocido ao sol, que ás veces no
inverno enchía a tía de auga quente para poñerme entre as mantas preto dos pés,
para telos quentes coma soles.E xa ía pensar na leite en po que nos daban na
escola por graza do plan Marshal norteamericano e o home na lúa, cando me
volveu a realidade a voz severa da señoría miúda de ollos azuis que me dicía co
martelo levantado sobor dun círculo de
madeira:
-Ten vostede algo que engadir na súa defensa , ou está
de acordo coa petición do sr. Fiscal.
- Como me saíu díxeno: Eu non estou de acordo con nada
e son inocente.
- Pero ben, ¿que se cree vostede? dixo a señoría medio
para si, e bateu co martelo no ditoso círculo de madeira e dixo agora outra vez
con voz severa e solemne: o xuízo contra vostede, queda visto para sentencia,
érguese a sesión . Mentres o xurado delibera, o acusado será custodiado polas
forzas de seguridade.
-Quixen preguntar
se podía saír un momento, un instante para , para comprar.....e xa me mandou
estarme calado , poñendo o índice sobor dos beizos coa uña pretiño das ventás
do nariz.....
Aquelo todo ,
era un tremendo pesadelo, saes da casa un día de choiva a dividir, e de súpeto
observas paneis publicitarios , nos que
en vez de anunciar un coche ou unha marca de coñac, hai un carteliño que di:”
Se procura “ ou mesmo “ Se busca” , coa túa foto alí posta e o nome debaixo.
Son paneis móbiles, e un pouco saes ti e despois xa sae o Corte Inglés ou
Zara...a noticia cóllete de sorpresa, non entendes res, estas a punto de botar
a correr ou porte a rir e a dar saltiños absurdos de ra sobor da beirarrúa.
Nesto achégase a ti un mozo vestido de folclórico,debullando unha muiñeira e
dáche un papeliño, unha cédula de citación para comparecer en cinco minutos no
pazo de xustiza.....e ben, agora o aglaiante xurado está reunido e deliberante,
e eu agardo a sentencia no medio destes dous cans de presa, que non paran de
fumar e facer chistes sobor da filla da señoría de pelo branco. Eu estou a
pensar no casarello cheo de hedras e silvas de Rosa de Elvira...no metro
amarelo que abría para medir o mundo señor Adelino de Prendes e si se me pon ,
aínda penso un anaco nos xuramentos de señor Evaristo o Pego , ou na forza de
Servando diante dun perpiaño descomunal ou dunha tinalla de ferver o viño
tinto. E deixo as miñas secretas fuxidas co pensamento, pois o tribunal
regresa. Acomódanse todos nos estrados e mándanme poñer en pé: o sr. secretario
seica vai ler o fallo da sentencia. E nesto hai un apagón de luz, como xa se
fixo de noite hai un bo anaco de tempo, no inverno , xa se sabe é noite sempre,
todo queda en tebras escuras. E os vixiantes acenden chisqueiros, e despois
unha muller que menstrúa, trae un cirio pascual, e ao seu relumbre, o sr.
secretario confirmou a petición do ministerio fiscal, do meniño louro e mamón ;
e agora a miña vida é unha disentería de cereixas xaponesas. Non semento
pensamentos para que florezan na primavera, nin teño paxaros cantores de varias
castes. Só me consola poder pensar de vez en cando na puta de ouros que
ampliada sete veces tiña Brea na adega pegada con fariña milla ao fondo da pipa
branca. E tamén me entreteño facéndolle carriños coas caixas de cortiza do
azafrán aos carrouchos ou vacalouras, ensinándolle nomes de ríos e montes, a un
corvo destrabado que teño na miña humilde morada. De vez en cando vén alguén do
xulgado para ver como cumpro : e se me topa na cama cunha muller , ou me
encontra alegre e divertido, se non topa as corenta cabichas rubias e se
despois de repasarme a pel cunha lupa de moitos aumentos só topa lanuxe e
espiñas. O tal axente, pon o berro no ceo
e anota: “ O penado cumpre ao seu modo e maneira, pero cumpre, senón que
se lo pregunten a Sonia, Raquel, Mercedes, Luísa etc.etc.O fume é intenso.De
amargado que está incluso cheira mal, o seu baleiro e tristeza existencial non
son deste mundo. El como Job é unha chaga de pés á cabeza.As súas señorías
poden estar contentas e satisfeitas; se logra saír desta vai ser un cidadán de
mérito”. Data e firma. Estes informes favorables do axente ,obviando
inexactitudes sobre o lexítimo cumprimento da pena que me foi imposta, débense
a que lle estou ensinando a pensar en por exemplo Pilara e María a Montañesa
estalando troques en Silvas ou Xenoveva da tenencia ensinándolles a crica aos rapaces
do catecismo no campo santo ou ouriñando dende o alto do campanario .E é que na
vida hai que saber manexarse. Eu son de Rairiz- San Vicente de Cerponzóns cerca
da cidade de Ambarpó (Pontevedra). Os veciños coñécenme por “ O Culpable “,
pero eu son inocente, simpático e amable, aínda que algúns ademais de por “ O
Culpable” , coñécenme case mellor por “ O pecado “.
O KAZADO
O C A Z
A D O
Estar cazado significa estar atrapado, ser sorprendido
en descoido, error ou omisión .Cázanse os animais salvaxes que andan ceibos
polo monte, en época permitida, é dicir cando se levanta o veto ou a veda. Son
os cazadores os que armados con escopetas e vestidos estilo militar, dan conta
de:coellos, raposos, lebres, perdices, lobos, e canto bicho vivente hai nos
montes.
Ser cazado é
ser coma mal menor atrapado nun cepo
trampa ou nunha esparrela ou
gaiola...Ser cazado e ben cazado , é ser branco dun tiro certeiro e ficar morto para gloria do
cazador que despois colga a peza que sexa do cinto canana. Todo esto referido
aos pobres animais que andan ceibos nos montes.
Estar cazado, un ser humano é outra cosa. É un
sentimento , unha sensación de estreitamento que che oprime o peito e que che
deixa respirar sen aproveitar todo o volume dos esmagados pulmóns. Un cazado ,
muller ou home , e alguén acurralado, rodeado, mirado , albiscado, apuntado co
gatillo da vista dos ollos feridores e da desconfianza dos seus semellantes. É
estar dentro dun ichó de ollos pescudadores de non sei que...que con receos e ambigüidades
de todo tipo e calibre, tiran a dar sen dor, sempre na mesma pel ferida, sen
darche o tiro de graza, porque isto sería un asasinato en forma.
