luns, 18 de setembro de 2023

A vida é literatura: Volume III: No ventre do labirinto por R.S. Lago. Editorial Autografía S.L. Barcelona.

 

                                                            
Editorial Autografía 
                                    

Trátase en honra á verdade de catro noveliñas curtas: 1.- Historias de H., 2.- Manual de non facer ren., 3.-Antiga ferraxería Maquieira., e 4.- Tantrum; reunidas baixo un título común certamente significativo.

Ben seguro que, as catro noveliñas, teñen varias notas coincidentes: A).-Ser obriñas curtas. B).- Ter algún ou algúns personaxes en común, e C).- Sobre todo desenrolarse no seo dun territorio rural para entendidos e coñecedores do medio. Desta última nota xurde obxectivamente e sen gran barullo a inspiración final do título adoptado para o conxunto da obra. A Galicia rural, é en ocasións un labirinto, un dédalo, próximo ao caos e a confusión, con toques de anarquía e humor que a fan habitable.

A teoría novelesca da que xorden, tamén é confluente ás catro noveliñas, e pretende sobre todo amosar o latido libre, pero seguramente sen gran proxección futura, de moitos dos máxicos personaxes que as poboan. Xente de velocidades propias, baixada do trepidante mundo global e oficialista. Perdedores que esquecen derrotas e viven, porque xa se sabe que vivir é literatura moitas veces.



A vida é literatura: Volume II: O espello dos Paxariños por R.S. Lago editorial Autografía S.L.Barcelona. Próxima presentación na Portela.

 


Editorial Autografía

No planeta Invado a comisión dos dez vellos sentados encargada do seguimento da vida na Terra, constituída dende hai 99.000 anos – 26.000 anos despois do xurdimento da linguaxe hai 125.000 anos en África – decide a captación no aire das vibracións producidas pola novela: » O Espello dos Paxariños», para unha posterior lectura vagarosa. En conxunto digamos que esta novela, é un acordeón de historias enlazadas, un mecano literario, na que latexan Sexismundo Portela Gómez (Mundo) e a súa aldea de Loureiro, entre outros personaxes. O título xurde de dous vellos chamados os Paxariños Secos ( Sr. Aniceto e Sra. Laura ), que non teñen fillos, nin espello na súa casa e se miran no círculo de auga dunha almofía de porcelana. A novela é o esconxuro dunha aldea, a cabalo entre a modernidade e as raíces do pasado. É tamén unha novela rural chea de metaliteraturas, coma portas que se van abrindo, que apunta ao cosmos profundo. Segunda obra da triloxía:» A vida é Literatura», a nave capitana da mesma.



A vida é literatura. Volume primeiro: A vida é literatura por R.S. Lago editorial Autografía S.L. Barcelona. Próxima presentación na Portela...

 


Editorial Autografía


A vida, por efecto das leis físicas que rexen o cosmos, tende a ser un presente efémero que axiña se converte en pasado, memoria. E a memoria é sempre literatura. Literatura breve, aforística, poética en ocasións, contos ou relatos, poemas, novelas. Un mecano literario. Caixas chinas. Matrioskismo. Versatilidade. Repaso a todos os xéneros literarios. Ou tamén: Un gran ciborg literario, un coloso de Rodas, un Mazinguer Z, literatura cubista explosiva, que hai que entender con amor e ledicia, e gozar de que algo así puidese ser rescatado do silencio por alguén que só se considera un mero instrumento, case un amanuense do asunto. Porque claro, as obras fainas o tempo, a xente dese tempo e o propio autor, sempre. A nai de todas as novelas, foi escrita en colaboración cunha decena de deuses: o deus tempo, o deus paciencia, o deus azar, o deus imperfección, o deus talento, o deus ambición, o deus loucura, o deus arte, o deus imposible, e sobre todo o deus humildade. Creo que a triloxía, é por diante das novelas comúns, unha poderosa obra de arte. En realidade, nin eu mesmo como autor, podo esgotar co meu único punto de vista e entendemento o que é a triloxía. A publicidade e a lectura por parte da xente deben ser o seu destino consumado. Confésome sedento dese posible retorno enriquecedor. A triloxía é a pedra angular da miña vida intelectual, sen ela non son nada. Ou algo así de aparatoso.

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...