
MANOLO O LANCHAS
Manuel Pereira Ledo,natural de Cabeza de Boi, Armenteira, Meis, é un ser trípede, en
vez de bípede; porque naceu, xa hai máis de medio século, con tres
pernas.Caprichos da natureza que ás veces bota un borrón. Son tres extremidades
inferiores sas, útiles e anatomicamente
correctas, iso si ten dous pés dereitos.Aos dezaoito anos corría os cen
metros lisos por debaixo dos nove segundos, pero claro a federación galega de
atletismo negouse sempre a aceptar o rexistro.Alcúmase O Lanchas, porque o seu
modo de vida consistiu e andar polas feiras do país, con tres lanchas voadoras
pintadas coas cores da bandeira galega, que lle comprou a un xitano de Xinzo de
Limia.Ademais exhibía as tres pernas nun teatriño lateral cobrando a entrada. Mañá
regresa de Valencia por vía aérea ao aeroporto vigués de Peinador, os seus
veciños recibirémolo como a unha estrela...o doutor milagre Don Pedro Cavadas
extirpoulle a perna sobrante... sobre todo porque como dicía e di o propio
Lanchas, non ganaba para zapatos...Por rslago.