En realidade o
cazado , sabe moito da resistencia e da paciencia, dentro de toda a infinda
liberdade que se lle brinda a primeira vista. Non ten saída, debe saberse
cazado e continuar loitando a brazo
partido polos seus ideais xustos, a ver se é quen de ir destrabándose , das
grosas cadeas sociais que o teñen preso. Non se pode cear para atrás. Ir
poñamos por caso para dentro do ventre ou seo materno é unha quimera, unha
cavilación imposible. Esta idea que fala de incomodidade polo menos, non pinta
nada no maxín dun cazado, porque a todas luces é como se di inviable. Para
diante tampouco pode ir: ¡está cazado!.A muller ou home, en tal condición ten
que deixarse estar e esperar a que alguén o destrabe: por amor, por cariño ,
por amizade, polo que sexa. Está coma si dixeramos encantado, as palabras son o
que non hai.....acabamos de dicir que o cazado, está encantado, e isto miñas
donas meus señores, non é nin máis nin menos, que inversamente proporcional ao
dito. O encantado que se di non é precisamente de xúbilo e gozo, de alegría ,
de gusto ou de pracer. Non é un encantamento de conto de fadas ao uso. Non este,
é por demais un encantamento mineral e de aceiro, se cadra máis alá das ras o
cazado está convertido en sapo...ou para mellor dicir nun Sexismundo . O da
Vida é soño , de don Pedro Calderón da Barca. Cargado de cadeas e vendo o raio
de sol , filtrándose polas seteiras da torre do homenaxe , onde fica só e
barbudo, desexando unha mellor circunstancia vital.
Así o monólogo
de Sexismundo nos versos finais tan coñecidos ( Escena XIX ) , non ten
desperdicio coma exemplo de cazado :
“Eu soño que estou eiquí
destas prisións cargado
e soñei que noutro estado
máis satisfactorio me vin
¿ Qué é a vida ? Unha ilusión
Unha sombra, unha ficción
Que o maior ben é pequeno
que toda a vida e soño
e que os soños, soños son”.
En fin , o cazado, só pode soñar coa liberdade e coa
vida plena, coma Sexismundo.E cazados,cazados, ao fin e ao cabo estámolo de
maneira existencial todos; cada quen no seu propio mundo de mil espellos e un
raíño de sol morno e lindo, que entra pola xaneliña da paciencia de vez en
cando, pese á estigmática sentencia natural da orixe, que non sabe o que é a
clemencia, nin o perdón.A nosa vida ten que morrer sempre, e sempre morre.
¡Perdón, perdón, perdón! por relembrarlles todo esto
miñas donas meus señores, que a vida por marabillosa debe aceptarse a calquer
prezo , incluída a inxustiza de enfermar e ter que morrer sempre, sen esquecer
a magoante ferida do paso do tempo imparable cara a ningures, máis coñecido por
sr. pasado ou don pretérito. ¡ Sexan pois felices e chegado o momento morran
con ganas !.¡ Non hai solución nesto!.Tan cazados e sentenciados á pena capital
estamos todos os nacidos aquí ,no que sexa este planeta, que por elemental
sentido común,só nos cabe desexarnos a nós mesmos unha boa morte cando chegue o
seu momento.
O cazado sufre.O cazado odia aos cazadores.
martes, 8 de agosto de 2017
Reflexións persoais sobre a Triloxía:"A vida é literatura"
Reflexións persoais sobre a triloxía.
Primeira reflexión:A vida é
literatura.Volume I.
I.-A vida é literatura- Sinopse
aproximada.
1ª Parte.Dedicada á tátaria Ramona Gómez
García.Duascentas dezaoito laranxas,
en relación co relato: “A tarde laranxa” do heterónimo Silvio Galego Fernández,
alias Casanova, abren a obra: literatura breve, aforística, poética en
ocasións; despois dunha interlocución con Don Camilo Xosé Cela, xa finado, para
dedicarlle o poema: Un recordo de calidade: 25 acrósticos, dos cen que
demandaba el, no seu derradeiro escrito do xornal ABC de Madrid, coa palabra: Amor.A
continuación aparecen as 19 historias indelebles, que o escritor Sexismundo
Portela Gómez dedica a súa tátaratia Ramona Gómez García que axudou a crialo.
Un conto ou relato por cada unha das súas últimas pegadas neste mundo, antes de
morrer de infarto (“disparo natural da imparable natureza”).Reflexións sobre a
vida e a literatura, cerran esta parte.
2ª Parte. Dedicada aos mortos familiares
en particular ao pai de Sexismundo:Xoán Portela.
“A cólera de Byron” (
inspirada polo figura do poeta pontevedrés: Xurxo Cuña Casasbellas), escrita
por Sexismundo Portela Gómez (Eu mesmo). Metaliteratura.Heterónimos.Varios
seres dentro dunha mesma persoa.Multipersonalidade, inspirada polas quimeras
clásicas de moitas cabezas.Ámbar, a cidade Amarela,Boa Vila, Pontevedra. O
Poeta inglés Lord Byron reencarnado en Ámbar.Tratase de escribir unha obra
mestra. Rebeldía unamoniana dos personaxes que teñen que facer posible a tal
obra mestra.Unha sorprende viaxe de pracer polo océano Atlántico no
transatlántico “Sao Paulo”.O Amor finalmente salva a obra: Un gran de trigo
para o Amor.
3ª Parte. Dedicada aos seres vivos
todos.
Trátase das colaboracións
dos heterónimos, que complementan a obra salvada polo Amor dos personaxes entre
si.1.- Kirlo Gaélico o dos luns: Poesía.2.- Silvio Galego Fernández, alias
Casanova, o dos martes: Relato: “A tarde laranxa”.3.- Vento do Noroeste, o dos
xoves: Poesía: “Cuarteto (mesturado)”.4.-Cayo Quilonio, o dos sábados: Relato:”
A fuxida non tren chamado Palíndromo”.Final:Harmonía.A vida é literatura, máis
reflexións arredor desta idea básica e medular.Diálogo humorístico e algo
cáustico despois da lectura da obra cunha editora.
II.-3.-A vida é Literatura.(Páxinas 399 a 401 do volume primeiro).
“Dentro dun organismo metaliterario, onde a
literatura pénsase a si mesma, sucédese a ondada inqueda das historias
engarzadas nas que o mundo dos soños e as fuxidas sobresaen sen esgotar os
temas.
Hai un realismo autobiográfico de base que se
contextualiza cósmico. Psicoloxía, situacións entre imposibles e delirantes,
poemas, teorías filosóficas. Todo en busca da voz propia que pretende a obra
total ou mestra, que por suposto nunca se alcanza. Un campo de batalla
literario dedicado nas súas dúas primeiras partes aos mortos familiares e a
terceira aos vivos.
