
A HISTORIA DUN SOADO CRIME A PRINCIPIOS
DO SÉCULO XX
Título:
O crime do Pazo do Monte
Autor: Hernando Martínez Chantada.
Edita: Iltmo. Concello de Ribadumia.110
páxinas.Ano 2019
A
min a literatura de proximidade está claro que me pode. Neste caso trátase da
radiografía dun crime moi soado no Salnés Val : Ribadumia. O sábado 18 de abril
do ano 1914 Xosé Fariña Varela de 66 anos de idade propietario do Pazo do Monte
a orelas do Umia, xuíz de Ribadumia, casado e cunha filla, morre a mans do
xornaleiro Manuel Souto Pájaro, montañés, da terra da Arzúa,nacido en setembro
de 1893 no lugar de Vilanova da parroquia de San Cristovo de Beseño, no
concello coruñés de Touro...
O
autor do libro: Hernando que é no principal un mestre de escola xubilado de Ribadumia, foi
tamén un dos promotores da adega Martín Códax que durante algúns anos
patrocinou un premio de poesía, por si isto fóra pouco tamén é un veterano
meteorólogo voluntario asociado, con estación de medición na casa. Polo que
puiden indagar ten escrito libros didácticos para a educación xeral básica e
outros sobre a historia da súa parroquia e freguesía. Estamos diante dun home
positivo e traballador que cre , acertadamente ao meu xuízo, que “ A historia é
a mestra da vida”.
Pese
a confesión do culpable, o autor por medio de acertadas reflexións persoais e
históricas, quere transmitirlle ao lector, o enredadas que andaban as cousas
naquela época.Un propietario rico con chofer e segunda residencia na rúa Riestra da capital
da provincia négase a darlle o xornal gañado ao seu empregado, para que poida
pagar as botas que contratou en Barrantes, mesmo trata de matalo cun tiro dunha
escopeta de salón, en defensa propia o xornaleiro golpéao cunha estaca de
carballo e despois róuballe o diñeiro e calza as botas do morto, facendo
desaparecer a roupa. A todo isto ao ser localizado pola garda civil na taberna
da Goulla, consigue escapar, e volve a ter problemas en Barro, onde tamén traballara
algún tempo nalgunha casa grande, finalmente e detido preto da súa casa
materna...sigue detención en Cambados...xuízo na audiencia provincial de Pontevedra
con xurado popular...condena a morte...que se queda en cadea perpetua no penal
de Santoña en Cantabria. Esta é a espiña da pescada, pero o autor didáctico e
bo coñecedor do marco histórico, se é necesario fai un aparte e fala da
emigración, do caciquismo, do clientelismo político, da corrupción política, da
etnografía e do que se lle poña por diante. O libro está documentado con
noticias dos periódicos, fotos, lápidas onde están soterrados os corpos dos
protagonistas, debuxos de Castelao, xenealoxías de familias poderosas da época,
explicacións do brasóns distinguen o Pazo do Monte etc.
Para
rematar, acaba coa fantasmagoría final: A volta do indiano, episodio imaxinario
na vida de Manuel Souto Pájaro, que probablemente fuxira aos tres anos de
encarcerado no penal cántabro, probablemente apoiado por xente poderosa de fóra
do cárcere, e despois chegou a casarse
na Arxentina sen descendencia, onde traballou de conserxe no barrio do
Juncal...
En
conxunto o libro é unha invitación a non meterse en leas políticas e vivir a
vida con humildade gozando da familia e a natureza. O pucheirazo electoral, o relevo no poder entre
conservadores e liberais, a man esquerda necesaria para manter ao pobo calado e
tranquilo... destacar a figura do avogado defensor do sentenciado que foi un
tal Rafael López Haro(1876-1967), natural dun pobo de Cuenca, notario en varias
prazas entre elas Pontevedra, compuxo
obras literarias de diversos xéneros chegando a ser un importante
escritor. Ingresou no círculo político maurista da cidade do Lérez, que
simpatizaba co anticaciquismo agrario . Indignouse moito porque o asasino do
cacique Fariña non encontrou defensor.Entón López de Haro pediu a baixa como
notario , inscribiuse no colexio de avogados e , como seu defensor, conseguiu
salvar da morte a Souto Pájaro, a raíz disto entrou en política da man de
Antonio Maura e foi gobernador civil en varias provincias...
En
fin historia de proximidade das que a min tanto me gustan, que non se acaba no
expresado e ten múltiples e fecundas lecturas. O autor Hernando Martínez
Chantada ata se atreve a facer un cantar de cego, a principio do exemplar, para
dar noticia do crime de Ribadumia por festas e romarías a cambio dunhas moedas...Xoves
27 de Xuño do ano 2019. Por R.S. Lago.