
SOCIEDADE
DE ENGANOS MUTUOS
-As mulleres en xeral vense obrigadas a ser
todas meretrices con algún instinto maternal como máximo.Os homes en xeral son
todos chulos de meretrices con instinto machista asasino reprimido.As mulleres
e os homes en xeral conforman, na actualidade, unha sociedade moi tola e
perigosa, na que se ben obrigados a competir, consumir, calar, votar, pagar
impostos, tolerar a frustración e gozar dos pseudo praceres da vida con
determinación:viaxes,gastronomía, roupa de moda, sexo, ximnasia, concertos ao
aire libre, visitas a cidades importantes etc.A sociedade actual, en realidade,
é un inmenso campo de concentración, ao fondo do cal hai unhas pinceladas
escuras de algunha xustiza e a experiencia chea de sangue inocente: ¡ as dúas
guerras mundiais! de que non hai guerra boa...
-¿ Nada máis?
-¡ Nada máis !
-¿É todo o que nos pode dicir gran mestre
cogitador?
-Si, é todo, é o que máis ou menos hai debaixo
das arpas da saliva.
-E os homes e mulleres que profesan credos
relixiosos: ¿ que son ?
-Eses son uns trastornados mentais
completamente tarados que viven do que deliran para sobrevivir.
-¿Está vostede seguro do que di gran mestre
cogitador?
- Si a vida en sociedade é un equilibrio
inestable entre as forzas armadas, as relixións e a política, co permiso dos
mercados de valores. Un sen sentido maiúsculo que non ten outro motor que o
engano mutuo...
-¿ E os nenos gran mestre cogitador ?
- ¡ Os nenos non debían medrar, preguntón?
-¿ Por qué gran mestre cogitador?
- Porque ao medrar, perden a inocencia, que os
salva de ser cómplices de todo isto sen solucións adecuadas, coma vostede e
coma min: ¿está claro preguntón?
- ¡Vai estando , vai estando!...
- ¿ Unha preguntiña máis?
- ¡Veña!
- E palabras coma: democracia, meritocracia,estado
de ben estar, igualdade de oportunidades, acceso á cultura, lectura, desenrolo
integral da personalidade, valores, traballo digno, conciliación laboral, ¿ qué
me pode dicir delas?
- Pódelle dicir e dígolle que, esas e outras
moitas, son o prato do dia e coma as lentellas se queres cómelas e senón
deixalas...
- Xa me parecía a min, o que pasa é que agora
hai moita oratoria ou así...
- Que quere que lle diga preguntón:”Vive para
ti só, se podes; pois só para ti, se morres, morres” que dicía Francisco Quevedo...
- E eu agradecido engado: ¡ gran lección!
Domingo 15 de xullo do ano 2018. Por R.S.
Lago.