Un dilatado período creativo no tempo, dun autor,
que xogando coa caixa de ferramentas, deixa visible o seu abanico temático, a
súa filosofía e a súa visión do mundo.En definitiva, estamos ante un ventre
literario, cuxo froito probablemente fará as delicias do lector ousado e
xeneroso.
A arte imita a vida en primeiro lugar, para que
ao superala poidamos dicir que a vida, a natureza imita á arte.Cuestións de
rango ou xerarquía, ¿talvez ?. O certo é que sen vida non habería arte e
quizais, ou mellor, está comprobado, que sen manifestacións artísticas non
habería evolución humana. Por iso vida e arte , arte e vida forman un todo, un
conxunto indisociable. Dicir que a vida é literatura; é como dicir que o
corazón dos seres humanos latexa para bombear o sangue que veloz circula polas
veas do organismo, na seguridade de que ao utilizar unhas palabras determinadas
para dicilo e non outras xa producimos un asomo de arte.Isto é literatura
científica.En fin que sobran xustificacións e en todo caso unha lectura a
contrario do título manexándoo con ironía pódenos deixar satisfeitos
infinitamente a todos.
A vida é literatura, igual
á vida imita á arte.
A arte imita á vida, igual
a realismo.
A vida é literatura, igual á vida é arte.A arte é
beleza, ensino, denuncia, humor , xogo, intelixencia, fundamento, forma ,
estrutura, estilo, mostra, talento, desvelo, traballo e transcendencia: ¡ todo
o que se axita na mesma vida palpitando, en cada época e en cada tempo !.
Pódese dicir que a vida é literatura, porque a
vida en se mesma é imaxinativa e creativa. Só hai que notala.
A literatura en cambio, non é a vida, o foi
algunha vez pero xa non o é. A literatura é recordo, palpito, historia, rescaldo
da vida vivida. Aínda que en ocasións pareza, sobre todo nas teas dos pintores
que reflicten cumes estéticos, que a vida imita á arte por detrás, menos bela,
isto é ilusión, técnica traballo, virtuosismo.Toda a arte xorde da propia vida
adxectivo e aínda cando a sublime superándoa, como máximo abre fronteiras, pero
débelle o básico.
A vida en primeiro lugar é vida,pero tamén é
arte, porque é literatura, ou é material literaturizable. A literatura debe ser
como un prisma de luz capaz de descompor a aureola cotiá e grisácea da vida en
diferentes tons e cores, para poder achar xunto á beleza, a razón , o
pensamento, o sentido do humor etc. e todas aquelas notas ou recursos que
poidan facela máis virtuosa das fibras sensibles, como cordas dun instrumento
musical, que espera que se lle esperten no seu interior o curioso lector.
Con células faise vida,
bioloxía.
Con palabras faise
literatura, arte.
A bioloxía é arte natural.
A vida é literatura creativa.
Toda a literatura, aínda a máis fantástica pode ser
vida eventualmente nun espazo x dimensionado e temporal. A vida é literatura
aínda que doia, porque o tempo, segundo a segunda lei da termodinámica, a
psicoloxía individual e o fluxo expansivo do universo, pasa e transcorre cara
adiante, porque recordamos o pasado e intentamos adiviñar o futuro, como
máximo.
Dado que o presente é tan efémero, case
instantáneo, pouco menos que inexistente na frecha do tempo, onde todo tende a
ser infinitamente pasado ou infinitamente futuro, pódese dicir que: a vida é Literatura,
recordo pasado ou especulación futura, polo menos conceptualmente.
Aínda que a literatura é un código convencional
de signos :flatus vocis, máis ben escaso e limitado, sabémolo, e aínda así
faise o que se pode.A piques de que a vida sexa un soño , ou que en fin nada
teña que ver coas festas e demais trafegos das neuronas dos artistas que
pretenden encerrala nas belas artes, porque en definitiva como dicía o
semiótico Suízo Noam Chonsky:" Na actualidade non temos nin idea de como
funcionan as leis físicas cando 10 elevado a 10 neuronas están situadas nun
obxecto do tamaño dunha pelota de baloncesto, nas especiais condicións que
xurdiron durante a evolución humana".
Digamos que a vida en esencia é un misterio tan
absoluto que tanto como nos fascina, desespéranos e componnos e descomponnos
para que participemos do seu xogo infinito intentando explicala, comprendela ou
expresala.A vida somos nós crendo que somos e sendo verdadeiramente, dentro do
bandullo relucente do macro cosmos infinito. A vida é aínda que doia,
literatura, sofisma, arte, tolemia, desesperación e sempre esperanza. A vida
non ten definición posible, porque ninguén ata agora, ao meu xuízo, sábea
explicar. ¡ Oh deus meu, deus meu...todo, todo é...luz, luz...pecho os ollos e
baila o Deus dos cans ilustres e os amables poetas!”
Segunda reflexión.
O ESPELLO DOS PAXARIÑOS. Volume II.
COMENTARIO COMPRENSIVO-SIPNOSE
APROXIMADA.
No planeta Invado a
comisión dos dez vellos sentados encargada do seguemento da vida na Terra,
constituida dende hai 99.000 anos - 26.000 anos despois do xurdimento da
linguaxe hai 125.000 anos en África - decide a captación no aire das vibracións
producidas pola novela: " O Espello dos Paxariños", para unha
posterior lectura vagarenta.
O texto en cuestión , ocúpase de falar primeiro do local donde escribe Sexismundo
Portela Gómez, máis coñecido por Mundo de Loureiro, plurinomeado ( Inzo, Cova
do talento, Batiscafo, Maxica casiña dos sete vidros ou ventás, Escritorio);
sigue despois amosando como o tal Mundo que é un escritor rural, defende un
Poema seu: " ¡Vento nas verbas!" non premiado en algúns certames
literarios polos xurados, diante dun amigo seu chamado Salvador Ferreiro
Taboada tamén escritor, por medio dunha longa epístola; continúa a novela para
amosar a faceta narrativa do mesmo Mundo, por medio de dous relatos
titulados:"Odem" ( verba que lida de dereita a esquerda significa
medo; reflexa sobor de todo a estiaxe creativa de dous creadores, un escritor (
Román Pedraio ) e un Pintor ( Ernesto Lameiro ), e " A neta de serea"
( ten por escenario unha vila mariñeira - o Grove - onde un relator oral de
historias chamado O tío das polainas verdes e das sete cuncas refire o conto da
Fermosa Susana, cheo de referencias literarias e outros xogos de mezclar a realidade
coa fantasía) , dos que fai fotocopias en Boa Vila ( Pontevedra ) entre outras
denominacións da capital das Rías Baixas, para presentar a concursos, nos que
tampouco acada premios; e xusto cando regresa de depositar os relatos na boca
dos leóns de correos, é secuestrado e despois de pasar por unha fabulosa e
imposible máquina decodificadora de escritores, entra no interior doutro relato
titulado: "Mundo de Loureiro "versus" Hildebrando Og de
Basan", no que se trata de que un dos dous, ou incluso ambos escritores,
escriban unha novela por encargo dunha Editorial Galega chamada Universal S.A.
para deter o medrio dos rapaces da Aldea de Loureiro.
Despois , en primeira persoa, xa na segunda parte da obra, xurde un tal
Andreas Snakis Carballo ( Andrés, xornaleiro él), que dí que escribe para
pasalo tempo o que él titula:" Home de Aluguer" sobor da coñedida
Aldea de Loureiro, o que nela pasa en relación cos seus veciños e co resto do
mundo mundial.Entre estas páxinas aparecen algunhas colaboracións tamén de
Mundo, actualizacións de acontecementos, relatos propios de Andrés que tamén se
atreve coa narrativa de concursar ( "No tallo de debullar" e "O
Neno do agoiro"), ata que conclúe no futuro ano 2037 dando as derradeiras
noticias dos personaxes e dos acontecementos suspensos que agardaban
desenlace.Debe recordarse aquí que o escrito nace utópico para tratar de deter
o medrío dos rapaces, por encargo da Editorial Galega Universal S.A., a cal
autoría finalmente queda na posibilidade dunha autoría plural e bastante difusa.
No final xa do conxunto, Mundo, é visto coma un vagalume cósmico de luz na
súa Aldea de Loureiro por un narrador exterior e omnímodo, con episodios
sexuais, vida franciscana de home casado e paseos entre os cans pola xeografía
de proximidade de Val de Cristal ( Val do Salnés ).Despois desto Mundo, escribe
un relato titulado:" A muller anónima da librería" e gaña un concurso
de verán da Voz de Galicia, que lle premian cunha viaxe a París, ó que vai
xunto cosa súa dona Rosaura.
En tempo real, cando están viaxando nun avión de Iberia, próximos a aterrar
no aeroporto Charles de Gaul da Cidade do Sena, para sorpresa do comandante do
avión, vese chegar unha nave extraterrestre do Planeta Invado, VACALOURA-DEXXA
3001, que os engulle cumplindo as ordes de Venzor 38.84E, xefe supremo dos dez
Vellos Sentados da comisión sinalada ó principio, que así trata de incorporar
a Mundo como redactor do futuro texto
sagrado da súa Galaxia M-81, que planean producir coas cabezas máis sabidas do
Universo.
Claro que en realidade cabe a posibilidade de que o que está sucedendo sea
unha vez máis froito dos dedos de Mundo, que non descansa e xoga a fabricar
posibilidades sobor do seu Macinthos portátil.
No anexo recollense os Poemas: ¡ Vento nas verbas ! e ¡ Rego-Riiño do fondo
do val! de frecuente mención no texto.
En conxunto digamos que: " O Espello dos Paxariños", é un
acordeón de historias enlazadas, un mecano literario, na que latexan Sexismundo
Portela Gómez (Mundo) e a súa Aldea de Loureiro, entre outros personaxes.O
título xurde de dous vellos chamados os Paxariños Secos ( Sr. Aniceto e Sra.
Laura ), que non teñen fillos, nin espello na súa casa e se miran no círculo de
auga dunha almofía de porcelana.Desta maneira como son moi velliños, moi
velliños, no tal círculo da almofía, reflexase, mercede ós releves das súas
enrugas, a sufrida historia da Aldea.
A novela é o esconxuro dunha aldea, a cabalo entre a modernidade e as
raices do pasado. É tamén unha novela rural chea de metaliteraturas, coma
portas que se van abrindo, que apunta ó cosmos profundo.E é en definitiva a
segunda obra da Triloxía:" A vida é Literatura", a nave capitana da
mesma.
Caso de publicarse a portada debería comporse, amosando a almofía de
porcelana con auga que lles sirve de espello a Sr. Aniceto e a Sra. Laura dos
Paxariños-Secos , onde se reflexan os seus rostros sonrrintes cheos de engurras
e dignidade.É unha simple suxerencia.
*
"O espello dos paxariños"; supoño que precisa dunha lectura
antenta e positiva, para acadar o centro do seu verdadeiro celme, que a mín en
ocasións ata se me escapa, como non podería ser doutra maneira para riscar onde
pretende.
Está chea de literatura, de necesidade telúrica e ten pretensións de
totalidade. Quere estar viva biolóxicamente e amosar o rostro real da terra.
Sin concesións, a impulsos, dentro dunha arquitectura propia absolutamente
necesaria, imposta e caseque non planexada dende fóra; o máis importante e o
ton, a maneira de sentir e dicir as cousas.
Non se trata de escribir ben, nin de entreter, non coma obxectivo
predilecto; a novela esta, coma obxecto físico e enseño de verbas busca
significarse incluso alí onde é deficitaria, desgarrada , irregular…, porque a
perfección é unha adrómeda tirana ó copiar do natural.
Podería seguir argumentando pero xa está ben; agardo que chusmigue de
algunha maneira a maxia e a febre coa que foi escrita diante de vostedes e o
seu equipo de lectores e en definitiva que pase a ocupar o lugar de honra que
lle corresponde no controvertido mundo das nosas florecentes e inspiradas
letras, incluídas as españolas.Na miña humilde opinión, "O espello dos
paxariños" debe ser un suceso grande a gran escala, senón non ten sentido
publicala.
Terceira Reflexión: “No ventre do labirinto”.Volume III.
NOTA DO AUTOR
Trátase en honra á verdade de catro noveliñas
curtas: 1.- Historias de H., 2.- Manual de non facer ren., 3.-Antiga ferraxería
Maquieira., e 4.- Tantrum; reunidas baixo un título común certamente
significativo.
Ben seguro que, as catro noveliñas, teñen varias
notas coincidentes: A).-Ser obriñas curtas. B).- Ter algún ou algúns personaxes
en común, e C).- Sobre todo desenrolarse no seo dun territorio rural para
entendidos e coñecedores do medio.Desta última nota xurde obxectivamente e sen
gran barullo a inspiración final do título adoptado para o conxunto da obra.A
Galicia rural, é en ocasións un labirinto, un dédalo, próximo ao caos e a
confusión, con toques de anarquía e humor que a fan habitable.
A teoría novelesca da que xorden, tamén é confluente
ás catro noveliñas, e pretende sobre todo amosar o latido libre, pero
seguramente sen gran proxección futura, de moitos dos máxicos personaxes que as
poboan. Xente de velocidades propias, baixada do trepidante mundo global e
oficialista.Perdedores que esquecen derrotas e viven, porque xa se sabe que
vivir é literatura moitas veces.
Por todo expresado, en definitiva, está é a terceira
e polo tanto derradeira obra miña, que cerra despois de algúns anos de traballo
acendido a triloxía que titulo: “ A vida é literatura “.
Certo é tamén, que cada unha das catro noveliñas,
pode ser lida e incluso editada por separado; ben entendido, que a idea é que
todas xuntas sexan en primeiro lugar:"No ventre do labirinto", e
despois a última peza ou terceiro volume, de: " A vida é
literatura"….. que tal é a teoría,
que eu sustento aquí.
Cuarta e
última Reflexión:
1.-SOBRE A TRILOXÍA: “A VIDA É LITERATURA” EN XERAL.
Para escribir a triloxía esta, porque as cousas o
quixeron así, mantiven a cámara aberta durante 30 anos, que se din pronto.Debe
haber algún relato datado no ano 1.984 e algunhas correccións son deste mesmo
2.016.Incluso máis tempo 32 anos.É unha triloxía de aprendizaxe, a caixa das
ferramentas (The tool box, díxome Suso – profesor de inglés – no enterro de
señora Saladina no cemiterio de Perdecanai, a avoa de Adolfo Caamaño; non podo
precisar data).É unha historia con moitas historias, que suxire, que amosa o
territorio.Non se podía escribir doutra maneira a Triloxía.Conta e suxire ao
mesmo tempo, alén da perfección, coa imperfección coma un recurso literario
máis, porque a imperfección é a marca da vida humana.A perfección é un termo
imposible coma infinito.Turbulencia, desasosego, un río cheo de caudal
abríndose paso inicial sobre a superficie de Xea ou Gea.Unha aventura mental
grande, única, distinta; pero tamén humilde e feita con materiais
sinxelos.Agora a sorte está botada e precisa lectores xenerosos, amorosos e
pacientes.Se é que existe ave de tal plumaxe nas cavernas literarias galegas;
quero dicir nos comités de lectura das editoriais galegas.Necesita sorte,
moitísima sorte a Triloxía como animal semántico independente.Eu que a fixen,
tamén lle desexo moita sorte.E, si eu tamén teño dúbidas sobre o seu verdadeiro
valor e alento. Pero confío na súa maxia.
Venres 28 de Outubro do ano 2.016
Hans Lake.(Pseudónimo) ou R.S. Lago.
2.-SOBRE A TRILOXÍA:”A VIDA É LITERATURA” EN XERAL.
A vida ,por efecto das leis físicas que rexen o
cosmos, tende a ser un presente efémero que axiña se converte en pasado,
memoria. E a memoria é sempre literatura.Literatura breve, aforística, poética
en ocasións, contos ou relatos, poemas, novelas.Un mecano literario.Caixas
chinas.Matrioskismo.Versatilidade.Repaso a todos os xéneros literarios. Ou
tamén: Un gran ciborg literario, un coloso de Rodas, un Mazinguer Z, que hai
que entender con Amor e ledicia, e gozar de que algo así puidese ser rescatado
do silencio por alguén que só se considera un mero instrumento, case un
amanuense do asunto.Porque claro, as obras fainas o tempo, a xente dese tempo e
o propio autor, sempre.A nai de todas as novelas, foi escrita en colaboración
cunha decena de deuses: o deus tempo, o deus paciencia, o deus azar, o deus
imperfección, o deus talento, o deus ambición, o deus loucura, o deus arte, o
deus imposible, e sobre todo o deus humildade.Creo que a triloxía, é por diante
das novelas comúns, unha poderosa obra de arte.
En realidade, nin eu mesmo como autor, podo esgotar
co meu único punto de vista e entendemento o que é a Triloxía.A publicidade e a
lectura por parte da xente deben ser o seu destino consumado.Confésome sedento
dese posible retorno enriquecedor.A triloxía é a pedra angular da miña vida
intelectual, sen ela non son nada.Ou algo así de aparatoso.Pode ser silenciada,
non publicada, non aireada, vetado o seu lexítimo contacto co público, pero
seguirá existindo para min só e só para min.Téñolle dedicado moito tempo, moito
esforzo e moitos pensamentos.
Confeso que, estou tan saturado dela, que por veces
inspírame sentimentos negativos de certo odio e rechazo; pero pronto volvo a
respectala e admitila existente, sexa cal sexa a súa fortuna.Por todo o dito,
que ben podo comprender eu agora a Cervantes cando dicía:” Ben sei o que son as
tentacións do diaño, e que unha das maiores é poñerlle a un home no
entendemento que , pode compor e imprimir un libro co que gañe tanta fama coma
diñeiro e tantos diñeiros coma fama”. ¡ E se en definitiva é todo isto meu,
unha dilatada tentación do maligno!; pregúntome ¿ por que fraquezas mentais fun
eu a diana de semellante bacanal de inútiles letras? Eu que sei, que sabe
ninguén...e sen embargo Óscar Wilde ben sabía que: “As palabras son a peor
traxedia da vida.As palabras son, acaso, o peor.As palabras son implacables”. ¡Ás
veces os meus comentarios sobre a triloxía, a min tamén me soan grandilocuentes
R.S.
domingo, 6 de agosto de 2017
FARTO
FARTO
Levo metido en letras dende os
catorce anos en que empecei a facer os primeiros poemas e escribir diarios co
afán de rescatar algo propio e persoal do trepidante paso do tempo.
Creo que a máis interesante
opción que ofrece o paso pola vida neste planeta, e xustamente esa, escribir,
pensar, crear, tratar de comprender; interesarse polo afondamento nas lexítimas
ansias de darlle resposta ás preguntas básicas: ¿Quen somos? ¿De onde vimos? ¿A
onde vamos?, que por outra parte, hoxe xa considero absurdas na súa formulación
cartesiana, porque agora mesmo formuladas así permanecen e permanecerán
indescifrables.E moito ten que espabilar a mente colectiva da humanidade se
verdadeiramente queren darlle resposta algún día.
As promesas da informática e da
robótica neste senso parécenme agora mesmo pouco fundadas.As preguntas
iniciais, seguen e seguirán oxidadas por omisión por demasiado tempo para que a
miña curiosidade poida ser satisfeita.Ars longa vita breve.
A pesar de todo hai que seguir o
camiño iniciado.O silencio debe ser vulnerado polas letras.O silencio é un
buraco negro que non se debe deixar en paz nunca para que non o devore todo
coma un monstro mitolóxico ou criptozoolóxico.
Non sabemos, pero a base de botar
e revolver as letras, vamos provocando enfoques e xiros gramático literarios
novos que, como mínimo, van rabuñando na espesura do misterio.Neso consiste
cada vez máis a miña escrita.Unha actitude ante a vida e o cosmos enteiro:
filosófica, que avanza por medio de: novelas, relatos, poemas e artigos, sen
tirar a toalla nunca.Dado que xa somos unha civilización capaz de poñer os pés
no seu satélite natural ala polo ano 1.969, considero que a ciencia ficción
dura, allea á fantasía meliflua, é o xénero con máis interese da actualidade,
xunto coa filosofía incesante que debe ser reformulada sempre.”Todo o que é
importante xa foi pensado.Trátase de volver a pensalo de novo” (Goethe)
Ben, dito o anterior, quero
facervos saber que, que farto de tratar de sacar as miñas obras adiante por
medio das vellas editoriais, farto de comités de lectura, farto dos xurados dos
premios, farto das capelas literarias, fato dos capos das letras, que eu
entendo que hai, vou sacar toda a miña produción literaria no espazo que me
brinda Goglee, a través do blog laranxeira1.
Vouno facer así como digo porque,
me considero unha persoa honesta, libre e rebelde: “O home rebelde é o que di
non” (Camus) Basta xa de malos entendidos e desconfianzas. Probablemente non
sexa eu un xenio, nin unha mente importante, pero vou deixar que a xente
xulgue.Sen intermediarios, sen intereses económicos, o meu titánico esforzo de
anos, vaise poder ler facendo clic no meu blog, por todo aquel que teña
curiosidade, interese e tempo e dispoña dun bicho informático adecuado ou teña acceso
aos en rede que hai nas bibliotecas públicas galegas.
Vouno facer así e que digan o que
queiran, que eu vou estar tranquilo, en paz comigo mesmo, pobre, marxinado,
falto de talento incluso, na taberna do lugar tomando unha coca cola dobre cero
e feliz por estar e ser así de esgrevio, si se me permite e senón se me permite tamén...
sábado, 5 de agosto de 2017
TODO ISTO EMPEZOU AQUEL DÍA COAS VACAS NA MARUXA
TODO ISTO EMPEZOU AQUEL DÍA COAS VACAS NA
MARUXA
o ceo gris coma a cinza da cociña de
quentarnos arriba
todo o tempo roto a perderse nos miolos
todo arrasado,todo finalizado, todo ido
e chegaron as primeiras letras a facerse soas
había que enfrontarse á cuarta dimensión
deixar noticia da insignificancia.....
Todo empezou así por necesidade vital
por enredar o tempo fuxidío nas letras
e despois continuou sempre, sen descanso
¡ porque parece mentira as letras! ¡que
curioso!
E xa un se vai facendo consciente
de que non quere facer outra cousa
e naceu un día a palabra: resistir
e despois houbo outros nacementos semellantes:
compromiso, sabedoría, misterio, arte
e nunca se cansa de chover aquí
para que medre a herba verde
que pacían tranquilamente as vacas:
Pomba, Pinta, Cuca, Nafra
coma un adolescente encargado dun elefante na
India
así andaba eu coas vacas de meu pai tratante
Nafra,Cuca, Pinta, Pomba.
Todo isto empezou así aquel día eterno
poño por testemuñas ao meandro do riíño
anónimo
á costa a chupe das Porriñas, á veiga da
Maruxa
ás altas columnas de ferro que traen a forza
eléctrica
dende o mítico río Tambre
ás rulas que pousadas cantan sobre os fíos
eléctricos
aos montes que se ven silenciosos na distancia
todo principiou así, sen outra maxia, ca
confusión universal
e despois chegaron os diarios, os relatos, as
novelas
os artigos de prensa, a forza, a pena, a
dolor, a esperanza.
Todo foi así máis ou menos como o escribo aquí
agora
¿ que importa amigo Francisco Quevedo e
Villejas que nada se saiba?
“nihil seitur” dito en lingua latina por
vostede
¿Que importa nada? o importante e manter viva
a palabra
para non derramarse plorando sen ningunha
arma.....
venres, 4 de agosto de 2017
POEMA:A HERBA PERFUMADA DOS CAMPOS...
POR ENTRE A HERBA PERFUMADA DOS CAMPOS
ascende poderoso o arrecendo íntimo feromonado
da flora exótica do canal da vida...
Se a femia está sana, vital, profunda
o perfume é unha apócema enfeitízante
que ao metérselle nas fosas nasais ao macho
enérvao e pono teso coma a columna dunha
catedral gótica.
A herba perfumada dos campos
ben enraizada nas zonas húmidas
medra arredor da brecha primordial
da misteriosa porta da vida
do francés sorriso vertical con ansias
protectoras
tratando de evitar crueis enfermidades urolóxicas
cumpre co seu estar unha función hixiénica
que as modernas vulvas rasuradas de moda descoidan...
A herba perfumada dos campos
é o pasto preferido polos unicornios
cando no ceo da noite íntima
brilla branca a lúa chea
e a carne ebria de desexo
busca profundidades lentas nas que morrer
sempre.
xoves, 3 de agosto de 2017
OS PÁXAROS CARPINTEIROS...

I
Perdín os papeis, de modo definitivo. Un temporal
enrabechado de días xoguetóns, levouse voando polo aire os meus sinais de
identidade. Agora estou tan oco, que os paxaros carpinteiros dispútanme, cal
tronco furado, para aniñar no meu interior.
Sufro nervioso, a desorde que me despoboa.Un xoguete
roto, quedou só, tirado nunha esquina, da habitación de xogo, sen nenos.
E si se me suxire transplante de cabeza, eu acéptoo,
incapaz de gobernarme coa que teño, é insuficiente.....están podendo comigo: o
tempo, a incomprensión e o desencanto; con todo , aínda loito e creo na
literatura, ¡ que remedio ! como única senda, pola que ir perdendo os pasos,
tantas veces disparatados. Perdín os papeis e en exercicio fabuloso, vou
atopalos, para traelos aquí e ler con devota atención o que dicían.
CONTIDO DO PAPEL Nº 1
O león azul, saíu da súa gaiola, con fame feroz, para
comer uvas verdes. Non, uvas verdes, non.¿ maduras ? tampouco. Saíu da súa
gaiola con fame feroz, para fartarse de carne tenra de cervato que corre pola
sabana e era feliz así.
Da súa gaiola, saíu o león verde escuro, feroz, con
fame, farto de entrar polo arco de lume e someterse ás ocorrencias impías do
domador. Mágoa de non arrincarlle ¡ a cabeza de raíz!, cando facéndose o
valente a metía entre as súas fauces, para delirio do pequeno gran público, que
poboaba o tendido, baixo a carpa azul e vermella remendada.
O rei da selva, non sabe estar prisioneiro duns
cantos, e aproveitando un leve descoido, ao abrir o mozo a gaiola, para darlle
a súa ración diaria de patas de galiña cocidas, lanzou unha contundente
poutada, á cara avermellada do mozo de alimentación e saíu correndo, a toda
velocidade, ata chegar ao seu hábitat natural, na sabana africana.
Foi unha proba dura, pero finalmente conseguiuno,
atravesando montañas, ríos e mares; o león novamente azul, chegou á súa antiga
casa, para comer, segundo lei natural, tenro cervato de leite e relamberse os
bigotes dourados, tendido ás súas anchas, no medio da herba de igual cor cos bigotes.
Mentres estivo prisioneiro, no circo Continental,
moitas noites de lúa chea, pensou en comer, algún daqueles buliciosos nenos,
que con globos de cores e pombiñas de millo, viñan ver como o humillaban cada
tarde, nas dúas funcións diarias. Pero contívose, pensando na arma de fogo, que
colgaba do cinto, intimidatoria e sempre presta, o montañoso garda de seguridade.
Foron tempos malos, pésimos, máis de seis anos privado de liberdade facendo
encaixe de palillos, para aleivoso solaz de pequenos e maiorzotes.
Agora, era novamente libre, e na sabana, selva ou
foresta, ocupaba o posto de rei, que tan lexitimamente lle correspondía, pola
súa forza, destreza e habilidade. O mellor era esquecer, o paso do tempo cúrao
todo, ata no recordo verde escuro, dos leóns certamente azuis.
II
Nos seus cotiáns paseos pola selva, o rei comezaba a
aburrirse, de saciar a súa fame voraz, con tenros cervatos ou veados, mentres
se axigantaba no seu interior, o ansia incontida de vinganza. Vinganza que nace
do odio, ás costas do amor e a tranquilidade de espírito. Estaba disposto a
volver como fose ao circo Continental, para devorar ao temible domador e lograr
así, a paz interior, que tanto ansiaba. A liberdade recuperada, mostráballe
agora, a verdadeira dimensión do ruín atropelo, que habían cometido con el, os
homes de boa vontade.
Con só pensar, en pasar polo arco de lume, ou subirse
aos podios, para lanzar estúpidas poutadas ao aire, púñaselle a carne de galiña
e o sangue en ebulición. O domador, era un home alto e medio calvo, con algo de
boche, e mirada turbia, chamábase Celindo. Manexaba o longo látego de coiro,
con cen linguas, ata con gusto e saña sádica. Na maioría das ocasións, todo hai
que dicilo , eran lategazos intimidatorios que chocaban contra o chan : ¡ tras
! , ¡ tras ! , ¡tras! , con todo , de cando en vez , o látego, alcanzaba ao
famélico corpo dos animais.
A imaxe do mozo de alimentación, longucha, fraca,
osuda, calva , desaliñada, coa súa cara avermellada froito do seu constante
alporizamento consigo mesmo, cos animais e ata coas mesmas gaiolas de arame,
resumía ben ás claras, a índole daquel purgatorio infernal, que tiña que pasar
por agradable e festivo, dúas veces ao día. Ao mozo de alimentación ,
chamábanlle Pipo, aínda que se chamaba Xosé a secas.
Estes recordos aínda moi vivos e frescos, na mente do
león Sexismundo, que con tan prisioneiro nome o bautizaran, martirizábano
contundentes, ata o punto , de ter que darse grandes carreiras sen sentido ,
nin rumbo algún , polos seus amplos dominios, sen outro motivo que espabilar ,
aquelas fixacións impertinentes, que agora, parecíanlle froito dun mal soño, e
que non o eran, pois , entre a súa pelame, aínda conservaba algunhas trabadelas
do látego celíndico, marcadas na carne, case tatuadas nos ósos. Volvería sobre
os seus pasos, levaría a cabo a vinganza e tornaría á selva, para gozar plenamente
da súa saúde e maxestade. Este volver futuro, presidía cada un dos seus áxiles
pasos. Comería lentamente, saboreándoos , aos seus dous inimigos por
excelencia, primeiro a Celindo e a Pipo, deixaríao para a sobremesa.
Analizando , a estes individuos , non sabería dicir
quen lle resultaba máis desagradable, ambos eran sumamente crueis e faltos de
escrúpulos , ambos eran ruíns e malas persoas. Resultaba difícil , dar un
gañador en maldade, logo de ben pensalo , pareceulle que Celindo era o que
levaba a palma, el era, o artífice de todo aquel despropósito; Pipo, carente de
personalidade seguíalle a corrente, certo que , para facerlle graza, inhumana
graza ao seu colega, adiantáballe nas súas malas artes, por exemplo ouriñando
encima da comida ou facéndolles permanecer en xaxún varios días coas súas
noites. Si, ben pensado, eran dous paxaros de coidado. Dous indesexables, aos
que devoraría sen remordementos de conciencia e despois vomitaríaos, en
calquera vertedoiro, antes de volver ao seu hábitat natural, á selva...
III
Clarín era un canario, moi amarelo,amarelísimo e bo
cantor, que un día, aproveitando un descoido da vella Engracia a súa dona e
señora, cando lle ía a botar de comer, observando que a fiestra estaba aberta,
fuxiuse. Agardara, este tipo de descoido da vella durante moito tempo, pero
Engracia, para a súa desgraza , metódica de tan vella, como sempre obraba con
preciosismo. Con todo Clarín, adestrábase entre os catro arames da súa gaiola,
para estar en forma e aproveitar o momento, que non dubidaba que chegaría.
Cando voando con mestría, cruzou o limiar da fiestra,
aberta de par en par, atopouse con que , facía un día de sol radiante, tanto
que ao pouco intre de estar voando en liberdade, tivo que refuxiarse entre as
ramas dunha maceira, que había preto da casa para non asfixiarse. Desde a
maceira , ben parapetado baixo as follas, á sombra case líquida da follaxe,
puido albiscar como a vella desesperábase pola súa fuxida. Vivía soa, Clarín
era a súa única compañía e pola súa banda , xuraría que ao paxaro non lle
faltaba de nada, o seu alpiste, a súa auguiña, a pedra para o pico, a randeeira
, tíñao todo , e agora , deixábaa soa nas noites e os días interminables da súa
ancianidade.
Se puidese falar en cristián , o paxaro amarelo,
diríalle , que lle faltaba liberdade, que é o maior ben que no mundo hai. Ata
no mundo dos simples animaliños como el. ¡ Liberdade !, estaba claro que el non
podía, pronunciar en voz alta, tan elevada palabra, articulala para que chegase
aos oídos da vella, el era un delicado canario frauta, nin sequera un
desvergoñado papagaio, capaz de arremedar a xerga dos seres humanos.
Enseguida, tivo unha idea, improvisou, alí mesmo ,
medio sufocándose a instantes, unha canción alusiva ao tema, o seu particular
himno á liberdade, recentemente estreada. A melodía soaba preciosa aos seus
oídos, mágoa que ninguén lle prestase atención, seguiu con todo entoándoa ,
mentres a uns metros del, escapábase un león azul, e dous homes altos e calvos,
perseguíano portando látegos de cen linguas. O seu espírito, inflamouse , ao
ver como outro animal cativo, fuxía da opresión, á que seguramente estaba
sometido, alcanzou entón o cénit da interpretación e viu como Engracia
arrastrábase ata a fiestra para escoitar. Á vella, debuxóuselle un melancólico
sorriso , no que lle quedaba de beizos, ao tempo , que grosas bágoas percorrían
o val das súas fazulas acartonadas, a vella comprendía a inmensa felicidade de
Clarín. E este facíalle un sitio xunto ao seu corazón libre e perdoábaa, ante o
seu xesto de dozura e comprensión. Perdoaba , pero non podería esquecer xamais
os días e noites de catividade.
O seu dicir melódico, continuou aínda uns instantes,
ao tempo , que os dous homes regresaban de baleiro, ás maltreitas instalacións
do circo Continental;entón Clarín combinou novas notas de xúbilo e voou, voou
lonxe da súa confortable gaiola.....
IV
.....Maldito animal , se me deixaras , pegáballe un
tiro - quen falaba era Pipo. Porque saberás que responsabilizarán ao circo de
calquera barrabasada , que poida cometer Sexismundo.
Tranquilízate Pipo- falaba Celindo - Cando lle aperte
a fame, seguro que volverá, non creo , que se atreva a devorar a ningunha
persoa. Así que, tranquiliño, e garda a escopeta para cando atopes alguén na
cama coa túa muller.
- Xa estamos , sempre coa mesma canción . ¿Non será
que quen a pretendes levar ao horto es ti ?.
-Veña home, a nosa amizade de tantos anos e vir
agora con semellantes desconfianzas.
-Quen sacas o tema, es ti, sempre que podes e na
maioría das ocasións sen nin sequera vir a conto - Replicou Pipo , se cabe con
máis roibén na súa cara miñaxoia.
- Bo , bo , peliños á mar, non me digas despois que
non che teño prevido. E mira para non andarme máis tempo polas ramas, direiche
, que tanto o trapecista polaco, como o pallaso catalán , en máis dunha noite,
vinos roldar preto da vosa rulot. Agora pensa o que queiras.
-Para que o saibas, a eses dous , téñoos eu debaixo
dunha moa con carie, pero de ti fíome aínda menos.
- Non, se aínda non se che ve a cornamenta, ti
tranquilo; o que agora nós ocupa e preocupa é a fuxida do felino.
-Á miña Leonor, non ma toca nin Deus - di
definitivamente Pipo con xesto terminante, pasándose o dedo índice polo
pescozo, en plan guillotina ou navalla sevillana, procedente de Albacete.
-Agora, o que realmente urxe, é pór o asunto , en
coñecemento do director do circo e do señor comisario de policía , á fin e ao
cabo ,ti simplemente es o mozo de alimentación e eu o artista domador. Nós
lavámonos as mans.....
- Si nunha pía bacía sobordada de auga bendicida -
sentenciou Pipo.
V
Pola súa banda Engracia, ao principio , quedou sen
reacción tras a veloz fuxida de Clarín, primeiro escoitando o seu canto á
liberdade e despois mirando á gaiola baleira. Era xa bastante vella, e estaba
soa no mundo. O canario amarelo e amarelísimo , aínda que pareza mentira ,
facíalle moita compañía , era o único ser vivo que tiña próximo. As cadeiras,
as cuncas, as mesas, estaban alí, facendo fogar, pero mortas, realmente mortas,
aínda que as súas capas de neutróns e protóns, non deixasen de virar e ata
gritar. Isto nin sequera o sabía a anciá.
Pasada unha hora longa do suceso, decidiuse a baixar á
rúa. Unha luciña inesperada acendéraselle no cerebro, poría en coñecemento da
policía o asunto e a ver se os anxos custodios , podían darlle solución ao
tema, e capturando a Clarín , devolvíanlle a ela a tranquilidade de sempre.
Aquí para que un sexa feliz, o outro ten que ser infeliz e viceversa, a vida
arrastra estes paradoxos.....
VI
Aínda que fixese a calor necesaria, para que Clarín se
acubillase debaixo das ramas dunha oportuna maceira , ao principio da súa fuga,
a verdade, é que aínda non comezara a primavera que o sangue altera. Así que o
do sufoco do amarelo alado non é moi tesélico, pero ben , aí queda festexando
posibles letras. E o canario , tras os primeiros instantes de confusión ,
alegría e xúbilo final , no seu canto , mellor himno á liberdade, púxose a voar
e a voar, sempre en dirección ao sur, buscando os climas cálidos, pensando en
volver, cando o fixesen as primeiras andoriñas.
Quizais, para cantarlle algo bonito á vella Engracia,
desde o balcón ou desde a maceira, por se intentaba collelo.....xa vería.
Desta forma, vemos , como uns están dispostos a acudir
á policía , para pór en coñecemento dos defensores da lei, as respectivas
fuxidas de león e canario e outros, os felizmente fuxidos, tras cruzar:
montañas, ríos e mares chegan ao seu hábitat natural , alá na frondosa sabana,
selva ou foresta do continente negro.
( En fin isto é todo respecto ao primeiro papel, ao nº
1 rescatado do seu extravío, da súa fuxida, porque tamén de fuxida pode
comodamente cualificarse a súa ausencia enrabechada ).
CONTIDO DO PAPEL Nº 2
( Sen contido algún e por suposto sen solución de
continuidade. Non se acha por ningunha parte ou está escrito en branco.A
consecuente escritura do silencio carísimas señoras e señores meus ).
CONTIDO DO PAPEL Nº 3
Aquí pon continuará.....E non hai porque desesperarse
sempre, o baleiro interior énchese ás veces con pan de canela /á roda ,
roda...os engaiolados nenos soportando a escola coma obreiros do intelecto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo
TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI AUTORA: IRIA COLLAZO EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas. SINOPSIS E COMENTARIO...
-
SALAS DE FIESTAS Y DISCOTECAS. 1.- Sala de fiestas Mosteiro.En Meis. 2.- Sala de fiestas La Condesa en Caldas de Reis. 3.- ...
-
Acabo de ler no Diario de Pontevedra o atentado levado a cabo contra a cooperativa de viño Moraima. Consonte puiden entender cortaron 900 ...
-
Parapetada en su sinecura la gran sicofante medra empoderada detrás de su látigo burocrático ignora por ahora cualquier contratiempo perdió ...